20150604

O paso dun santo por Mondoñedo, por José Mª Rodríguez Díaz

Dez menos cuarto da mañá. Na catedral empeza a soar con monótona cadencia o esquilón chamando ós coengos a coro. As súas negras siluetas xorden unha tras outra polas estreitas rúas da vella Cidade atravesando logo a praza cara á entrada da catedral. Nos soportais do Cantón Grande aparece camiñando a figura fráxil de don Jaime Cabot. Tras das columnas xorde de súpeto unha muller que se interpon diante del. Don Jaime detense pra saudala. Con voz tremente cruza unhas breves palabras con ela e despídese logo cun leve sorriso deixando algo nas súas mans. Atravesa a praza con paso lixeiro e entra na catedral. Nun intre soan as dez no reloxo da torre. O esquilón enmudece. Sentado, coas súas fracas mans sobre o teclado dispostas xa a pulsar as teclas do órgano. No coro o canto de maitíns vai empezar.
Estampas coma esta, repetidas ó longo de tantos anos de vida na vella Cidade, aínda perduran hoxe na memoria dos veciños de Mondoñedo. Son a estela ben acaída e evocadora deste crego, virtuoso e humilde, amosando acotío a súa fraxil figura e levidade polas rúas e prazas de Mondoñedo. A lembranza dun crego inesquecible que, coa súa palabra de consolo e cos poucos aforros do seu traballo, adicou toda a súa vida a aliviar as necesidades e escasezas de moitos veciños da Cidade da Paula e ata doutros moitos sitios. Pódese dicir que non queda casa en Mondoñedo que non teña unha grata lembranza da súa afectiva, agarimosa e caritativa visita. E sempre sen que a man dereita soubera o que facía a esquerda. Un crego sen parroquia, pro con moitos fregreses que coidar, atender e servir. Unha persoa dadivosa e desprendida ata tal punto que nunca tiña diñeiro de seu aforrado. Nin sequera era quen de xuntar o preciso para ir de vacacións a Mallorca, a súa terra natal. Era grazas a que a súa propia familia lle mandaba o diñeiro para a viaxe, que podía ir en ocasións a pasar uns días con ela. Diñeiro que outras moitas veces ía parar ao peto dos pobres, quedando a familia frustrada e as vacacións en Mallorca pra mellor ocasión.
Da súa actividade caritativa poderíanse citar moitos e memorables exemplos. Como aquela anécdota que tivo lugar nunha peregrinación a Roma no ano 1959, e da que don Jaime foi protagonista. Apenas chegados a Cidade Eterna don Jaime achegouse a un compañeiro para pedirlle diñeiro. Preguntado por este se xa esgotara os seus cartos, respondeulle: “Es que se los presté a un pobre”. Ou o ocorrido noutra ocasión, na que don Jaime foi a Vitoria para asistir a un seminario de música e atopouse sen diñeiro xa o mesmo día que chegou a cidade. Outro préstamo a un pobre, sen dúbida. Refuxiouse, entón, na capela do seminario e dende alí mandou aviso a un compañeiro, que tamén asistía ao citado seminario, para pedirlle que o acompañase a un banco en Vitoria para retirar diñeiro. Chegados ó banco e feita a petición, o director telefonou a certa entidade bancaria de Mondoñedo pedindo informes sobre a petición de aquel crego. A resposta que tivo foi positiva: “Entréguele contra esta entidad todo o dineiro que pida”.
Outras moitas anécdotas sobre do seu desprendemento coa xente necesitada se poderían contar e, sen dúbida, cada veciño de Mondoñedo podería contar a súa. Un dos grandes valores de don Jaime era a súa capacidade de sufrimento fronte a dor, como ilustra esta anécdota acaecida no retorno a España daquela viaxe que fixo a Roma. Ao baixar polas escaleiras do seminario de Montpellier, onde pasara a noite, don Jaime caeu rodando por unhas escaleiras de pedra. Ergueuse e continuou a viaxe sen facer ningún comentario nin proferir o mais pequeno laído ou queixume, aturando os bruscos vaivéns do autobús provocados polo mal estado daquelas estradas do derradeiro século, cheas de buracos, e participando da ledicia xeral sen que na súa cara se albiscase o mais pequeno xesto de dor e sen pronunciar queixa algunha durante toda a viaxe. Pasada xa a fronteira, en Irún, don Jaime separouse do grupo para continuar por outra ruta a súa viaxe a Mallorca. Chegado a Mallorca telefonou a un dos seus compañeiros en Mondoñedo para contarlle que chegara con tres costelas rotas, consecuencia da caída en Montpellier. ¡E ninguén se enterara!
