Cargo dende Google maps unha imaxe do centro de Ribadeo e engádolle tres puntos, negros en función da súa situación actual.
O de máis embaixo, no comezo da r/Deputación (por certo, pódese ver que Google maps segue tendo algún problema en Ribadeo, aínda que menor importancia que o de 'ría de Ribambo') deu lugar onte a unha nova por segunda vez, pois o concello vai obrigar a tiralo. Está só cos muros exteriores, cunha valla das provisionais de tráfico como único aviso e protección. O tellado agora é un perigo porque os restos empuxan os muros cara fóra (por sorte, os muros parecen en bo estado).
O segundo punto está sobre un edificio da r/Ramón González, que se diría construído nos anos 50 do século pasado. A modo de foto, corto e pego parte dun comentario que deixaron lo blogue hai un par de días: "En el edificio situado entre el bar Nevada y la tienda Día (Clarel) en
la calle Ramón González , cayó un cristal grande de un lucernario que
tiene otros 2 que no cayeron (aún). En realidad la rotura tuvo lugar en
el último temporal de viento que sufrimos aquí el invierno pasado. No se
repuso el que falta y el edificio parece que no está ocupado más que
por generaciones de palomas.
Creo que, para evitar desgracias,
deberían asegurar ese lucernario así como cristales rotos y otros
elementos..... ¿Hay que esperar a que ocurra una desgracia?". Sei que teño algunha foto, pensada para facerlle unha entrada, pero non oa localizo. De claquera xeito, se se fai unha pequena rota turística cos tres puntos, é doado ver os efectos dos que se fala no edificio co número 15 de Ramón González.
A terceira marca corresponde ó Parque de San Francisco, e cólloa esta mesma mañá dunha entrada que deu orixe a un 'intercambio' en Facebook: "Parecevos normal que no parque de San Francisco en plena mañá se vexan
tiradas jeringuillas de drogatas (...) Encontraronse en 3
sitios,no parque de San Francisco, na explanada do Auditorio e no
Aparcadoiro Municipal." Naturalmente, non podo entrar sen procurar a resposta da outra parte no que suprimín polos puntos suspensivos: o que sería, segundo o comentarista, unha resposta non adecuada do alcalde. Iso deu lugar a unha serie de comentarios nos que tamén se involucra á Policía Local e Guardia Civil. Pero o caso é que as xeringas estaba alí, e alí estiveron, ó que parece, un bo rato. E non deberan estalo desde o comezo: non deberan ser abandoadas alí. [+ aínda que despois, o máis sinxelo é sinxelamente recollela, con ou sen denuncia]
Voltando ó comezo, en relación ó primeiro punto, parece que se van tomar medidas. E respecto ós outros dous?
20141128
Tres puntos negros
Etiquetas:
arquitectura,
Medio,
sociedade
20141127
O caso de Ribadeo, dende Pontevedra
Mantiven onte que Ribadeo necesita un chequeo. Non é algo extraordinario nin en razóns dun mal estado, senón unha actuación de funcionamento normal precisamente para evitar ter que tomar nun momento dado medidas extraordinarias en razón dun mal estado.
Nomeaba tamén o premio recibido por Pontevedra, o 'Premio Internacional de Dubái',entregado polo concello de Dubai en colaboración con ONU-Habitat. Os premiados, entre eles, Pontevedra por 'Un modelo de cidade centrada no pobo', poden consultarse aquí.
Coido que os premios hai que tomalo cunha certa distancia e visión de conxunto, incluíndo cousas como quen os da, factores que inflúen na concesión, etc, e non comulgar con rodas de muíño facendo da concesión unha inmediata referencia/reverencia. No caso de Pontevedra, por exemplo, coido que habería que ter en conta o número de premiados e a diferente entidade dos premiados na mesma categoría.
Unha volta lembrados os atenuantes, pode servir dalgún xeito de referencia para Ribadeo?
