20181009

Ence e Ribadeo. Trazos soltos a conta dunha nova

Eucaliptos en Viveiro)

Hai uns días, un xornal situaba o seguemento de Ence - Navia poñendo segundo fontes, algo máis de 300 camións diarios ou 400. Coido que as contas son doadas: se se poñen 300, 7 días á semana, saen 2100 camións, e se se poñen 400 por 5 días, algo máis de 2000, concluíndo que ambas fontes son aproximadamente coincidentes, mais facendo a media con diferente visión, de 'días' ou 'días laborables'.
Máis aló da anécdota, no blog levo tratado moitas veces sobre o impacto que o movemento de Ence ten sobre Ribadeo. Economía (quizáis menos do que se pensa) ou tráfico (un camión de ida e outro de volta cada dous minutos en horario laborable representa un tráfico significativo), entre outros factores, teñen impacto. Seiscentas mil toneladas de celulosa ó ano, e aumentando, representan moitas árbores para unha fábrica que se di é a maior e máis eficiente do seu tipo en Europa.
Entre outras informacións que se daban na nova estaba a valoración da fortuna do Presidente de Ence, Juan Luis Arregui, relacionado tamén con Artevino, Foresta Capital, Cartera Industrial Rea ou Turina 2000, pero iso non creo que vaia beneficiar moito de xeito directo a Ribadeo.
O que si chama moito a atención son os números por unidade (tonelada). Establécese o custe actual 377,8 €, distribuídos en 198,9 para pago da madeira, 113,6 de custes de produción, 32,4 para a comercialización de saída e de entrada, e 32,9 en 'gastos de estrutura'. Mentres, a pasta é vendida a 1020 $, isto é, máis de 850 €. Marxes? Se os números non enganan, máis de 120% de beneficio bruto... como para pensar en que a distribución de ganancias nesta industria, neste momento, debe reaxustarse cos traballadores e cos propietarios de montes, ou coa mesma natureza invadida polo eucalipto. Ou, por outra banda, para pensar cantos cartos se poden desviar para favorecer a plantación dunha especie invasora.

20181007

O transporte en Ribadeo: involución fronte a revolución

un esquema horario ligado á liña de autobús de escolares.

Mentres que estes últimos anos hai un movemento mundial con base nas grandes cidades para tentar solucionar o problema dos desprazamentos, en zonas moito menos poboadas, nas zonas cunha porcentaxe rural alta, os problemas estanse agudizando ó levar o mercado á dependencia de medios particulares, rubricada pola retirada de diversos xeitos dos medios comunitarios / públicos. Mentres nas grandes cidades o vehículo privado está a ser marxinalizado, non necesario, na nosa zona, con base rural, o que desaparece son os servizos públicos ou comunitarios, sexa tren ou autobús, rarificando o seu paso e o seu uso, facendo na práctica case imposible esa opción. O certo é que a reorganización de liñas de autobús pola Xunta o pasado ano mellorou a comunicación interna na cidade en liña que é a costa, mais os intereses empresariais inmediatos fan que a comunicación de Ribadeo coa Coruña, Santiago ou Lugo (incluído o hospital ó que son derivados cada vez máis servizos), estea baixo mínimos. Ou que, na zona interior do concello, o servizo teña un fin tan específico que fai que o seu uso sexa asemade específico, puntual e esquecible, pois non evita a necesidade do auto particular, que, ó telo, resulta de moito máis cómodo uso (e máis contaminante, máis caro, máis insolidario...).
Auméntase o servizo para turistas camiño das catedrais, pero se alguén de Remourelle ou Arante quere baixar a Ribadeo calquera tarde, lévao cru. Ou se alguén de Ribadeo -ou un turista- quere visitar o santuario das Virtudes na Ponte ou o Pozo Mouro en Remourelle, vai telo difícil como non leve unha tenda de campaña para pasar a noite para volver pola mañá. Son algúns caso que se poden presentar. Minoritarios e insignificantes, hoxe por hoxe en canto á vontade en relación a servizos que se podan prestar entre a Cibeles e a Praza de España en Madrid, si, pero tamén anulados por inexistentes e polo tanto, incomparables polo trato que se lles da...
A Galicia rural perde poboación non só por unha causa. Pero tamén, entre as causas, está a falta de condicións para o transporte. E, mentres o noso interior morre, tamén morremos nós no noso interior.

