20171106

Diferencias e normalidades

Onte foi domingo. Un día que marca a diferencia co resto da semana. E onte quedou patente.
Levantou o día con chuvia e foi difícil saír á rúa de xeito calmado sen levar paraugas ou sen mollarse. Tanto así que a algún foráneo escoitóuselle algo como 'es que os olvidábais de que estamos en Galicia?' ante as queixas do resto do grupo polo 'mal tempo'. A auga chegou con falta, e aínda máis que é necesaria, marcando unha diferencia.
Tamén marcou diferencia a viaxe de ata preto de trinta persoas en tren ata Viveiro. Ir ó fútbol reivindicando. E ganando o partido, pero sufrindo retraso considerable á volta. E, se se botan contas e se restan os xogadores e as persoas asociadas ó efecto propagandístico, quizáis se teña máis claro o por que non lle importa á antiga FEVE, hoxe coa marca Renfe Feve, o ter o tren desastrado, nunha especie de peixe que se morde a cola ou efecto automantido que hai que requerter. Por certo, a prensa non trae se houbo ou non revisor para comprobar os billetes nos vagóns onte.
Onte tamén houbo unha ópera en Burela, unha comida para lembrar unha discoteca en Viveiro, onde tamén se correu reivindicando a continuidade da área sanitaria. En Ribadeo, o mercado rematou un pouco antes, como cando chove, porque chovía, mais o día tristón deixou algún raio de luz solto poñendo a nota sobre un día no que en Ribadeo tamén houbo actividade, como (case) tódolos domingos.
Arco da vella onte sobre Ribadeo. Foto G. Gómez.

20171104

Ribadeo, en tren ao fútbol

Case se me escapa a iniciativa do Ribadeo F.C., e non porque vaia en tren. Coido que é un bó xeito de apoiar a continuidade da agonizante liña do tren Ferrol-Xixón. Se és afeizoado ó fútbol, seguro que valoras de xeito positivo o que se pretende. Deixo a imaxe, tomada do Facebook do equipo ribadense:

A ría, hoxe

A ría de Ribadeo sempre é unha sorpresa. Hoxe, coa marea baixa e a luz da preparación para a chuvia, máis aínda que noutros momentos. Unhas fotos para testemuñalo:





20171103

Dor, tristeza, rabia, noxo

   A estas horas estará Feijoo falando no Voar: comezan os VIIForos de Debate, impulsados por Segismundo García (Voar e Grupo Sargadelos) coa 'ética e política' como tema. Hoxe fixen algo así como xaxún político e non acudín. Ó fin, ós 70 000 € de subvención á prensa só polo tema incendios do mes pasado servirán para poder ler mañá un resumo máis fiable que o que poda corresponder a outros participantes.
   Pero o título non vai por iso. Ó tempo que se estaba a desenvolver a charla de Feijoo, abrín un correo electrónico doutro ribadense cun contido que reproduzo. Logo, vos xulgaredes:

