Amosando publicacións ordenadas por relevancia para a consulta Manuel Valín. Ordenar por data Amosar todas as mensaxes
Amosando publicacións ordenadas por relevancia para a consulta Manuel Valín. Ordenar por data Amosar todas as mensaxes

20060307

Ría de Ribadeo?

    Ás veces, por estar nunha determinada posición, postura ou circunstancia, non xulgamos como é debido. Esto ocorre coas impresións que outros ou as cousas nos causan, e ás veces pode resultar un perigo. Comprobeino ou outro día coa palabra educación e a palabra ensino en relación ó nome dos IES: en Google pódense atopar 353 000 entradas considerando ó correspondente IES 'Instituo de Educación secundaria' fronte a 105 000 como 'Instituto de enseñanza secundaria' (feita a procura en ambos casos en páxinas de España e en castelán), o que indica que máis das 3/4 partes dos centros adáptase ó nome institucional, pero case 1/4 non o fai. Eso levaríanos a discutir sobre o tema, e fareino noutro lugar. Pero hoxe, ó que ía é a que se facemos o mesmo con 'ría de Ribadeo' na web enteira atópanse menos de 10 000 páxinas, e se poñemos 'ría del Eo', chéganse ás 25 000. As relacións están aínda peor se se mira ría + Ribadeo ou ría + Eo, é dicir, sen considerar exactamente a orde. Se se quere que o nome da ría permaneza como ría de Ribadeo vai haber que traballar arreo, a parte de coñecer a contestación do Presidente da Xunta sobre o tema.
--
Unha cita sobre Hernán:

Data: 16/12/95

Fonte: la comarca del eo

Título: O BOLERO DE STRAUSS

Autor: HERNAN NAVAL

Descrición: Artigo que escribiu Hernán cando o Concello amañou un concerto para competir co „Aquí como en Viena“ da banda. A lembrar que á postre, entre outras cousas, os músicos visitantes non eran vieneses como se pretendeu nun principio, senón búlgaros.

Comentarios:

O BOLERO DE STRAUSS


Hernán Naval


  1. – A quen conta mentiras chámanlle polo nome dun bailábel: bolero. E xa se sabe qué historias narran os boleros: as de arrebatos paixoais, sempre viscerais, case nunca racionais. O problema, o conflicto de Manuel Valín coa Banda Municipal, polo feito de que estea dirixida por min, é de índole patolóxica, e a visceralidade derivada, a obsesión, lecouno desta volta a mentir pola rádio: é absolutamente falso que a Banda Municipal de Ribadeo fose convidada a participar na programación cultural de Outono do Concello de Ribadeo, como clarísimamente afirmou Valín en declaracións á Cope de Ribadeo o pasado xoves. Cando esta programación estaba decidida, parte do material publicitário da mesma xa en impresión e xa oferecida a Rolda de Prensa en que se fixo pública a Valín foille transmitida a contrariedade de quen isto asina polo feito de que o tradicional concerto de Nadal a base de música vienesa fundamentalmente, que nos dous anos anteriores ofrecera a Banda Municipal de Ribadeo por min dirixida, ia ser dado este ano, segundo a referida programación, polo Strauss Festival Orchester de Viena, directamente de Viena...Manuel Valín apresentou entón as rebaixas: se queríamos tocar un programa de bandas sonoras dentro da Semana de Cine que tamén figura na programación de marras. Non aceitamos, naturalmente. “A Banda si foi invitada a participar na programación cultural de Outono”, dixo Valín literalmente á Cope. Mentira!, digo eu agora: o que quixo foi amortiguar o efecto da afrenta que viña de perpetrar á Banda.

  2. – “Un luxo para Ribadeo”. “Non podemos permitirnos prescindir dela”. “Nunca pensei que lles fóra molestar”. “Pisarlles o concerto deles, para nada...”. Agora Valín apresúrase a negar calquer intención perversa ao contratar á que el própio, erróneamente, chama “Orquesta Johann Strauss de Viena” (saberá realmente a quen trae?) e á que califica de “atracción musical”, como se os vieneses fosen actuar na discoteca. “A intención”, di Valín, “é criar caldo de cultivo” musical entre os nenos de Ribadeo afeizoados a música, para que podan “ver algo distinto”; violines por clarinetes, será a diferencia, aparte, claro está, de que o fagan moito mellor – aínda que tal vez con menor ilusión e desde logo que máis interesadamente, económicamente falando – uns profisionais que uns afeizoados, aínda por riba dirixidos por un do Bloque, que tamén é desgracia coa que polo de agora ten que apandar o señor Concelleiro de Cultura e outras cousas. Moitas gracias, señor Valín, por non lle recoñecer a Banda Municipal de Ribadeo, á súa Asociación promotora, á Escola Municipal de Música, o mérito de ter criado ese “caldo de cultivo”, que agora lle enche a boca, alomenos desde 1992. Nunha cousa non minte Valín: efectivamente non vai conquerir pisarnos o concerto noso; xa di que “quen non está de máis que dean o seu concerto”... Nen de máis nen de menos: xa que da Strauss “non podemos prescindir” (quen será o malvado que o obriga? Será para xustificar que aínda non volvese a Sinfónica de Galiza nen trazas haxa?, ou será que non quedan orquestras no seu rastro cultural?) e xa que se trata de “ver algo distinto”, velaí vai a nosa aportación: Como aquí nen en Viena (marchas, valses, habaneras, fados...), o día 30 de decembro, á hora de costume, no local de costume. (O concerto noso, até este ano titulábase “Aquí como en Viena”, pero como os de Viena xa están aquí e trátase de “ver algo novo”...). Por certo, vai todo pola nosa conta: carteis, programas, gratificacións ao persoal de montaxe, etc. O Concello ten abondo con pagar aos vieneses, e, por aquello do morbo ribadense, non estaría de máis, nen de menos, saber canto...

  3. – A Manuel Valín causáronlle “extrañeza” as informacións de prensa que dan conta do malestar na Banda e na Directiva da entidade que a promove polo affaire Strauss, un malestar con eles, que “non teñen nada contra a Banda”, á que queren axudar “en todas as oportunidades”, como fixeron co certame de Bandas de setembro, para o que comprometeron un “bo e importante apoio”. Lástima fora, concelleiro. Valín e asáltano os demos: “Hai un sector interesado... todo o mundo sabemos quenes son os que tratan de romper as boas relacións que poda haber entre Amadores da Música e o Concello”: agora vai resultar que á Strauss Festival Orchester non a fichouu él e que está formada por mercenarios nacionalistas cuxos cérebros grises fixeron picar a Valín. Todo, con tal de non recoñecer que meteu a pata até a ingle; e non é a primeria vez: convertiu nun fiasco organizativo o concerto da Banda do 25 de Xullo, e logo tivo que pedir perdón pola mesma emisora pola que agora defende as súas determinacións; pifiouna despois o Día de San Roque ao no dispoñer, como coordenador da Comisión de Festas, a instalación dun palco cuberto e suficiente para o correspondente concerto da Banda; mandouna despois a Mondoñedo para que un mércores a escoitaran unha dúcia de persoas (ou dúcia e media, vale). Xa resulta sospeitosa tanta gamba introducida: nen el podo ser tan ineficaz. Cando o locutor lle pregunta polo oferecimento do Concello á Banda de lle patrocinar a grabación dun disco, Valín en plan aparentemente surrealista, espeta: “Xa foi moi polémica a campaña eleitoral”. Certo: o primeiro día da campaña, en un local público dixo que cando gañaran eu sería enviado a Sibéria. O último día, nun mitin, devolveume a tranquilidade: “Non imos facer desaparecer a Banda nen imos facer desaparecer o seu director”. Alegreime de saber que non ia ir para a cámara de gas. Pero e sospeitosa tanta declaración de boas intencións: “Non temos nada en contra da Banda”. “Quixemos aclarar e dixemos que íbamos apoiar á Banda, é a Banda Municipal...”, ao seu pesar...Xa se sabe: excusatio non pedita...

  4. – Sobre o tema do disco, algo colateral ao asunto cerne desta polémica (porque isto é unha polémica, subscitada por acción – ou omisión – polo señor Valín, e non, como el di para quitar ferro, “un mal entendido”). Deixo para mellor ocasión deixar constancia ponderada de a que persoa se debe a iniciativa de que a Banda gravase un compact-disc e do intre e do xeito en que se concibeu a idea, hoxe proxecto preferencial da Banda en conxunto e, singularmente, meu. Igoal non tardamos moito en teer que informar polo miúdo disto, perante o novo arrebato colaboracionista do Concello... Ocorre, polo de pronto, que máis unha vez “unha entidade privada”, realice a “grabación e diz mil copias” do ditoso disco. Ou non somos conscientes das nosas capacidades mediáticas, a carón das cales a operación de marketing Adagio Karajan constituiría, proporcionalmente, un xogo de nenos, ou Valín non ten idea de matemáticas, o que resulta preocupante a estas alturas. Non lle hei mirar a dentadura a este presunto cabalo agasallado, á espera de coñecer as condicións técnicas do marco-proxecto discográfico municipal. Agora ben, ao César...

