20100105

Sobre Galicia? Parte dunha entrevista.

"- Esa diversidade pode ser un impedimento para a integración?
- Coido que non. Toda unidade fundada na unanimidade é unha falsa unidade que non ten destino. A única unidade digna de fe é a unidade que existe na diversidade e na contradición das súas partes. Hai unha triste herdanza do estalinismo e iso que chamaron socialismo real ao longo do século XX que traizoou a esperanza de millóns de persoas xustamente porque impuxo ese criterio, o de que a unidade é a unanimidade. Confundiuse así a política coa relixión. Aplicáronse criterios que eran habituais nos tempos da Santa Inquisición, cando toda diverxencia era unha herexía digna de castigo. Iso é unha negación da vida. É unha especie de cegueira que te impide moverte porque o motor da historia humana é a contradición.
(...) o problema é a tentación dunha palabra abominable: o liderado. Todos os países atribúense a intención de exercelo e isto xera relacións contaminadas pola orde xerárquica que nega a igualdade de dereitos. Eu non quero que ninguén sexa o meu líder. Non quero mandar nin ser mandado. Non nacín para obedecer. Nacín para exercer a miña liberdade de conciencia. Non podo aceptar a idea de que entre as persoas ou entre os países haxa condutores ou conducidos. Hai que ir cara a unha sociedade de veras libre."

Non, non é sobre Galicia, é referido a América Latina, tomado dunha entrevista ó autor de 'As veas abertas de América latina', Eduardo Galeano, que pode verse en 'Rebelión'. Pero, faría falta cambiar tanto para aplicalo a outros lugares?

20100104

Aprendendo de Piñeira

Un folio na porta dunha igrexa, un avance social? Porque iso foi o que vin esta mañá na igrexa de Piñeira. ¿? Se o folio se refire á dación de contas da última festa da parroquia, significa que o domingo será de dominio público a información publicitada, información da que disporán tódolos veciños. É ou non un avance? Coido que nos tempos que corren si o é, a pesares de non ser a primeira vez (nin moito menos) que se produce algo semellante. Non me estou a referir a unha cousa concreta. Podería ser o balance das festas, como en Piñeira, pero tamén moitas outras informacións ás que o pobo debera ter acceso inmediato. Por exemplo, as actas dos plenos, non actualizadas na web do concello dende agosto, ou o calendario para este ano presente, tendo conta que xa houbo un primeiro intento e na web do concello aparece o calendario laboral ... para o 2008.

Internet e Ribadeo

Dende hai tempo, a relación internet e Ribadeo é mellorable, o que xa ten dado orixe a varias entradas no blog. Como pode comprobar calquera, internet non é aínda para todos os ribadenses. Agora remata de saír un grupo en Facebook que o pon máis de manifesto e chama a acción. Seguramente sairá unha nota miña esta fin de semana na Comarca. Pouco a pouco, irase mellorando...

20100103

Capitalidade, custe ... e eficiencia

A raíz dunha nova nun xornal sobre o custe dos actos previstos para o semestre de presidencia española da UE, 90 M€, un dos orzamentos máis baratos de presidencia semestral, fixen unhas contas: a presidencia española da UE costará a Ribadeo (ós ribadenses, por proporcionalidade) uns 20 000 €, case tres millóns e medio das antiguas pesetas.
De calquera xeito, a pregunta non debera versar sobre o custe, senón sobre a eficiencia: serán ben invertidos?

20100102

Terremotos



Para comprobar e achegar máis información á da prensa (Voz de hoxe) entro na páxina do Instituto Xeográfico Nacional e atópome as dúas tomas de pantalla que achego. Unha, máis xeral, cos terremotos na península, e outra coa zona do terremoto de Triacastela.
a hora, as 10 menos curato da noite. O lugar, xusto no centro do triángulo Triacastela-Becerreá-Sarria, a magnitude, 2, baixiña. A ter en conta que é unha escala non lineal, pero que aproximadamente pode tomarse como logarítmica (parella á dos decibelios), de xeito que un terremoto de magnitude 3 ten perto de 30 veces máis potencia que outro de magnitude 2. Por outra banda, unha magnitude de 6 ML é equivalente a unha explosión de 30.000 t de TNT ou a unha explosión nuclear de 30 kilotóns, de xeito que o de onte correspondería á explosión de menos de 1 t de TNT

Unha pregunta

Como un local 'de apertura nouturna' pode estar aberto e con música dende a noite anterior ata ben pasado o mediodía, cando os outros levan horas cerrados? Será porque está cheo de máis? Será polos beneficios económicos do propietario? Será sinxelamente porque lle deixan? Será porque ninguén se queixa?

20100101

Para comezar o ano, un cálculo...

O que se pode seguir aquí. As preguntas? Pois por exemplo, cantos cartos se tiraron ó lixo ou ó peto dalgúns? Quen os tirou?

Un novo ano, 2010

... Cheo de desexos e vontade para cumprilos. Pode que cun chegue. Collo, de xeito case aleatorio, unha entrada de Kriptópolis e quédome cunhas das frases finais (aconsello ler toda a entrada, coido que paga a pena aínda que se refira a un tema concreto).
Para metelas no blog, descontextualízoas de xeito coidadoso para xeralizalas quedándome coa esencia: "Durante moitos anos, os (...)activistas loitamos para conseguir (...) os mesmos dereitos que (...). Para que as ideas circulasen (...) coa mesma liberdade coa que as personas pasean (...).
Nalgún momento do camiño equivocámonos. A medida que íamos conseguindo exercitar máis e máis dereitos (...), deixamos de exercelos (...).
Fai tempo que o poder deixou de ternos medo. Desprézanos. Nun contexto de brutal crise económica, o descontento non trascende ás rúas, e ante as próximas eleccións (...), o poder só pensa nas claves mediáticas do curto prazo."
Por se o anterior non chegara, unha entrevista a Leonardo Boff pode ser quen de que a xente se dispoña para actuar algo máis...