Amosando publicacións ordenadas por relevancia para a consulta tempo libre. Ordenar por data Amosar todas as mensaxes
Amosando publicacións ordenadas por relevancia para a consulta tempo libre. Ordenar por data Amosar todas as mensaxes

20100114

Unha proposta para a tesourería do concello

Os pagos coñecidos á SGAE por parte do concello sobrepasan os 30 000 € (cantidade recoñecida en pleno hai tempo).
Poden evitarse? En parte, alomenos, si.
Como? Con uso de obras con licenzas libres.
Que é a SGAE? A Sociedade General de Autores de España é unha asociación que teóricamente se encarga de recadar para os autores asociados un canon por obras interpretadas, e que na realidade ten aproveitado toda interpretación sen demostrar que ten delegada á xestión de dereitos de autor e que estes están en vigor. Un exemplo delo, os 30 000 € citados, reclamados 'por xunto' e dicindo que era unha rebaixa en por ser nesas condicións.
E iso das licenzas libres, que significa? Ten licenza libre unha obra sobre a que xa non teña ninguén dereito, por tere pasado ó dominio público (ben por ter sido feita hai moito tempo, ben por ter cedidos os dereitos), ou obras con licenzas do tipo Creative Commons (é dicir, que pertenzan dalgún xeito á 'creación común', o que abrangue varios tipos de licenzas), con dereitos dos autores limitados, etc.
Hai certamente dificultades en aplicar sempre un mesmo esquema para reproducción ou interpretación de obras. Pero, cara á tesourería, non se trata de aplicar sempre un permiso de tipo licenza libre, senón de reducir o pago de dereitos dun xeito xustificado: unha boa parte das actuacións poderían seguir o esquema de uso deste tipo de licenzas, complementadas nalgúns casos con obras propias dos intérpretes. Tendo en conta, por exemplo, que as obras clásicas (excepto adaptacións modernas) están en xeral liberadas, pertencen ó dominio público, e polo tanto, poden se usadas pola banda de música de xeito libre e non ahi que pagar o canon. Así pasa tamén en xeral coa música tradicional ou con moitas obras como pasodobres de autores mortos hai longo tempo. Por outra beira, representacións teatrais de obras escritas por xente das mesmas compañías locais non teñen traspasada a xestión dos dereitos á sociedades do tipo SGAE, e con eses mesmos cartos, podería potenciarse por exemplo, a publicación dos libretos.
Outra cousa diferente é a imposición de temas a grupos musicais, ou a compañías de teatro visitantes con obras de repertorio con dereitos, por exemplo, que sinxelamente non é factible. Pero se tocan os seus propios temas, ou interpretan as súas propias obras ... pasar por caixa a parte non ven a conto.
Non teño datos da porcentaxe de aforro que podería terse de aplicar estas medidas, pero a SGAE tampouco, e a bo seguro compensa polo aforro, e, se o concello (tal como declarou hai non moito o alcalde) está a considerar abusivos os cobros da SGAE, coido que haberá que poñerse ó tema. É dicir, ir máis aló das verbas. Polo menos, esixir a demostración de que as obras interpretadas están baixo o paraugas recaudador da SGAE.
* Unha nota final: hai que ter en conta que aínda que a SGAE é unha sociedade que aglutina a maioría de cánones impostos deste tipo, non é a única, e a realidade pode ser máis complexa, pero tamén, e de xeito máis que proporcional, será máis complexa a actuación necesaria das asociacións pertinentes para cobrar .
* Outra nota: Ó longo da xeografía española xa se teñen dado casos de sublevación ante estes cánones con resultado positivo nos xulgados, mentras que polo contrario, quen se submete viu incrementados de xeito substancial os pagos a realizar no mesmo tempo.
* Unha terceira: a SGAE é unha sociedade opaca, que non amosa contas detalladas, e que trata de cobrar por calquera interpretación (esteña ou non protexida polo seu paraugas) ó longo de toda a xeografía española.

20200706

Peche da Mariña? Le o DOG e déixate de contos


Onte avísannos de que hoxe estaríamos cerrados. Antes de que saíran as normas no DOG, xa tiñamos diversas informacións, infografías, vídeos... sobre o que non se vai poder facer, moitas deleas, con erros.
O DOG xa saiu. 23 páxinas "só". En espera de redactar algo máis como comentario sobre a medida, podes ir lendo o DOG de onte:

DOG Núm. 132 Domingo, 5 de xullo de 2020 Páx. 26516




I. Disposicións xerais
Consellería de Sanidade
ORDE do 5 de xullo de 2020 pola que se establecen determinadas medidas de prevención nos concellos de Alfoz, Barreiros, Burela, Cervo, Foz, Lourenzá, Mondoñedo, Ourol, Ribadeo, Trabada, O Valadouro, O Vicedo, Viveiro e Xove, como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19.


Mediante a Resolución do 12 de xuño de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, deuse publicidade ao Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 12 de xuño de 2020, sobre medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, unha vez superada a fase III do Plan para a transición cara a unha nova normalidade. O obxecto do dito acordo foi establecer as medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, tras a superación da fase III do Plan para a transición cara a unha nova normalidade e ata o levantamento da declaración da situación de emerxencia sanitaria de interese galego efectuada polo Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 13 de marzo de 2020.

Así mesmo, mediante a Resolución do 25 de xuño de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, deuse publicidade ao Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 25 de xuño de 2020, polo que se introducen determinadas modificacións nas medidas de prevención previstas no citado Acordo do 12 de xuño de 2020, sobre medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, unha vez superada a fase III do Plan para a transición cara a unha nova normalidade.

Finalmente, mediante a Orde do 30 de xuño de 2020 demorouse o restablecemento das actividades dos locais de discotecas e demais establecementos de lecer nocturno, e das festas, verbenas e outros eventos populares, así como das atraccións de feiras, nos concellos de Alfoz, Barreiros, Burela, Cervo, Foz, Lourenzá, Mondoñedo, Ourol, Ribadeo, Trabada, O Valadouro, O Vicedo, Viveiro e Xove, como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19.

Conforme o punto sexto do Acordo do Consello da Xunta, do 12 de xuño de 2020, as medidas preventivas previstas nel serán obxecto de seguimento e avaliación continua co fin de garantir a súa adecuación á evolución da situación epidemiolóxica e sanitaria. Para estes efectos, poderán ser obxecto de modificación ou supresión mediante acordo do Consello da Xunta, por proposta da consellería competente en materia de sanidade.

Así mesmo, a persoa titular da consellería competente en materia de sanidade, como autoridade sanitaria, poderá adoptar as medidas necesarias para a aplicación do acordo e poderá establecer, de acordo coa normativa aplicable e á vista da evolución da situación sanitaria, todas aquelas medidas adicionais ou complementarias ás previstas neste acordo que sexan necesarias.

De acordo co informe sobre a situación epidemiolóxica no distrito sanitario da Mariña a raíz do abrocho de COVID-19 elaborado pola Dirección Xeral de Saúde Pública, do 4 de xullo de 2020, seguen a existir no día de hoxe diversos casos relacionados cun abrocho de COVID-19 que se está a desenvolver no citado distrito sanitario, que exixen a adopción, con urxencia, de medidas de prevención específicas neste distrito sanitario, formado polos concellos de Alfoz, Barreiros, Burela, Cervo, Foz, Lourenzá, Mondoñedo, Ourol, Ribadeo, Trabada, O Valadouro, O Vicedo, Viveiro e Xove, para facer fronte ao abrocho e garantir a súa contención.

Estas medidas teñen o seu fundamento normativo na Lei orgánica 3/1986, do 14 de abril, de medidas especiais en materia de saúde pública, no artigo 26 da Lei 14/1986, do 25 de abril, xeral de sanidade, nos artigos 27.2 e 54 da Lei 33/2011, do 4 de outubro, xeral de saúde pública, e nos artigos 34 e 38 da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia.

En particular, cómpre salientar que a Lei orgánica 3/1986, do 14 de abril, prevé, no seu artigo primeiro, que co obxecto de protexer a saúde pública e previr a súa perda ou deterioración, as autoridades sanitarias das distintas administracións públicas poderán, dentro do ámbito das súas competencias, adoptar as medidas previstas na dita lei cando así o exixan razóns sanitarias de urxencia ou necesidade.

O artigo segundo habilita as autoridades sanitarias competentes para adoptaren medidas de recoñecemento, tratamento, hospitalización ou control cando se aprecien indicios racionais que permitan supoñer a existencia de perigo para a saúde da poboación debido á situación sanitaria concreta dunha persoa ou grupo de persoas ou polas condicións sanitarias en que se desenvolve unha actividade. E, para o caso concreto de enfermidades transmisibles, o artigo terceiro dispón que, co fin de controlalas, a autoridade sanitaria, ademais de realizar as accións preventivas xerais, poderá adoptar as medidas oportunas para o control dos enfermos, das persoas que estean ou teñan estado en contacto con estes e do contorno inmediato, así como as que se consideren necesarias en caso de risco de carácter transmisible. E o artigo 38 da Lei 8/2008, do 10 de xullo, prevé que as autoridades sanitarias poderán levar a cabo intervencións públicas nos supostos de riscos para a saúde de terceiras persoas, nos mesmos termos previstos nos artigos 2 e 3 da Lei orgánica 3/1986, do 14 de abril, antes citados.

Non se recolle, pois, unha lista pechada de medidas de prevención, senón que poderán adoptarse, de acordo cos principios de precaución e de proporcionalidade que deben rexer as actuacións en materia de saúde, as necesarias para facer fronte ao concreto risco sanitario de que se trate.

En todo caso, e en atención a tales principios, estas medidas serán reavaliadas nun período non superior a cinco días naturais desde a publicación desta orde en función da evolución da situación epidemiolóxica na zona.

