20120805

A piques de rematar o día

Temas posibles, a antropoloxía da xira (de novo), o atardecer coa luz marabillosa sobre a ría de Ribadeo, ... ou a lembranza de que ata o momento este 6 de agosto, vaian 67 anos dende a morte da humanidade en Hiroshima. Desto último só vexo en toda a rede que frecuento unha entrada de Noam Chomsky.

A festa contínua continúa

Primeiro fin de semana de agosto. Xira, Festa do percebe en Rinlo, do Emigrante de Barreiros, do Bonito en Burela, Resurection fest en Viveiro ... E só é unha continuación das da semana pasada e antelación das da seguinte, en sucesión día-noite-día ou noite-día-noite, de sorrisos, ou viño, ou música (mesmo da ratoeira que soaba nalgures en pleno centro de Ribadeo esta mañá) elíxase o que se prefira ... tanto que mesmo Rajoy deixa de apretar o cinto ós demáis (mesmo cun axuste de máis, sen explicar) e se pasa por Sanxenxo. Si, pero ... mesmo hoxe se protesta en Burela pola supresión de servizos de Feve, a Consellería de Educación promete pagar nos próximos días os servizos de comedor que xa tiña que ter pagado hai tempo, ou a conto do ruído da movida, en Foz enfróntase o alcalde e un sindicato policial ... Tamén continúan outras festas.

20120804

Marcas

   Publicado o 19961231 na sección de A Mariña / El Progreso, e premiado pola Asociación de Consumidores, lembreime do artigo hoxe mesmo a conto dunha nota en Facebook de Suso López, en relación a iste artigo da Vanguardia. Aí vai pois ...  

Marcas 

   As primeiras marcas das que oín falar pode que foran as de gaseosa, pola competencia entre "La Casera", "La Revoltosa" e outras moitas menores. Non é que as marcas comerciais non existiran, é que non se identificaba o nome correspondente como se fai agora. Daquela, unha camisa era unha camisa, a secas, e os traxes facíannos os xastres, que non lles poñían marca, aínda que fora común o etiquetalos con algunha referencia. Logo, ese pequeno plantel de nomes comerciais que soaban foise ampliando a moitas outras cousas. Hoxe todo ten marca e conóceselle, dende os coches que ate cativos de dous anos recoñecen pola rúa, identificándoos co nome e logotipo, ós patíns, por rematar con outra cousa con rodas. 

   Nembargantes, as marcas como posesión oínas con posterioridade. Tampouco sabería dicir ben cando foi, pero creo que primeiro oín das marcas do gando e logo as do Imperio Carolinxio: ambas son expresión dunha pertenza. Moito despois oín falar, via tele, das marcas que fan os animais para delimitar o seu territorio, ou, aínda máis tarde, as marcas que lles corresponden nos humanos para marcar sociolóxicamente "o noso terreo". 

   Hoxe, que as marcas comerciais nos invaden porque todo son produtos manufaturados baixo unha "marca", atopámonos con que manifestan a posesión pero con orientación diferente, relacionado con esas marcas de compravenda. Fai xa algún tempo que os "niños pijos" comezaron a levar prendas "de marca". O fenómeno parece que se foi extendendo a grupos sociais cada vez maiores, cobrando importancia non só en temas de roupa, senon tamén en coches, bebidas... aumentándose como signo de diferencia a outros máis antigos: dende hai tempo, a xente "que pode" tratou de diferenciarse "dos comúns" por pequenas minucias como poder ter unha xoia máis ou aínda non só posuir un iate, senon con grifería de ouro. 

   Aínda así non deixan de chamar a atención particular cousas como aquelas vestimentas que poñen algo así como "property of ...", naturalmente, en inglés e cun nome a continuación que soa a alén das fronteiras aínda que sexa do pé da nosa casa. Eso de levar roupa cun letreiriño indicando que son propiedade de algo ou alguén lémbrame ós homes-anuncio que teño visto nas películas americanas cun cartel por diante e outro por tras anunciando calquera cousa. Aínda así, aqueles homes anunciaban algo, non a súa pertenza cal escravos a unha marca comercial. Xa lle teño tomado o pelo a algún/algunha que anunciaba a súa propia negación persoal dese xeito, a modo de dependente dun imperialismo económico. Con ese imperialismo, naturalmente, entran ideas, o capitalismo que as mantén e outra lingua. En particular, unha idea: a de ser propiedade dun nome, por contra a ter nós en propiedade o noso propio nome... 