  5. – Igoal que sobre o disco e a súa paternidade haberá ocasión de volver falar nos médios de comunicación, sobre a cuestión desencadenante dsta xa longa declaración haberá máis que dicer en canto se achegue a data do concerto, dos concertos, pois témome que o señor concelleiro de Cultura, despois do que dixo o outro día na rádio, non vaia pedir desculpas á Banda como fixo cando pola súa incompetencia destragou o concerto do 25 de xullo pasado. Todos á espera pois, e advirto que nesta resposta procurei aterme ao contido do declarado hai días por Valín. Polo de agora, calo. Sobre as edificantes actitudes verbais do super-concelleiro verbo do director da Banda perante os seus alunos (xa dixen que o seu problema conmigo é de índole patolóxica), calo. Sobre a maniobra eleitoral con diñeiro público, calo. Sobre Barcelona, calo. Calo polo de agora. Xa se saberá, insisto, que se cadra o repentino agarimo de Valín e compañía á Banda é amor letal. Que tente, non vaia ser o demo. De momento que lea “Granxa de animais”, de Orwel, e que mire, el, ao espello, e a min que me deixe en territorio humano.

  6. – E finalmente , todo isto dígoo eu, Hernán Naval, director da Banda Municipal de Ribadeo a pesar de Valín. En nome de ninguén falo, nada máis que no meu próprio. Só eu responsabilízome do dito e das súas consecuencias. A músicos e directivos que os deixe Valín en merecida paz.

20231121

Mar por Medio do galego

Mar por Medio do galego

    Están convocadas as novas Xornadas Mar por Medio. De feito, en baixo deixo o cartel e programa. Está aberta a inscrición.

    Por outra banda, chócame algo curioso. Convocadas pola 'Academia Xacobea', con enderezo en internet rematado en .gal, cando entras na páxina principal sintes que algo non vai como debera. Na primeira liña aparece 'inscrición' e non 'inscripción', mais tamén 'noticias/novas'. Se colles a nova da presentación das xornadas en Ribadeo, o primeiro que te atopas é 'noviembre', e logo unha foto e un texto en galego. Logo, sen transición algunha, a mesma foto e o mesmo texto en castelán. E para remate, de novo unha liña encabezada con 'noviembre'. Os de 70 Mandarinas Comunicación rematan o pé de páxina (de todas as páxinas) con opcións en castelán.

    A páxina adicada ós académicos fundadores está en castelán. 'Only'. Iso si, se se entra nalgunha das páxinas adicadas a un só dos académicos, aparece algo máis, primeiro en castelán, e logo, en letra con menos contraste, o mesmo en galego. Tanto a páxina de contacto como a de inscrición preferencian o castelán.

    Estiven tentando entrar na web de 70Mandarinas, pero hai problemas polo que parece, aínda que no buscador di que é unha empresa nada en santiago con vocación de servir a toda Galicia. Tampouco na web de Academia Xacobea puiden acceder a novas máis aló do 14 de novembro, nin ós apartados ¿Qué es la Academia Xacobea? e ¿Cuáles son sus funciones y fines? (apartados que tamén aparecen na mesma páxina, á beira dereita, en galego con tipo menos destacado)

    Nas novas, tanto do concello como da 'Academia' salientan entre outros nomes como Víctor F. Freixanes ou a ribadense Celia Castro, os fundadores Manuel Valín e John Rutherford. A máis de Xesús Palmou, presidente da Academia, ou o Secretario de Política Lingüística, Valentín García. Manuel Valín aparece ademáis como socio fundador da Academia, pero non na páxina de Fundadores. O financiamento non ven especificado, nin a súa procedencia.

    O programa é atraínte. Deixo a versión del en galego, á que, para acceder, esta si, aparece nun pulsador á esquerda do da versión castelá.







20060212

Ribadeo, sábado noche


    Quen vexa o blog, notará a hora de apunte. Tamén notará que non é a única volta que edito a esta hora. Ben, o motivo: o ruído. E por hoxe, non comento máis.
    Naturalmente, os xornais a esta hora aínda non saíron, polo que ando escaso de novas. Comento pois a foto.
    Como pode verse, non é de Ribadeo Pero a situación ilustra ben o que pasa en moitas circunstancias en Ribadeo: unha norma xera un aviso, neste caso unha prohibición, e non se cumpre e non pasa nada. A sinal de prohibido aparcar di: 'en toda a praza Santa María', é dicir, en toda a extensión que se ve na foto e máis que non se ve. O cartel debaixo dela axusta: 'excepto puntos autorizados', e vése que a beirarúa da esquerda éo. Pero non o mesmo punto onde se axusta a prohibición, ou o situado á volta, ou o que se ve ó fondo. Como se ve, Ribadeo non é único, pero nalgúns destes desaxustes é modelo. E ale, a estas horas, que é o mellor que se pode facer? Pode que redactar unha denuncia polos máis de 60 dB que estou a soportar nestes momentos. Ou por todas as que xa teño feito e o Concello non atendeu. Non o sei aínda. Queda moita noite e hai tempo; mañá pola mañá virán as consecuencias de falta de sono, irritabilidade etc; hoxe, agora, os síntomas son diferentes.
--
Continuando o que comecei en decembro, de Hernán Naval, en espera de ser colgado no sitio web de Hernán:

Data: 10/7/99

Fonte: EL PROGRESO

Título: O “MONEY” DE MARTA SÁNCHEZ

Autor: HERNÁN NAVAL

Descrición: Xenial ou non? No fondo, a idea de sempre, que podemos explicitar con algo de pompa: a gastar moreas de cartos en merdas varias e a escola nin un peso porque a dirixe un roxo comunista mason e cheira a xofre...

Comentarios:

O “MONEY” DE MARTA SÁNCHEZ

O pasado mércores, de mañán, despois de “dopparme” de café cal corredor do Tour para fortalecer as neuronas perante as emocións que me pudera deparar a leitura dos xornais (sabia que o concerto de maña á noite fora apresentado a víspera en rolda de prensa), abrin istos directamente polas páxinas que incluían a cobertura do acto informativo no que interviran a víspera un responsábel da programación do concertos do Xacobeo e máis o concellal de Cultura de Ribadeo, o revalidado Manuel Valín. Eu quería coñecer os números.

Efectivamente, as informacións recollían algunhas destas sumárias cantidades: un cenario de 12 por 25 metros, 5.000 sillas... Pero faltaba a cifra que un, e ben sei que algunha outra xente, procuraba na leitura: os dous díxitos que desen conta da cantidade de millóns do orzamento dese delírio musical titulado “De Roma a Santiago” que mañá terá lugar, se o mal temppo non o impide, na praia dos Bloques de Ribadeo.

Non, o dirixente xacobeo e o concelleiro ribadense non subministraron dado algún sobre o custe da merenda, ou os xornais non os recolleron. Pola contra, o xestor xacobinista – que non xacobino – prodigouse seique en explicacións sobre as enormes dificultades que entrañou relacionar musicalmente Roma con Santiago, Galiza con Itália. Desde a profisión, comprendémolo. Non sabemos de muiñeira algunha composta por Luigi Nono, aínda que tampouco sabemos se entre os condeados a morte en campos de concentración nazis que escreberon os familiares e amigos as cartas nas que se basea “Il canto sospeso” habia algún galego. De Casella tocan os nenos e nenas das escolas de música aires de inspiración continental diversos pero nengun de influxo galego ... que saibamos. Mágoa que Verdi non soubese – ¿ou si? – do Rexurdimento literario galego, que aparcaba a Dumas e colocaba á Violetta de “ la Traviata” no barrio chino lugués. Monteverdi, en fin, escrebiu “la incoronazione di Poppea”, non se lle ocorriu compoñer “la incoronazione di Alfonso X il Sabio.

E como non había para onde ir, Albano. Nen sequer Marta Sánchez, caída do cartel a última hora. (Conceitualemnte non hai perda algunha pola baixa da Sánchez: o máis mestizo e paneuropeo que se lle ten ouvido cantar, de nova, era unha trepidante versión de Lili Marlen, canción que tamén caantaba Liza Minelli en Cabaret, película na que tamén cantaba “Money...”Conceitualmente, non pasa nada porque non veña Marta Sánchez; conceitualmente repetimos) ¿Qué hai de Albano? ¿Qué canta últimamente? ¿Qué gravou recentemente? ¿Actuou xa no Luar? En prata, señores, ¿quen o atura? Maña, nos Bloques ¿”en directo”?

O “money”, o parné, velaí a cuestión. Non puidemos saber o que custa – o que nos custa - a metafórica viaxe “musical” entre Itália e Galiza, entre Roma e Santiago parando a comer sardiñas nos Bloques de Ribadeo, pero xógome o diapasón a que coa décima parte do montante da ordinariez de mañá a noite poderíase dotar de fotocopiadora e ordenador á Escola Municipal de Música de Ribadeo e aumentar o seu cadro de personal cun administrativo-ordenanza con outro profesor ou profesora. Máis o conceito de divulgación musical da Xunta é máis “guay” (en prata, señores, máis paleto!): agasallan á xente con camisetas coa mascota xacobea e cun disco “Idea original de Alberto Comesaña”. Que hipérbole!: pensar que o que paira o Comesaña de Lugo poda ser calificado de idea ... O da camiseta amañase con lexía.