   Que dolor, aue tristeza, aue rabia y que asco….
   Si, pues al final Franco decía la verdad: "Todo queda atado y bien atado".
   Y la transición, fue una gran mentira. Nos engañaron a todos. Sobre todo a los que nos partimos la cara en las calles, en las cárceles franquistas, incluso algunos perdieron la vida, por conseguir un país justo, libre y solidario.
   Todo era mentira, el asunto estaba pactado, previsto, atado.. y bien atado.
   Antes eran los "grises", quienes defendían a los políticos, que a su vez hacían y deshacían a su antojo leyes y actuaciones, en defensas de sus amos y señoritos: la burguesía, la oligarquía y por tanto el amo del dinero. Lo que denominamos ahora el poder financiero.
   Después, nos engañaron de nuevo haciéndonos votar y aceptar lo que llamaban la panacea de la democracia y la libertad: "la constitución española".
   En su nombre y desde entonces cuantas atrocidades se han cometido en este país y cuantas se van a cometer. Hoy no hace falta policías para acallar al pueblo, les basta con leyes abusivas e injustas (siempre al servicio del capital), y jueces que sistemática y implacablemente las aplican, incluso crean leyes para acabar, hasta con el ruido y las molestias (Ley mordaza)
   Es terrorífico, ver cómo han arremetido contra el Gobierno legítimo de Cataluña, en nombre de "la constitución española y del bienestar de todos", todo por intentar que un pueblo manifieste lo que quiere, como quiere y por quien quiere ser gobernado.
   Y lo terrible e irritante, lo tragicómico del asunto es que es el Partido Popular, el que dice defender la legalidad vigente, el Partido Popular, que ha sido condenado como tal partido por corrupción, por tener financiación ilegal, por robar de los fondos públicos (o sea de los impuestos de los ciudadanos) y apoyado por su homónimo PSOE, a la sazón también condenado y ambos inmersos en mil y una causas, por lo mismo: el escarnio de las arcas del Estado (que somos todos) en su beneficio y en el de sus dirigentes.
   Si ya sabía Pablo Casado como iba acabar todo esto: "como Company", advirtió; bien lo sabía él, porque sus señoritos (el poder financiero de España y del mundo entero), les había dado alas y patente de corso, para hacer y deshacer lo que quisiesen, pero en todo caso para volver al redil, del que querían salirse "unos pocos desalmados"
   Y después vienen los partidos de nuevo cuño. Uno el denominado "Ciudadanos" que como un perro salvaje, excitado y agresivo, al dictado de sus amos ladra y se tira a la yugular de cualquiera que pide, que exige el derecho a decidir, cómo y con quien quiere vivir.
   O el Partido de Podemos que dice si, pero no y después no, pero si (Según convenga), donde están, señores dirigentes de Podemos, las manifestaciones de "la casta" y "adelante el pueblo contra la casta", por sus derechos y libertades. Al final era verdad, llegamos al sillón y… aquí nos quedamos (que sí que, que no que, que a mi novia le gustan los albaricoques… ¿No?) Si, lo tenían y lo tienen todo atado y bien atado.
   Que dolor, que tristeza, que rabia y que asco…

Temperies e interpretacións

O 15 do mes pasado foi o día de temperatura máis alta no que levamos de século en Ribadeo. O Cambio climático non só e medido, senón que é sentido a traverso da nosa pel e tamén polos fenómenos que produce. Os datos acumúlanse.
Este ano está resultando seco, aínda que hai un un par de anos que teñen sido ata o momento máis secos que este no século. Tamén está sendo un ano caloroso, se ben tampouco é ata o momento o máis caloroso do século, como se ve no gráfico inferior:
As tendencias locais do clima sofren variacións máis aleatorias que as xerais e disponse de menos datos para referilas, por iso hai que tomalas con máis precaución. No caso de Ribadeo, ademáis, hai que ter en conta factores como o seu lugar a carón do mar, que suaviza o cambio.
Por iso, que onte mesmo un xornal presentara un titular con "Galicia necesita 500 litros de lluvia durante varios meses para recobrar la normalidad", necesita cando menos unha explicación. Trátase de que caia chuvia ós poucos (cousa que explica máis ou menos no interior da nova) para que non se produza arrastre do chan queimado, queima que se superpón á seca. E trátase de litros caídos en cada metro cadrado, naturalmente, non en toda Galicia. Pero non que poidan ser, poñamos, 10 meses, para eses 500 litros por metro cadrado, pois iso significaría que continuaría a seca precisamente nos meses máis chuviosos do ano...
Asemade, hai poucos días, outra nova apuntaba a unha alza notoria da temperatura do Cantábrico. Molesteime en recoller as temperaturas do mar recollidas máis próximas/semellantes ó Cantábrico na zona. Velaí os gráficos:

