20150617
Convocatoria de pleno para tratar unha moción sobre as Catedrais
Foi publicado Mér 17 Xuñ 2015 10:19:28 CEST (tempo de verán de Europa Central, o oficial en España). Ao menos, esta volta non sei que tivera que ser pedido.
Etiquetas:
plenos
20150612
As Catedrais, onte, hoxe, mañá
Unha nota de prensa do concello, daba unha información con dta de mércores. Con data de xoves, unha nova no xornal, "La Xunta rebaja a 4.812 los pases diarios para ver la playa de As Catedrais" daba información supostamente tamén doutra fonte, a Xunta, sobre a mesma praia das Catedrais e a mesma xuntanza. Coido que entre a nova da Voz (a impresa nas páxinas de Galicia, non de A Mariña) e a nota do concello hai diferenzas. Non tanto do que din, senón en como o din, indicando diferentes visións e enfrontamentos, mesmo zancadillas interadministrativas. E, no fondo, a concepción dunha entidade natural, As Catedrais, que por casualidade cadra dentro dos límites das dúas administracións, mesturada con intereses concretos ou difusos, que van dende os mantidos por entidades en principio de constitución pública a outras de estrutura totalmente privada, aínda que ambos mundos estean relacionados.
Esgrimo o tempo (a súa falta neste momento meu) para non seguir. Tamén que as novas, a ficha das Catedrais e as lembranzas de todo o proceso, están aí e serven para facerse unha idea precisa, máis que cada nova tomada de xeito individual, nun momento preciso, e coas influenzas que a puxeron a a disposición do 'público' (público non como en 'de todos', senón como en 'a xente espectadora').
Máis sobre As catedrais no blog (incluído plans, proxectos, declaracións, xente de máis, fotos, ...
Máis sobre As catedrais no blog (incluído plans, proxectos, declaracións, xente de máis, fotos, ...
20150609
Pretensións de futuro do PP en Ribadeo
Vexo hoxe no xornal que o PP ribadense está totalmente renovado e que afronta a nova época cun liderazgo forte e totalmente unido, despois de perder case 500 votos: xa non volverá a pasar que grupo municipal e partido teñan nalgúns temas opinións diferentes. Sigo lendo que é unha pretensión do 'líder' actual, Suso López Penabad, e que se renovará a executiva para dar entrada ós novos edís, 'cumprindo co dereito que lles ampara'.
Isto vai ser curto, pois son reflexións sobre algo que me resulta alleo, pero...
Dise que o partido está totalmente renovado. Variaron os afiliados? Porque o partido, fundamentalmente, serán os afiliados, non?
Pode resultar un liderazgo forte dunha perda de 500 votos despois de ocupar a a posición de saída para o concello dende hai tempo? Claro que os liderazgos fortes tamén poden ser exercidos sobre un grupo mínimo. Algo parello pode dicirse sobre o de 'totalmente unido'.
É malo que grupo municipal e partido teñan algunhas opinións diferentes? Non salvaría votos, neste caso, algunhas opinións que mantivo parte do grupo municipal en contra do partido? E, non pode ser boa para Ribadeo esa diferencia? Ou estamos nun dos típicos casos nos que aplicar unha sentenza do tipo 'o que é bo para o partido é bo para Ribadeo?
Os edís teñen dereito de estar na directiva do partido? Dito doutro xeito, é un 'partido vertical'?
En fin, cousas que se me ocorren a partires dunha nota no xornal. Posiblemente, as cousas sucedan doutro xeito.
Isto vai ser curto, pois son reflexións sobre algo que me resulta alleo, pero...
Dise que o partido está totalmente renovado. Variaron os afiliados? Porque o partido, fundamentalmente, serán os afiliados, non?