Habia, sen embargo, outra cifra, outro número nas informacións xornalísticas: os peregrinos chegados a Compostela no que vai de ano, 600.000, segundo o voceiro Xacobeo. Nen que dicer ten que a maioría deles mercede a Concertos no Camiño como o de mañá en Ribadeo, na praia dos Bloques, vaia se non. Non se molesten o representante xacobeo nen Manuel Valín en descontar do público a quen mañá á noite marchemos tomar unha copa á beira asturiana da ría.

20230106

Ribadenses destacados: Daniel Cortezón Álvarez. Santiago Sanjurjo Díaz

    Unha nova biografía de 'Ribadenses destacados', Daniel Cortezón por Santiago Sanjurjo.

DANIEL CORTEZÓN ÁLVAREZ

(Ribadeo, 1927 – Lugo, 2009)

Ensaísta, novelista, dramaturgo e senlleiro expoñente do teatro histórico galego

Daniel Cortezón (Foto de Matilde González)

    Daniel Cortezón nace en Ribadeo o 6 de febreiro de 1927, fillo de Amalia e Daniel. Por mor dos sucesivos traslados do pai, membro do Corpo de Carabineiros, pasa a súa nenez en diferentes vilas de Andalucía e Asturias. Atópanse nesta última rexión cando estoupa a Guerra Civil. O seu pai, que permanece fiel á República, combate en diversas frontes, ata que, ferido, cae prisioneiro en Castellón. Despois de ser xulgado nun Consello de Guerra e recibir unha condena a morte, posteriormente conmutada por unha pena de cadea perpetua, o pai bota cinco anos preso no cárcere de Xixón. Namentres, Cortezón e a súa nai retornan a Ribadeo, onde, a finais de 1939, o futuro escritor comeza a traballar nunha carpintaría, ata que, ao ano seguinte, entra como aprendiz na Farmacia Sarmiento, da que será empregado durante case cinco lustros.

    Cómpre sinalar que as vivencias e as lembranzas da guerra, na que faleceu en combate o seu tío Ramón Crespo Rodas (a quen inmortalizará e renderá unha emotiva homenaxe na obra Os irmandiños), sumadas ás conviccións esquerdistas do pai e á propia condición de proletario de Cortezón, contribúen sen dúbida a sentar as bases do seu futuro compromiso intelectual, artístico e político de clara filiación marxista. Esta postura consolídase sobre unha vasta e sólida formación de carácter autodidacta, cuxos comezos poden datarse nese mesmo ano de 1940, cando enceta a lectura case íntegra dos fondos da Biblioteca Municipal de Ribadeo, que el mesmo califica como a súa verdadeira universidade. Pouco despois escribe os seus primeiros textos, ensaios de carácter filosófico, político e estético, algúns dos cales publica en revistas como Rumbo, Estudios e Auxiliares de farmacia, da que co tempo chegará a ser redactor xefe. A súa traxectoria literaria iníciase en 1951 coa novela, escrita durante un periodo de enfermidade, As covas do Rei Cintolo (Galaxia, 1956) e ao pouco comeza a recibir os primeiros dos seus abondosos premios: o Manuel Cao Turnes do Centro Gallego de Bos Aires, pola aínda inédita novela Ribanzo, e o Otero Pedrayo do Lar Gallego de Caracas, co ensaio Os esprito da Galiza, ambos en 1956, así como o Premio da Casa de Galicia en Nova York, por De la saudade y sus formas, en 1959, por citar só algúns.

    Xa nesta etapa inicial resulta posible definir certas características que serán constantes na traxectoria posterior de Cortezón: primeiramente, ten lugar o descubrimento do galego e o seu emprego como lingua literaria, en alternancia co castelán, o que fai del un autor bilingüe pertencente a dous sistemas literarios diferentes. En segundo lugar, a historia, a cultura e a identidade galegas pasan a ocupar un lugar preferente no seu proxecto intelectual e artístico, ben como tema literario, ben como obxecto de reflexión, tal e como testemuñan os importantes ensaios O esprito da Galiza (1955), Pantocrítica galiciana (1956), Aspeitos sociolóxicos do ser de Europa, Consideracións encol do senso e posibilidade da crítica e Ouservacións para unha crítica en col do avidalismo na poesía galega actual, estes tres últimos galardoados co premio Padre Feijoo do Centro Gallego de Bos Aires en 1963. Por último, o xénero dramático, no que se inicia con títulos como Nicolás Flamel, O renarte Ciprián (ambas de 1960) e, singularmente, Prisciliano (pola que recibiu o Premio Villar Ponte de Teatro en 1962 e que sería publicada en 1970 por Galaxia) convértese no seu principal medio de expresión e na cerna da súa produción.

    En 1960 casa con Mercedes del Monte, Merchi, e dous anos máis tarde trasládase a León en calidade de apoderado de Empresas Barreiros, S.A. En 1965 instálase en Madrid, onde dirixirá Financiación y Crédito, S.A., e a partir de 1970 e ata a súa xubilación en 1987, traballará na sucursal de Refrey. Na capital madrileña entrará en contacto con importantes persoeiros das culturas española e galega (ao longo da súa vida cultivará unha fonda amizade con Celso Emilio Ferreiro, Ramón Piñeiro, Borobó, Dionisio Gamallo, Ramón de Valenzuela, Isaac Alonso Estraviz, Luz Pozo Garza, Xosé Luís Franco Grande, Carlos Díaz, Suso Peña, Delfín Mariño, Carlos Álvarez Lebredo, Toni Deaño, Chemi Lombardero, Manuel F. López, Manuel Valín e Roberto Rodríguez, entre moitos outros).

Daniel Cortezón e Dionisio Gamallo Fierros (Foto de Matilde González)

    As décadas dos 60 e 70 son verdadeiramente prolíficas e están cheas de éxitos: as obras en castelán El Rey de Harlem e Semáforo inauguran o III e IV Premio Sitges de Teatro en, respectivamente, 1969 e 1970. En 1972 a versión castelá de Os irmandiños queda finalista no Premio Ciudad de Alcoi (o orixinal galego obterá o premio Santiago Rusiñol no X Festival de Sigtes de 1977). Esta localidade alicantina será particularmente xenerosa co ribadense, pois tan só un ano máis tarde voltará a quedar finalista con El mástil (gañadora do Premio Aguilar de Teatro en 1977) e en 1974 resultará gañador coa obra sobre Salvador Allende e o golpe de Estado en Chile Compañero Presidente, compañero, cuxo estreo será prohibido pola censura. En 1974, Xelmírez ou a gloria de Compostela, coa que acada o Premio Ciudad de Barcelona de Teatro, estréase en castelán no Teatre Grec de Montjuic e a Editorial Nós de Bos Aires publica o orixinal galego. Ao ano seguinte Cortezón resulta finalista do prestixioso Premio Lope de Vega con Crónica del rey don Pedro, que verá a luz anos máis tarde, en 1998, nunha colección teatral da Universidade de Murcia. Nos anos seguintes saen do prelo importantes títulos dramáticos como A diáspora (1976), Crónica de Enrique IV (1977), Os irmandiños (1978), Pedro Madruga (1981) e Danza, contradanza y metamorfosis de moros y cristianos (1982), Soñando a Goethe en primavera (1986) e as sucesivas entregas da súa monumental tetraloxía Castelao ou a paixón de Galiza: O animador de ilusións (1986), As árbores e os xuncos (1988), Intermezzo bufo (1996), coa que un ano máis tarde queda finalista do Premio Nacional de Literatura Dramática, e O pudor e a angustia (1997). No eido da narrativa cómpre destacar a publicación de A vila sulagada (1981), gañadora do prestixioso Premio de novela Eduardo Blanco Amor na súa primeira edición.

Carlos Álvarez Lebredo, Daniel Cortezón e Suso Peña (Foto de Matilde González)

    Despois da súa xubilación, Cortezón retorna a Galicia e aséntase no seu Ribadeo natal, onde prosegue coa súa intensa labor literaria e intelectual. No prazo duns poucos anos sofre importantes perdas persoais coa falecemento da súa nai e da súa dona, Merchi, que o somen nunha depresión. Así e todo, non deixa de participar na vida cultural: escribe, pronuncia conferencias, traduce obras de autores como os seus amigos Jerónimo López Mozo e Lauro Olmo, recibe premios e homenaxes, e ve como se poñen en escea algúns dos seus textos dramáticos. Neste último eido destacan as representacións de Os irmandiños e de Pedro Madruga a cargo do colectivo «O Castelo» e baixo a dirección de Roberto Casteleiro, durante o Festival Irmandiño de Moeche (nas súas edicións, respectivamente, de 1996 e 1997), así como a estrea, en 1999, da montaxe de Xelmírez ou a gloria de Compostela que realizou o Centro Dramático Galego, dirixida por Roberto Vidal Bolaño. Só un ano máis tarde prodúcese o pasamento do seu íntimo amigo, o intelectual ribadense Dionisio Gamallo, cuxa monumental biografía Dionisio Gamallo Fierros. Varón de Porcillán. La sinfonía incompleta (2005) pode ser considerada a derradeira gran obra de Cortezón.

    En abril de 2002 casa con Matilde González, Mati, con quen compartirá a tutela de Beatriz Mohedano, e uns meses máis tarde recibe unha homenaxe na súa vila natal, que culmina coa dedicatoria dunha rúa ribadense. Tras uns últimos anos nos que, entre Vigo e Ribadeo, prosegue escribindo, falece en Lugo o 4 de outubro de 2009.

