A falta do voto por correo...
As cores poden enganar...
E un resume do anterior (que podes ampliar para ver premendo co rato):
Amosando publicacións coa etiqueta eleccións xerais 2016 b>. Amosar todas as publicacións

20160627
20160626
As eleccións do 26J en Ribadeo. Papeletas
Coido que nunha votación, antes do resultados, das cousas máis importantes son as papeletas (aquí, as papeletas das xerais do 20D). É dicir, o que se vai poder votar, entre o que se vai poder elixir. En Ribadeo, hoxe, as papeletas (collidas unha de cada con permiso de mesa e interventor presente), por orde alfabético de siglas, eran estas:
Votaras ou non, podes botar unha ollada. Só para saber quen, aínda que non apareza o polo que.

Etiquetas:
eleccións,
eleccións xerais 2016
20160610
Resultados da enquisa para o 26J
Cerrada a entrada de datos, 39 participantes na enquisa para o 26J. Se imos a considerar a proporcionalidade, en relación a España as enquisas terían que ser de abondo máis de 100 000 persoas para gardar a proporción, co que, nese sentido, conseguiuse unha participación elevada.
Aínda así, por representación estatística e outros detalles non menos importantes, como acceso e práctica de internet e a súa relación coa idade, os resultados non son máis que indicativos. Por ese motivo me limito aquí a reproducir as dúas gráficas principais, deixando para quen queira o acceso ós datos en bruto, e non usando polo momento a folla de cálculo para obter máis relacións.
Coas limitacións (grandes) indicadas, os gráficos de abaixo indican un ascenso da marca de UP, (en Ribadeo, as Mareas), que en intención de voto darían o célebre sorpasso ó PSOE sin consideración ningunha á marxe. O gráfico, que amosa unha victoria clara de Podemos, vese matizado polo segundo gráfico, que representa o que a xente cre que vai pasar. Nel nos atopamos que a xente cre claramente na victoria do PP, por riba das Mareas/UP.
Queda por diante toda a campaña electoral, pero coas indicacións da enquisa, salvo terremotos electorais, as forzas en loita en Ribadeo son dúas, abondo por riba do resto.

20160608
Previsións de voto
Pouco a pouco a enquisa vai animándose. Deixo a captura de pantalla de agora mesmo sobre o que cre a xente que será a opción maioritaria elixida en Ribadeo o 26J:
Ti xa votaches?
https://docs.google.com/forms/d/1yJJwgKXnskFacYUud9WaZpKfkfZRtU3uR81dpq6uFXk/viewform
(entrada orixinal, explicativa: http://ribadeando.blogspot.com.es/2016/06/enquisa-para-o-26j-en-ribadeo.html)

20160606
Anímaste? Que vas votar o 26J en Ribadeo?
Despois da entrada de onte, xa comezou a funcionar a enquisa, e van 15 persoas que depositaron a súa opción. De aquí a xoves continuará aumentando ata (espero) ter un número significativo de persoas e poder facer unha estatística con algo de sentido.
Veremos. Ti xa participaches?
Veremos. Ti xa participaches?
20160605
Enquisa para o 26J en Ribadeo - Eleccións xerais 2016
Votas en Ribadeo? Remato de ver o resultado da última enquisa de Metroscopía a unha semana da campaña electoral. E, por que non facer unha enquisa en Ribadeo?
Pois aquí está. Para cubrila:
(onde tamén podes ver os resultados actualizados)
E aquí, podes ver unha táboa de resultados que se vai actualizando pouco a pouco, para cálculos posteriores:
A táboa de resultados poderás consultala cantas veces queiras, mais votar só poderás facelo unha vez. Iso ten un inconvinte: para poder votar tes que ter unha conta de google/gmail/...
Nas enquisas sempre se poden facer trampas. A máis sinxela, dar resultados falsos. Neste caso, pódense facer múltiples contas de google... Paga a pena?
Coido que pode ser un instrumento cando menos de curiosidade e de centrar o interese sobre unha actividade democrática.
Sei que sempre estará algo sesgada (por exemplo, só terán acceso á enquisa quenes teñan unha conta de google...), mais espero que para outra vez esteña máis perfeccionada.
Unha última cousa: esta enquisa quedará cerrada para respostas co inicio de campaña. Dende ese momento en diante, non se admitirán máis respostas. O que si variará será a folla de cálculo, para integrar algún gráfico máis, comparacións, etc (evidentemente, os datos non variarán).
Boa votación!
--
Nota posterior: Tras as primeiras participacións, noto que ás veces a xente non pon o ano de nacemento, senón o actual. Por elo, cambio o formato de entrada desa pregunta.
Nota posterior II: Unha actualización: o ter a folla de cálculo coa que poder manobrar despois do período de participación fai que os posibles fallos (dos que xa houbo mostras) sexan eliminables todos ó final. Así que, se alguén comete un erro, tranquilo, ó final correxirase. Por certo, podes correxilo ti mesmo.

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)