20111107

Cousas de hoxe

Comeza unha nova semana na que tentan convencernos de que hoxe, precisamente hoxe, luns, vexamos unha confrontación entre os dous candidatos (so os demáis non contarían) á presidencia do goberno de España. Os outros partidos e candidatos, subíndose polas paredes, incluíndo o presunto merlo branco de Equo, que nas enquisas do CIS case non sae.
Aquí, as cousas van por outros camiños. Agora, de novo porque non é a primeira vez, descobren restos valiosos na ría, e levaránnos fóra para expor, declarando que próximamente haberá unha presentación oficial do recollido. E vénme á cabeza xa hai máis de dous anos, cando unhas catas no castro das Grobas produxeron 300 restos arqueolóxicos, segundo se declarou, e fomos avisados de que 'nuns meses' se daría a coñecer o informe. Daríase a coñecer, pero levo tentando enterarme do informe longo tempo hai, e polo momento, nin rastro... [para memoria sobre o castro, unha pequena escolma no blog: 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, ...]
Mentras, outros actos culturais se desenvolven a menor escala en Ribadeo. Por exemplo, obras de teatro, como Atra bile, de Laura Ripoll, con cinco actores e actrices, dirixida por Etelvino Vázquez, representada onte no Hernán Naval. Unha comedia negra que tenta representar o submundo de intrigas nun ambiente cerrado que se identifica co popular galego.
Imaxe de promoción de Atra bile
Ou a presentación do libro 'vivencias desde la discapacidad', de Irene Piñeiro, cunha Casa das Letras a tope nunha presentación emotiva. Para quen non a coñeza, unha persoa que se define así na súa recén creada páxina de facebook:
"Irene Piñeiro
Nació en la Costa Lucense. Sufrió una lesión cerebral al mismo instante de nacer. Publicó artículos en diversos medios de comunicación. Participa en encuentros socioculturales y en colectivos de la discapacidad."
Pero, se consultamos as novas (as que trae) nos xornais, é posible que nos atopemos con algo 'de outro tempo' políticamente falando: un anuncio dun ministro que anuncia que ten un gran compromiso por Lugo, en plan clientelismo decimonónico, esquecendo a igualdade de representación a escala estatal. Poñerán o mesmo anuncio, poñamos, en Madrid? Non creo ... e se o puxeran, cal sería o 'compromiso maior'?

20111105

Un aviso sobre os indignados

Polo blog de E. Dans entérome do documental sobre o movemento 15M. Deixo a primeira parte embaixo (o resto, pódense ligar en youtube abrindo o documental na fiestra 'youtube' embaixo á dereita)

Valoracións

Onte mesmo recibín un correo amigo que me informaba de que, consultando en internet, vira que unha páxina adicada a esas cousas establecera o valor de ribadeando en 1 500 $. Picoume a curiosidad, e vía buscador, atopei varias páxinas de consulta. Os resultados foron do máis diverso (nunca demasiado grande o valor, comezando en 0) nos poucos que mirei.
E foi ó parar cando pensei no que pode significar unha valoración noutro campo, como o da débeda ou o político, dous das estrelas destes tempos, nos que se cumpre mellor o dito de que o valor o asigna o mercado (e quen o controla). Un sábado gris, chuvioso en Ribadeo, ó comezo do final dunha cousa que se chama campaña electoral pero non se sabe moi ben se é de promoción de "Ariel lava máis branco" no medio de algo que chaman crise pero que está a facer máis ricos a algúns, é o que da.

20111104

Eleccións? Si, pero a vida segue

Comezo de pegadas de carteis. Aínda non saín da casa esta mañá, pero nalgún lugar mos atoparei. A nova en Ribadeo non é unha campaña para o 20N que comezou xa hai moito (de feito, aínda continúan expostos algúns carteis da campaña anterior en lugares ben visibles), senón cousas máis mundanas, máis do día ó día:
O ramal de FEVE que ía levar a pasta de Ence a Xixón retrásase un ano máis. As primeiras novas situaban a súa finalización o pasado ano, pero despois de varias rectificacións, parece que a última data sitúao a comezos de 2013. Mentras, o tráfico seguirá por Ribadeo na súa totalidade. E o mantemento da ría, segue como está, con movemento relativamente pequenos aquí e aló, dos que o último é onde se vai depositar a area que se saque do dragado.
Coto, valorando a presentación dun ERE. O dedo acusador apunta a débedas dos concellos, que non especifica cales son.
E o problema do ruído aínda non se solventou en Ribadeo, como apunta unha resolución aparecida onte no DOG.
As eleccións? O sistema non parece asegurar que amañen moito. E aínda que hai que encher espazo e ocuparán tempo nos medios, moito, o desencanto nótase. As alternativas? Tentan presentarse, pero a ilusión parece cousa de contos de fadas, non da realidade.

20111103

Debe ser a política ...

Papandreu, o grego, arma un pifostio chamando a un referendo sobre a 'axuda' da UE; recibe ameazas diversas, todo o mundo se posiciona ... e non ben dous días despois, a oposición di que acepta a axuda tal cual, e Papandreu esquece o referendo. O pobo? que importa!

20111102

Un anaquiño da historia da música en Ribadeo


(collido a partir dunha entrada en facebook de Cherry Guelin e o comentario de Zora Gabbara en youtube)
Video-clip orixinal da canción de BEETLE JUDGE "Black art" gravado nas escolas de imaxen e sondo de A Coruña no ano 1998 e producido e realizado por "Altun tun producciones". A canción pertence ó primeiro album da banda titulado "sons of the acid machine" que foi sacado ó mercado ese mesmo ano pola discográfica asturiana "Norte y Sur records".

O camiño que non tomamos

Outras alternativas son posibles. Que deixen poñelas en práctica dun xeito doado, é outra cousa. Con dous días de retraso lin no El País "Islandia, el camino que no tomamos", do amigo Paul Krugman. Comparacións económicas e a posibilidade dun modelo diferente. Non moito novo, ó tempo que mantén viva a posibilidade non tanto de que as cousas cambien para mellor, senón de que cambie o sistema; de que nós, cidadáns, logremos facer presión para cambiar o sistema. Un sistema que cada vez nos repele máis, como lembra hoxe mesmo a bitácora de Im-pulso a conto da reforma sobre a lei de enxuizamento, que impide na práctica ós cidadáns de a pé a recurrir ó supremo. Pero sistema nunha sociedade na que estamos metidos sen solución de segregación non é descartable sen máis, sen reposto. E son situacións anómalas dentro dese mesmo sistema as que fan vislumbrar algunha posibilidade, aínda que sigan a ser 'dentro' do mesmo sistema. O que non ten moito sentido é que, como subtitulo hoxe Público, "La quiebra griega podría llevarse por delante a bancos de todo el mundo", a conta de que (e é o título), "Consultar al pueblo desquicia a los mercados"