Fila superior: Olivia Tudela, Gonzalo Vázquez Pozo, familiar de Josefina Martínez, Verónica Lorenzo, Josefina Martínez, José Carlos Rodríguez Andina, Saulo Cuesta, Veva Sordo, Rosa Fernández, Toni Deaño, Manuel Valín, José Luis Echevarría.
Fila inferior: Tomás Sanjurjo, Matilde González, Daniel Cortezón, Marita Gamallo, José Luis Pensado, Elena Diego, Luz Pozo, Emilio Lorenzo, Rafael Alvarado, Rosa Cobo, Enriqueta Ruiz, Chus Maseda e Roberto Rodríguez.
Diante de Luz Pozo: Fidel (fillo de Olivia Tudela) e Santiago Sanjurjo.
Centenario de Dámaso Alonso. Ribadeo, xullo de 1998.

(Foto de Jaime F. Pola)

    A inxente obra de Cortezón permanece en gran medida aínda inédita e, por desgraza, a meirande parte dos seus libros están esgotados e só se poden atopar en bibliotecas ou librarías de segunda man. A súa dilatada produción abrangue practicamente tódolos xéneros literarios, entre os que destacan o ensaio, a novela e, de xeito sobranceiro, o teatro. Así, atopamos desde pezas teatrais para nenos (Alí Ben Mangato e mailo seu cabalo branco chamado Beliador, de 1995) ata ponencias sobre temas diversos como La moral de los estoicos (1946) ou Sobor das condicións do asalto á razón (1990), pasando por guións para televisión sobre Prisciliano, como o escrito para a TVG con Mariano Tudela en 1985.

    Porén, dentro desta heteroxeneidade resulta posible identificar un fío en común que dá sentido ao proxecto literario e intelectual de Cortezón. Dous son os piares sobre os que se asenta: por unha banda, unha perspectiva política de carácter marxista (relativamente heterodoxo) e, por outra, un nacionalismo galego sui generis. É precisamente na produtiva e, en ocasións, conflitiva dialética entre ambas fasquías onde xorde a xenuína e orixinal aportación do dramaturgo ribadense. Nun primeiro momento, as obras ensaísticas —xa mencionadas— que escribe ao longo dos anos 50 e 60 sentan as bases dunha severa e argumentada crítica do que el considera as causas do fracaso do «proxecto histórico do ser de Galicia como nacionalidade» e que constitúen un demoledor cuestionamento do que, seguindo a Helena Miguélez-Carballeira, podería considerarse unha identidade sentimental de Galicia. A continuación, partindo desas premisas teóricas Cortezón decide traballar na creación dun teatro histórico (e político, sería preciso engadir) do que, segundo el, carece o sistema literario galego. A súa misión sería a de «afondar na memoria histórica do pobo galego, sobre todo na súa vertente de rebelión dos oprimidos e dominación dos opresores», para o que crea unha serie de obras protagonizadas por axentes individuais e colectivos «cruciais na eclosión e ulterior frustración da galeguidade». Así, as pezas adicadas ás loitas irmandiñas, Xelmírez, Pedro Madruga ou Castelao buscan atopar e expoñer as razóns do fracaso histórico de Galicia que, para Cortezón, en moitas ocasións levan os nomes e apelidos daqueles que, como sinala Iolanda Ogando, «tendo nas súas mans os instrumentos» para mudar a historia, «non souberon asumir as súas responsabilidades». Finalmente, a orixinalidade da proposta de Cortezón, atravesada de pola mencionada relación dialéctica entre marxismo e nacionalismo, reside en que «trascende a mitificación do pobo e a desmitificación dos estamentos poderosos» para remover conciencias e facer do teatro unha ferramenta de crítica revolucionaria e de construción nacional.

Bibliografía

Abuín, A., «A traxectoria teatral de Daniel Cortezón: cara unha poética do drama histórico galego», en: Cortezón, D., Xelmírez ou a gloria de Compostela. Santiago de Compostela (1998), pp. 77-120.

Cortezón, D., «Los años de la destrucción», en: Pörtl, K. (ed.), Reflexiones sobre el Nuevo Teatro Español. Tübingen (1986), pp. 74-82.

González Gómez, M., «Cronología», en: González Gómez M. y M. Valín Valdés (coords.), Daniel Cortezón. Viveiro (2011), pp. 19-31.

Ogando, I., Teatro histórico: construción dramática e construción teatral. A Coruña (2004).

Pascual, R., «Daniel Cortezón. Lembranzas dunha vida autodidacta», en Madrygal, 11 (2008), pp. 199-205.

SANTIAGO SANJURJO DÍAZ

--

Sobre D. Cortezón no blog

20121222

Ben, xa está roto o consenso sobre a residencia en Ribadeo

Chegou o agasallo do PP polo Nadal a Ribadeo: unha xuntanza antonte, a decisión dunha medida de presión fóra de Ribadeo, e, voilá! o PP desmárcase e pasa a exercer de oposición da oposición.
Repito: oposición da oposición, que non goberno, que move máis á compasión e ó victimismo, ó tempo que da menos solucións.
De que se trata?
Mentras as peticións públicas non saíron de Ribadeo, e foron iso, peticións tentando aclarar, o partido 'tolerou' a actividade para lograr unha residencia de anciáns en Ribadeo. Despois de ano e pico, incluídos varios desplantes por parte da Xunta, aprazamentos, falta de resposta, etc, entón prantéxase ir a Santiago e facer forza alí dun xeito público, o que se entende por unha manifestación (aínda que a un desprazamento así non se lle pode chamar só manifestación). Vaites, non! Que entón en Santiago poden enterarse que o PP ribadense non ten o control, e ademáis, pide algo para o pobo que os de enrriba non consideran! Así pois, segundo o PP, manifestación, non.
Permítome pasar de puntiñas ata o momento por un tema relacionado: Manuel Valín, representante no concello polo PP como cabeza de cartel, apoiou a realización da manifestación (a xuntanza de antonte implicou un apoio unánime dos reunidos)mentras que agora parece que algunha facción deixou a Valín como minoritorio dentro do partido en Ribadeo. Coido que non é a primeira vez que pasa algo disto dende as eleccións, e que haxa diálogo dentro dun partido coido que é bo. Máis, a tenor das informacións, non é exactamente diálogo construtivo para determinación dunha liña de actuación, senón enfrontamento polo poder, algo ben diferente no resultado e na convivencia.
A residencia en Ribadeo leva retraso. A crise vai adiantándose e adiando unha posible solución, e minguando os recursos ó tempo que dando desculpas para solucións. O futuro está aí e hai que loitar por el. Dar desculpas despois de todo este tempo para dicir que se está a facer un estudo, non é de recibo. É de esperar que a xente de Ribadeo non o recibamos, cun motivo que non tiña antes a consellería cando nin recibiu á comisión.

20110321

Presentación do libro de homenaxe a Daniel Cortezón

O acto do sábado 20110319 para a presentación do libro homenaxe a Daniel Cortezón fixo que o salón de plenos do concello estivera cheo a rebosar: 150 persoas que mantiveron a espectativa ó longo do máis dunha hora que durou, despois dun retraso de inicio pola espera do Subdirector Xeral de Bibliotecas e director da biblioteca de Galicia, José Daniel Buján Núñez. Na mesa, a máis del, estiveron o alcalde de Ribadeo, que oficiou de mestre de cerimonia, Antón Veiga Outeiro, Delegado de Cultura da Deputación, Manuel A. Valín Valdés, que coordinou a edición, Antonio Deaño Gamallo, profesor de literatura no IES Gamallo Fierros, e Matilde González, viúva de Daniel Cortezón e co-coordinadora.
Todos eles falaron, se ben cabe facer distincións entre os primeiros, que o fixeron de xeito máis institucional, e o resto do grupo: Valín, que o fixo como coordinador e amigo (as súas verbas, en transcrición aproximada, están a continuación), Antonio Deaño, que glosou nunha longa intervención a relación e devoción mutua entre Gamallo e Cortezón, e Mati, que embargada pola emoción tivo que suspender temporalmente a súa intervención, basada na lectura dun texto do mesmo Daniel. Texto iste sobre a importancia da biblioteca ribadense para a súa formación, o que explica a súa devoción polas bibliotecas públicas e a dozaón da biblioteca particular, (na actualidade en fase de clasificación, o mesmo que a de Gamallo, no edificio da casa do Viejo Pancho, restaurada recentemente).
A intervención de Valín, despois do saúdo e agradecementos, foi de recoñecemento a Manuel López, de Gráficas Lar, pola impresión e soporte en xeral, a Beatriz Mohedano, a filla de Daniel e Mati, polo coidado esmerado da edición (que se pode comprobar no pdf, aínda que sexa de baixa definición), e á propia Matilde, que aparece no libro como coordinadora ao seu carón, pasando logo a un curto discurso que tento transcribir dun xeito aproximado e ó tempo sucinto, a continuación:
"Eu tiven a sorte de poder disfrutar da amizade, nos derradeiros anos da súa vida, de dous ilustres ribadenses: Dionisio Gamallo e Daniel Cortezón; sen dúbida que coñecer de cerca a estas dúas persoas, xunto con John Rutherford, foron das mellores cousas que me sucederon na miña etapa como concelleiro de cultura.
Ademáis do seu cariño cara a miña persoa, formaron unha especie de equipo asesor. Detrás de proxectos que foron vendo a luz na historia recente de Ribadeo, como o Centenario de Dámaso Alonso, Congreso sobre El Viejo Pancho, Premio de Investigación filolóxica, Centro de estudios Iberoamericanos, melloras na Biblioteca Pública, ... estaban sempre as figuras de Dionisio e Daniel, co que como poderedes comprender, todo esra moito máis doado.
Os ribadenses temos a boa costume, polo menos nos últimos tempos, de recoñeoer a Iaboura desenvolvida polos nosos vecinos que destacaron en diferentes eidos da vida e que foron contríbuindo a engrandecer o nome de Ribadeo.
Así, Daniel puido disfrutar en vida de varios actos que se organizaron para recoñecer a súa calidade humana e literaria, como a adicación da Rúa Daniel Cortezón, o Certame de Teatro Afeizoado que leva o seu nome, o ser Socio de Honra da Coral Pol¡fónica, ...
Este libro, como os que no seu momento se fixeron na honra de Gamallo, Suso Peña, Calvo Sotelo, ... intenta axudar a perpetuar no tempo ó amigo, ó autor literario, en definitiva, ó bo ribadense que foi Daniel Cortezón.
A traverso de máis de 70 colaboracións entre textos, poemas, debuxos, fotografías, cadros, ... o lector pode achegarse á figura de Daniel e facer un percorrido pola súa dimensión humana e intelectual ó tempo que constatar o cariño que lle teñen as xentes que estiveron ó seu carón ó longo da súa vida.
O libro inclúe tamén unha sección cronolóxica, preparada por Mati, que permite de forma esquemática facerlle un seguemento ós acontecementos máis slientables dos 82 anos que viviu Daniel.
Non quixera rematar as miñas verbase sen antes poñer en común unha idea. Sabido é que ten que pasar un tempo, creo que dez anos, para que a un autor se lle dedique o día das Letras Galegas. Non sei onde estarei naquel momento, pero non esquecerei a Daniel para propoñelo cando chegue o tempo.
Reiterando os agradecementos, moitísimas gracias a todos."