Non obstante, dada a proximidade das eleccións autonómicas do domingo día 12 de xullo, resulta oportuno aclarar que as limitacións á mobilidade previstas nesta orde non poden afectar o exercicio dun dereito fundamental como é o de sufraxio, polo que se considerará en todo caso xustificada a entrada ou saída do ámbito territorial delimitado para o exercicio deste dereito. Así mesmo, polas mesmas razóns, cómpre indicar, tanto para o caso do distrito sanitario da Mariña como para o resto do territorio da Comunidade Autónoma, que as medidas específicas para contactos estreitos, previstas nesta orde e, con carácter xeral, no Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 25 de xuño de 2020, antes citado, consistentes no illamento ou corentena “salvo causas debidamente xustificadas”, non impiden tampouco o exercicio do dereito fundamental de sufraxio, por considerarse, evidentemente, unha causa xustificada para a saída do domicilio, sen prexuízo de que deban cumprirse as medidas de seguridade establecidas e, en particular, o uso de máscara cirúrxica en todo momento, e a saída se limite ao tempo estritamente necesario para o exercicio deste dereito ao voto. Para estes efectos, a Consellería de Sanidade cursará as oportunas instrucións para que esta cuestión se aclare nas comunicacións que teña o Centro de Seguimento de Contactos do Servizo Galego de Saúde con estas persoas.

As medidas de prevención que se recollen nesta orde teñen un evidente fundamento sanitario, dados os riscos de transmisión dunha enfermidade contaxiosa como a que nos ocupa, e a vixilancia, inspección e control do seu cumprimento corresponden aos concellos, sen prexuízo das competencias da Consellería de Sanidade, tendo en conta a condición de autoridade sanitaria dos alcaldes e alcaldesas (artigo 33.1 da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia), as competencias dos concellos do control sanitario de actividades e servizos que impacten na saúde da súa cidadanía, dos lugares de convivencia humana (artigo 80.3 da lei citada), así como da súa competencia para a ordenación e control do dominio público.

Polo tanto, os alcaldes e alcaldesas, como autoridade sanitaria, deben garantir nas referidas actividades, servizos e lugares de convivencia humana, os dereitos e deberes sanitarios da cidadanía (artigo 33.2 da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia), e polo tanto, garantir a vixilancia, inspección e control do cumprimento das medidas preventivas aprobadas pola Administración autonómica e daquelas que, no seu desenvolvemento, e atendendo á situación concreta, poida establecer o concello.

Así mesmo, as forzas e corpos de seguridade teñen un papel fundamental no necesario control do cumprimento das medidas de prevención, papel que veñen desempeñando durante toda esta crise sanitaria, a través da formulación das correspondentes denuncias e remisión ás autoridades competentes, nos casos en que se detecte o seu incumprimento. Debe recordarse a este respecto que o Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 13 de marzo de 2020, declarou a situación de emerxencia sanitaria no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia e activou o Plan territorial de emerxencias de Galicia (Platerga) no seu nivel IG (emerxencia de interese galego), como consecuencia da evolución da epidemia do coronavirus COVID-19. Tendo en conta a existencia dunha declaración de emerxencia sanitaria resulta esencial a colaboración das forzas e corpos de seguridade coa finalidade de preservar a seguridade e a convivencia cidadá.

En particular, entendemos que debe facerse especial fincapé nos aspectos que se están a incumprir de xeito frecuente como é a utilización de máscaras nas rúas, cumprir os límites de capacidade e impedir as aglomeracións.

Conforme o artigo 33 da Lei 8/2008, do 10 de xullo, a persoa titular da Consellería de Sanidade ten a condición de autoridade sanitaria, polo que é competente para a adopción das medidas de prevención específicas para facer fronte ao risco sanitario derivado do abrocho de COVID-19 que se está a desenvolver no distrito sanitario da Mariña, coa urxencia que a protección da saúde pública demanda.

Na súa virtude, en aplicación do punto sexto do Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 12 de xuño de 2020, sobre medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, unha vez superada a fase III do Plan para a transición cara a unha nova normalidade, e na condición de autoridade sanitaria, conforme o artigo 33 da Lei 8/2008, do 10 de xullo,

DISPOÑO:

Primeiro. Obxecto e ámbito de aplicación

O obxecto desta orde é establecer determinadas medidas de prevención nos concellos de Alfoz, Barreiros, Burela, Cervo, Foz, Lourenzá, Mondoñedo, Ourol, Ribadeo, Trabada, O Valadouro, O Vicedo, Viveiro e Xove, como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19.

Segundo. Medidas de prevención

No ámbito territorial previsto no punto anterior serán de aplicación as medidas de prevención específicas contidas no anexo, así como as previstas nos puntos terceiro e cuarto desta orde.

Terceiro. Restricións á mobilidade e ás agrupacións de persoas para a protección da saúde das persoas ante a existencia dun risco de carácter transmisible

1. Á vista da evolución da situación epidemiolóxica e coa finalidade de controlar a transmisión da enfermidade, adóptanse as seguintes medidas de prevención de modo temporal, durante o período ao cal se estenda a eficacia das medidas previstas na presente orde de acordo co seu punto sexto:

a) Limítase a entrada e saída de persoas do ámbito territorial determinado polos concellos de Alfoz, Barreiros, Burela, Cervo, Foz, Lourenzá, Mondoñedo, Ourol, Ribadeo, Trabada, O Valadouro, O Vicedo, Viveiro e Xove, a partir das 00.00 horas do día 6 de xullo de 2020.

Non obstante a anterior limitación, poderase entrar e saír do ámbito territorial delimitado polas seguintes razóns:

1º) Desprazamento ao lugar de traballo para efectuar a prestación laboral, profesional ou empresarial, incluíndo o transporte, a prestación de servizos, o comercio e as actividades empresariais e económicas.

2º) Retorno ao lugar de residencia habitual.

3º) Asistencia e coidado a maiores, menores, dependentes, persoas con discapacidade ou persoas especialmente vulnerables.

4º) Por causa de forza maior ou situación de necesidade.

5º) Calquera outra actividade de análoga natureza.

A limitación de entrada e saída do ámbito territorial delimitado non afectará a circulación por autovías e outras vías de comunicación cando se trate de mobilidade con orixe e destino fóra del, sempre e cando non comporte a mobilidade fóra destas vías.

b) Dentro do ámbito territorial delimitado na letra a) poderá circularse sen limitacións, salvo nos casos indicados nos números 1.2 (Persoas con sintomatoloxía) e 1.5 (Medidas específicas para casos e contactos estreitos) do anexo desta orde. Sen prexuízo do indicado, para a colaboración coas autoridades sanitarias e de acordo co principio de precaución, recoméndase á poboación do ámbito territorial delimitado a permanencia nos seus municipios de residencia e limitar a mobilidade aos casos imprescindibles mentres se manteña a efectividade das medidas establecidas nesta orde.

c) Limítanse os grupos para o desenvolvemento de calquera actividade ou evento de carácter familiar ou social na vía pública, espazos de uso público ou espazos privados, a un máximo de dez persoas, excepto no caso de persoas conviventes en que non se aplicará esta limitación.

2. O incumprimento das medidas de prevención establecidas neste punto poderá dar lugar á imposición das sancións e a outras responsabilidades previstas no ordenamento xurídico.

3. En particular, para os efectos da execución e control destas medidas de prevención, no marco da situación de emerxencia sanitaria declarada polo Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 13 de marzo de 2020, solicitarase a colaboración das forzas e corpos de seguridade.

4. Para a execución das medidas previstas neste punto buscarase sempre con preferencia a colaboración voluntaria das persoas destinatarias coas autoridades sanitarias. Non obstante, malia que estas medidas non se individualizan en persoas determinadas dada a súa adopción con carácter xeral, tendo en conta que nos casos de ausencia de colaboración voluntaria a súa execución pode requirir a adopción de actos de imposición coactiva que poden supoñer restricións de dereitos fundamentais, e para coadxuvar na súa plena efectividade, solicitarase a súa ratificación xudicial, de acordo co previsto no número 6 do artigo 8 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Cuarto. Outras medidas

1. Mantense a vixencia da demora no restablecemento das actividades dos locais de discotecas e demais establecementos de lecer nocturno, e das festas, verbenas e outros eventos populares, así como das atraccións de feiras, nos concellos de Alfoz, Barreiros, Burela, Cervo, Foz, Lourenzá, Mondoñedo, Ourol, Ribadeo, Trabada, O Valadouro, O Vicedo, Viveiro e Xove, como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19, prevista na Orde do 30 de xuño de 2020, durante o período a que se estenda a eficacia das medidas previstas na presente orde de acordo co seu punto sexto.

2. En todo o non previsto nesta orde, e no que sexa compatible con ela, serán de aplicación, no ámbito territorial previsto no punto primeiro, as medidas que, con carácter xeral, se establecen no Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 12 de xuño de 2020, sobre medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, unha vez superada a fase III do Plan para a transición cara a unha nova normalidade, na súa redacción vixente.

Quinto. Control do cumprimento das medidas e réxime sancionador

1. A vixilancia, inspección e control do cumprimento das medidas de prevención que se recollen nesta orde, e a garantía dos dereitos e deberes sanitarios da cidadanía, corresponderán aos concellos, sen prexuízo das competencias da Consellería de Sanidade, tendo en conta a condición de autoridade sanitaria dos alcaldes e alcaldesas de acordo co artigo 33.1 da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia, e as competencias dos concellos de control sanitario de actividades e servizos que impacten na saúde da súa cidadanía e dos lugares de convivencia humana, de acordo co artigo 80.3 do mesmo texto legal, así como da súa competencia para a ordenación e control do dominio público.

2. Así mesmo, os órganos de inspección da Administración autonómica, no ámbito das súas competencias, poderán realizar as actividades de inspección e control oportunas para a vixilancia e comprobación do cumprimento das medidas de prevención aplicables.

3. As forzas e corpos de seguridade darán traslado das denuncias que formulen polo incumprimento das medidas de prevención ás autoridades competentes.

