20110621

Revisitando un retrato

O retrato / escultura homenaxe de Calvo Sotelo en Porcillán despois do seu pasamento non é a primeira vez que se ve reflectido no blog. Tivo lugar arredor da inauguración e logo con motivo dun pequeno mantemento. Agora volve, a raíz de terme fixado un pouco máis nela, vendoo completa que é para algunhas cousas. Remarco en fotos algúns logotipos, escudos, emblemas e outros detalles do altorelevo. Non se atopan nel, non obstante, o escudo de Ribadeo, por exemplo.
Vista xeral. Coido que o resalte de tamaño de Calvo Sotelo non mellora a homenaxe.

Detalle: as autorías. Juan Pablo Rodríguez Frade e José Luis Fernández.

El Peregrino, Habanera Ribadense, de Antonio López García ('marmolista')

Escudo

Emblema de Enxeñeiro

Escudo do marquesado, coa ponte, a chave e a estrela entre as dúas capelas. E o lema: a virtude está no medio.

Escudo da UE, con 12 estrelas de cando España deu os pasos para entrar nela.

Memorias de la transición e pláticas de familia, os seus libros, e unha cita do rei gabando nel: un gran español, un gran hombre de estado, un demócrata, una persona muy querida.

Outro logotipo: o da UCD

Detalle do mapa de fondo do altorelevo, resaltando o xulgado en Castropol

Detalle en Arnao que non logro identificar, xunto a outro que indica a traslación do mapa ó relevo: o km da N634/E70

20110620

150 indignados en Ribadeo

Non te fíes do título: chegou a haber nun momento dado (sobre as 13:30) dese orde de xente. A que pasou foi máis, pero a que está indignada non corresponde con esa cifra, como se puido comprobar falando fóra de micro ou mesmo fora da xuntanza. De claquera xeito, non está nada mal.
Primeiro, uns números: se collemos a poboación de Ribadeo, 10 000 persoas, a cousa representa o 1,5%. Se collemos a poboación Mariña-Occidente, a porcentaxe segue a baixar perigosamente.
O día de praia non sei se favoreceu ou non, pois escoitei comentar que da xuntanza á praia, a hora fixa, co que estaba manifestada claramente a xerarquía de actividades.
45 minutos de convocatoria para comezar é demasiado. Aínda que fóra unha cuestión técnica, por non chegar a megafonía. E deixouse sentir ben esa demasía, en comentarios e en ausencias.
Desta volta, non tratei de coller uns apuntes para levantar acta persoal; ligarei co lugar no que se poña ou se me chega antes por correo electrónico un esquema da mesma, cargareino ó blog. Pero ... o esquema repítese. O fallo de asistencia da persoa encargada de montar a acta anterior a partir de dous tomanotas propiciou a repetición, nunha falta de memoria apoiada polo feito de que, coa itinerancia asamblearia na zona, non só a conciencia de movemento é moi diversa, senón que se está a ampliar dunha a outra xuntanza.
A xente, antes de comezarse a falar

Algúns dos carteis

A zona central, nun momento
Dentro de cousas ditas (máis que faladas, pois coido que non se chegou a establecer un 'diálogo' =Discusión ou trato en busca de avenencia), están algunhas que no meu entender van frontalmente en contra da liña da asamblea. Pero a toma de palabra era libre, e a liberdade respectouse. Ó fin, dixéronse cousas en público que a xente ten que aprender a dicilas fóra de cando está cos amigos.
E no futuro? en Ribadeo non se acaba o mundo, e tampouco a asamblea da zona. Que se poda pensar que a cousa non vai como debería (é dicir, como define que debería ir quen así o pense) é lexítimo e pode ser un exercicio de diálogo no seu caso. Eu mesmo opino que a estrutura non está moi lograda. Ou que as persoas que asisten van a diferentes velocidades ou con diferentes implicacións, dende quen estivo en todas as da zona despois de asistir ou visitar algunha asamblea en cidades ata quen asistiu por primeira vez, o que fai difícil o diálogo a un mesmo nivel. Pero tamén vexo o 'meu' nivel de implicación, as posibilidades e as necesidades. Por iso, teño claro que dun ou outro xeito a cousa continuará. Poda que derive cara a un ágora cidadá nalgún lugar, pode que se refuxie máis en internet do que xa está, pode ... a súa imprevisibilidade é algo que á 'xente de orde', afeita a outras cousas, fastídianos, pero tamén é unha forza que ten.
Por certo, que falouse alí nun momento, a conto do medrar da asamblea e do seu futuro, de cousas que me lembraron a 'Masa e poder', de Elías Canetti, unha obra de referencia intento de razoamento da orixe e variedades do fenómeno da masa, así como o seu funcionamento, (más que á 'Rebelión das masas' de Ortega, que tamén).