20110523

Non sei o que fixeches, pero sei o que contribuíches a facer

Aquí, en Galicia e en España. Desastre do PSOE. Na veciña Asturias, a pesares da irrupción de Cascos na contienda. Di a prensa que victoria do PP; coido que máis ben, derrota do PSOE. Mentras, o movemento 15 de maio polo momento lembra que está vivo, e non se move. A cousa continuará. Co teu voto ou a túa deserción das urnas, este é o panorama a nivel xeral. En Ribadeo, o resume de onte a noite da para un comentario longo. Unha cousa rápida de primeira hora dunha mañá onde está a saír o Sol en Ribadeo non da para moito máis que para o que sería unha charla de café, que haberá que ir ampliando.
En primeiro Lugar, unha resistencia de UPRi a saír do esceario non logra evitar a súa caída, aínda que por ser menor que a do PSOE, ase a ser a terceira forza poítica de Ribadeo. Tanto no pasado mandato como neste, por razóns diferentes, non logrou chegar a unha posición de bisagra, e a nivel xeral, a un partido independente, máis se non ten unha certa estrutura interna, élle difícil acadar unha terceira vez representación, segundo as estatísticas. E xa non se trata tanto do que fixo ou deixo de facer no mandato, senón de estruturarse para logar unha representación.
Cartel no concello
En canto ó PSOE en Ribadeo, se deixamos a parte as primeiras elección democráticas, que sería unha especie de 'proba', o número de votos acadado é o menor da serie histórica. e coincide cunha baixada tmén histórica de estar punto de conseguir o cuarto conceleiro (foi o partido máis mérxudicado polo reparto no pasado mandato en Ribadeo). E, por cousa da lei d'Hondt, obtén a menor representación que tivo en toda a democracia. Só o cabeza de lista. Para reflexionar profundamente a importancia relativa das que parecen chamadas a ser as tres causas principais: a influenza da perda de rumbo socialista a nivel estatal, catro anos dunha actuación deficiente no concello e unha presenza buscavotista en campaña onde o candidato nº 1 pouco tivo que ver co resto da lista e cunha coherencia de ideas, na que está incluído tamén o feito de que fora alcalde polo BNG. O resto da candidatura, inmaculado, pois non saiu a escea.
O PP manténse no nivel da eleccións pasadas, máis ben un pouquiño por riba que por baixo, en contra do que parece indicar o número de votantes, pois tamén votou menos xente en total que nas pasadas eleccións. Coido que Manuel Valín non soubo separarse do PP anterior en Ribadeo nin a nivel nacional, e, o que noutros lugares pode ter sido un acerto, aquí non parece telo sido. A posteriori, coido que hai un factor importante externo ás actuacións e á ideoloxía: a foto de Valín que aparecía nos carteis non lle sumou puntos, e máis ben lle restou.
En canto ó BNG, coido que cando no mítin electoral Fernándo Suárez dixo algo así como '(...) e algún tolo nos da sete concelleiros', creía que en realidade era unha toleada, aínda que fora ilusionante para o equipo. A toleada cumpriuse, acadando con diferenza o mellor resultado do BNG en Ribadeo, e logrando eses concelleiros máis que estaba pedindo a berros dende hai moito tempo para facer cousas. Xa os ten, e agora ten o problema de como utilizalos. O resultado parece responder a un traballo e coherencia previos, supoñendo o mesmo para iste, algo a demostrar.
Atrás quedan a moción de censura que artellou pero non defendeu a oposición hai un ano, ou as acusacións diversas ó equipo de goberno anterior, incluído o pacto PP-BNG e moitas outras cousas. Nace un novo día en Ribadeo, con Sol, mentras que o fenómeno da Porta do Sol aquí non se deixou sentir moito polo momento.

20110314

Un libro sobre Daniel Cortezón

    Comeza a semana. Ó final dela, o 19 ás 19, terá lugar a presentación dun libro homenaxe a Daniel Cortezón. O lugar, o Salón de Plenos da Casa do Concello, como corresponde a un ribadense con ficha na BVG e na AELG, a parte de levar o seu nome a mostra anual de teatro afeizoado que ten lugar en Ribadeo. Na obra participaron 65 amigos e estudosos da obra de Daniel. Xente de Ribadeo como Luz Pozo, Carlos Alvarez Lebredo ou Santiago Sanjurjo. Tamén de amigos de Madrid (Jerónimo López Mozo, Julio Diamante, Delfin Mariño, ...) e de Vigo (Xose Luis Franco Grande, Manuel F. Vietes, Fernando Barros...), así como xente do teatro galego (Gustavo Pernas Cora, Xulio Lago, Roberto Casteleiro, ...), e colaboracións varias máis difíciles de encasillar nos grupos anteriores como Gonzalo Moure ou Francisco Mariño. Por suposto, tamén ten colaboración gráfica, de fotografos como Fernando Represa, Jaime F. Pola ou Fernando F. Paez, de debuxantes como Eduardo Baamonde, ou Juan López Rico, e mesmo un retrato feito por Mª Pilar Alonso Martínez-Crespo (Paly).     Inclúese tamén a participación de amigos desaparecidos: Dionisio Gamallo Fierros e Cándido Sanjurjo teñen artigos na obra, e Suso Peña colabora coas súas fotos. Da maquetación e o deseño do libro, que ve a luz a iniciativa de Manolo F. López, de Gráficas Lar de Viveiro, e Manuel Valín, encargouse Beatriz Mohedano, quen usou para portada unha fotografía de Diego Casado. A obra do amplo abano de colaboradores será presentado por xente das institucións e da cultura de Ribadeo nun acto ó que se prevé numerosa asistencia.

20110402

Outra candidatura: PP


Despois de ter publicado xa a candidatura do BNG, pásanme esta tarde unha das presentadas hoxe, a do PP:
LISTA ELECTORAL DO PP DE RIBADEO PARA AS ELECCIÓNS MUNICIPAIS DO 22 DE MAIO DE 2011
1 Manuel Valín Valdés
2 Manuel Yáñez Dablanca
3 Azucena González Loredo
4 Mª del Campo López-Braña Freije
5 Begoña Sanjurjo Santar
6 Jesús López Penabad
7 Ana María Docobo Fernández
8 Ramón Rodríguez Satar
9 María José Duarte Fanjul
10 Ana María García Díaz
11 Joaquín Sanjulián Díaz
12 Elisa Rodríguez Sanjurjo
13 Baldomero Castro Prieto
Suplente 1 María Dolores Tojo García
Suplente 2 José María Suárez García
Suplente 3 Avelino Fernández Mon
Suplente 4 Mª Concepción Vilabrille Bravo

20180406

Residencia de maiores de Ribadeo: unha encrucillada

Imaxe da sinatura do preacordo/protocolo.