Sexto. Eficacia

Esta orde terá efectos desde as 00.00 horas do 6 de xullo de 2020. Non obstante, as medidas recollidas nel serán obxecto de seguimento e avaliación continua e, en todo caso, nun período non superior a cinco días naturais desde a publicación da presente orde, co fin de garantir a súa adecuación á evolución da situación epidemiolóxica e sanitaria.

Para estes efectos, poderán ser obxecto de modificación ou poderán deixarse sen efecto por orde da persoa titular da consellería competente en materia de sanidade.

Santiago de Compostela, 5 de xullo de 2020

Jesús Vázquez Almuíña
Conselleiro de Sanidade

ANEXO

Medidas de prevención específicas

1. Obrigas xerais.

1.1. Obrigas de cautela e protección.

Todos os cidadáns deberán adoptar as medidas necesarias para evitar a xeración de riscos de propagación da enfermidade COVID-19, así como a propia exposición aos ditos riscos. Este deber de cautela e protección será igualmente exixible aos titulares de calquera actividade.

Así mesmo, deberán respectarse as medidas de seguridade e hixiene establecidas polas autoridades sanitarias para a prevención do COVID-19.

1.2. Persoas con sintomatoloxía.

Calquera persoa que experimente algún dos síntomas máis comúns compatibles co COVID-19, tales como febre, calafríos, tose, sensación de falta de aire, diminución do olfacto e do gusto, dor de gorxa, dores musculares, dor de cabeza, debilidade xeral, diarrea ou vómitos, deberá permanecer no seu domicilio e comunicalo ao seu servizo sanitario coa maior brevidade.

Igualmente, se existen conviventes no domicilio, deberá evitar o contacto con eles e, se é posible, usar unha habitación de forma exclusiva ata recibir instrucións do seu servizo sanitario.

1.3. Distancia de seguridade interpersoal.

Deberá cumprirse a medida de mantemento da distancia de seguridade interpersoal establecida polo Real decreto lei 21/2020, do 9 de xuño, de medidas urxentes de prevención, contención e coordinación para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, de, polo menos, 1,5 metros ou, na súa falta, medidas alternativas de protección física con uso de máscara, de hixiene adecuada e etiqueta respiratoria.

1.4. Obrigatoriedade do uso de máscaras.

1. Será obrigatorio o uso da máscara en todo momento, tanto cando se estea na vía pública e en espazos ao aire libre como cando se estea en espazos pechados de uso público ou que se encontren abertos ao público, e se poida concorrer no mesmo espazo con outras persoas, coa excepción dos casos previstos na presente orde, así como nos supostos previstos no artigo 6.2 do Real decreto lei 21/2020, do 9 de xuño, de medidas urxentes de prevención, contención e coordinación para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19.

Ademais, é obrigatorio o uso axeitado da máscara, é dicir, esta deberá cubrir desde parte do tabique nasal ata o queixo, incluído.

3. O tipo de máscara que se debe empregar non deberá estar provista de válvula exhalatoria, agás nos usos profesionais para os que este tipo de máscara poida estar recomendada.

4. Os titulares dos establecementos, espazos ou locais deberán garantir o cumprimento desta obriga neles.

1.5. Medidas específicas para casos e contactos estreitos.

As persoas que sexan consideradas caso sospeitoso ou probable de infección polo virus SARS-CoV-2, por teren infección respiratoria aguda grave con cadro clínico ou radiolóxico compatible co COVID-19, ou que estean pendentes dos resultados de probas diagnósticas por este motivo, as que sexan consideradas como caso confirmado con infección activa e as consideradas contacto estreito dun caso sospeitoso, probable ou confirmado, deberán seguir as condicións de illamento ou corentena que lles sexan indicadas desde os dispositivos asistenciais ou de saúde pública, sen poder abandonar o seu domicilio ou lugar de illamento ou corentena en ningún caso, salvo autorización expresa do servizo sanitario por causas debidamente xustificadas.

2. Medidas xerais de hixiene e prevención.

Sen prexuízo das normas ou protocolos específicos que se establezan, serán aplicables a todos os establecementos, locais de negocio, instalacións e espazos de uso público e actividades de carácter público, as medidas xerais de hixiene e prevención establecidas no Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 12 de xuño de 2020, sobre medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, unha vez superada a fase III do Plan para a transición cara a unha nova normalidade, na redacción vixente.

3. Limitacións de capacidade e medidas de prevención específicas por sectores.

3.1. Velorios e enterros.

1. Os velorios poderán realizarse en todo tipo de instalacións, públicas ou privadas, debidamente habilitadas, cun límite máximo, en cada momento, de vinte e cinco persoas en espazos ao aire libre ou de dez persoas en espazos pechados, sexan ou non conviventes.

2. A participación na comitiva para o enterramento ou despedida para cremación da persoa falecida restrínxese a un máximo de vinte e cinco persoas, entre familiares e achegados, ademais, de ser o caso, do ministro de culto ou persoa asimilada da confesión respectiva para a práctica dos ritos funerarios de despedida do defunto.

3.2. Lugares de culto.

1. A asistencia a lugares de culto non poderá superar o cincuenta por cento da súa capacidade. A capacidade máxima deberá publicarse en lugar visible do espazo destinado ao culto.

2. Non se poderá utilizar o exterior dos edificios nin a vía pública para a celebración de actos de culto.

3.3. Cerimonias nupciais e outras celebracións relixiosas ou civís.

1. No caso de que estas cerimonias ou celebracións se leven a cabo en lugares de culto, deberán aplicarse as regras de capacidade e as medidas de hixiene e prevención na celebración de actos de culto relixioso recollidas especificamente nesta orde e, no que sexa compatible co disposto nela, no Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 12 de xuño de 2020, sobre medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, unha vez superada a fase III do Plan para a transición cara a unha nova normalidade, na redacción vixente. Deberanse evitar, en calquera caso, as aglomeracións á entrada e saída dos lugares de culto.

2. As celebracións que puidesen ter lugar tras a cerimonia en establecementos de hostalaría e restauración axustaranse ás condicións e á capacidade previstas para a prestación do servizo nestes establecementos. En calquera caso, deberase respectar un máximo de cen persoas en espazos ao aire libre ou de cincuenta persoas en espazos pechados.

3.4. Establecementos e locais comerciais retallistas e de actividades de servizos profesionais abertos ao público que non formen parte de centros ou parques comerciais.

1. Os establecementos e locais comerciais retallistas e de actividades de servizos profesionais abertos ao público que non formen parte de centros ou parques comerciais non poderán superar o cincuenta por cento da súa capacidade total. No caso de establecementos ou locais distribuídos en varios andares, a presenza de clientes en cada un deles deberá gardar esta mesma proporción.

Deberán establecerse as medidas necesarias para procurar manter a distancia de seguridade interpersoal nos locais e establecementos ou, na súa falta, a utilización de medidas alternativas de protección física con uso de máscara.

2. Procurarase a atención con servizo preferente para maiores de 65 anos.

3.5. Establecementos que teñan a condición de centros e parques comerciais ou que formen parte deles.

1. Os establecementos e locais comerciais retallistas e de actividades de servizos profesionais abertos ao público situados en centros e parques comerciais non poderán superar o cincuenta por cento da súa capacidade total. No caso de establecementos ou locais distribuídos en varios andares, a presenza de clientes en cada un deles deberá gardar esta mesma proporción.

2. Non se permitirá a permanencia de clientes nas zonas comúns excepto para o tránsito entre os establecementos, salvo na actividade de hostalería e restauración que se leve a cabo nas ditas zonas, a cal se deberá axustar ao previsto especificamente para estas actividades. Queda prohibida a utilización de zonas recreativas como poden ser zonas infantís, ludotecas ou áreas de descanso, que deben permanecer pechadas.

3. Deberanse establecer as medidas necesarias para manter a distancia de seguridade interpersoal no interior dos locais e establecementos e nas zonas comúns ou, na súa falta, a utilización de medidas alternativas de protección física con uso de máscara, e deberán evitarse as aglomeracións de persoas que comprometan o cumprimento destas medidas.

4. Procurarase a atención con servizo preferente para maiores de 65 anos.

3.6. Mercados que desenvolven a súa actividade na vía pública.

1. No caso dos mercados que desenvolven a súa actividade na vía pública ao aire libre ou de venda non sedentaria, coñecidos como feiras, non poderán superar o cincuenta por cento dos postos habituais ou autorizados, limitando a afluencia de clientes de maneira que se asegure o mantemento da distancia de seguridade interpersoal.

Os concellos poderán aumentar a superficie habilitada ou habilitar novos días para o exercicio desta actividade para compensar esta limitación.

Á hora de determinar os comerciantes que poden exercer a súa actividade, o concello poderá priorizar aqueles que comercializan produtos alimentarios e de primeira necesidade, asegurando que non sexan manipulados os produtos comercializados neles por parte dos consumidores.

3.7. Actividades en academias, autoescolas e centros privados de ensino non regrado e centros de formación e actividade formativa xestionada ou financiada pola Administración autonómica en centros e entidades de formación.

A actividade que se realice nestes centros poderá impartirse dun modo presencial sempre que non se supere unha capacidade do cincuenta por cento respecto do máximo permitido e cun máximo de dez persoas por grupo.

3.8. Establecementos de hostalaría e restauración.

1. Os establecementos de hostalaría e restauración non poderán superar o cincuenta por cento da súa capacidade para consumo no interior do local.

2. O consumo dentro do local poderá realizarse unicamente sentado na mesa, ou agrupacións de mesas, e deberase asegurar o mantemento da debida distancia de seguridade interpersoal entre clientes ou, de ser o caso, grupos de clientes. Non está permitido o consumo na barra.

3. As terrazas ao aire libre dos establecementos de hostalaría e restauración limitarán a súa capacidade ao cincuenta por cento das mesas permitidas no ano inmediatamente anterior con base na correspondente licenza municipal ou do que sexa autorizado para este ano, no caso de que a licenza sexa concedida por primeira vez.