   Así, os tempos de "ser do atleti" ou "ser do barsa" non pasaron, pero están deixando ver outras pertencias non tan anunciadas en conversas como vistas no comportamento e polo tanto, socialmente tan ou máis importantes. A invasión da economía en tódalas esferas da vida estase manifestando por detalles como este das marcas. Cabe alegar que estas "minucias" non son máis que a manifestación dunha maior socialización. E estaría dacordo con que a marcaxe dun territorio implica para as persoas unha elaboración cultural e que non ten por que significar ningún tipo de invasión nin perda de persoalidade... se non fora porque o mesmo xeito de marcaxe referido non é propio, senon mercadoría, e non implica construír algo para delimitar o territorio, senon sinxelamente un poder mercar imitable e imitado. E esa característica, o ser imitable, limita a marcaxe a unha pertenza ó "club" dunha marca, sí, pero do estilo da señal que o "señor do rancho" pon ó seu gando. Así se explica que hoxe as marcas comerciais supoñan para os fabricantes un activo superior ó das fábricas; de feito, moitos non teñen tan siquiera fábricas propias. ¿Que importa, se teñen a posesión dos compradores?. 

   De calquera xeito, non se poden olvidar outras marcas divisorias máis arraigadas: Non esquezo que fai pouco tempo presenciei como unha rapaza, emparentada co propietario dun bar, negábase a entrar noutro, alegando sinxelamente "eu aí non podo entrar". Teño visto sinais semellantes por enemistade ou calquer outra fruslería. Delimitación do territorio novamente. Enfrontamentos que non son da mafia pero lembran a aqueles. 

   E no medio de todo isto, ¿Onde queda o sentido de posesión propio? ¿Onde queda o ser persoa fronte ó ter unha ou outra cousa?. Erich Fromm, que escribiu fai xa trinta anos un libro, '¿Ter ou ser?'*, titulou outro 'O arte de amar'**. ¿Terá relación a marca e a pasión? ¿ou existirá máis ben entre o ser e o ser capaz de amar por encima de marcas e divisións?. 

 * To have or to be

** The art of loving

Estatuíña Premio da AGC


Presentación do libro de Primi Nécega

Abaixo deixo por partes a longa presentación do libro de Primi Nécega, onte, no cine teatro, por sete oradores, incluída ela ó final e comezando polo alcalde.
Coido que o libro en xeral gustará, con contos suaves e sinxelos, ó tempo que enraizados nun pasado mariñán non tan lonxano.
En canto á presentación, case tres cuartos de hora, propiciou que o cine teatro comezara máis cheo que finalizou.
O seu primeiro libro, de poesía, na súa segunda edición, foi editado por min (dispoño de exemplares)
Outras obras de Primi.


20120802

Sol, praia, ... craridade e prosperidade nun día no que as finanzas españolas voltan a estar da capa caída

Un par de citas de artigos de xornais que xa teñen máis dun mes: "La prosperidad, en definitiva, se fundamenta en la lucha política contra los privilegios. La concentración del poder en las élites, la conformación de instituciones en beneficio de las minorías, son razones poderosas en la explicación del atraso, del fracaso de las naciones, del contraste con las más prósperas". (Emilio Ontiveros)
En definitiva, lo que debería hacer el Gobierno es explicar más lo que está haciendo y lo que pretende hacer. No basta solo con explicar cada reforma (por muy importante que sea); lo que se echa de menos es una explicación general que diga con claridad hacia donde vamos e inserte cada medida en un todo coherente y eficaz. (José Luis Leal)
Ambos parten de supostos moi diferentes, como se pode apreciar, máis o fondo coido que se pode resumir: reparto e craridade no reparto, participación e consideración de igualdade na comunidade, e logo, o resto, que loitaremos todos xuntos con sentido de que estamos xuntos. Alguén se imaxina a célebre petición de Churchill de sangue, suor e lágrimas, pero só para a xente de a pé ?

20120801

En 2 días, xira de Santa cruz

Copio e pego o cartel dun dos lugares onde xa o levan poñendo varios días:

Para un día de calma

1 de agosto de 2012. Amanece con nubes, mentras as gaivotas graznan e o vento trae sons diversos, tamén do mar. Os faros xa apagaron a súa luz na ría de Ribadeo. Onte, unha posta de Sol nunha tarde agradable. Cara ó faro, o solpór iluminaba en vermello o promontorio de S. Cibrao, deixando a unha e outra beira unha zona que se ía cubrindo na penumbra entre nubes. O faro da Illa Pancha comezou a súa andaina nouturna. O resto dos faros da ría tardaron en seguilo. Primeiro, na enseada de Arnao, despois, na Ponte dos Santos, ... ata quedar sinalada puntualmente no espazo e no tempo toda a posible aproximación dende alta mar ata os portos da ría.
O primeiro saínte á esquerda, a Ínsua. O fondo, S. Cibrao como punto máis saínte na costa, e iluminado polos últimos raios de sol entre o cúmulo de nubes.
O faro das Carrallas, na ría de Ribadeo, en marea baixa (onte pola tarde). Ó fondo, a beira asturiana da ría,

Secuencia de luz do faro da illa Pancha.

Secuencia de luz do faro entrada-esquerda da Ponte dos Santos.

Secuencia de luz dos faros da entrada do porto deportivo de Ribadeo. A súa potencia entre tanta iluminación é pequena, por iso achego despois a imaxe.