José María Rodríguez, impulsor da construción da nova residencia ribadense

Se un se achega pola páxina web da Deputación Provincial de Lugo, poderá atopar cousas como a seguinte: "Por primeira vez na historia da Deputación, representantes políticos non respectan a representación sindical e tumban un ACORDO UNÁNIME SINDICAL."
É cunha Deputación en certo xeito inesperada coa que terá que lidiar hoxe o acordo xa aprobado polo Pleno municipal o pasado día 23 de xeito unánime.
No seu momento, hai dúas semanas, quedou claro que o si do concello ó convenio marco era un paso na boa dirección, apoiado por toda a corporación, despois de ser asinado un protocolo previo. Agora, ese convenio marco necesita ser ratificado na Deputación para a súa entrada en vigor, a facilitación do deseño dos convenios específicos para as diversas residencias afectadas, e a posta en marcha efectiva deste instrumento de coordinación e financiamento. E ese paso non está nada claro pola traxectoria que levade voltas e reviravoltas a actual Deputación dende as eleccións locais do pasado 2015. Tanto é así que o alcalde de Ribadeo, no seu Facebook, da un aviso contundente onte á noitiña:
Hai poucos días o Concello de Ribadeo, e para honra de toda a Corporación Municipal dos 4 grupos que somos, votamos unanimente a favor do Convenio coa Deputación Provincial para a Xestión da nosa Residencia de Maiores. Un éxitazo de tod@s e un orgullo para todo Ribadeo.
Cal é o seguinte paso?
Pois que mañá celebrarase un Pleno na Deputación para refrendar este mesmo convenio cos seis concellos que o asinamos.
E que pode pasar?
Pois que asistamos ao que a xente do común detesta. A política “de merda”, a política sen contar co pobo, a política noxenta de sempre.
E por que?
Pois ao igual que pasan en algunhas votacións no Parlamento Galego que os deputados dun grupo votan a favor dalgún asunto de competencia do Estado e logo cando ese asunto chega ao Parlamento do Estado, os deputados dese mesmo partido votan o contrario do que os seus compañeiros fixeron.
Pois aquí pode pasar o mesmo. Quizais eu, que ás veces peco de iluso, penso que se todos na Corporación de Ribadeo votan a favor dun convenio inmellorable para @s veciñ@s deste nobre Concello, pois o previsible é que os deputados provinciais deses mesmos grupos políticos voten o mesmo que os seus compañeiros en Ribadeo. Sé isto é así ou non saberemolo mañá. Para iso hoxe convidei expresamente a todos os grupos da Corporación de Ribadeo a ir ao Pleno da Deputación, para presenzar o que os Deputados Provinciais van votar.
Se se perpretra a traizón contra Ribadeo poderei dicir algo que sempre odio que se diga: Xa o dicía eu.
Se ao final todo vai con sentidiño, coa forza da razón, da legalidade e ademais coa debida lealdade aos paisanos e paisanas maiores deste Concello, entón terei que dicir: Son un esaxerado que sempre penso que moitos representantes políticos non merecen estar no cargo que ocupan.
Verémolo. Boa noite e boa sorte.
De xeito independente a que se estea ou non de acordo en todos e cada un dos puntos que o rexedor expón, o temor a que na Deputación, hoxe, despois de ter presentado a mesma Deputación o documento inicial votado o pasado día 23 en Ribadeo e no resto dos concellos afectados, se de unha reviravolta, é unha posibilidade real. De feito, Manuel Martínez, vicepresidente da Deputación e presidente de SUPLUSA -entidade de xestión de residencias da Deputación ata o momento, e cargo de compromiso despois dun difícil comezo do mandato da Deputación-, xa anunciou o seu voto en contra, o que podería levar ó PP a facelo asemade, despois de ter votado a favor en Ribadeo pero absténdose en Trabada. As residencias afectadas polo momento (hai máis, pero están en fase máis retrasada), son, a máis de Ribadeo, A Fonsagrada, Pedrafita, Pol, Ribas do Sil e Trabada.
Esta tarde, a partir das 5, veremos.
--
Actualización despois do pleno:
Despois das 6 da tarde, aprazamento do pleno da Deputación: Martínez dixo que non apoiaba o convenio marco mentres non tivera uns informes. Os concelleiros de Ribadeo (PP exceptuado), Manuel Valín e representantes da plataforma pro residencia asistiron ó pleno.
--
Nova actualización:
Entérome de que será aprobado en Xunta de Goberno, onde o si ten asegurada a maioría.

20110524

Flecos electorais e lista de concelleiros electos

Despois dunhas eleccións, sempre queda o facer xogo cos números resultantes. Segundo as táboas xa postas, a maioría absoluta do BNG vese respaldada por 93 votos extra: con 2596 votos perdería o 7º concelleiro en favor de UPRi. Dun xeito alternativo, tamén o perdería se estoutra formación obtivera só 28 votos máis, 769. A lembrar de calquera xeito que os números son provisionais polo momento.
Así pois, por ista volta, o BNG é o máis beneficiado polo sistema d'Hondt, mentras a UPRi é a máis perxudicada. O PP queda case a pre co sistema e o PSOE tamén se ve perxudicado nun 4,5%. A este respecto, cabe lembrar as cifras e votos sobre o total de electores, 31,4%, 20,98%, 8,66% e 8,58%,e remarcar que a pesares de non lograr nin a terceira parte dos votos posibles, só o BNG sobrepasa a porcentaxe de xente que se abstivo, algo meritorio porque non é moi corrente.
Despois dos comentarios xerais de onte, coméntase nos xornais que a diminución de votos, e o aumento de porcentaxe de votantes débese a que a diáspora viu negado este ano o ter dereito a voto. Así, se non se vive aquí, non se vota aquí. Particularmente coido que o perxuízo en xeral foi para os partidos con máis recursos e máis grandes, os dous líderes a nivel estatal, se ben nas municipais quizáis teña menos impacto que poidera ter nas xerais.
A lista de concelleiros electos quedaría, por orde de obtención de cadeira:
1.Fernando Suárez Barcia (BNG)
2.Manuel Valín Valdés (PP)
3.Mari Luz Alvarez Lastra (BNG)
4.Manuel Yáñez Dablanca (PP)
5.Vicente Castro Reigosa (BNG)
6.Francisco Rivas Álvarez (UPRi)
7.Eduardo Gutiérrez Fernández (PSOE)
8.Ana María Martínez Fernández (BNG)
9.Azucena González Loredo (PP)
10.Horacio Cupeiro Rodríguez (BNG)
11.Mª del Campo López-Braña Freije (PP)
12.María Teresa González Piñeiroa (BNG)
13.Xavier Campos López (BNG)
Respecto ó anterior, hai que ter en conta que Eduardo Gutiérrez puxo a súa acta a disposición do PSOE, polo que é posible que ocupe o seu sitio outra persoa da lista.

20181124

Xornada de portas abertas na residencia de Ribadeo 20181124

    Hoxe tivo lugar a primeira das xornadas de portas abertas para que a xente poda visitar a nova residencia de maiores de Ribadeo. Foi un acto emotivo  do que deixo diversas fotos e, ó final, un vídeo do acto principal, coas intervencións da Concelleira de servicios sociais, Sonia Meilán, o representante da Plataforma e da Comisión pro Residencia, José Antonio Ares, o Presidente da Deputación, Darío Campos, e o alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, coa presenza constante do esprito de José María Rodríguez. Ó final do mesmo descubriuse unha foto da manifestación do 22 de abril de 2014 e comezou a visita ás instalacións.
Completan a entrada as dúas novas do concello relativas ó acto.
Detalle da sala de estar, con acuario e decoración con montaxes de fotos de Ribadeo (como a xeralidade de estancias)

Momento da sinatura da petición do PIA

Rematando de descubrir a foto da manifestación na entrada. dos portadores da pancarta, faltaba Tino Reymóndez e José María Rodríguez (está presente na foto a súa dona). A exconcelleira de Servicios Sociais estaba no acto pero non aparece na foto, o mesmo que Lalo Gutiérrez. Si están presente na foto José Antonio Ares, Manuel Valín e o alcalde. Ós pés da xente, a alfombra de entrada: "O noso soño, o teu fogar"

Vista parcial dende o solario do segundo andar.

Vista parcial dende unha habitación ó surleste.

Vista parcial dende un cuarto ó noroeste.



    Transcrición das verbas de José Antonio Ares Taboada:
    "Hai xa case oito anos, a finais de 2010, que unha tarde Juan do Espín máis eu fomos cabo de José María Rodríguez na procura de apoio para unha necesidade que sentíamos no pobo e que se manifestaba mesmo nas nosas familias: un coidado mellor e máis próximo para os nosos maiores.
    José María recolleu o guante e de aí a cousa botou a rodar. O Tesón convocou ás asociacións, e o apoio das asociacións de veciños á Plataforma pro Residencia de Maiores de Ribadeo foi unánime, tanto no social como no económico.
    Comezaba un longo camiño, pois aínda ano e medio máis tarde, o 22 de abril de 2012, vimos a necesidade de convocar unha manifestación para empurrar o proxecto. Unha manifestación que tivo unha resposta multitudinaria e inclinou as resistencias que puidera haber, coa xente facendo súas unhas consignas que sentían, como ‘por ti e polos teus, residencia en Ribadeo’.