Consideraranse terrazas ao aire libre todo espazo non cuberto ou todo espazo que, estando cuberto, estea rodeado lateralmente por un máximo de dúas paredes, muros ou paramentos.

No caso de que o establecemento de hostalaría e restauración obtivese o permiso do concello para incrementar a superficie destinada a terraza ao aire libre, poderase incrementar o número de mesas previsto no primeiro parágrafo deste número 3, respectando, en todo caso, unha proporción do cincuenta por cento entre mesas e superficie dispoñible e sempre que se manteña o espazo necesario para a circulación peonil no tramo da vía pública en que se sitúe a terraza.

4. En todo caso, deberá asegurarse que se mantén a debida distancia de seguridade interpersoal entre as mesas ou, de ser o caso, agrupacións de mesas. A ocupación máxima será de dez persoas por mesa ou agrupación de mesas. En calquera caso, deberase respectar un máximo de cen persoas en espazos ao aire libre ou de cincuenta persoas en espazos pechados.

5. O emprego de máscaras será obrigatorio para todos os traballadores e clientes do establecemento salvo no momento específico do consumo.

6. Os establecementos de hostalaría e restauración deberán pechar non máis tarde das 23.30 horas, sen que poida permitirse o acceso de ningún cliente nin expedir consumición ningunha desde esa hora, e cun período máximo de desaloxo de trinta minutos.

3.9. Condicións para ocupación de zonas comúns de hoteis e aloxamentos turísticos.

1. A ocupación das zonas comúns dos hoteis e aloxamentos turísticos non poderá superar o cincuenta por cento da súa capacidade.

Para iso, cada establecemento deberá determinar a capacidade dos distintos espazos comúns, así como aqueles lugares en que se poderán realizar eventos e as condicións máis seguras para a súa realización conforme a capacidade máxima prevista e de acordo coas medidas de hixiene, protección e distancia mínima establecidas.

2. As actividades de animación ou clases grupais deberán deseñarse e planificarse cunha capacidade máxima de dez persoas, incluídos os monitores, e deberanse establecer as medidas necesarias para procurar a distancia de seguridade interpersoal durante o desenvolvemento da actividade excepto no caso de persoas conviventes.

3.10. Albergues turísticos.

Na modalidade de aloxamento turístico de albergue permitirase unha capacidade máxima do cincuenta por cento da máxima permitida.

3.11. Bibliotecas, arquivos, museos e salas de exposicións, monumentos e outros equipamentos culturais.

1. Nas bibliotecas, arquivos, museos e salas de exposicións, monumentos e outros equipamentos culturais, tanto de titularidade pública como privada, poderán realizarse actividades presenciais sen superar o cincuenta por cento da capacidade máxima permitida.

2. Este límite de ocupación será aplicable tamén á realización de actividades culturais nestes espazos e cun máximo de ata dez persoas nas actividades de grupos, incluído o monitor ou guía, e deberán establecerse as medidas necesarias para procurar a distancia de seguridade interpersoal durante o desenvolvemento da actividade excepto no caso de persoas conviventes.

3.12. Actividade en cines, teatros, auditorios, circos de toldo e espazos similares, así como en recintos ao aire libre e noutros locais e establecementos destinados a espectáculos públicos e actividades recreativas.

1. Os cines, teatros, auditorios, circos de toldo e espazos similares poderán desenvolver a súa actividade, contando con butacas preasignadas, sempre que non superen o cincuenta por cento da capacidade permitida en cada sala.

2. No caso doutros recintos, locais e establecementos destinados a espectáculos públicos e actividades recreativas distintos dos previstos no parágrafo anterior, poderán desenvolver a súa actividade sempre que o público permaneza sentado e que non se supere o cincuenta por cento da capacidade permitida,

3. En calquera caso, será de aplicación un límite máximo de sesenta persoas para lugares pechados e de cento cincuenta persoas tratándose de actividades ao aire libre.

Non obstante, poderase ampliar o límite indicado ata un máximo de cen persoas para lugares pechados e trescentas persoas tratándose de actividades ao aire libre, logo da autorización da Dirección Xeral de Saúde Pública, atendendo ás concretas medidas organizativas e de seguridade propostas e aos riscos de contaxio. Neste caso a solicitude dos titulares, promotores ou organizadores das actividades, públicos ou privados, deberá ir acompañada dun plan de prevención de contaxios de acordo cos criterios sinalados no documento de recomendacións para eventos e actividades multitudinarias no contexto da nova normalidade polo COVID-19 en España, elaborado polo Centro de Coordinación de Alertas e Emerxencias Sanitarias da Dirección Xeral de Saúde Pública, Calidade e Innovación, do Ministerio de Sanidade, ou aqueles outros que o desenvolvan, modifiquen ou substitúan.

3.13. Centros de lecer infantil.

Os centros de lecer infantil poderán levar a cabo súa actividade cumprindo o Protocolo en materia de lecer infantil para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19 aprobado pola Orde da Consellería de Sanidade do 30 de xuño de 2020, e cunha capacidade máxima do cincuenta por cento do seu total.

3.14. Actividades e instalacións deportivas.

1. A práctica da actividade física e deportiva non federada, ao aire libre, poderá realizarse de forma individual ou colectiva, sen contacto físico, e ata un máximo de dez persoas de forma simultánea.

Nas instalacións e centros deportivos poderase realizar actividade deportiva en grupos de ata dez persoas, sen contacto físico, e sempre que non se supere o cincuenta por cento da capacidade máxima permitida, e deberanse establecer as medidas necesarias para procurar a distancia de seguridade interpersoal durante o desenvolvemento da actividade.

A práctica da actividade deportiva federada de competencia autonómica poderá realizarse de forma individual ou colectiva, sen contacto físico, e ata un máximo de dez persoas simultaneamente no caso dos adestramentos. Non se aplicará este límite nas competicións onde as regras federativas garantan espazos diferenciados para cada equipo. No caso de realizarse en instalacións deportivas, a práctica axustarase ademais aos termos establecidos no parágrafo anterior.

2. Exceptúase o uso da máscara exclusivamente no momento de realizar a actividade física sempre que se poida garantir a distancia de seguridade interpersoal, baixo a responsabilidade do deportista e do titular da instalación ou centro deportivo. Utilizarase a máscara durante todo o tempo de circulación entre espazos comúns nas instalacións ou centros deportivos.

3.15. Celebración de eventos deportivos, de adestramentos e de competicións deportivas con público

A celebración de eventos deportivos, adestramentos, competicións deportivas que se celebren en instalacións deportivas ou na vía pública poderán desenvolverse con público sempre que este permaneza sentado, que non se supere o cincuenta por cento da capacidade permitida da instalación ou do espazo de que se trate e cun límite de sesenta persoas para lugares pechados e de cento cincuenta persoas tratándose de actividades ao aire libre.

Non obstante, poderase ampliar o límite indicado ata un máximo de cen persoas para lugares pechados e trescentas persoas tratándose de actividades ao aire libre, logo da autorización da Dirección Xeral de Saúde Pública, atendendo ás concretas medidas organizativas e de seguridade propostas e aos riscos de contaxio. Neste caso a solicitude dos titulares, promotores u organizadores das actividades, públicos ou privados, deberá ir acompañada dun plan de prevención de contaxios de acordo cos criterios sinalados no documento de recomendacións para eventos e actividades multitudinarias no contexto da nova normalidade polo COVID-19 en España, elaborado polo Centro de Coordinación de Alertas e Emerxencias Sanitarias da Dirección Xeral de Saúde Pública, Calidade e Innovación, do Ministerio de Sanidade, ou aqueles outros que o desenvolvan, modifiquen ou substitúan.

3.16. Piscinas.

1. As piscinas ao aire libre ou cubertas, para uso deportivo ou recreativo, deberán respectar o límite do cincuenta por cento da súa capacidade, tanto no relativo ao acceso como durante a propia práctica deportiva ou recreativa e sen que poidan exceder o límite de cen persoas de ocupación. Quedan exentas destas limitacións as piscinas unifamiliares de uso privado.

2. Nas zonas de estancia das piscinas establecerase unha distribución espacial para manter distancia de seguridade interpersoal entre os usuarios e cun máximo de dez persoas por grupo, excepto no caso de persoas conviventes en que non se aplicará esta limitación.

3. Exceptúase o uso da máscara no momento do baño.

3.17. Especificidades para determinadas actividades de natureza e turísticas.

Poderán realizarse actividades de turismo activo e de natureza, organizadas por empresas habilitadas como empresas de turismo activo, e a actividade de guía turístico, para grupos de ata un máximo de dez persoas, e deberán establecerse as medidas necesarias para procurar a distancia de seguridade interpersoal durante o desenvolvemento da actividade excepto no caso de persoas conviventes.

3.18. Centros de interpretación e visitantes, aulas da natureza, casetas e puntos de información.

Nos centros de interpretación e visitantes, nas aulas da natureza, casetas e puntos de información da Rede galega de espazos protexidos non se poderá exceder o cincuenta por cento da súa capacidade e deberá respectarse o máximo de dez persoas nas actividades de grupos, incluído o monitor ou guía. Ademais, deberanse establecer as medidas necesarias para procurar a distancia de seguridade interpersoal durante o desenvolvemento da actividade excepto no caso de persoas conviventes.

3.19. Realización de actividades de tempo libre dirixidas á poboación infantil e xuvenil.

1. Poderanse realizar actividades de tempo libre destinadas á poboación infantil e xuvenil, cando estas se leven a cabo ao aire libre, sempre que se limite o número de participantes ao cincuenta por cento da súa asistencia máxima habitual, cun máximo de cen participantes, incluídos os monitores. Cando estas actividades se realicen en espazos pechados, non se deberá superar o cincuenta por cento da capacidade máxima do recinto, cun máximo de cincuenta participantes, incluídos os monitores.

2. As actividades deberán realizarse en grupos de ata dez persoas participantes, incluíndo os monitores correspondentes, que deberán traballar sen contacto entre os demais grupos.

