20100502

Mellor cidade, mellor vida

A nova exposición universal, en Xanghai, ten ese lema. Abriu onte, na festa do traballo, cun simbolismo de que unha mellor cidade, unha vida mellor, require traballo, ou converter o traballo nunha festa. Por ribadeo, polo momento, o traballo non é unha festa, senón máis ben unha festa a celebrar, o que se traballe.
De calquera xeito, o lema está claro: se queremos unha vida mellor, fagamos un Ribadeo mellor. É algo que nos convén a todos.

2 de maio

Por estes lares, o encadeamento de 1 de maio - festa do traballo, e 2 de maio - fusilamento de xente do pobo por parte dos franceses en 1808, non parece encaixar nada ben. Despois dun pequeno descanso onte, deixo unha ligazón onde o básico é unha frase: 'somos gilipollas e sábeno'. Está referido ó tema do traballo, pero visto dende o 2 de maio, máis ben parece que o que pasa, máis que que saiban se somos ou non gilipollas, é que non teñen interese nin en masacrarnos: resulta máis rendible outra estratexia económica.

20100430

Co transporte de papel na mirada

Moito se leva falado do transporte de papel, o tren, o porto receptor, ... por eso me extraña que non se publicara nos xornais galegos unha nova sobre a restricción de tráfico a camións por Navia. Pois, ó cabo, parece outra medida máis que está dirixida a orientar o tráfico cara a Xixón (e xa hai algún comentario que relaciona ambas cousas) noutra volta máis para marear a perdiz papelera.
Ver 'Carta al sr. alcalde de Navia', por exemplo.

Dende pequeniños

A educación dende pequenos é algo lóxico. Antes facíase na familia, agora aínda nese nivel vai pasando ás mans de institucións, debido a diversos factores, dende o traballo das nais á necesidade de socialización dos pequenos entre iguais, nunha sociedade que non da moito pé a facelo doutro xeito.
En Ribadeo hai unha guardería dende que eu lembro, é dicir, alomenos dende comezo dos oitenta. Guardería que salvo pequenas novas, non xerou polémica debido ó seu funcionamento. Na actualidade, con 107 prazas e extendendo a súa labor dende os poucos meses, sendo bebés, ata a entrada nos colexios, atende á maioría de pequenos da vila. A extensión de prazas, un aumento de 30 hai tres anos, variou a situación, de tal xeito que agora hai unha queixa colectiva. A nova non da pé a saber se a protesta é unánime, pero si o da para saber as causas: persoal (3 postos creados por dito incremento de capacidade) contratado por 9 meses cando o período de funcionamento anual se extende por 11. Iso implica como mínimo a posibilidade dun cambio 'gratuíto' nas persoas contratadas pola Xunta que cuidan dos pequenos. O resultado, en calquera empresa adicada a outra cousa, sería un menor rendemento. Aquí ese 'rendemento' pasa asemade por un desacougue dos pequenos un ano si e outro tamén, como pode dicir calquera psicólogo ou pai. Ou sexa que a razón é sinxela e abordable: un contrato de 11 meses en troques de un de 9 e outro de 2, diferente do anterior. A cousa sería un pouquiño máis doada se non fora porque eses dous contratos diferentes e consecutivos para un mesmo posto se fan por razóns administrativas de precariedade para os empregado: se se fan de máis de nove meses, non poden ser contrato por servizos, e os dereitos do traballador (neste caso, en xeral, traballadoras) increméntanse. Por exemplo, os contratos por servizo non dan dereito á liquidación.
A imaxe, a zona entre o cantón e a ría, coa guardería sinalada cunha cruz, no sitio onde antigamente estaba a praza de touros.

20100429

Pensando en ti, Lola


 
    Esta mañá ó abrir o correo atópome un agasallo: un poema inédito do Viejo Pancho, ó que me teño referido algunha vez. Chegou a min via Paco Trelles, neto do Viejo Pancho, quen cando visitou Ribadeo en setembro de 2007, con motivo do 150 aniversario do nacemento do seu avó (7 de maio de 1857 - Ver comentario do 'El Angel de Olavide' nesta entrada) agasallou con el a Lucía Gutierrez, a muller de Pablo Vivín. Este último déulle permiso a Pancho Campos para pasarmo e facer o que estou a facer. Foi realizado Por José Mª Alonso de Trelles y Jarén o 29 de Abril de 1880 para a súa moza Lola (Dolores Ricetto Asuaga), que logo sería a súa muller.
    Transcipción en 'poema cedido'.

20100428

Agora si, urbanismo?

Deixo isto para ser publicado ás 11 da mañá. A esa hora, reúnese a comisión de urbanismo segundo unha nota do concello. O obxectivo declarado, seguir a avanzar no PXOM.
Algunhas ligazóns a artigos anteriores:
Para o pxom, do anterior blog
As primeiras páxinas do pxom
Da música ó PXOM
O pxom de Ribadeo, revisitado
PXOM de Ribadeo
Contémplao o PXOM?
Para meditar sobre o PXOM de Ribadeo
Sobre o PXOM de Ribadeo
A páxina do PXOM do concello
Plans e información
Informe da Dir. Xeral de Patrimonio sobre o PXOM
... E moitas máis, pois o PXOM ribadense foi citado parece ser en 190 ocasións no blog (Google dixit), a parte de noutros sitios relacionados.

Hoxe, día internacional de concienciación sobre o ruído

Non sabía que existira, pero si. O último mércores de abril, neste ano o 28 de abril, é o Día Internacional de Conciencia sobre o Ruíido, establecido dende 1976 pola Liga para o Deficiente Auditivo, con sé en Nova York.
E unhas cantas ligazóns a modo de lembranza: http://ruidos.org/; http://ruido.pbworks.com/, ou mellor (aínda que haxa moita mescolanza), en google.

Republicado o libro da Semana Santa

Por fin foi. Xa está na rede o libro desta Semana Santa (polo momento sen tapas), en Publicado en Ribadeo, por xentileza dos Amigos da Semana Santa, David e Gráficas Ribadeo. (na realidade, no grupo de 'Ecos de la Parroquia')