    Dese día en diante foi claro que o que se estaba a pedir tiña milleiros de persoas detrás: a xente de Ribadeo.
    Adoptouse entón o acordo do pleno do concello, que levou o sentir e querer do pobo ás institucións que nos cadran un pouco máis lonxe creando a comisión municipal, na que tamén participamos José María e máis eu. Así, a Deputación de Lugo embarcouse tamén neste proxecto conxunto ata levalo a bo porto xunto co concello de Ribadeo, e ambos sendo conscientes de que tiñan detrás, e seguen a ter, o apoio dun pobo.
    Foi esa a continuación do longo camiño no que a forza da sociedade estivo sempre detrás dos nosos representantes na administración para ir cumprindo etapas. Dende a Plataforma cremos que debemos dar as grazas a todos os participantes, pero os de Ribadeo, ó fin, son, somos, como unha gran familia, somos nós mesmos; por iso as grazas deben ser máis patentes para quen recolleu o guante fóra de Ribadeo, contribuíndo a que as nosas institucións a nivel provincial se comprometeran.

Moi atrás quedou xa unha data: o 24 de xuño de 2014, día da colocación da primeira pedra da Residencia. Atrás quedaron tamén diversos problemas e complicacións.
    Hoxe, 24 de outubro de 2018, catro anos despois, estamos aquí coa residencia a punto. Si, faltan papeis, sinaturas para o funcionamento, cuestións administrativas... aínda se tardará tempo en ver ós nosos maiores desfrutando nestas instalacións. Mais dende a Plataforma esperamos a chegada dun bo futuro.
Iso si, un futuro no que todos seguiremos a ser necesarios. A tarefa non remata hoxe coa xornada de portas abertas, nin cando a inauguración permita ver a xente dentro. Sinxelamente, non remata: o compromiso cos nosos maiores e cousa de todos, todo o tempo.

    Moitas grazas."

Notas do concello:
Novas
TERÁ UNHA DURACIÓN DUNS 50 MINUTOS APROXIMADAMENTE
Acto na residencia de maiores
23/11/2018
O alcalde, Fernando Suárez, convida á veciñanza a participar mañá, sábado, na xornada de portas abertas que se celebrará no centro de atención a persoas maiores. Ás 12 da mañá haberá un acto institucional que contará coa participación do presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos, da concelleira de Servizos Sociosanitarios, Sonia Meilán, de José Antonio Ares, en representación da Comisión de Asociacións Veciñais Pro-Residencia de Maiores, e do alcalde, Fernando Suárez, que lembrou hoxe que a forza dun pobo serviu para algo, para conseguir que este centro sexa unha realidade.
O rexedor comentou que "a partir de mañá é cando podemos con todo orgullo mostrarlle a todo o mundo, a toda á cidadanía, o resultado deste traballo ímprobo que partiu, xa hai varios anos, no 2012 cunha manifestación da que Ribadeo se puido sentir orgulloso onde, da vila e do campo, xentes de todo tipo saíron a rúa xunto cos representantes políticos, con nós, para pedir que Ribadeo debía ter unha nova residencia, porque 10.000 habitantes necesitaban máis prazas públicas das que había en Ribadeo".
Suárez Barcia lembrou que "no 2014 iniciamos a construción desta residencia e agora, catro anos despois, se concluíu, se equipou e estamos no paso previo ao inicio do seu funcionamento, dado que nestes días estamos asinando os convenios de colaboración entre o Concello e esta gran administración, moi amiga de Ribadeo e dos veciños e das veciñas de Ribadeo, que é a Deputación de Lugo nestes últimos anos polo moito que nos ten axudado, e singularmente neste ámbito. Por iso tamén conosco mañá estará o presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos, para ensinarlle a todos os que queiran ir alí durante este acto desta fin de semana, e durante as seguintes dúas fins de semana, para que poidan ver todo o que fomos traballando".
O alcalde ribadense subliñou que "a forza de todo un pobo serviu para algo, porque isto vai para eles, para nós cando sexamos maiores e para os que xa hoxe en día son maiores que queren pasar os últimos días nas súas casas como é lóxico, pero os que non poidan por diferentes motivos, que saiban que teñen unha casa marabillosa aquí en Ribadeo para pasar con ledicia, alegría e ilusión os últimos días das súas vidas, que esperemos que sexan moitos".
Fernando Suárez convida "a todo o mundo a que vaia mañá ao acto, será ás doce do mediodía, e a partir de aí quedarán as portas abertas, en horario de mañá e tarde, para que todo o mundo que queira poida visitalo cos seus amigos, familiares, etc…".
O rexedor engadiu que "tamén nestes días pediremos o PIA, o permiso de inicio de actividade, á Xunta de Galicia e o que pido, como sempre, xa que non quixeron poñer un céntimo en toda esta obra marabillosa, cando menos que non poñan paus nas rodas e que nos deixen traballar ao Concello e á Deputación como estamos facendo, mao a mao para que redunde en beneficio dos nosos paisanos e das nosas paisanas".
O acto de mañá dará comezo ás 12:00 horas con música. Despois pronunciarán discursos Sonia Meilán, José Antonio Ares, Darío Campos e Fernando Suárez. Seguirá outra peza musical e o descubrimento dunha placa conmemorativa e máis da fotografía da manifestación cidadá do ano 2012. E despois será a visita por parte do público asistente ás instalacións.
Por outra banda, hoxe foron publicadas no as bases polas que se rexerá a confección de listas para a contratación do persoal técnico na nova residencia de persoas maiores de Ribadeo:
-Fisioterapeuta
-Terapeuta Ocupacional
-ATS-DUE
-Psicólogo/a
O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días naturais contados dende o día seguinte á publicación no Boletín Oficial da Provincia de Lugo.