Pico entre algunha cousa das que fai referencia Pontevedra Viva:
Peonalización do centro histórico. Tamén está Ribadeo niso... quizais o baches que se observan en zonas como o cine-teatro ou San Francisco foran evitables ó 'humanizar' (a verba chusca empregada aquí) as rúas.
Saneamento integral do ecosistema ría/río. A comparación entre saúde de ambas as dúas rías é difícil por varias razóns, incluídas impacto e tamaño, a máis de control de ambas marxes. Agora ben, iso significa que a ría de Ribadeo debe estar manga por ombreiro?
Creación de diferentes sendas ciclistas e peonís. En canto ás peonís, considerando o tamaño poboacional, e sen coñecer moito Pontevedra, coido que gana Ribadeo, aínda que todo sexa mellorable. Outra cousa son as sendas ciclistas, inexistentes en Ribadeo a pesares de contar dende hai anos cun servizo de aluguer de bicis para turistas. De novo, o mantemento / desenvolvemento / atención prestada ó servizo tamén sería moi mellorable.
Aplicación de limitación de velocidade a 30 km/h. Contrasta coa política de pasos elevados seguida en Ribadeo, que non é tanto de limitación como de perxuízo de uso de vías públicas. Por suposto non en todas as zonas é igual, co punto álxido nos arredores do ascensor no paseo marítimo Alfonso Rodríguez Castelao, cunha situación que por sorte non se repite en todos os lugares.
A recepción do premio internodes. Ben, poderíase tentar equiparar ó premio recibido pola actuación que inclúe o ascensor supostamente panorámico... e entendo que fracasaríase.
A nova non o cita, pero ambas vilas teñen alcalde do BNG. Niso son abondo comparables.
Trataríase realizar un traballo para recuperar os espazos públicos para a cidadanía, fomentar a autonomía persoal, eliminar os riscos derivados do tráfico, reducir a contaminación aérea, acústica e da auga, recuperar áreas urbanas degradadas, fomentar a mobilidade non contaminante e saudable, mellorar a conexión entre a vila, ría e ríos. Non se trata de copiar (apuntei que nalgún caso, Ribadeo estaría mesmo por enriba), denigrar ou ensalzar, senón de ver, e aproveitar para ter criterios para ese chequeo que reclamaba onte.

20141126
Chequeando Ribadeo
O de chequear soa a médicos, e pode ir diso, máis pode tomarse nun senso amplo, para ver como vai algo. Pensando en que ás veces é conveniente recoñecernos antes de propor estratexias e aplicalas para avanzar. Digo ás veces non porque non sexa conveniente sempre, senón porque moitas non se fai e preténdese que o resultado está ben ó final sen un convenio anterior sobre o que é 'está ben', sobre se interesa, como medilo, por que se quere, etc.
A nivel individual é normal que tales análises non se fagan, ao menos de xeito consciente e detallado. A nivel municipal, debera ser normal que se fixeran, e así, entendo que 'o Ribadeo que queremos', do que se leva pedido unha definición moitas veces dende este blog, segue polo momento sen definirse e polo tanto, sen aplicarse, aínda que haxa por algures resultados que se toman como bos, sen especificar tampouco 'a métrica' usada para definilos como tales. E iso facilita que haxa veces que máis ou menos, todos estamos de acordo, e outras, non.
Quizais fóra máis sinxelo comezar a aplicar nocións como transparencia nas decisións e nas actuacións nalgún aspecto concreto para facilitar o poñernos de acordo tanto no 'que' como no 'como' se fai. E aí vou, despois de ter descuberto o 'informe sobre transparencia' a nivel local, do que resulta un informe para poboacións maiores de 50 000 habitantes. E de mirar un pouquiño a enquisa de aplicación do estudo sobre transparencia municipal. Trátase de algo a aplicar á páxina web do concello, no noso caso, na actualidade, accesible en http://ribadeo.gal/ . É certo que para ter un resultado final hai que facer algunha operación matemática, pero para unha primeira impresión e visión xeral chega con botarlle unha ollada ós catro apartados da enquisa e pasar a procurar algunha cousa na páxina do concello. En descargo de Ribadeo, hai que ter en conta que a enquisa fíxose para concellos de máis de 50 000 habitantes, algo que Ribadeo está lonxe de acadar, e quizais por iso lle custe máis ó non ter a potencia económica e recursos humanos para desenvolver e ter ó día unha web equiparable á dunha cidade, pero, na súa contra, habería que pensar asemade en que ó ser máis pequeno algúns procesos tamén deberan ser máis doados de transparentar.