20110618

Ante a xornada da asamblea cidadá en Ribadeo

Un vídeo (collida a idea do blog de E. Dans) que manifesta, ó longo do mes de maio, as relacións desenvoltas arredor do 15M nas redes sociais. Poden observarse cousas curiosas, como o aumento a partir da tarde do 15 de maio, as horas de máxima e de mínima actividade dos implicados, a relación do que ocorreu en días especiais e o tráfico, etc. Entre outras, a conclusión é que foi (o movemento) 'algo' espontáneo e non manipulado. Corresponde a un estudo da Un. de Zaragoza e unha empresa privada. Para mentalizarse para a asamblea cidadá de mañá, domingo 19 de maio diante do concello, en Ribadeo.

Unha liña de corrente a Ribadeo

Trazado da liña
esquema de torre
Anos. É no que se mide o tempo no que a nova liña eléctrica a Ribadeo anda pululando. Con moita opacidade, pero camiñando, cada vez máis achegada ó seu cumprimento.
No concello pode verse o mamotreto / tocho de documentos relacionados que o alcalde dixo que se ían a expoñer, o 'Refundido del proyecto de L.A.T. 132kV E/S sub Folgosa en Ribadeo'. Traducido: O proxecto modificado (levemente) da liña de alta tensión de 132 000 voltios  con liña dobre, entrada e saída, para conexión coa liña de Doiras a Mondoñedo dende Vilafernando, coa subestación de Folgosa, en Ribadeo.
A primeira cousa a ter en conta é que unha das dúas liñas está conectado con Doiras (sería a de 'entrada'), e a outra con Mondoñedo (a de 'saída'). Serían torres con 6 brazos, cun esquema básico como o da esquerda (atención, non está a estrutura de ferro representada). O número de cada torre está no mapa no que se detalla o recorrido ata Folgosa dende Vilafernando (dereita). Os cables sairía (sairán) das torres a uns 15-17 m de altura (é algo variablesegundo a orografía)usaráse calbe LA-280 que soportará unha tensión máxima estimada de 2 500 kg forza (24 500 N), acompañado de cable de fibra óptica que terá unha tesnión máxima de 1 650 kg (16 390 N). A liña terá un recorrido total de 9 333 m
A segunda cousa é enterarnos (quenes non estabamos enterados, claro) de quea Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, o 24/6/2009 decidiu non submeter a trámite de avaliación ambiental o proxecto (anterior). Como as reformas realizadas non afecta á relación co medio ambiente (iso dí o proxecto actual), pois tampouco é necesario submetelo... co que o que queda de alegacións é o correspondente 'a ver se podo evitar que pase por riba da miña leira para ter o ceo aberto' ... É dicir, o que aquí se pon é mera curiosidade de algo quese está a ver a aga pasada.
Outra cousa máis é que no proxecto (as primeiras poucas páxinas do tocho) aparece unha referencia ó anexo cálculo, en relación a cálculos varios de posgta a terra. Dito anexo non aparece no mamotreto do concello. Quen quera velo, a Lugo
Enclave aproximado onde irá a subestación en Folgosa, en foto do SIGPAC. A extensión que ocupará cuadruplica á sinalada.