20181003

24 horas despois do incendio

Pasaron máis de 24 horas dende o comezo do incendio de Piñeiro, pero aínda non dende a súa extinción. As fotos amosan que o fume segue a saír entre os restos, o cruce da estrada, o paso por riba do gasoduto...





Situando un incendio

Onte houbo un incendio en Piñeiro. Comezou antes da media tarde: daquela víase xa o fume dende lonxe. Non se chegou a ver o resplandor das lapas pola noite: foi sufocado. Os medios terrestres chegaron para a súa extinción. Mais parece que non tería necesidade de ter sido sufocado se alguén non o tivera prendido. A situación do lugar do incendio, marcada no centro das imaxes:

Na primeira vese que está nun lateral dunha ampla zona de plantación de árbores.

20180927

Hai cousa de tres anos, participación e o Ribadeo que queremos

Hai cousa de tres anos caía nas miñas mans unha revista cun pequeno artigo no seu interior: 'O teu barrio e cidade do futuro' (Yorokobu, nº 68, 2015, p.13). Entre outras cousas, aparecía 'A implicación e o poder do individuo hoxe en día fai que se sintan coa forza para cambiar e decidir o futuro que queren'. Ou: 'o cidadán será máis protagonista da cidade deixando a unha beira ó poder público ou facendo que este traballe para eles'. Coido que a primeira cita sería algo así como a certificación da toma de conciencia progresiva das persoas como participantes nunha sociedade na que están mergulladas. E a segunda,unha unión do concepto de 'cidade intelixente' a 'cidadanía intelixente'para non crear a partir da vila unha 'cárcere intelixente', conectada, posiblemente eficiente, pero sen alma.
Noutro parágrafo, especificaba: 'o futuro das cidades dependerá dos seus cidadáns dun xeito directo e real, e non a traverso de políticos que os representen, (...) todo dependerá da involucración ou non dos cidadáns'. Aplicado a Ribadeo, dependerá da implicación dos ribadenses no día a día do Ribadeo que queremos. E, dende que neste blog comezou a serie 'o Ribadeo que queremos', xa se puido ver claramente que se non manifestamos e actuamos en prol do que queremos, haberá outra xente que o manifeste e actúe conforme ás súas ideas e intereses. Outros, que non nós. Para facer outro Ribadeo entre a morea de ribadeos posibles no futuro sen a nosa participación..
Ven a conto o anterior de cousas que saen todos os días nos xornais, sexa o amaño de estradas,a residencia de maiores ou calquera outra cousa que se nos ocorra no ámbito ribadense.