Aquí o deixo por hoxe, con ganas de comentar (a ver se mañá) o premio que lle deron a Pontevedra e relacionalo con cousas que se están a facer en Ribadeo: non quero quitar tempo a que mires un pouquiño a enquisa e logo pases os ollos pola páxina do concello de Ribadeo.

o Ribadeo que queremos,
política,
sociedade
20141125
Tres anos, tres chuvias
Agora mesmo, 7 e media da mañá do 25 de novembro, está a chover a cántaros en Ribadeo. Onte choveu, antonte choveu moito... Episodios de choiva dánse con certa frecuencia en calquera parte de Galicia. Mais a memoria é curta, e a percepción deste tipo de fenómenos leva a engano. Collín os tres episodios de chuvia máis chamativos do que vai de século nos datos da Granxa Pedro Murias para comparalos. Dun xeito uniforme, dous días con gráficas igualmente dimensionadas.
En 2006, o 2 de outubro, houbo unha verdadeira tromba de auga, recolléndose 136 L/m2 nun só día, con picos de máis de 8 L/m2 en dez minutos preto do anoitecer. Pode que haxa moita xente que xa non o lembre, e ademáis, a falta dalgunha infraestrutura daquela sen rematar fixo que os episodios provocados polas inundacións foran máis 'normales' nunha terra que aínda tiña que impregnarse de auga despois de estar seca antes (ver o gráfico)
No 2010 houbo unha riada histórica. É posible que os algo máis de 140 L/m2 caídos en dous días na Pedro Murias non correspondan co que caeu no val do río grande, pois variacións desas pasan. A riada levou por diante, por exemplo, a vella ponte de Arante. A máis dunha vida na Veiga e desastres en particular por todo o val do río Grande.
Este ano o montante total de auga caída nos dous días (agora xa vai caída máis, claro) é inferior ó dos dous casos anteriores, e aínda que a inclinación da curva vermella, a que indica a acumulación de auga caída pode equipararse nalgúns momentos á de 2010, a curva azul, a cantidade de auga caída de dez en dez minutos, vemos que é abondo inferior no seu máximo. Aquí xa, é a construción de infraestrutruras dun determinado xeito a que fixo posible inundacións nalgúns puntos das que si, agora mesmo temos recentes na retina.
Segundo os datos da Pedro Murias, os tres episodios están ordeados non só por datas, senón por importancia dos seus picos. Agora, quen teña memoria, que compare.

Meteoroloxía
20141123
Concerto Santa Cilla 2014 da BMMR
Concerto de Santa Cilla 2014, da Banda de Música Municipal de Ribadeo baixo a dirección de David Ballester Martínez, o 22 de novembro de 2014 no Cine-Teatro
1.Verbas de Farruco Graña ó comezar.
2.Luis Armstrong revival selection (Arranxos: Willy Hautvast)
3.Air poetique (Ted Huggens. Trompa solista: José Luis Pulpeiro Grueso)
4.Mar i Bel (Ferrer Ferran) 5.Verbas Farruco + premios debuxo amadores
6.Adiós Nonino (Astor Piazzolla) 7.Treble concerto (Ted Huggens. Frauta solista: Alba González Pérez)
8.Maido (J. R. P. Vilaplana)
9.bis: Luis Armstrong revival selection
O próximo concerto, Aquí como en Viena, 28 de decembro no teatro.