3.20. Uso das praias.

1. Os concellos deberán establecer limitacións tanto de acceso como de capacidade das praias co fin de asegurar que se poida respectar a distancia interpersoal de seguridade entre usuarios. Para os efectos de calcular a capacidade máxima permitida por cada praia, considerarase que a superficie de praia que vai ocupar cada usuario será de polo menos catro metros cadrados.

2. A situación dos obxectos persoais, toallas, hamacas e elementos similares levarase a cabo de forma que se poida manter a distancia de seguridade interpersoal con respecto a outros usuarios. Deberá, ademais, respectarse o límite máximo de dez persoas por grupo, excepto no caso de persoas conviventes, en que non se aplicará esta limitación.

3. Exceptúase o uso da máscara no momento do baño.

3.21. Centros recreativos turísticos, zoolóxicos, acuarios ou similares.

1. Os centros recreativos turísticos, zoolóxicos, acuarios ou similares poderán realizar a súa actividade sempre que se limite a súa capacidade total ao cincuenta por cento.

2. As visitas de grupos serán dun máximo de dez persoas, incluído o monitor ou guía, e deberanse establecer as medidas necesarias para procurar a distancia de seguridade interpersoal durante o desenvolvemento da actividade excepto no caso de persoas conviventes.

3.22. Parques e zonas deportivas de uso público ao aire libre.

Os parques infantís, parques biosaudables, zonas deportivas, pistas skate ou espazos de uso público ao aire libre similares poderán estar abertos ao público sempre que neles se respecte unha capacidade máxima estimada dunha persoa por cada catro metros cadrados de espazo computable de superficie do recinto.

3.23. Celebración de congresos, encontros, reunións de negocio, conferencias, eventos e actos similares.

1. Poderanse celebrar congresos, encontros, reunións de negocio, conferencias e eventos e actos similares promovidos por calquera entidade, de natureza pública ou privada, sempre que non se supere o cincuenta por cento da capacidade permitida do lugar de celebración e cun límite máximo de sesenta persoas para lugares pechados e de cento cincuenta persoas tratándose de actividades ao aire libre.

Non obstante, poderase ampliar o límite indicado ata un máximo de cen persoas para lugares pechados e trescentas persoas tratándose de actividades ao aire libre, logo da autorización da Dirección Xeral de Saúde Pública, atendendo ás concretas medidas organizativas e de seguridade propostas e aos riscos de contaxio. Neste caso a solicitude dos titulares, promotores u organizadores das actividades, públicos ou privados, deberá ir acompañada dun plan de prevención de contaxios de acordo cos criterios sinalados no documento de recomendacións para eventos e actividades multitudinarias no contexto da nova normalidade por COVID-19 en España, elaborado polo Centro de Coordinación de Alertas e Emerxencias Sanitarias da Dirección Xeral de Saúde Pública, Calidade e Innovación, do Ministerio de Sanidade, ou aqueles outros que o desenvolvan, modifiquen ou substitúan.

O recollido neste número será tamén de aplicación para reunións profesionais, xuntas de comunidades de propietarios e eventos similares.

3.24. Discotecas e resto de establecementos de lecer nocturno.

1. Poderán estar abertas ao público as terrazas ao aire libre destes establecementos, para consumo sentado en mesa, limitando a súa capacidade ao cincuenta por cento das mesas permitidas no ano inmediatamente anterior con base na correspondente licenza municipal ou do que sexa autorizado para este ano, no caso de que a licenza sexa concedida por primeira vez.

Consideraranse terrazas ao aire libre todo espazo exterior ao local non cuberto ou todo espazo que, estando cuberto, estea rodeado lateralmente por un máximo de dúas paredes, muros ou paramentos.

2. En todo caso, deberá asegurarse que se mantén a debida distancia de seguridade interpersoal entre as mesas ou, de ser o caso, agrupacións de mesas. A ocupación máxima será de dez persoas por mesa ou agrupación de mesas. En calquera caso, deberase respectar un máximo de cen persoas.

3. O emprego de máscaras será obrigatorio para todos os traballadores e clientes do establecemento salvo no momento específico do consumo.

4. A actividade deberá pechar non máis tarde das 23.30 horas, sen que poida permitirse o acceso de ningún cliente nin expedir consumición ningunha desde esa hora, e cun período máximo de desaloxo de trinta minutos.

3.25. Establecementos e locais de xogo e apostas.

1. Os casinos, establecementos de xogos colectivos de diñeiro e de azar, salóns de xogo, salas de bingo, salóns recreativos, rifas e tómbolas, locais específicos de apostas e outros locais e instalacións asimilables aos de actividade recreativa de xogos e apostas, conforme estableza a normativa sectorial en materia de xogo, poderán realizar a súa actividade sempre que non se supere o cincuenta por cento da capacidade permitida.

2. En todo caso, deberá asegurarse que se mantén a debida distancia de seguridade interpersoal entre as mesas ou, de ser o caso, agrupacións de mesas. A ocupación máxima será de dez persoas por mesa ou agrupación de mesas. En calquera caso, deberase respectar un máximo de cen persoas en espazos ao aire libre ou de cincuenta persoas en espazos pechados.

3. O emprego de máscaras será obrigatorio para todos os traballadores e clientes do establecemento salvo no momento específico do consumo, no caso de prestación do servizo de hostalaría ou restauración.

4. Os establecementos e locais deberán pechar non máis tarde das 23.30 horas, sen que poida permitirse o acceso de ningún cliente nin expedir consumición ningunha desde esa hora, e cun período máximo de desaloxo de trinta minutos.

3.26. Limitación de capacidade para outros locais ou establecementos comerciais.

1. Con carácter xeral, calquera outro local ou establecemento comercial para o cal non se recollan expresamente unhas condicións de capacidade na presente orde, nin en protocolos ou normativa específica que lles sexa aplicable, non poderá superar o cincuenta por cento da capacidade autorizada ou establecida. En calquera caso, deberase respectar un máximo de sesenta persoas para lugares pechados e de cento cincuenta persoas tratándose de actividades ao aire libre.

Non obstante, poderase ampliar o límite indicado ata un máximo de cen persoas para lugares pechados e trescentas persoas tratándose de actividades ao aire libre, logo da autorización da Dirección Xeral de Saúde Pública, atendendo ás concretas medidas organizativas e de seguridade propostas e aos riscos de contaxio. Neste caso a solicitude dos titulares, promotores u organizadores das actividades, públicos ou privados, deberá ir acompañada dun plan de prevención de contaxios de acordo cos criterios sinalados no documento de recomendacións para eventos e actividades multitudinarias no contexto da nova normalidade por COVID-19 en España, elaborado polo Centro de Coordinación de Alertas e Emerxencias Sanitarias da Dirección Xeral de Saúde Pública, Calidade e Innovación, do Ministerio de Sanidade, ou aqueles outros que o desenvolvan, modifiquen ou substitúan.

O disposto neste número 1 non será de aplicación nos establecementos comerciais de alimentación, bebidas, produtos e bens de primeira necesidade, establecementos farmacéuticos, servizos médicos ou sanitarios, ópticas, produtos ortopédicos, produtos hixiénicos, salóns de peiteado, prensa e papelaría, combustible para a automoción, estancos, equipamentos tecnolóxicos e de telecomunicacións, alimentos para animais de compañía, comercio pola internet, telefónico ou correspondencia, tinturarías e lavandarías, sen prexuízo da necesidade de cumprir as obrigas xerais previstas na presente orde e as medidas xerais de hixiene e protección.

2. As actividades en grupos deberán realizarse ata un máximo de dez persoas participantes, incluídos os monitores, guías ou encargados correspondentes, e deberanse establecer as medidas necesarias para procurar a distancia de seguridade interpersoal durante o desenvolvemento da actividade excepto no caso de persoas conviventes.

3. En calquera caso, poderase suspender a actividade de calquera establecemento que, a xuízo da autoridade competente, poida supor un risco de contaxio polas condicións en que se estea desenvolvendo.

4. Realización das probas ABAU.

1. A realización das probas da ABAU programadas poderá levarse a cabo cumprindo os protocolos previstos para a súa celebración.

2. Deberá procurarse evitar as aglomeracións ao inicio e á saída dos lugares en que se realicen as probas e rexerá o límite dun máximo de dez persoas por grupo nas zonas externas ás aulas de realización da proba e no exterior dos lugares en que se realicen.

3. Poderá exceptuarse o uso da máscara no momento de realización da proba sempre que o alumno permaneza sentado.

5. Medidas en relación coa ocupación e uso dos vehículos no transporte terrestre de competencia da Comunidade Autónoma de Galicia.

1. Nos transportes en motocicletas, ciclomotores e vehículos categoría L, en xeral, que estean provistos con dúas prazas homologadas (condutor e pasaxeiro) poderán viaxar dúas persoas. O uso de luvas será obrigatorio por parte do pasaxeiro e tamén por parte do condutor no caso de motocicletas e ciclomotores destinados ao uso compartido. Para estes efectos, serán admitidas as luvas de protección de motoristas.

2. Nos transportes privados particulares e privados complementarios de persoas en vehículos de ata nove prazas, incluído o condutor, poderán desprazarse dúas persoas por cada fila de asentos.

3. Nos transportes públicos de viaxeiros en vehículos de ata nove prazas, incluído o condutor, poderán desprazarse dúas persoas por cada fila adicional de asentos respecto da do condutor.

4. Nos vehículos en que, polas súas características técnicas, unicamente se dispoña dunha fila de asentos, como no suposto de cabinas de vehículos pesados, furgonetas ou outros, limítase a ocupación total a dous ocupantes, agás que se trate de persoas que viaxen xuntas e convivan no mesmo domicilio.

5. No transporte público regular, discrecional e privado complementario de viaxeiros, nos vehículos que dispoñan de asentos, limítase a ocupación total de prazas de xeito que os pasaxeiros teñan un asento baleiro contiguo que os separe de calquera outro pasaxeiro, agás que se trate de persoas que viaxen xuntas e convivan no mesmo domicilio.