20180924

Generación para cambiar el mundo desde nuestro mundo. Pablo Mosquera


Ser gallego entre los siglos XX y XXI supone estar incómodo y al mismo tiempo encantado por esta Galicia al norte del norte. No sabemos, ni queremos, ni podemos, vivir sin ella. Es una de las tres damas en las que se asienta nuestra existencia. -Podría incluir aquella dama de los tiempos pasados sobre la que escribe Cunqueiro- Libertad, cultura, Galicia. ¿Pero toda Galicia?. Toda, con la perspectiva que tenemos desde la provincia de Mondoñedo.
Nacimos aquí, cuando algunos mandaban desde el centro de la Meseta y nos consideraban una esquina verde. De vez en cuando acudían para disfrutar de nuestro paraíso natural. Es como si tuvieran una finca y nosotros formáramos parte del paisaje. Aun recuerdo a una familia de portugueses, aquellos que fanfarroneaban con sus pequeños bañadores desde los que marcaban paquete, o sus coches de alta gama comprados en Alemania, y desde luego su velero. Todo ello fruto de los escudos que afanaban haciendo "negocios" en sus colonias aunque para ello tuvieran a su juventud pegando tiros durante al menos tres años. Nos señalaban como "mal vestidos". Nunca supe lo que realmente querían decirnos. Pero sin duda les resultábamos unos seres peculiares entre las dunas, playas, islas y verde esmeralda de la mar.
Tuvimos a madrileños de pro. Gentes que necesitaban nuestra forma "peculiar de vivir". Les gustaba escuchar el cuerno marino y acercarse al muelle para comprar pescado vivo o aquel marisco de nuestras rompientes del que luego presumían durante su vida por él asfalto La costa gallega era sinónimo de pulpos, langostas, percebes y nécoras. Pero también hubo alguno que descubrió nuestro secreto mejor guardado. Los silencios y la soledad para disfrutar con nuestros pensamientos mientras la mar y el viento ponen la sinfonía interminable que acaricia desde nuestra inmensa naturaleza. De ahí vino lo de "Península de paz".
Ser mariñano supone creer en la existencia del Reino de la Lluvia, en Merlín y familia, ser lector impenitente de Cunqueiro, pues su mundo es el nuestro. Muerte, sueño, identidad, soledad, amor, ausencias, silencios y temporales. Disfrutar con los mitos, observar las manos de un viejo marinero, cuando toma la taza de vino en la cantina portuaria. Creer en esas mouras que custodian tesoros ocultos en los caserones abandonados y que antaño hicieron de las manos femeninas herramientas para el salazón o las conservas.
Este mundo casi fantasmagórico, mágico, perceptible aunque no todos puedan verlo, es punto de encuentro para "una tripulación de Argonautas". Carlos Nuevo Cal, Vicente Míguez Salgueiro, Lino Rico Fernández, Sito Otero Regal, Paco Rivas, David Catá, Pablo Livio, Otto Treto y Suevia Figueiroa. Todos en una singladura hacia el infinito de nuestro pasado, gobernados al timón por los capitanes Andrés Díaz y José Pino. Lo mismo que Ulises regresa a Ítaca, nosotros queremos arribar a la isla de San Brandan. Allí dónde los barcos son de madera, los toletes de pao de toxo, la Santa Compaña celebra vísperas y maitines por los pecios y los habitantes orgullosos y dignos seres humanos que conocen y divulgan lo que fueron sus antepasados, las raíces históricas de su país, y hacen de la defensa del Patrimonio Identitario la primera de las causas para alcanzar la justicia social.
"Si en el amanecer de este día pudiéramos volar por encima de nuestra tierra y recorrerla en todas direcciones, asistiríamos a la maravilla de una mañana única" -Castelao.

20180923

Campos minados en Ribadeo: entrada a Rotonda dos Galos.

Hai pouco aínda, creouse, mantívose e solucionouse polo momento ou ao menos outro na confluencia entre Paco Lanza e Avenida de América. Pero iste leva máis tempo nunha saída de máis tráfico e con máis visibilidade.
Parece un campo minado, pero é a glorieta de entrada a Ribadeo, dende Os Galos á A-8. A foto de Suso Fernández é abondo descritiva como para que apareza na Galipedia, e pode esar nas voces Ribadeo, A-8, Vilaselán, rotondas ... onde sería de contraste ou en desastres da guerra, onde pasaría inadvertida.
O que quizáis fai diferente este caso do outro citado é que aquí poden sobremontarse administracións, e polo tanto, unha escúdanse nas outras  e un polos outros, a casa por varrer, ou o acceso sen amañar. A quen lle toca? A quen circule, purgar.
Cabe lembrar que foi esta glorieta a que se deixou sen acceso dende Galicia pola A-8 (ten entrada dende Asturias e saida para Asturias e Galicia, pero non entrada dende Galicia, como se ve no mapa). Haberá que comezar a difundilo doutro xeito a ver se se enteran?

Capela das Anzas. Emilio Piñeiroa Rico

Novo díptico de Emilio Piñeiroa