20050823

Rinlo.info


Rinlo.info é un xornal feito por nenos (3) de curta idade (11anos) de Rinlo que están levando estes días a información da protesta da factoría piscícola. A parte de sacar uns cartos (0,20€ exemplar) dan un exemplo de cordura ó intentar ofrecer a información dun xeito equilibrado. Eso é o que notei esta mañá en Rinlo, onde fun para unha concentración informativa que se convertiu en unha cooperación entre alcaldía (alcalde e concellal, máis presidente de comisión de festas de Ribadeo e Patrón Maior) e empresa 'piscícola' para convocar a xente tras un cartel para a foto de prensa. En fin, fun como espectador e tomei a foto que da testimonio de xente a unha beira da ponte e Guardia Civil (máis que a que patrulla estes días Ribadeo) de outro. Os membros de ADEGA, coas máquinas paradas, recibiron despois a visita dun grupo maioritario (uns 50) cun par de exaltados, dirixidos polo empresario. Resultado: polo momento, empate a cero. Mañá, outro día, con presencia en Santiago de membros de ADEGA. A curto prazo, vése necesaria unha maior información, que poidera darse a raíz dunha mesa redonda. Por certo, dende a empresa non están dispostos a colaborar nunha cousa así (comprobeino eu mesmo). O Concello? saberase, aínda que a tenor de accións anteriores, non é de esperar.
O mundo é así, nun día no que Barreiro espera suceder a Fraga... de momento só no PP, e no que as colonias israelitas en Gaza rematan de ser desmanteladas.

2 comentarios:

Un Galego Calquera dixo...

Comentarios sacados da páxina web http://boards4.melodysoft.com/app?ID=figueras&msg=1084
----------------------------------------------
4/11/2003

Parece ser que se quer instalar ua psicifactoria nel campo de Arnao de manera inminente. Anteriormente este proyecto quíxose levar a cabo en Valdés (playa de Cueva ?) y as protestas dos vecíos impedíronlo. ¿Qué sabemos?
----------------------------------------------
22/08/2005 21:15

A pìscifactoría que tanto estades tratando de para, agora, no ano 2005, ven pra Galiza. Vana poñer en Rinlo (Ribadeo), xa que o Alcalde pon o cazo (máis ben a sua muller), o Conselleiro de Pesca (Enrique López Veiga) pon o cazo, o titular da empresa é o irmán do voso asturianu querido ex-ministro de Fomento, e aqúí todos contentos.

Vanse cargar un tramo costeiro de imortante valor polos seus hábitats prioritarios, polas suas especies de interese para a sua conservación, e en definitiva van destruit algo que ñe de todos, que é solo público, e que ademáis está en Rede Natura 2000, co cal sería incompatible totalmente a construcción dunha granxa mariña dado cos obxectivos da Rede posto que non é unha actividade tradicional.

Vai ocupar 4,2 ha (D.O.G. do 18 de xullo, exposición pública da declaración de impacto ambiental), e van sementar polbo, linguado e rodaballo

MENUDA DESFEITA
-----------------------------------------------
1/12/2003

Hola,

En base a un mail recibido la semana pasada, hemos decidido hacer público este comunicado de prensa en relación al tema de la piscifactoría.

http://www.jpe-asturias.org/comunicados/comun_figueres.pdf Accesible desde nuestra página principal http://www.jpe-asturias.org

Esperemos que sirva de algo, por lo menos para que nos informen mejor.

Un saludo desde Jóvenes Por la Ecología
Parece ser que se quer instalar ua psicifactoria nel campo de Arnao de manera inminente. Anteriormente este proyecto quíxose levar a cabo en Valdés (playa de Cueva ?) y as protestas dos vecíos impedíronlo. ¿Qué sabemos?
-----------------------------------------------
9/12/2003

Por el presente se solicita a las administraciones competentes se abra un proceso especial de información para conocer a fondo el proyecto de instalación de una piscifactoría en los "Campos de Arnao":Nombre dado por la empresa ACUINOR a la zona donde se pretende instalar y que es "El Langosteiro".
Esta petición se realiza para que los vecinos de Figueras y colectivos como "Jóvenes Por la Ecología de Asturias" tengan conocimiento real del alcance de la empresa y puedan compararla con la que se pretendía instalar en el concejo de Valdés y que fué rechazada frontalmente por los vecinos.

Ayuntamiento de Castropol, Dirección General de Pesca los vecinos de Figueras agradecerán hagan pública la información.

Gracias

-----------------------------------------------
22/11/2003

Eu lo que penso é que hai úa gran falta d´información y que é vergonzoso actuar de tapadillo como se tá faendo neste tema.
Xa se dice por hai que a os labradores que tán levando a gestión das fincas da concentración parcelaria y que se renueva cada dous anos xa se yes dixo qu´iban ter que ceder duas parcelas porque el proyecto iba pa delante.
Na mía opinión a oposición tén que ir sobre todo encaminada a defensa del tramo costeiro Arnao-Peñarronda como un ente común con a Ría del Eo. Nun se pode pretender defender muitisimo a Ria y al doblar a Punta da Cruz esqueicerse de todo.
A acción más facil y probablemente más importante a escala municipal sería comenzar úa recoyida de firmas, pro pa eso temos que ter información sobre lo que se quer faer, porque tamos falando de oidas.
As estructuras dúa instalación dese tipo poden ser desmontables a excepción da estación de bombeo, pero pra mi lo más preocupante sería a recoyida dos miles de litros d´agua que se necesitan diariamente, y el posterior vertido al mar de esa agua (con el incremento da contaminación órganica que xenerará,pos al final é como el cuito dúa granxa). Evidentemente penso que os tubos de captación desa agua deben ter un efecto más ben pouco positivo, pro como nun se sabe nada, tampouco me atrevo a falar demasiado.
Informemonos rapido y despós xa veremos que se pode faer.


---------------------------------------------
12/11/2003

La empresa que quiere llevar acabo el proyecto de la piscifactoria se llama "ACUINOR S.L". Por lo visto ha presentado la solicitud administrativa para la instalación del cultivo marino. En el BOPA Nº237 (11 de octubre de 2003)se informa de que la Evaluación de impacto ambiental ha sido presentada y de que el plazo para presentar alegaciones es de 30 dias naturales contados desde la fecha de la publicación. Me temo que se nos pasó el plazo. Aún así me gustaría animar a todos a solicitar información sobre el tema ante las administraciones implicadas. A ver si de este modo conseguimos que exista la necesaria "transparencia" que debería existir.
A titulo de curiosidad os digo que el representante de ACUINOR S.L, se llama "RAMÓN ALVAREZ-CASCOS PAREDES", me temo que sera familia del ministro. Bueno, a ver si nos enteramos de mas. Saludos a Fernando y a todos desde Madrid.

Agremon dixo...

Antes intentou instalarse en luarca. aquí hai algo sobre o tema.