No caso de vehículos nos cales todos os viaxeiros deban viaxar sentados, cumprirán o requisito de separación indicado no parágrafo anterior aqueles asentos situados a carón da zona de paso que non teñan ningún outro contiguo.

Non se poderá ocupar a primeira fila situada inmediatamente detrás do posto de condución, cando se encontren no mesmo habitáculo, agás que o vehículo dispoña dun anteparo que separe o espazo do posto de condución desa primeira fila.

6. No transporte público regular, discrecional e privado complementario de viaxeiros, nos vehículos que teñan autorizadas prazas de pé, procurarase que as persoas manteñan entre si a máxima distancia posible, e establecerase como referencia de ocupación a de dous viaxeiros por cada metro cadrado na zona habilitada para viaxar de pé. Con carácter xeral, entenderase cumprido este requisito mediante a redución da capacidade das prazas previstas para viaxar de pé en vehículos de clase I e A, a unha cuarta parte das prazas de pé, e nos de clase II, a un terzo das ditas prazas de pé.

7. En todos os supostos previstos nesta epígrafe será obrigatorio o uso de máscara por parte de todos os ocupantes dos vehículos, agás nos recollidos no número 2, cando todos os ocupantes do vehículo convivan no mesmo domicilio.

Nos transportes en motocicletas, ciclomotores e vehículos categoría L, cando viaxen dous ocupantes, deberán levar máscara ou casco integral cando non convivan no mesmo domicilio.

8. O establecido nesta epígrafe non será de aplicación aos vehículos que se atopen unicamente en tránsito polos concellos indicados no ámbito territorial desta orde, cando a súa orixe e destino sexa fóra deles e sen recollida de pasaxeiros nestes concellos. Neste caso será de aplicación o previsto nos acordos do Consello da Xunta de Galicia, do 12 de xuño de 2020, sobre medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, unha vez superada a fase III do Plan para a transición cara a unha nova normalidade e, do 25 de xuño de 2020, na súa redacción vixente.

20191226

sobre o borrador de Anteproxecto de Lei sobre dereitos de autoría e dereitos afíns no mercado único digital europeo

Por ser de interese xeral, a máis do particular para o blog, traduzo o documento Wikimedia España/Políticas Públicas/Consulta Pública 16 Diciembre (licenza Creative Commons recoñecemento compartir igual 3.0):

Opinión de Wikimedia en relación á consulta pública sobre o borrador de Anteproxecto de Lei sobre dereitos de autoría e dereitos afíns no mercado único digital europeo, pola que se incorporan ao ordenamiento xurídico español as Directivas UE 2019/789 e UE 2019/790
Este texto ten o propósito de contribuír a unha interpretación equilibrada e matizada da Directiva de Copyright no momento do seu transposición á lexislación española por parte do Ministerio de Cultura e Deporte. Os puntos de vista neste texto teñen o obxectivo de equilibrar e subliñar algunhas consideracións, incluíndo a protección dos dereitos das persoas usuarias, a aclaración dalgúns conceptos ambiguamente descritos na regulación ou a salvagarda do dominio público.

Foi enviado o 16 de decembro de 2019 ao Ministerio de Cultura e Deporte, seguindo o proceso de convocatoria de consulta pública anunciado na súa páxina web.

Contexto

O movemento Wikimedia traballa para preservar e recompilar o coñecemento e o patrimonio cultural e facelos libre e universalmente accesibles á cidadanía. No Estado español este movemento global atópase representado por varias organizacións formais e informais que actúan a nivel estatal, rexional ou temático. Tamén traballamos para empoderar ás persoas individuais no exercicio dos seus dereitos de acceso á cultura e o coñecemento. Neste caso, queremos poñer de manifesto nosa opinión con respecto a algúns aspectos a destacar da nova Directiva Europea que se debe adaptar á lei nacional.

Desde Wikimedia traballamos con distintos actores sociais, incluíndo bibliotecas, arquivos, museos, institucións gobernamentais e educativas. O noso obxectivo é facer que o coñecemento e a información sexan accesibles para calquera persoa de xeito libre e gratuita. Wikipedia é a nosa ferramenta máis coñecida e utilizada para alcanzar ese obxectivo, aínda que temos máis: Wikimedia Commons, un repositorio multimedia; Wikidata, a base de datos estructurados máis grande do mundo; Wikisource, unha biblioteca digital de publicacións en dominio público; e así ata outros 8 proxectos que permiten á sociedade liberar, estudar e compartir coñecemento en Internet.

Cabo destacar que Wikimedia, e en concreto Wikipedia, ten como un dos seus alicerces a correcta inclusión de referencias e o respecto absoluto ás licenzas e dereitos de autoría, exercendo en moitas ocasións un labor didáctica respecto diso entre a cidadanía. É a sociedade quen fai posible que todos estes proxectos (ou plataformas) funcionen. Son miles de persoas voluntarias (usuarios, segundo o texto da Directiva) quen están detrás da existencia desas plataformas e das organizacións que asinamos este documento. Foi esa comunidade de voluntariado a que decidiu crear unha organización sen ánimo de lucro para brindar apoio e impulsar os proxectos Wikimedia velando pola misión do movemento: conseguir que todas as persoas teñan acceso libre á suma do coñecemento e poidan contribuír á súa vez na súa construción colectiva, en calquera idioma e de xeito gratuita.

Wikipedia é o único sitio web entre os cen máis visitados a nivel mundial sustentado por unha organización sen ánimo de lucro. As plataformas de Wikimedia dependen do ecosistema de Internet. Durante os últimos anos quedou claro que as leis de dereitos de autoría da Unión Europea non están adaptadas nin á sociedade digital nin ao mercado único digital. Xurdiu un ecosistema de liberdade de expresión, pensamento e contidos; creatividade, innovación e acceso ao coñecemento; e, finalmente, a capacidade de acódelas usuarias non só de participar senón tamén de contribuír activamente no intercambio de información.

Este novo paradigma desafía profundamente os conceptos clásicos de dereitos de autoría. Desde Wikimedia estamos de acordo coa idea dun dereito de autoría modernizado para o mercado único digital. No entanto, durante as discusións e negociacións no proceso de redacción da Directiva dous grandes grupos de interese foron escoitados: por unha banda, a industria de contido ou a industria creativa, organizada desde fai décadas para protexer os intereses dos seus membros; polo outro, as grandes plataformas tecnolóxicas con ánimo de lucro, cos seus recursos financeiros e ganancias como principal impulsor. É fundamental que na fase de transposición da Directiva tamén se escoite unha terceira voz: a de quen crean este ecosistema digital tan aprezado, as persoas que son usuarias e creadoras de contidos na rede.

As organizacións firmantes, como entidades sen ánimo de lucro que traballan polo coñecemento libre, representamos ás persoas que len, participan, crean, comparten e distribúen información e contido: os usuarios, segundo a Directiva. Sen esas persoas Internet carece de sentido e, polo tanto, deben ser tidas en conta polo corpo legislador á hora de implementar a Directiva.

O considerando 2 da Directiva sobre dereitos de autoría aclara que esta regulación debe estimular a innovación, a creatividade, o investimento e a produción de novos contidos, tamén na contorna digital. Ademais, debe contribuír ao obxectivo da Unión Europea de respectar e promover a diversidad cultural, ao mesmo tempo que pon en primeiro plano o patrimonio cultural común europeo. As persoas que son usuarias de Internet non son receptoras pasivas de contido digital, senón co-creadoras que participan, crean, comparten e difunden información, contido e cultura. Para cumprir co considerando 2 na implementación da Directiva á lexislación española débese garantir o dereito de usuarios e usuarias a unha Internet libre, aberta e neutral. Tendo isto en conta, algúns apuntes ao articulado da Directiva son necesarios. A nosa opinión susténtase en e apoia as guías de transposición realizadas por Communia (The European Thematic Network on the Digital Public Domain). Tratamos de resumila a continuación.

Artigos 3-4
Os datos como xerme da innovación

Os artigos 3 e 4 tratan sobre excepcións na directiva que teñen o obxectivo de favorecer a minería de datos e textos en Internet. No primeiro caso, a excepción é específica para a contorna científica; mentres que no segundo a excepción ten carácter xeral; sendo contemplados para ambos casos usos tanto comerciais como non comerciais. Ditas aproximaciones son clave no desenvolvemento de solucións baseadas en recoñecemento da linguaxe e na aprendizaxe automática, tecnoloxías que hoxe en día xa marcan o liderado digital a nivel mundial.

As maiores barreiras para a minería de datos son de carácter técnico. Consideramos que os mecanismos de acceso a obras protexidas por medidas técnicas a miúdo non foron suficientemente probados e a miúdo requiren un investimento de tempo excesiva por parte de acódelas usuarias, quen frecuentemente non reciben unha resposta ou asistencia razonablemente áxil cando o seu acceso ao contido é denegado pese a ter o dereito legal a iso. Así pois, é de vital importancia que calquera incidencia ou problema experimentado por quen intentan acceder a contido protexido por medidas tecnolóxicas sexa resolto nun tempo prudencial.

Finalmente, tanto a excepción para minería de texto como a excepción para minería de datos non especifican como deben compartirse os resultados da minería de datos. A maior parte dos datos que as persoas dedicadas á análise e a ciencia de datos desexan compartir non poden ser substituídos de ningún modo pola obra orixinal suxeita a dereitos de autoría, pois esta foi reelaborada, trátase de datos derivados e non poden ser sometidos a ingeniería inversa para crear de novo a obra suxeita a dereitos de autoría.

Artigo 5
Por un soporte á educación e á formación que poida responder aos tempos actuais

No artigo 5, a lexislación europea trata de harmonizar o panorama legal no ámbito educativo requirindo aos Estados membros que implementen nas súas leis o mesmo conxunto mínimo de dereitos para actividades docentes no ámbito digital e transfronterizo. Desde Wikimedia quixésemos animar a abrazar a colaboración internacional na rede e as necesidades de formación continua actuais para estender a excepción cando os usos contemplados sexan asumidos tamén por plataformas de acceso aberto coa devandita vocación e institucións científicas ou culturais que, aínda que non teñan a educación como obxectivo principal, si estean xa incorporando a formación como parte do seu compromiso social.