Identificado cos pobres e cos indixentes, cos humildes e cos sinxelos, don Jaime sempre fuxiu e rexeitou distincións e homenaxes. A proposta que se lle fixo co gallo do seu nomeamento como Prelado Doméstico de Su Santidad provocou nel un fondo sufrimento e mesmo desgusto. Amosou a súa negativa a vestir unha sotana engalanada coas insignias distintivas axeitadas ó novo rango que se lle concedía e rexeitou totalmente ofrecer calquera imaxe que o afastase da súa habitual forma de vida, humilde, modesta e sinxela. “Que pensarán los pobres de mi al verme con eses atributos honoríficos”, foi o seu comentario. A súa loita por rexeitar esta distinción, por unha parte, e ser fiel ó mesmo tempo á obediencia debida ó seu bispo e promotor do expediente honorífico, por outra, resolveuse aceptando finalmente os feitos con resignación e obediencia, pro deixando claro que endexamais renunciaría a súa vida e a súa imaxe sinxela e humilde de sempre.
Cando noutra ocasión tivo noticia dunha homenaxe que os Amigos da Cidade de Mondoñedo lle querían facer, a súa resposta foi esta: “Saber que intentan hacerlo ya es suficiente para mi”.
A sona das virtudes de don Jaime non se cinguía só a Mondoñedo. Moita xente viaxaba a Mondoñedo para ter a oportunidade de coñecelo, saudalo, pedirlle consello ou ter a ocasión de poder cruzar algunhas palabras con el, quedando sempre impresionados polo seu carisma. Así lle pasou a un frade franciscano belga, Carlos, que pasando unhas vacacións en Mondoñedo e entrando un día na catedral, e vendo a don Jaime sentado na consola do órgano, sentiuse atraído pola súa mansa e pacífica mirada. Achegouse, entón, o frade á consola e, mentres don Jaime seguía a mover os seus afilados dedos polo teclado do órgano, xurdeu unha espontánea conversa entre os dous. “Don Jaime es un santo”, foi o comentario que lles fixo despois ós seus amigos da Cidade.
Dous grandes soños tivo don Jaime na súa estadía en Mondoñedo. A súa teima por vivir retirado na casa da Orde Terceira da Alcántara, xunto con algún outro compañeiro crego, foi un deles. O outro, o seu desexo de retornar a Mallorca, a súa terra natal. Dúas aspiracións nunca realizadas. O edificio da Alcántara tivo outro destino. E sobre a súa marcha a Mallorca prevaleceu o seu celo polo servizo a diocese e o seu amor polos pobres de Mondoñedo.
O vindeiro día cinco de xullo cúmprense os dez anos do seu pasamento. O longo tempo pasado, que non ven a ser mais que unha falacia enganosa escrita nos almanaques, non borrou os recordos dos que tivemos o privilexio de coñecelo, de gozar do seu trato e compañía, do seu exemplo e da súa palabra. Por iso, son moitos os que hoxe, dez anos despois do seu pasamento, seguen a preguntarse pra cando o comezo do proceso de beatificación deste crego, que viviu a súa vida en olor de santidade. O pobo de Mondoñedo xa o canonizou en vida. E o Pai Eterno xa o ten recibido na súa Casa coas palabras da parábola dos talentos: “Ven, servo bo e fiel, entra no reino do teu Señor”. Pro… do proceso de recoñecemento oficial da súa beatificación nada se sabe. Nin sequera se escribiu unha pequena biografía destinada a manter vivo o recordo da súa persoa, do seu exemplo de vida e do seu paso por Mondoñedo. A ver si algún ensaísta se anima.

