20210804

BROTE DE COVID NA NOVA RESIDENCIA DA TERCEIRA EDADE DE RIBADEO. Evaristo Lombardero Rico

Pasquín para a manifestación da residencia.

 

 BROTE DE COVID NA NOVA RESIDENCIA DA TERCEIRA EDADE DE RIBADEO

O domingo, dia 1 de Agosto, pola tarde, os familiares dos usuarios foron informados de que había tres positivos entre as persoas internadas. O luns a Deputación deu unha nota “infomativa” sen crarexar nada máis e engadindo que “todo parece apuntar a que o contaxio podería estar relacionado cunha visita externa”. O luns púxose en circulación o bulo de que este contaxio podería estar en relación con outro exterior xa coñecido. Hoxe, mércores, os medios publican outra nota da Deputación ca “nova” de que ademais dos tres casos coñecidos está afectada unha persoa da equipa asistencial. Mentres tanto o Sr. Alcalde de Ribadeo cala como un afogado.

Obsérvese a forma sibilina e manipuladora de dar esta “información”. As preguntas do millón son as seguites: ¿Porqué se fixeron as probas ás persoas que resularon afectadas? ¿Cando se detectaron estes catro casos? ¿Cal foi o primeiro? ¿Cal é a responsabilidade dos xestores neste proceso?.

Véxase o paralelismo entre este brote e o que sucedeu na Residencia de San Sebastián e San Lázaro (antigo Asilo) no mes de decembro pasado. Daquela unha persoa non autorizada accedeu ás instalacións provocando (presumiblemente) perto de 30 contaxios dos que tres residentes resultaron falecidos. O mesmo que agora, agochouse cal foi o primeiro caso e según o Sr. Alcalde non había que facer caso da rumoroloxía. Ou sexa botar fume sobre os feitos para eludir calquer responsabilidade.

Pola outra banda en La Comarca del Eo do día 19 de Xunio o Sr. Alcalde de Ribadeo publicaba un artigo autolaudatorio celebrando os dous anos da nova residencia e de vagar esquecendo a laboura decisiva da Plataforma Pro Residencia e concretamente de José María Rodriguez (q.e.p.d.) na consecución de este servizo, sen a cal nunca se houbese chegado a conquerilo por razóns que son de sobras coñecidas. E nese mesmo artigo do Sr. Alcalde dice expresamente: “(…) unha xestión pública e directa por parte de duas administracións, o Concello e a Deputación, para xestionar a vida, a longa vida diría eu, dos seus moradores (…)”

A cuestión é moi sinxela: ¿Porqué, hai mes e medio, a xestión era do Concello e a Deputación e agora o Concello non ten nada que dicer cando hai catro persoas infectadas e claros indicios de neglixencia?.

A falla de información e o manexo partidista da mesma é unha constante dende o comezo deste goberno municipal. Mesmo a participación da veciñanza rexeitase sistemáticamente ata chegar a esquecer iniciativas tan determinantes como a xa citada da Plataforma Pro Residencia. O modelo recorda aquela práctica dos dictadores que borraban das fotos ás persoas que lles quitaban protagonismo ou resultaban molestas ou desafectas.

Para rematar lembraremos que nos tres últimos anos houbo varios intentos de constituir unha asociciación de familiares, usuarios e veciños para participar na xestión dos servizos sociais en Ribadeo e concretamente da nova Residencia da Terceira Edade sen que por parte do concello se dese nengún tipo de apoio e ainda ben se chegou a poñer dificultades. Na mesma línea temos proposto, en varias ocasións, a necesidade de crear un Consello de Saúde Municipal onde tivesen representación todas as asociacións e colectivos interesados para en primeiro lugar transmitir información, coordinar actividades, propoñer proxectos, etc. O novo brote de Covid-19 na Residencia da Terceira Edade e a falla e manipulación da información por parte dos xestores é un exemplo da prioridade deste obxectivo.

Evaristo Lombardero Rico

20210803

Coronavirus en Vilalba, martes 20210803. Nova baixa


    Lento, pero oxalá podamos dicir que seguro. Hoxe, 56 casos, cunha incidencia de 398 cada 100 000 habitantes ós 14 días.