Novas
SEGUEN AS XORNADAS DE PORTAS ABERTAS Á RESIDENCIA
Acto emotivo en Ribadeo
24/11/2018
Fernando Suárez e Darío Campos asinaron este mediodía en Ribadeo o convenio específico de xestión do centro de atención a persoas maiores e tamén a petición de autorización para o inicio de actividade. O presidente da Deputación de Lugo agarda que en tres ou catro meses a residencia estea en funcionamento. O alcalde ribadense subliñou que "por proxectos coma este, é polos que merece a pena estar en política".
A Escola Municipal de Música e Danza foi a encargada de interpretar as pezas musicais que alí se puideron escoitar. No tempo de discursos interviñeron a concelleira de Servizos Sociosanitarios, Sonia Meilán; José Antonio Ares, en representación da Comisión de Asociacións Veciñais Pro-Residencia de Maiores de Ribadeo; o presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos; e o alcalde ribadense, Fernando Suárez.
Sonia Meilán dixo que "a nivel persoal non é o doado explicar a miña satisfacción. Os maiores son a miña paixón, a miña profesión está directamente relacionada coa xeriatría, son xerocultora desde hai dez anos e sempre digo que son unha privilexiada porque traballo no que verdadeiramente me apaixona e me gusta, co cal creo que sería moi difícil explicar con palabras o que sinto hoxe".
A edil ribadense sinalou que "como concelleira de Servizos Sociais debemos loitar e apostar por unha atención de calidade para os nosos maiores e penso que coa construción desta residencia cumprimos o obxectivo, pero debemos seguir día a día sen deixalo de lado para que unha vez por circunstancias os nosos maiores xa non poidan seguir vivindo nas súas casas continúen disfrutando do seu entorno, do que foi a súa vida diaria, dos seus familiares e das amizades e do paseo por onde disfrutan a diario".
José Antonio Ares na súa intervención manifestou que "estamos aquí coa residencia a punto. Faltan papeis, sinaturas para o funcionamento, cuestións administrativas e aínda se tardará tempo en ver aos nosos maiores disfrutando destas instalacións, mais dende a Plataforma esperamos a chegada dun bo futuro, no que todos seguiremos a ser necesarios. A tarefa non remata hoxe coa xornada de portas abertas nin cando a inauguración permita ver á xente dentro, porque o compromiso cos nosos maiores é cousa de todos todo o temp".
Pola súa banda, o presidente da Deputación, Darío Campos, explicou que "acabamos de firmar hoxe un convenio no que vamos colaborar Deputación e Concello, asinamos tamén a petición do PIA á Xunta de Galicia, que eu espero que non poña máis atrancos".
E reiterou en varias ocasións que "hoxe é un día da alegría e espero que marque un antes e un despois e que en tres ou catro meses poidamos ter aquí aos nosos maiores usando esta residencia, porque eu son inimigo dos edificios baleiros e paréceme que estas cousas hai que poñelas a andar o antes posible porque son necesarias".
O alcalde, Fernando Suárez, pronunciou un discurso "desde o corazón" no que destacou "a incansable e comprometida actitude do portavoz destas Asociacións veciñais. Quero expresar publicamente e recoñecer que, a pesares de non telo coñecido demasiado anteriormente, conseguiu inspirarme a min en particular, para que non esmorecera a ilusión de converter este soño realidade. Hoxe non pode estar aquí porque nos deixou non hai moito e non lle deu tempo a ver a realidade que hoxe poden ver vostedes. Estou seguro que hoxe José María Rodríguez Díaz habería estar ben orgulloso".
O rexedor aludiu "á multitude de xuntanzas que houbo para sacar isto adiante isto en todas as súas fases. Das horas dedicadas a este proxecto que agora podemos ensinar con orgullo e con fachenda. Sempre coa ansia de cumprir co compromiso adquirido: Aquí non atoparán desvíos de obra, aquí non atoparán certificacións de partidas de obra que non están. Aquí non atoparán nada da mala praxe política que por aí adiante foron desprestixiando o nobre o oficio da arte da política (que non é outro que o de tentar facer cos recursos dispoñíbeis o mellor benestar posible para os nosos homes e mulleres). Pola contra, aquí si que atoparán o mellor do traballo en conxunto técnico e político. Dos técnicos municipais e dos representantes dos veciños: do goberno e da Corporación en xeral. Así como tamén atoparán outra cousa, que desgraciadamente non é moi frecuente: a colaboración leal, sincera e total con outra administración que sempre estivo ao pé de nós desde o primeiro momento: A Deputación de Lugo. E sublio esta estreita colaboración tanto cos seus técnicos como cos seus representantes do goberno provincial".
Fernando Suárez Barcia tivo palabras de recoñecemento para quen fora vicepresidente da Deputación de Lugo, Antonio Veiga, e para o presidente da institución provincial, Darío Campos: "Quero dicir isto porque detrás das institucións están os proxectos políticos (distintas formacións políticas) e detrás destes, están as persoas, como non. Quero recoñecer o compromiso do que foi Vicepresidente dela no mandato anterior (2011-2015), Antón Veiga Outeiro. Con el iniciamos as conversas, os acordos económicos para a súa construción (cando outras administracións, como a Xunta de Galicia, daba mil voltas para non acabar dando nada). Aquel mandato acabou e logo veu outro, e nós seguimos atopando comprensión e apoio no actual presidente da Deputación, Darío Campos Conde, porque neste actual mandato, a Xunta de Galicia, e a pesar de ter as competencias en Servizos Sociais deste rango, seguiu con voltas e reviravoltas sen acabar aportando nada. Con Darío continuamos as conversas, os encontros, as xuntanzas para continuar cos apoios económicos para o equipamento e o mobiliario e, mais tarde, para artellar un dos mellores proxectos a nivel do Estado que as Administracións Públicas podan levar a cabo: a colaboración e a cooperación para o ben común".
E seguiu a relatar: "por isto, entre os técnicos e os políticos dun e doutro goberno estivemos meses tecendo e deseñando,dentro das posibilidades que nos dan as leis actuais, os acordos, os convenios, as ordenanzas, os regulamentos, etc. Todo este traballo xurídico foi apoiado e aprobado unanimemente pola actual Corporación Municipal de Ribadeo e así poder ofrecer aos nosos paisanos e paisanas que o desexen a estancia nesta casa grande co mellor dos servizos posibles ao menor custo posible. Confiamos pois que cando bote a andar, estea chea de xente feliz e orgullosa de pasar aquí os últimos (e que sexan moitos) anos da súas longas vidas".
Nos recoñecementos de Fernando Suárez tamén estiveron presentes os membros da anterior e actual Corporación Municipal e tamén os traballadores públicos do Concello de Ribadeo: "e por isto, quero salientar o compromiso total da anterior e da actual Corporación Municipal. Seguramente con momentos de debilidade, quizais porque vivimos nun momento pouco dado ás unanimidades. Eduardo Gutiérrez, Manuel Valín, Tino Reimóndez como voceiros da anterior, así como a Roberto Ramos, Aurora González, Marta Saiz e Jesús López, como voceiros desta e extensivos aos vosos compañeiros e como non, a todos e cada un dos meus compañeiros/as deste mandato. Quero valorar tamén as achegas da anterior concelleira de Benestar, Teresa González, e como non, a todos e cada un dos compañeiros deste mandato, por participar das tensións, xuntanzas, acordos, desacordos que vós ben sabedes. Como tamén quero expresar admiración e gratitude aos/as traballadores públicos deste Concello por aturarme sistematicamente para que deran o mellor de si neste proxecto: A María Mon, a José Rodil, a José Antonio Carro, a Luís Vázquez, a Joselo Gegunde e a Francisco Moreda. E quero valorar igualmente a outros tantos que nin remotamente coñecía, pero aos que desde entón valoro profundamente. Son técnicos da Deputación, e cónstame que estiveron e están a dar igualmente o mellor de si: a Manuel Angel Jove, a Silvia García, a Manuel Cutrín, e outros moitos que estiveron por detrás e que non sei os seus nomes por non ter ese contacto directo, mais sei que tamén sempre estiveron aí".
Fernando Suárez subliñou que "iniciamos no 2014 a construción da residencia cos proxectos técnicos elaborados por nós, mais coa autorización administrativa da Xunta. Agora, en novembro de 2018 estamos ao final desta ilusionante pero longa e tortuosa travesía. Mais aínda non chegamos. Acabamos de asinar (hai uns minutos) o convenio específico de xestión polo que nos comprometemos con dereitos e con obrigas Concello e Deputación. E polo tanto temos toda a documentación lista para enviar á Xunta. Así o acabamos de rubricar o presidente da Deputación e mais eu, coa sinatura conxunta do documento de petición da Autorización de Inicio de Actividade (AIA). Toda a documentación sairá a semana que vén para Santiago. Agardemos pois, que de non poñer un peso en todo este proxecto, cando menos, a Xunta non poña trabas que impidan que se encha de usuarios e usuarias canto antes".
Un dos momentos máis emotivos do discurso de Fernando Suárez foi cando lles explicou aos seus fillos que por proxectos coma este, é polo que paga a pena estar en política: "hai un pedaciño quixen estar aquí cos meus fillos, eles son noviños, e moitas veces inocentes de como funciona o mundo. Ensineilles o froito de tanto traballo. E díxenlles: por proxectos coma este, é polo que paga a pena estar en política. Sei que os políticos temos mala fama, supoño que moitas veces merecida. Pero quero con este exemplo dignificar o traballo que se fai dando o mellor de nós, e deixando os mellores anos da nosa vida loitando por cousas xustas. Como xusto é lograr que Ribadeo teña o que se vén negando desde hai decenios. E cumprir o que nos comprometemos diante dos membros das AAVV e especialmente de José María Rodríguez: unha nova residencia en Ribadeo, preferentemente para os/as de Ribadeo e a prezos asumíbeis para as pensións dos de aquí".
E rematou: "meus amigos, quen lles fala é unha persoa sincera que fala desde o corazón, os que nos coñecedes sabedes que temos un vontade negociadora e dialogante indubidable, pero que ao mesmo tempo unha capacidade de loita e resistencia infinita por conseguir as cousas que se nos negan por capricho. En palabras do bardo Ramón Cabanillas, naquel poema tinguido de épica que En Pé, e que me inspirou sempre para guiarme:
Irmáns, en pé, sereos
a limpa frente erguida
envoltos na brancura da luz
que cae de riba
O corazón aberto a toda verba amiga
e nunha man a fouce e noutra man, a oliva
Seguimos traballando no noso soño para facelo unha realidade en funcionamento dentro de ben pouco. Sede pois benvidos, como indican as verbas que podedes ler no chan cando entrades: O noso soño, o teu fogar".
Darío Campos e Fernando Suárez descubriron unha placa conmemorativa situada debaixo dunha foto da manifestación coa que centos de veciños e veciñas reclamaron unha nova residencia de maiores para Ribadeo na que se pode ler:
"22 de abril de 2012. A loita de todo un pobo, vila e campo, representantes municipais e cidadanía encheron as rúas de Ribadeo para demandar unha nova residencia para as persoas maiores.
24 de novembro de 2018. Xornada de portas abertos ao Centro de Atención a Persoas Maiores.
O POBO É QUEN MAIS ORDENA".
Ducias de veciñas e veciños asistiron a este acto e coñeceron as instalacións da nova residencia de maiores, que poderá ser visitada mañá, domingo, e tamén os días 1, 2, 8 e 9 de decembro en horario de mañá e tarde.

20100923

Colgouse o cartel de non hai localidades

Onte déronse un par de curiosidades en Ribadeo. A primeira, que se pode titular, parafraseando a biblia, "o ordenador perdido e recuperado en Ribadeo", foi exactamente iso: un ordenador que se perdeu e se devolveu porque foi anunciado que se perdera. O beneficiado da volta, un viaxante que prenoctou en Ribadeo, e todo o pobo coa noticia. Por certo, que na prensa non sae quen o devolveu.
A segunda ten outro matiz: un can que solto nunha rúa principal e peonil, Pedro Murias, propiedade de xente que se gana a vida 'pasando o gorro' con actuacións de rúa, morde a unha muller que ía depositar moedas pola actuación. A nova non di se ó final, as moedas caeron ó sitio onde ían ou non, pero deixa claro que a muller rematou na Casa de Saúde e que a Policía Local tivo que enfrontarse á parella propietaria.
De calquera xeito, e aínda que non fora exactamente nova de onte, foi o día no que se fixo vox populi que ó 'último' dos candidatos á alcaldía, o do PP, só faltaría nomealo. Así, xa estaría completo o plantel de posiblidadades para o futuro do pazo de Ibáñez. O virtualmente elixido sería Manuel Valín, que xa foi primeiro tenente de alcalde en dous mandatos por esa formación, aínda que nos presentes catro anos non esteña na corporación municipal. De calquera xeito, e despois de un ano enteiro coleando a elección, por esperar uns días á confirmación non pasa nada.
Ben, en realidade quedaría outra posible lista, a parte de BNG, PP, PSOE e UPRi. É unha que está sendo promocionada por Ángel 'Araña' como alternativa graciosa e protesta fronte á política actual no concello, pero que non se sabe aínda se se materializará, segundo di o promotor, polas dificultades para cubrir os postos da lista.