 Obras de José Mª Rodríguez

 

Dende preto da Illa Pancha, en Ribadeo

Onte fixen un par de actualizacións, 'Notas posteriores' na entrada de datos sobre o hotel da Illa Pancha. Son sobre a superficie útil e a intervención na illa. Complemento o dato coa ligazón ó  "Proxecto de rehabilitación del Faro de Illa Pancha, en Ribadeo, para uso lúdico", realizado por Nuria Díaz López como traballo de fin de grao na UDC no 2014. O segundo tomo é o máis 'ameno', xa que presenta os planos propostos. Na páxina referida tamén aparecen as condicións de uso dos documentos.
Complemento con algunha foto tomada dende o templete hai un par de días e un plano de OpenStreetMap, dúas ligazóns máis a lugares Facebook, Faro de Illa Pancha e Faro Isla Pancha, ambas en plan turístico, e a anotación dun artigo de El País, "La reconversión hotelera de los faros", publicada na súa sección de economía o día 25 de abril, na que aparece o asentemento do alcalde.



20150603

Consumindo en Ribadeo

Non, non se trata de andar polas que quizáis son as dúas principais fontes de consumo en Ribadeo, bares e tendas de roupa. Trátase de ser conscientes de que mesmo cousas nimias supoñen un consumo non pensado con anterioridade.
A cousa ven a raíz de algo común: o consumo de auga. Sobre a auga da billa non é a primeira volta que aparece un post no blog, sexa polo tema da contaminación, sexa polo 'subministro dun servizo público' por unha empresa privada. Desta, vai dende outro punto de vista.
Na factura da auga/lixo/depuración aparece un mínimo de 20 m3 cada dous meses. Iso é 20 000 L de auga cada dous meses, ou 330 L de consumo de auga o día por cada casa. É dicir, poderiamos afogarnos unha vez cada día coa auga que consumimos.
Nos meses de pouco consumo, a Santa Cruz chegan cada día uns 3 000 m3, isto é, 3 000 000 L  cada día, agora ás veces só procedentes do Eo, despois da anulación periódica/desviación de recollida do Lexoso relacionada co verquido dos Irmandiños. Iso significa máis ou menos, subir dita cantidade de auga diaria a uns 130 m de altura. E para iso, necesítase unha enerxía de 4 000 000 000 J, 'só' uns 1 000 kWh. É dicir, dependemos desa enerxía para o subministro de auga de Ribadeo.
En números redondos, se consideramos os 10 000 habitantes de Ribadeo, sairían 0,1 kWh de consumo eléctrico para subministrar a auga a cada un. Ou sexa, o ter acesa unha lámpada das de filamento de 100 W durante unha hora é algo equivalente á enerxía que temos que gastar para que a auga chegue ás nosas casas.
A parte, o tema da depuración, entre outros moitos... Non é necesario pensar en mercar algo como un coche, unha cervexa ou un vestido para consumir. O custe? diso podemos falar outro día.

20150601

Revoltillo en España. A craridade grega.