É
importante que os equipamientos educativos, profesorado e alumnado non se vexan forzados a retirar a súa confianza na excepción cando as persoas que detentan dereitos pasen a comercializar licenzas que abasten os mesmos termos de uso cubertos por esta. Atopámosnos/Atopámonos ante unha oportunidade para ofrecer dereitos educativos a todos os equipos docentes e comunidades estudantís nunha ampla variedade de contornas de educación formal e informal.

Artigo 6
Permitir accións efectivas de preservación do patrimonio cultural

O artigo 6 da Directiva obriga aos Estados membros a incluír nas súas respectivas lexislacións unha excepción aos dereitos de autoría e dereitos relacionados que permita a elaboración de copias digitales con fins de conservación ou preservación de bens patrimoniales custodiados nas coleccións de institucións dedicadas ao patrimonio cultural.

Aínda que o artigo atópase alineado cos valores do movemento Wikimedia e a actual lei de propiedade intelectual contempla a posibilidade de digitalizar bens con fins de conservación, é desexable que a transposición deste artigo aporte claridade na definición do concepto de copia digital de conservación ou preservación.

Artigo 7
Ningún contrato ou protección tecnolóxica deben coartar os usos permitidos pola lei

O artigo 7 estipula que ningún contrato, non importa onde sexa asinado, ha impedir o acceso aos recursos garantido polas excepcións que se expoñen nos artigos 3, 5 e 6 (minería de datos e textos no ámbito científico, casos educativos e legado cultural). Ademais, o artigo 7 tamén estipula que ningunha medida de protección tecnolóxica ha impedir os usos permitidos por esas excepcións e pola excepción prevista no artigo 4 (minería de datos e textos para calquera propósito).

Desde Wikimedia recoméndase a implementación dunha norma xeral aplicable a todas as excepcións de dereitos de autor que xa están contempladas na lei de propiedade intelectual (incluíndo aquelas que protexen usos garantidos pola liberdade de expresión e artística como a parodia ou o pastiche) e todas as excepcións mencionadas na Directiva (incluíndo aquelas previstas nos artigos 4 e 8) para:

1.protexer cada unha das excepcións de obrigacións contractuales, e
2.asegurar o dereito de acceso e uso de contido protexido con medidas tecnolóxicas baixo calquera excepción, incluíndo aquel contido ao que se accedeu grazas a unha licenza.

Ademáis, recomendamos unha implementación que asegure que, ante calquera situación de bloqueo mediante medidas tecnolóxicas ao uso lexítimo previsto por unha excepción, esta poda resolverse coa maior celeridade posible sen haber de recorrer aos tribunais, feito que acaba tendo un efecto disuasorio ao acceso a eses datos.

Artigos 8-11
Fomentar a valorización e visibilidad das obras fóra de comercio

Os artigos 8-11 da Directiva teñen como obxectivo facilitar a digitalización e difusión en liña de obras que xa non se atopan dispoñibles para o público xeral por medio das canles comerciais habituais, sexa porque a súa traxectoria neste ámbito extinguiuse, sexa porque nunca transitaron por el. As beneficiarias destes artigos son as institucións ou organizacións dedicadas ao patrimonio cultural entendidas nun sentido amplo, tal como indica o considerando 13 da Directiva: poden beneficiarse deste artigo todas aquelas institucións ou entidades que preservan, conservan e poñen ao alcance do público coleccións de todo tipo de materiais, sexa con fins divulgativos, educativos, de investigación ou de difusión.

Ante o horizonte prometedor que traza este conxunto de artigos, é preciso que desde o Ministerio se organice unha mesa de diálogo específica entre representantes de todos os ámbitos do sector cultural, incluíndo representantes de institucións dedicadas ao patrimonio cultural, organizacións de xestión de dereitos e detentores de dereitos. Consideramos que a súa opinión sobre das condicións nas que unha obra pode ser considerada como fóra de comercio (fixando, por exemplo, unha data límite a partir da cal unha obra deixa de transitar polo circuíto comercial) debe ser escoitada e tida en conta.

Artigo 14
Garantir salvagárdaa ao dominio público

A protección que o artigo 14 supón para o dominio público garantirá que as reproducións de obras cuxos dereitos de autoría teñen expirado permanezan sen dereitos, ata cando se digitalicen. Esta provisión mellora a accesibilidad ao coñecemento e o patrimonio cultural por parte da sociedade con respecto á lexislación vigente no Estado español. O artigo 14 asegura que as reproducións de obras en dominio público non poderán protexerse con dereitos de exclusividade e, como resultado, pon barreiras ao fenómeno coñecido como "peche do dominio público". Propiciará a digitalización do noso patrimonio cultural e desde Wikimedia celebramos este primeiro intento para protexer o dominio público por parte dunha lei europea.

Alentamos ao Ministerio a incluír explícitamente esta provisión no texto de transposición da Directiva, clarificando o que se estipula no texto europeo: unha vez a obra orixinal entra no dominio público os dereitos das reproducións fieis, incluídos os das digitalizaciones, tamén han expirar. É importante aclarar que este precepto aplica ás reproducións fieis, independientemente de se tiveron lugar antes ou despois de que expiraran os dereitos da obra orixinal.

Artigo 15
Defender o acceso á información e a verificación de fontes

A transposición do Artigo 15 debe respectar o dereito de acceso á información. A capacidade para comprender o contido en Internet está estrechamente vinculada coas ligazóns enriquecidas. Estas deben incluír descricións e fotografías para fomentar o acceso á información. Sen eses datos, sería moito máis difícil navegar en Internet. Por iso é importante definir un punto de partida para entender cal é a duración ou a cantidade de contido que se atopa exenta baixo a permisión de uso para "extractos moi curtos".

Tamén é importante garantir o dereito a compartir e distribuír blogs e contido de revistas científicas e académicas en liña que non poden ser tomadas como publicacións de medios e xa que logo deben ser explícitamente mencionadas como exentas. De non facelo, estableceríanse unha serie de obstáculos para a difusión de artigos científicos e académicos, e tamén dificultaría a procura de información verificable online, afectando ao dereito de acceso á información. Ter acceso á verificación de fontes de información de calidade é imperativo para loitar contra as noticias falsas en liña.

Finalmente, o Artigo 15 xera unha nova capa de dereitos exclusivos por encima do copyright que protexen contidos non orixinais. Instamos ao Ministerio a trasvasar todas as excepcións e limitacións nacionais contempladas para os dereitos de autoría a esta nova capa.

Artigo 17
Evitar o bloqueo preventivo

O Artigo 17 e as medidas propostas sobre filtrado de contidos foron, sen dúbida, as máis polémicas durante as negociacións da Directiva. Desde Wikimedia mantivemos unha posición moi crítica porque pensamos que é necesario velar polos dereitos das pwesoas usuarias, sen as cales non habería contidos en Internet.

De momento, as medidas para implementar este artigo aínda están sendo revisadas pola Comisión Europea en consultas con comités expertos. Instamos ao Ministerio a esperar a que as guías de implementación resultantes destas reunións sexan publicadas para poder facer unha transposición en liña cos últimos acordos relativos ao debate europeo.

É crucial atopar un equilibrio que protexa as persoas usuarias na transposición á lexislación española e protexer tamén o acceso ao coñecemento fronte a ferramentas que non distingan se un determinado contido recae nunha limitación ou excepción. Desde o noso punto de vista, o Ministerio debe garantir na súa transposición que non se dean casos de contido legal retirado das plataformas.

Han de poñerse baixo a mesma consideración o establecemento de medidas efectivas para bloquear contido ilegal como o desenvolvemento de mecanismos para evitar que aquel contido legal -sexa de nova creación ou derivado lexítimo-, non acabe bloqueado por posibles fallos dos sistemas de filtrado automático. Pola contra, propiciaríase un ecosistema digital no que contidos de natureza satírica ou paródica (entre outros) puidesen ser retirados de xeito preventivo, afectando á liberdade de expresión da cidadanía europea na rede e contravindo o considerando 70 da Directiva.

Para rematar, desde Wikimedia consideramos que a salvagarda dos dereitos de persoas usuarias debe protexer por defecto os usos das excepcións e as limitacións da lei. As persoas usuarias deben dispoñer de oportunidades significativas para reafirmarse nos seus dereitos, e a carga de contido debe permanecer dispoñible para o público ata que non se determinou que un uso ciertamente infrinxe a lei.

Organizacións asinantes:

Wikimedia España
Asociación inscrita no Rexistro Nacional de Asociacións de España: Grupo 1, Sección 1, Núm. Nacional 597390 con CIF: G-10413698.

Amical Wikimedia
Asociación inscrita no Rexistro de Asociacións da Generalitat de Cataluña, núm. 43169 con CIF: G-65105082.

20221116

Novas sobre a illa Pancha, dos tribunais e da AVV Por Nuestro Faro

     Hoxe, 16 de novembro, deuse a coñecer un feito encamiñado por outros anteriores: O TSXG desestima o recurso de Eirobra S.L.para evitar o acceso libre á illa Pancha. Despois de anos loitando, a AVV Por Nuestro Faro ve cumprido un dos seus obxectivos, o lograr que a illa sexa do pobo. En realidade, o obxectivo aínda non está conseguido, entre outras cousas porque o acceso pode considerarse parcial ó estar regulado temporalmente, pero esa regulación mesmo podería considerarse beneficiosa. O caso é que a concesionaria non pode dicir 'ti entras se eu quero e cando eu queira', e sei que non fun o único que veu o paso negado á illa.

    Como ó final a cousa ía polo xulgado, e contra o concello de Ribadeo, foi o concello o encargado de dar a noticia, cunha nota que deixo abaixo.