Etiquetas:
Farruco Graña,
Música
Acepto apostas
Falando do tempo, acepto apostas. Hoxe leva caída moita auga, pero que en menos de 24 horas (son agora as 12 da mañá, hora legal) leven caido máis de 60 L/m2 é moito para un día, pero non aporta moito a un ano que polo momento, en canto a choiva, é medio. Fariña doutro costal é a temperatura. Falta 1/10 de ano por pasar, e acepto apostas a que o presente será para Ribadeo o ano de maior temperatura media no que vaia de século ó seu remate. Xa puxen outros días atrás gráficas que indicaban que este é un ano quente. Agora non poñerei máis ata fin de ano: se alguén quere apostar....
As gráficas a continuación amosan que a diferencia de temperatura media no que vai de ano pasa en máis de 0,25ºC ó do ano seguinte na clasificación (gráfica e táboa correspondente ó día 326, onte), e noutra entrada anterior xa quedou claro que este ano tamén está no alto da clasificación nos días con temperaturas por riba dos 25ºC. Ou sexa, este ano a temperie está fóra de control, ou mellor, en liña co cambio climático.

20141122
Ciclo de documentais da AVV O Tesón coa temática de Concienciación social/2
Nota
de prensa
20141122
Ciclo de documentais da AVV O Tesón coa temática
de Concienciación social/2
O pasado venres tivo lugar a primeira proxección do
ciclo de documentais, 'Dinero es deuda', na Casa do mar de Ribadeo.
Desenvolveuse despois un intenso coloquio entre os asistentes sobre a
concepción dos cartos e o impacto das finanzas no devir e o estado
da sociedade.
Seguindo co ciclo, o próximo venres 28 de novembro terá
lugar a proxección de “Los amos del mundo”, documental que versa
sobre o control do poder de decisión e a usurpación do mesmo á
xente. Como nas outras proxeccións que se farán, o documental será
presentado, visualizado e logo, discutido. O acto, de asistencia
gratuíta, comezará ás 20:00 no salón de actos doa Casa do Mar.
Ós asistentes pasaráselles un pequeno esquema que
servirá de base á presentación e de inicio para a posterior
discusión.
En semanas seguintes, disporanse diversas temáticas
relacionadas, cos documentais:
12 decembro
Homo tóxicus, ligado á consideración de toxicidade do
noso medio máis inmediato
19 decembro
Documental sobre a mina de Corcoesto, poñendo a mira na
actual á que se enfrontan os veciños lagos de Salave e o seu
entorno.
Para facilitar asistencia e participación, ningún dos
documentais previstos chega á hora de duración.
Etiquetas:
O Tesón
20141121
O que nos vai sacar da crise
Días atrás, o xefe-dono de Abanca, Escotet, dicía que xa estabamos a saír da crise, e que o sistema financieiro estaba sendo o motor desa saída. Coido que a idea non é precisamente esa (hoxe hai na antiga 'cociña' da Casa do mar un acto arredor dun documental sobre a creación dos cartos) nin sobre o que nos sacará da crise (a primeira pregunta é se se pode saír) nin moito menos sobre a potencialidade do sistema financieiro para facelo. Máis aínda dito por un banqueiro estranxeiro que se quedou cun banco que antes era de todos os de aquí (aínda que fora administrado por uns poucos e daquel xeito) no que se meteron cartos de todos os de aquí para que máis tarde el puidera compralo a prezo de saldo sen recuperar máis que unha pequena parte deles. Unha peza económica que no seu día chegou a ser a preferente de confianza dos galegos nun sistema financieiro que se dicía dos máis sólidos do mundo, se non o que máis. Un banco ademais que ten en Ribadeo unha tarxeta de presentación tan sólida como o metacrilato do que fai gala na súa presentación, colocado como se ve na foto dun xeito pouco 'sólido' xusto diante da toma de ventilación, que non chega a ocultar porque sería malo, pero non deixa descubrir totalmente porque se quedaría sen marca. Un logo, por certo, acusado de plaxio. Din que unha imaxe vale máis que mil palabras (aínda que ás veces sexa convinte explicala).
Etiquetas:
sociedade
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)