Xa viu o partido e o ben común xa quedou esquecido. O xogo, o resultado e demais eclipsaron a fin de semana anterior e aló vai boa parte do tratado sobre a renovación democrática ou sobre a corrupción, a destitución do delegado gubernativo en Valencia por idem, a destrucción de documentos en concellos... Mesmo a manobra distractora da pitada, primeiro, ameazando a dous equipos e deceas de miles de participantes, logo aumentando a intensidade sonora dos altofalantes co himno.
E, mentres, no estranxeiro... Non se sabe se Grecia chegou ou non a acordo coa chamada Troika despois de estar os medios pesadamente incurrindo en comparacións Syriza-movementos emerxentes (non de dereitas) en España, e unha espantosa Grecia-futuro de España. Non, non se sabe polos medios. Tampouco se sabe polos medios que Grecia non ratificará o TTIP. E que, como factora da non ratificación, estanos salvando da imposición dun tratado internacional que beneficia ás multinacionais fronte á xente, unha xente que quedariamos cautivos dos intereses mal chamados económicos do gran capital. Ben quizais non chegue a consumarse ese non, antes da votación Grecia pode ser dobregada, que a situación grega non é para botar foguetes (seguro que quen está a combater do lado do TTIP é o que pensa).
En fin, en Ribadeo chove. España esperta, literalmente, a unha nova semana e espreguízase dun horizonte electoral que pode dar cun estado diferente en moitos aspectos do que aínda hai hoxe. Hai que mirar as cousas de xeito diferente, por iso aproveito un mapa de Grecia diferente: o que da a radiación distribuída recollida por as diferentes zonas de Grecia. Por así dicilo, a claridade grega.
Mapa da irradiación solar en Grecia, Creative Commons Atribución-Compartir igual 3.0 Sen adaptar (CC BY-SA 3.0) , SolarGIS © 2011 GeoModel Solar s.r.o.

20150531

Nota de prensa de Ribadeo en Común

Desde Ribadeo en Común queremos agradecer a súa confianza ás 271 persoas que nos deron o seu apoio nas pasadas eleccións; tamén a todos os que se achegaron aos colexios electorais a depositar o seu voto; lamentablemente por só 15 votos non puidemos obter a nosa primeira representante no Concello.
Nestes meses pasados, veciños e medios locais téñennos preguntado que fariamos se non acadabamos representación: sempre respondemos que seguiriamos a traballar para mellorar Ribadeo, e agora chega o momento de cumprir coa palabra dada: seguiremos a traballar, como até agora de xeito aberto, para poñer en marcha e apoiar cantas iniciativas xurdan a prol dunha economía sustentable e diversificada, para defender uns servizos públicos de calidade e promover o coñecemento e a conservación do noso patrimonio natural e histórico. Seguiremos, así mesmo, a pedir máis transparencia e participación veciñal en Ribadeo, en coherencia cos acordos asinados polas forzas que conforman a corporación, e como ferramenta esencial na prevención da corrupción.
En todo caso, os resultados da pasada fin de semana non deixan lugar a dúbidas: as xentes de Ribadeo seguen a respaldar no equipo de goberno actual, e deron un apoio maioritario á lista do BNG - Asembleas Abertas. Por iso, a plataforma veciñal Ribadeo en Común desexa sorte e bo criterio ao goberno entrante, na esperanza que a chamada á participación e a transparencia que reflicte o seu lema de campaña comece a se reflectir en algo máis efectivo. Se é o caso, terá en Ribadeo en Común un colaborador xeneroso e leal no deseño e posta en marcha de propostas de futuro para o noso concello.

Letras galegas: Concerto da banda municipal de Ribadeo (20150530)

Cheo no cine teatro, para variar. Lectura de Farruco Graña e bis e himno galego, incluídos, aínda que non aparezan no díptico-programa. No audio non aparecen as tres primeiras pezas. Mágoa, estábame gustando...
E o ambiente? Bo!.

O himno, mellor lelo noutro lugar.

20150530

'Un faro de todos y para todos'

    Recollo hoxe de La Comarca, por unha petición xeral que se fixo ó grupo 'Por nuestro faro', un artigo que sae hoxe mesmo. A próxima fin de semana haberá unha xuntanza... e a ver que sae.
    Só lembrar que premendo sobre a imaxe, pode ampliarse...  e que o texto tamén está despois no mesmo corpo da entrada, feito usando o ocr https://www.onlineocr.net.
 