    Tamén a AVV Por Nuestro Faro, en relación ó uso da illa Pancha, volve a preguntarlle ó concello de Ribadeo por cousas como o cumprimento da concesión, se xa foi inspeccionado o cumprimento da Declaración Responsable da empresa que deu pé a abrir a cafetería, ou o estado e legalidade da fosa séptica, 'perdida' na administración dende hai varios anos e que pode ser unha fonte de vertidos á ría.

    Nota de prensa da AVV Por Nuestro Faro:

Na sede electrónica do Concello acumúlanse os correos sen resposta que a asociación de Veciños «Por Nuestro Faro» lle ten dirixido ao alcalde, con datas como 28/08/2021 ou 28/03/2022. Mesmo tras a mediación da Valedora do Pobo, organismo en Galicia encargado de velar pola transparencia e o dereito á información, non obtivemos do Concello ningunha resposta clara nin directa.

Por esa razón, o 16 de novembro de 2022 enviouse un novo correo ao Concello de Ribadeo, insistindo na necesidade de obter informacións concretas sobre cuestións vitais na Illa Pancha.

Á vista do despregue de camiños, varandas, terrazas e niveis que ocupan de xeito amplo a visión de calquera visitante que se interne na illa, volvemoslle preguntar ao alcalde se está en posición de dicirnos «se a cafetaría e os seus servizos invaden terreos da Illa Pancha fora do espazo concedido de 500 m²». En consecuencia, preguntamos se «as obras de execución da cafetaría da Illa Pancha, que funciona dende agosto de 2021, se axustan ao proxecto inicial».

Tamén reiteramos a pregunta sobre se por fin «existe informe da inspección técnica» que daría o visto bo á Declaración Responsable da empresa concesionaria para abrir a cafetaría (lembremos que a cafetaría se abriu por primeira vez fai xa 15 meses).

Doutra banda, e dado que o sistema de eliminación de residuais proposto pola concesionaria está a tramitarse desde agosto de 2018, quixéramos saber se a día de hoxe “no concello de Ribadeo existe constancia de que a fosa séptica teña resolución favorable de Augas de Galicia» e que aclare «cal é o sistema de depuración de residuais, tendo en conta que pode estar vertendo á Ría de Ribadeo en zona de protección dá Rede Natura 2000, e que este proxecto foi presentado antes de que existise a cafetaría que obviamente incrementa as emisións ao medio ambiente.».

AVV Por Nuestro Faro

    Nota de prensa do concello:

TAMÉN O CONDENA AO PAGO DAS COSTAS

Acceso á Illa Pancha

16/11/2022

O alcalde, Fernando Suárez, valora de xeito positivo a inadmisión a trámite por parte do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia do recurso de casación presentado polo concesionario do Faro sobre o uso e acceso á Illa Pancha. Barcia subliña que agora está ben clariño: é libre para todas e todas. 

O rexedor lembrou que "hai poucos meses o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia resolveu de xeito claro que o acceso á Illa Pancha debía ser libre e público con independencia da xestión que poida facer a actividade privada, que nunha pequena parte da illa concesionou o Estado a través da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao".

Suárez Barcia dixo que "con isto quedaba resolta calquera outra interpretación xurídica ao tempo que confirmaba a actuación administrativa levada a cabo polo Concello de Ribadeo en todo este proceso".

O alcalde ribadense manifestou que "lamentablemente, vimos que a aplicación das sentenzas non eran todo o inmediatas que deberan ser posto que durante un tempo seguiuse a incumprir por parte do concesionario coa pasividade da administración titular da Illa, A Autoridade Portuaria Ferrol-San Cibrao, o que obrigou ao Concello a impoñer sendas multas coercitivas ao titular da actividade privativa e finalmente un requirimento de non argallar máis para incumprir as normas ou o Concello veríase na necesidade de executar as accións subsidiarias pertinentes para garantir o acceso público".

Fernando Suárez contou que "o concesionario apelou esta sentenza e agora vimos de saber hoxe que o Tribunal desestima completamente ese recurso, e aínda por riba, o condena en costas".

O rexedor subliñou que "desde o Concello de Ribadeo, celebramos que dunha vez por todas quede ben clariño para todos: particulares, institucións, concesionarios, etc, que o uso e o acceso é libre. Xa vemos que a Autoridade Portuaria, titular da Illa, foi tomando as medidas necesarias para que nunca máis teñamos que perder o tempo en andar xogando ao gato e ao rato. Alegrámonos e valorámolo positivamente".

E engadiu que "desde o Concello de Ribadeo manifestamos, como sempre o temos dito, que nada temos que obxectar ás actividades que o Estado poida concesionar nesta illa, apartamentos turísticos ou unha cafetería, como de feito o fai noutros espazos públicos da súa titularidade no resto do litoral, pero queremos que o resto de cidadanía poida ir, pasear, pescar ou facer o que lle pete, dentro dos dereitos e deberes que calquera persoa poida facer no resto do litoral".

20060323

Espéranse fortes ventos

Para hoxe e mañá esperanse fortes ventos na zona, e lémbrome de aquelo de 'aqueles ventos traen estas tempestades' cando leo que onte houbo unha nova rolda de declaracións pola filtración do plan xeral de ordenación municipal (preúntome cántas habería), hoxe hai unha vista pola filtración de datos de soldos no concello (eu cría que os soldos dos funcionarios eran públicos), o parque de bombeiros segue sen porse en marcha (e a mesma protección civil, en nome dos mariñanos, protestando e esixindo medidas), e Ribadeo aparentemente está en calma. Cando a vida dun concello se xudicializa é porque dentro del non hai acordo nin esperanza de habelo, e polo tanto, a tendencia non é boa. Non se usa a conciliación. Non se da información. Non se facilita a comprensión, e a vida tórnase máis dificultosa no terreo persoal.
Ando a repetir o mesmo dende vai tempo, de diversos xeitos, con diversos matices, e non lle vexo síntomas de cambio. Así, cando o alcalde esta mesma semana da información á prensa sobre o novo auditorio de Cabanela, xa tiña posto no blog dende vai qince días as obras, e amosaba a miña extrañeza. Dúas semanas despois, entérome de que o auditorio sen uso vai ser substituído... por outro auditorio semellante, pode que cun esceario maior e gradas un pouquiño diferentes. Cun uso semellante? Eso si, as obras son anunciadas para dignificar unha zona bonita... que ten diante o primeiro recheo e a nave do mesmo e por eso xa vai tempo deixou parte da súa beleza a dignificar.
Cánto costa? Nin idea. Aínda que só sexa curiosidade, vai a cargo do concello ou non? Hai algún plan secredo (polo momento, se entende) para dinamizalo ou só é unha preparación para o ascensor que vai quedar na viciñanza?
Estou a convertirme nun mal pensado respecto das actuacións do concello, pero non podo evitalo ó ver a historia de cartos tirados en fume e sen unha planificación, un sentido de Ribadeo, sen a definición do 'Ribadeo que queremos' que pedín no seu momento. De novo, ogallá sexa algo bó para Ribadeo e o próximo ano por estas datas pensemos 'con esta obra Ribadeo deu un paso adiante' sen querer dicir on elo que lle comeu outro bocado á ría.
--
O Ribadeo que queremos, publicado no blog anterior o 14/4/05 e na prensa en datas semellantes.
Se queres lograr algo neste mundo, o idealismo non é abondo -necesitas escoller un método que funcione para conseguir o teu obxectivo. Noutras palabras, necesitas ser «pragmático»(*)
O futuro, antes de vivilo, e se queremos ter algún poder sobre el, hai que imaxinalo. E logo de imaxinalo, darlle un repaso para contrastalo coa súa posibilidade. Logo aínda, traballar para extender a idea para poder levalo á práctica. Tendo en conta o anterior, parto con estas liñas para unha aterializar unha proposta ambiciosa e concreta: tratar de afrontar un Ribadeo futuro mellor que o actual, intercambiando opinións con tempo antes que o futuro nos alcance.
En certa forma, é o que fan os partidos políticos antes das eleccións coa proclamación dun programa electoral, pero só en certa forma: os programas electorais están feitos en xeral de xeito rápido e buscando non tanto a mellora do conxunto senón máis ben facer anuncio dunha mellora de cara a contar con máis votos, así como dende unha única visión e ideoloxía, sen deixar entrar na discusión outras posibilidades.
Co anteror e a comparación, creo que queda craro o que pretendo con este artigo máis outros que lle seguirán (meus, doutra xente ou mesmo facendo un ataque á pretenciosidade, amplitude, ideas ou liña seguida nos anterioriores):
- Un estado de contrastación de ideas e proxectos cara o futuro, que ilumine as decisións a tomar sobre todos nós, que faiga imposible cousas como as variacións repentinas de opinión, como algunha tristemente perpetrada hai non tanto tempo, ou proxectos que se indicou que van crear unha morea de postos de traballo e crearon só unha diminución de ría, ou o aumento do chamado 'feísmo' que se suma ó acogotamento na construcción, ou ... pon ti nos puntos suspensivos todas esas cousas que estás a pensar.
- Un Ribadeo máis informado que poda controlar o seu futuro, que se vexa máis involucrado nel. Din que a información é poder. Alomenos, da unha visión para tratar de influír no poder. E de aí, ó ceo. Depende de todos os cidadáns. Depende, por exemplo, que os políticos queiran asociarse dalgún xeito a este movemento para levar ventaxa en recoller o contacto coa xente, simpatizar cos votantes posibles na spróximas eleccións ou para tratar de conducilo.
- Pero sobre todo, un pobo que pense no seu futuro. Pensar... pode que alguén vexa como un perigo para algúns que é unha oportunidade para todos.
En caso contrario, e como sucede moitas veces dun xeito ou outro, remataremos dando paos de cego ou tendenciosos boa parte do tempo. Dun xeito ou outro, a nós mesmos.
(*) Collido de “Software libre para una sociedad libre”, editorial Traficantes de sueños, 2004