Pode resultar un liderazgo forte dunha perda de 500 votos despois de ocupar a a posición de saída para o concello dende hai tempo? Claro que os liderazgos fortes tamén poden ser exercidos sobre un grupo mínimo. Algo parello pode dicirse sobre o de 'totalmente unido'.É malo que grupo municipal e partido teñan algunhas opinións diferentes? Non salvaría votos, neste caso, algunhas opinións que mantivo parte do grupo municipal en contra do partido? E, non pode ser boa para Ribadeo esa diferencia? Ou estamos nun dos típicos casos nos que aplicar unha sentenza do tipo 'o que é bo para o partido é bo para Ribadeo?
Os edís teñen dereito de estar na directiva do partido? Dito doutro xeito, é un 'partido vertical'?
En fin, cousas que se me ocorren a partires dunha nota no xornal. Posiblemente, as cousas sucedan doutro xeito.
Etiquetas:
política
20150608
Nota de prensa da AVV O Tesón
Nota
de prensa
20150608
Unha
illa símbolo do pobo
Dende a
directiva da AVV O Tesón vemos con preocupación unha
nova privatización do común. Parece que xa se ten esquecido non só
a existencia dos bens comúns, de todos e para todos, senón tamén
algún que outro episodio ilustrativo, como o establecemento que se
pode ver na zona das Catedrais. A illa Pancha, un ben común ademais
de estar en zona de especial protección de aves (ZEPA) e lugar de
interese comunitario (LIC), incluído na Rede Natura 2000, e de xeito
evidente, 'ó pé do mar', e polo tanto, tendo que ver a lei de
costas, vai ser cedido para a súa explotación particular.
Estamos
a falar dun lugar que está vedado na actualidade para paso de
ribadenses e turistas e que vai ser arrendado, co que se abrirá ó
paso dun xeito que non se abriu mentres foi público e exerceu como
tal. Fálase de beneficio económico sen contar que xa o está
producindo, aínda nas actuais condicións, como atractivo turístico.
Fálase do edificio do faro, pero cremos que non se pode separar da
explotación da illa enteira. Fálase de que todo seguiu os cauces
legais, e non dubidamos de que, de xeito inexplicable para nós, teña
informes positivos ata do concello ou medio ambiente. Fálase de que
xa ven de atrás, de hai un ano, e é certo, sabemos quen en agosto
do ano pasado atopábase na entrada do concello, no medio de
diferentes papeis ('papelexada') un escrito anunciando un prazo de
trinta días para o recurso; só que o escrito era de maio, que
saibamos non se lle deu outra publicidade e había que procurar a
documentación in situ en Ferrol. Nesas circunstancias, xa non
sabemos se se fala nin de transparencia nin de participación, cousas
que si se usaron na campaña electoral.
A
día de hoxe, unha vez instalada a polémica (e non só en Ribadeo),
seguimos sen saber como actuou o concello. Na liña doutros informes
que se descoñecen, preguntámonos que informe enviou, en que termos,
porque queremos saber.
Non
escoitamos nada sobre o faro na campaña electoral -pode que se nos
pasara por alto-, por iso tamén pedimos de xeito público ós
representantes no concello unha definición e unha explicación.
Remata
de coñecerse que outro faro, o de San Antoni, en Alicante, foi
indultado do decreto que implica ó faro e illa Pancha. Naquel caso,
a protesta comezouse moito antes, é certo, e tamén o é que o faro
tiña da súa parte ó concello, que rexeitou de xeito unánime o
convertilo en hotel. Con ese apoio, non só se ía a realizar unha
manifestación para o día seguinte do indulto, senón que está
planificado aproveitalo para actividades para todos. Por certo, no
caso alicantino íase pagar o triplo que no caso da illa Pancha polo
aluguer: alí, 2500 €/mes. Aquí, polo que parece, non se pensou en
facer nada máis que dalo en aluguer canto antes.
![]() |
| Dous faros, unha ría |
---
Nota: polo que parece, o aluguer é de 15 600 e/ano.
Nota: polo que parece, o aluguer é de 15 600 e/ano.
Etiquetas:
fotos,
Fotos ría de Ribadeo,
Fotos Ribadeo,
Illa Pancha,
O Tesón
20150606
A illa Pancha, esta noite
O dito, o faro, esta noite. En venda ou aluguer. Unha imaxe para o futuro ou unha imaxe do presente?