 
Texto:

    RIBADEO, sábado, 30 de mayo de 2015 LA COMARCA DEL E0
    Un faro de todos y para todos
    Por Grupo Por nuestro faro
    Desde la plataforma «Por nuestro faro» querernos exponer nuestro punto de vista para evitar tergiversaciones o interpretaciones rápidas de las que ya hemos sido víctimas por parte de personas físicas, grupos o entidades. 
    En primer lugar, queremos aclarar que no estamos en contra de personas individuales ni contra la iniciativa privada, sino contra la explotación privada de un edificio público, lo cual es responsabilidad de las administraciones competentes, que han tornado la decisión de permitirlo de manera rápida y discreta. Aunque todo se haya inscrito dentro de la legalidad, no nos parece correcto que la mayoría de los ribadenses haya tenido noticia por la prensa hace apenas unas semanas de que el faro de Ribadeo iba a ser explotado y reconvertido en hotel de lujo a través de una concesión. Esta concesión ha sido otorgada incluso antes de que el gobierno español levantase la prohibición de usos hoteleros que permitiría llevar a cabo el proyecto, y la escasa información de la que disponemos hoy sobre dicho proyecto es difundida de forma muy concisa a través de los medios de comunicación.
    Al margen de la falta de transparencia del proceso, de nuestras dudas sobre el impacto que podría tener sobre la isla Pancha y su entorno, y muchos otros aspectos sobre los que desconocemos los detalles, pensamos que el faro forma parte del patrimonio de Ribadeo, y que, corno tal, su utilización debe hacerse desde lo público. No pensamos que el faro ni el acceso a la Isla Pancha deban permanecer cerrados, pero toda explotación o uso que se haga debe respetar el lugar y el carácter del edificio. Su utilización debe de favorecer la democratización de su acceso y los ribadenses deben poder disfrutar de él. Creemos que otras opciones son posibles, y que pueden permitir a su vez proteger el edificio del paso del tiempo, esas opciones merecen ser estudiadas antes de liquidar el problema dejando el faro en manos privadas para transformado en minihotel de lujo, al que sólo tendrían acceso unos pocos privilegiados. 
    El caramelo con que se pretende dulcificar a la opinión pública ribadense es el acceso al faro y a la Isla Pancha: una cafetería bajo tierra sería el reclamo para contentarse de no poder entrar en el faro y de que sólo los turistas de élite disfruten de su interior, de sus vistas y de contemplar el paisaje desde la torre donde se encuentra la linterna. Lo que nadie dijo tampoco es que para entrar en la Isla Pancha y en el faro no es necesario instalar un hotel, y esta idea se ha vendido como la única posibilidad existente para poner un pie en la Isla Pancha. 
    Y, para terminar, -aunque quizás podríamos haber empezado por aquí- : el faro no es una construcción como otra cualquiera, tanto por su ubicación fuera del casco urbano -en un suelo clasificado como rústico y de interés paisajístico-, como por su carácter, su historia y simbología. 
    Creemos que otros edificios vacíos, abandonados, con encanto en el centro de Ribadeo y con capacidad suficiente, serían mucho más adecuados para albergar un hotel. Creemos también que un aspecto que no debe olvidarse es el significado especial de la Isla Pancha para los ribadenses que, a pesar de la tendencia actual a transformar faros en hoteles, no consiguen imaginarse un hotel enfundándose los muros de nuestro faro. Para muchos, es una estampa emblemática y representativa de Ribadeo, un vestigio del pasado, un monumento a los hombres y al mar, y también es el lugar que muchos han elegido para que sus cenizas descansen allí. Un lugar especial, con alma, no vendible, y público.

Pasou unha semana

Pasou unha semana (días laborables) dende as eleccións. Coido lembrar que todos os grupos políticos de Ribadeo levaban dun ou outro xeito unha mellora na limpeza. Pero tardan en poñerse mans á obra...

 En toda a semana levo visto os mesmos carteis, cada vez máis roídos e algúns medio arrincados. Só o que agora se pode chamar 'pequeno grupo' de ReC cumpriu a mesma noite electoral cos poucos carteis que puxo.
E así, o corazón que incluía un cartel na noite de comezo electoral quedaba así:












É de supoñer que se irán sacando ó longo desta semana...