Esta mañá cedo unha veciña de Ribadeo (María Lines Martínez Díaz) chocou, vindo de Lugo, co autobús de IASA que ía para aló, morrendo e habendo varios feridos no autobús.
As estradas son traizoeiras, unha das razóns pola que se fan máis autostradas, como o tramo que se remata de inaugurar en Asturias e que volta a achegarnos máis ó Principado, unha vez decidido que a ría é de maioría asturiana (como ten dito algún a conto de que ten máis costa da beira leste).
Non se sabe moito da Xunta de Portavoces dos grupos políticos no concello que tivo lugar onte, polo que o novo pleno, a convocar de seguro para a próxima semana se todo vai de xeito correcto, decidirá. Polo que parece ofertou dúas prazas na Xunta de goberno, e claro, a UPRi non está de acordo (quedaría sen praza). De calquera xeito, hoxe trae a prensa que o rexidor de Vilalba cobrará só 62500€/ano (eso si, brutos!) o que fai que as posicións mantidas en Ribadeo se desdibuxen un pouco.
20070705
20070704
Unha nota de prensa sobre curtas en Ribadeo
É de xupoñer que será de novo no parque, cara a finais do verán, pois as datas non as poñen. Aí vai un extracto:
Diferentes vilas e cidades do país recibirán ao longo dos meses de verán o proxecto RedeCurtas, no que se inclúen as curtametraxes de maior éxito de todo o Estado, tanto de animación como de ficción e dos diferentes xéneros: documentario, terror, infantil, comedia, drama, proxectos experimentais…Títulos como A rosa dos ventos (de Jairo Iglesias, galardoado co Mestre Mateo 06 por Cicatrices), Cousas de Kulechov (premiada no Festival de Cans do Porriño), Sen Chumbo (unha das curtas galegas de máis éxito do ano) ou Catharsis (premida no festival Trayecto Corto 2007), entre outros están incluídos no catálogo da RedeCurtas 07 que promove Mr.Misto Films.
As proxeccións realizaranse en espazos públicos acondicionados para tal fin con pantalla xigante, equipo de son e cadeiras para o público e organizaranse en sesións de entre 70-75 minutos de duración nas que sempre se inclúen dúas curtametraxes feitas en Galicia. Un profesional do audiovisual é o encargado de presentar e comentar as curtas que se exhiben, falando do director, do proxecto, da temática, do tratamento e fomentado o coloquio entre o público. Nalgunha proxección participarán tamén membros do equipo que realizou a curtametraxe, tanto actores e actrices como o propio director, o produtor ou persoal técnico da mesma.
Segundo sinalou un dos responsábeis de Mr.Misto Films, Xoán Mariño “trátase de sacar a curtametraxe á rúa, de crear un público que vexa de xeito regular obras deste tipo e que as curtas non fiquen tan só como un formato destinado só aos festivais, que son ocasionais e efímeros”.

Etiquetas:
cultura
Aviso de entrada en Ribadeo historia
Remato de poñer en Ribadeo hisoria un documento que xa é case reliquia: A Aprobación do expediente de información pública da autovía do Cantábrico na nosa zona.
A can fraco, todas son pulgas

Collo este refrán castelán para refrexar o que lles pasa ós ex-alcaldes últimamente neste pobo: unha vez deixado o cargo, sae á luz pública que están sendo investigados xudicialmente. Pasoulle a Andina (resultado negativo) e estalle a pasar a Vacas coa denuncia na prensa de Cao. Eu sigo esperando para lanzar acusacións ó resultado un xuízo que sairá o próximo ano e do que necesito información. Mentras, tranquilidade. (o que non hai no Vicedo, onde Prado Villapol, anterior alcalde, terá que reintegrar máis de 600000€, esto é, máis de 100Mpts por outro fallo xudicial)
Tranquilidade para os fins de semana (na estrada 634) no que os camións terán que parar unhas horas para deixar transitar máis cómodamente ós turismos, con multa de 450€ se non se fai. Comprendo o feito, pero non como se fan as leis en relación con outros casos.
as imaxes de ribadeo esta volta non necesitan presentación.
Etiquetas:
sociedade
20070703
"Cao pedirá una reunión de la junta local de seguridad para articular medidas en la movida"

A nova, na Voz de hoxe, non se refire a Ribadeo, senón a Foz. Pero podería: Tamén en Ribadeo hai un Cao (Asoc. de comerciantes) que o ano pasado asinou un escrito de ACISA para ampliación de horario da movida e que este ano podeŕia pedir a xunta (se ben coido que algún tipo de xuntanza xa houbo co novo alcalde hai uns dez días ou dúas semanas, algo que non trascendeu á prensa que eu saiba)
E comezan, neste Ribadeo veraniego que vai cun pouco de retardo, os comentarios respecto ó tema das piscifactorías. Así, hoxe sae na prensa que será necesario un estudo de impacto ambiental ou que se se fan, deberán retranquear. Máis detalles, irán saíndo.
Tamén chegaron as novas de que a xente quéixase por ter raia contínua entre Dompiñor e Voar, co que se se quere ir a un local comercial á outra beira da estrada hai que dar a volta na rotonda e desfacer o camiño. E claro, ó ser comercio/naves industriais, pois a queixa chegou a destino. Pero polo momento non se vai solucionar por criterios de Fomento (distancias entre glorietas demasiado pequenas para facela discontínua).
Mentras, vexo no papel salmón do 'el País' de domingo anunciado un libro: 'La gallina de los huevos de cemento'. O comentario do mesmo non deixa nada ben ós concellos. Unha frase do comentario: 'El mal (...) radica en el modelo según el cual los municipios disponen de impunidad para calificar los destinos del suelo'.
A foto, dunha nova movida de verán, que representa unha nova privatización de uso: a das separacións polas que xa taladraron o novo pavimento da rúa San Francisco para usufructuar parte (previo pago, suponse) as cafeterías como terrazas. É 'o progreso'. Algún día irei a sentarme alí.
Etiquetas:
ACISA,
Fotos Ribadeo,
Medio,
ruído,
sociedade
Árbore seca

Ribadeo non é unha árbores seca (a D.G., é dicir, a Deus Grazas), pero é unha curiosidade atopar en San Francisco, ó pé dun frorecente balcón, e a desemellanza da serie de árbores que alí se puxeron, unha árbore seca. Na fotografía, á dereita, contrasta tanto coa árbore da esquerda como coas frores do balcón. Polo que parece, non é a primeira que alí se pon e que seca. Tal parece que alguén a secara: un caso raro de Ribadeo.
Etiquetas:
Fotos Ribadeo,
Medio,
sociedade
20070702
Js-kit
... visto que leva cinco días posto e houbo tres votos (eso si, con 5 de votación, o máximo), retiro xa o contador de votos do lateral que avisafra en un aviso sobre o blog. Seguirei a experimetnar con outras cousas.
Etiquetas:
blog
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)