--
Para deixar unha nota: Lei de avaliación ambiental.
--
Para deixar unha nota: Lei de avaliación ambiental.
Etiquetas:
fotos,
Fotos ría de Ribadeo,
Fotos Ribadeo,
Illa Pancha
Sobre (outro) faro
Cortopego unha nova que me chegou hoxe relacionada co futuro do faro da Illa Pancha:
"PLATAFORMA SOCIAL Y CULTURAL. CONSERVACIÓN FAROS DE ESPAÑA
Lola Padilla
6 jun 2015 — Esta mañana nos confirman que el Faro del Cabo de San Antonio en Xâbia, ha sido rechazado para su privatizacion. El Ministerio de Fomento opta por un Centro de Interpretación. Mi enhorabuena al trabajo desarrollado por sus vecinos y la plataforma que crearon, ha sido emotivo y riguroso a la vez. Desde Xàbia el faro nos emite su luz de esperanza."
No mesmo lugar da foto atopo que o proxecto chocaba contra cinco normativas vixentes. Claro que nese caso o concello opoñíase, e aquí non é así, aínda que sexa un ben público, de acceso prohibido ata o momento, e que se atopa en zona ZEPA e LIC.
"PLATAFORMA SOCIAL Y CULTURAL. CONSERVACIÓN FAROS DE ESPAÑA
Lola Padilla
6 jun 2015 — Esta mañana nos confirman que el Faro del Cabo de San Antonio en Xâbia, ha sido rechazado para su privatizacion. El Ministerio de Fomento opta por un Centro de Interpretación. Mi enhorabuena al trabajo desarrollado por sus vecinos y la plataforma que crearon, ha sido emotivo y riguroso a la vez. Desde Xàbia el faro nos emite su luz de esperanza."
No mesmo lugar da foto atopo que o proxecto chocaba contra cinco normativas vixentes. Claro que nese caso o concello opoñíase, e aquí non é así, aínda que sexa un ben público, de acceso prohibido ata o momento, e que se atopa en zona ZEPA e LIC.
Etiquetas:
Illa Pancha,
Medio
20150605
Paseo polas bocas do regos de Ribadeo
Hai anos, a raíz dunha actividade no IES Porta da Auga, Teresa Díaz montara un tríptico que titulou así. O paseo, na actualidade, case pode facerse coa ruta camiño das catedrais que se inaugurou o pasado ano. De calquera xeito, a máis das diferenzas de trazado que evitan algún lugar, a orientación de cara á 'paisaxe en xeral' ou centrada nas bocas dos regos, coido que é diferente.
Agora está colgado en Issuu. Déixoo nas imaxes embaixo, ampliables, e tamén coa ligazón por cousas da compatibilidade e descargas.
http://issuu.com/agremon/docs/paseo_polas_bocas_dos_regos_de_riba
Agora está colgado en Issuu. Déixoo nas imaxes embaixo, ampliables, e tamén coa ligazón por cousas da compatibilidade e descargas.
http://issuu.com/agremon/docs/paseo_polas_bocas_dos_regos_de_riba
20150604
Adeus a un establecemento: Mesón Compostela
Levo tempo pasando a diario, ida e volta, por diante. Falando con xente á súa porta. Mirando a un edificio que me gusta. Por iso o notei: pechado. Pechado non por atraso na apertura, ou por vacacións. Non. Está colgado o cartel de 'alúgase'. Máis a traverso do seu ventanal non se olla nada. Queda pouco máis que o cartel do seu nome recente na fachada: unha lista de prezos. No cruce de r/San Roque e r/Villalba, que brotará?
E, por lembranza de Google street map, en febreiro de 2014 e abril de 2010:
E, por lembranza de Google street map, en febreiro de 2014 e abril de 2010:
![]() |
| 2014 |
![]() |
| 2010 |
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)