Coronavirus en Ribadeo, martes 20210803. Residencia


   Unha nova baixada achega as boas novas. Aínda así, 68 casos segue a implicar unha incidencia alta, de 680 por cada 100 000 habitantes ós 14 días. E enterámonos de que o bicho entrou na nova residencia de maiores, cun residente no hospital e outros dous illados. Tería entrado - din - por alguén novo en plantilla. Controlado xa? Esperemos. E as implicacións do cambio de veraneantes ó fin de mes? Verase.

   Anteriores da serie.

20210802

Mira o dedo


Mira o dedo

   Cando alguén apunta ó ceo, o parvo mira o dedo. Seguramente o terás escoitado máis dunha vez con motivo dalgunha corrección sobre a percepción dun feito. Mais, no tempo da inflación de noticias, das novas enganosas ou directamente falsas, da publicidade e propaganda, paga a pena remirar o refrán.

   Hoxe en día, de feito, e conveniente mirar tamén ó dedo, mesmo antes que ó lugar apuntado, para xulgar a fiabilidade do apuntamento, ou se quen apunta non quere que miremos para outro lado, e logo a onde apunta, se se estima confiar na dirección indicada. 

   Veume á cabeza o tema o outro día, cunha nova no xornal que se titulaba 'La variante delta causa en China el peor rebrote de covid en meses'. Lendo o interior, o resume podería ser que en China hai 170 casos de Covid. Abunda a nova nas medidas tomadas, que se poden cualificar como 'de tamaño chino', para entendernos. O caso é que esa nova orixinada en extremo oriente implica unha incidencia da enfermidade, nun país de 1400 millóns de persoas, de 0,012 por cada 100 000 habitantes, se empregamos o mesmo sistema de índices que aquí se uas para ver a incidencia a 14 días. Pode ser o peor rebrote que tiveran alí en meses, pero é evidente que, por poñer un caso, é notoriamente inferior ó número de casos total (225) que o SERGAS rexistra hoxe en Viveiro, cunha poboación só un pouquiño maior que a cenmilésima parte da China. Ou sexa, estamos falando de cinco ordes de magnitude de diferencia, e a nova é a da China...

   Non sei se queda claro. Preséntase como noticia, pero é na realidade unha noticia o que refiro máis arriba citando o titular? Trátase de desviar a atención? Non, non debe ser unha mentira, unha 'fake', como din agora. Non fan falta tampouco teorías da conspiración para incidir nun apuntar consciente a unha nova con orixe lonxe de aquí e sen máis transcendencia por estes lares en troques de novas máis achegadas. Sexan decenas de vilas galegas onde o número de casos é maior que en toda a China ou a última enxeñaría financieira da casa real pasada ou presente. E é que o intento de dirixir a nosa atención está tan presente ó noso arredor, dende as instancias políticas públicas ó comercio privado, que é un habitual e moitas veces baixamos a garda da nosa atención sinxelamente por non poder mantela alta todo o tempo.

   Para min, hai noticia si. O títular sería algo así como 'O peor brote de coronavirus na China produce menos casos dos que hai en Viveiro'. Pero claro, iso levaría a pensar como se está a xestionar aquí a cousa, establecer comparacións, facerse preguntas, esixir respostas, participación, ... Non, non, moito balbordo!

Coronavirus en Vilalba, luns 20210802: mantense


   Sen variación ... 59 casos, incidencia de 419 por cada 100 000 habitantes a 14 días. O número de casos resístese a baixar.

   Anteriores.

Coronavirus en Ribadeo, luns 20210802: tronzouse a baixa



    73 casos indican un máis ca onte, A incidencia a 14 días, 730 casos por cada 100 000 habitantes, segue o mesmo camiño. E estamos a comezos de agosto, co cambio de veraneantes entre os dous meses de máis afluencia...

   Anteriores da serie.

20210801

Coronavirus en Vilalba, domingo 20210801: pouco a pouco.


    A gráfica amósao claro: xa non sube, e comeza a baixar. Moi pouco a pouco polo momento. 59 dasos e unha incidencia a 14 días de 419 casos cada 100 000 habitantes. Pero algo é algo.

   Anteriores.

Coronavirus en Ribadeo, domingo 20210801: baixa importante



   72 casos é a nova cifra. As gráficas ilustran ben a situación de baixa dende os 84 de onte. Sentidiño...