20110617

Paso a paso en tempos revoltos

De novo, fáise camiño ó andar. A asamblea cidadá en Santiago ten posto un carteliño anunciando unha marcha a pé cara a Madrid que comezará o 24 de xuño, e á que se unirá polo camiño a marcha iniciada en Asturias.
Mentras, a débeda reclama máis cartos por aumento de xuros : os gregos voltan a estar en máis dificultades, España, de dama de compañía. O resultado, o empobrecemento das arcas do estado.
Pero iso é fóra, aínda que teña consecuencias aquí. Dentro das frotneiras de españa volve a insistirse sobre a reforma de indexación de salarios, non á inflacción, senón á 'produtividade' (na que resulta que ten unha compoñente grande os recursos de capital) ou a beneficios (cando istes están en horas baixas nas empresas, pero que, ademáis, recollen só parte das ganancias e todas as perdas como se pode ver polo aumento do que reciben os directivos bancarios), facendo así do traballador alguén que arrisca coa empresa, emtras que quenes levan o nome de emprendedores non arriscan. E ben, o traballador debe render para poder cobrar, pero de aí a ser un empresario cautivo a destaxo vai un treito.
En canto á violencia excedente das manifestacións, e a parte de teorías conspiratorias con vídeos nos que parece que infiltrados nas manifestacións están armando un xaleo que pretende deslexitimizar un movemento pacífico, está claro que os políticos ven que non poden usar ás asambleas como propaganda a favor ou anti-os demáis, probando, despois de minimizar o tema e de tentar sumarse propagandísticamente, a combatilo. Mentras, a falta de melloras no tempo de existencia do 15M e a vista da forza teórica amosada polo movemento, eleva o tono da confrontación e anima a súa deriva. Aí está o tema: non violencia, pero posibilidades de deriva a cada paso ...
En fin, hai análises para todos os gustos. Isto non é unha análise. É unha constatación.

20110616

Breve pleno 20110615

Mentras por Barcelona volvéronse a desenvoltar incidentes, esta vez doutro xeito (falaremos), onte en Ribadeo desenvoltábase o pleno de distribución de atribucións deste mandato.
En resume (dende varios medios da prensa, e dende a web do concello, que non puiden asistir): o alcalde cobrará menos, ó aplicarse a rebaixa que o goberno estatal decretou para os funcionarios (non se indica que porcentaxe se aplicou, é de supoñer que a media, 5%): 2.728 euros mensuales brutos.
Segue a haber unha adicación plena, a da alcaldía. E o alcalde segue con secretaria.As dietas axústanse asemade: o alcalde segue sen cobrar asistir a plenos, xuntas de goberno ou comisións: 50 € polas primeiras e segundas (-10 € respecto ó que se cobraba), e as comisións baixan tamén 10 € ata os 30.As asignacións a grupos políticos ou concellar quedan en 400 € (-100 €)
Tenentes de alcalde, os postos 2 a 5 da lista do BNG
Fernando Suárez delega no seu equipo as áreas de:
Mari Luz Álvarez.- Cultura, Educación e Igualdade
Vicente Castro Reigosa.- Facenda, Medio Rural, Obras e Deportes
Ana María Martínez Fernández.- Desenvolvemento Local e Turismo
Horacio Cupeiro Rodríguez.- Medio Ambiente, Medio Mariño, Consumo e Cemiterios
María Teresa González.- Benestar Social
Xavier Campos.- Mocidade e Sociedade da información
Nas comisións informativas, PSOE e UPRi terán que repartirse unha praza. E o PP rexeitou formar parte das comisións de goberno.

20110615

Pleno en Ribadeo

Extraordinario, si (os ordinarios, os segundos luns de mes impar, por defecto, que soe sufrir variacións), pero avisado aínda que non coa orde do día, si con abonda claridade para que todo o mundo se entere. O sábado, xente participando no movemento 15M entregou ó alcalde unha carta, onde figuraba a petición, entre outras, de que a convocatoria dos plenos fora difundida. Pode que nesas esteñamos.

As cruces 2011

Tres fotos para o resume dunha celebración que se quedou este ano a medias polas constriccións de lugar e acceso pola construcción da nova ponte.
Momento de xuntanza das bandeiras das sete parroquias

O bandeo

A procesión