O primeiro é a representación das medias dos 12 meses anteriores dende o 2004. Contando o tempo que non estivo operativo, indica... un descenso de temperatura media! Moi suave, pero descenso. E é que o cambio de correntes no Cantábrico pode dar moitas sorpresas, traendo ou afastando auga máis cálida da corrente do Golfo, por exemplo. A lembrar que as augas desta zona son máis cálidas que as das rías baixas, onde afloran augas profundas.
En cambio, o segundo, que colle as medias mensuais, como comeza as series nun marzo, a interrrupción de medidas prodúcese precisamente dende que comezaba a baixar a temperatura nos meses de outono ata un mes, xa no verán, no que a temperatura estaba alta de novo. E ademáis, aínda estamos en meses con temperatura por riba da media, resulta que, neste caso, a tendencia é que a temperatura suba preto de cinco centésimas de grao ó ano de media... dun xeito ficticio.
Si, o cambio climático está xa aquí. Pero é serio, non para tomalo de calquera xeito.

20171102

Unha volta polas catedrais

Onte, mesmo en marea alta, había xente abondo polas catedrais. Non tanta como no verán, pero si abonda.
Xa non había vixiantes, claro, a xente andaba por todos os lugares. Non había xeorutas, e a xente ía cadaquén á súa bóla.
Mentres, o estado de conservación segue adoecendo de faltas evidentes.
Vista das catedrais, onte

Zona protexida maís esquecida pola xente que polas catedrais vai

O coidado da madeira está fiado ás costosas reposicións, non á pintura.

A vexetación baixo a pasarela contrasta coa vexetación protexida
Sobre a conservación das catedrais coido que levo escrito e fotografado abondo.
-
Por certo, deixo unha captura de pantalla da páxina das xeorrutas de agora mesmo, como curiosidade a ver se alguén nota algo raro.

20171031

Conservación do muíño da Ignacia. Unha revisión

Hai xa moitos anos que o Muíño da Ignacia se restaurou. Sei que no seu momento quíxose dotar una uténtico mecanismo que funcionara coa auga, mais a falta de cartos deixouno como unha especie de muíño de xoguete, cun subministro de auta co seu correspondente acueduto e reservorio, pero sen un funcionamento real. Quizáis foi iso o que o deixou sen posibilidade de visitas, con porta permanentemente pechada e abandoado dende aquela.
O 7 de decembro de 2009, unha nota do concello difundía que a finalización da restauración do muíño da Ignacia estaba incluída na posta en marcha de tres rutas de sendeirismo. Daquela falaba de 50 000 € de subvención da Reserva da Biosfera no exercicio 2009. En febreiro de 2011, outra nota informaba da sinalización de tres rutas, as mesmas que na nota anterior, e de 37 000 € tamén da Reserva da Biosfera, incluíndo 'Ese investimento inclúe a remate e posta en valor do muiño de Ignacia'
Non obstante o anterior, xa no 2010 o blog tiña unha reseña sobre a queixa do propio concello por unha fogueira feita á porta do muíño. Precisamente, pouco antes de que As Catedrais rebicira a Q de calidade turística por primeira vez. Neste mesmo blog voltei reseñar o vandalismo no mesmo lugar un ano máis tarde, e aínda que esa entrada non ten foto, lembro ter pasado non moito despois pola zona e observar o mal estado da ponte que leva dende o camiño ó muíño xa daquela.
Estamos rematando o 2017, é dicir, máis de sete anos despois de que o concello se queixara polo vandalismo no lugar, e o Muíño está maís deteriorado ca nunca.
O Muíño da Ignacia, marcado no centro da foto do Sigpac, ó pé do Rego de Ramos (na parte inferior dereita, as Aceas; atravesando dende a parte superior á dereita, a LU-P-5207 Ribadeo-Vilela):

20171030

Enterándome de cousas que non sabía

Pode dicirse que eso foi o que fixen ó meu paso pola feira. Unha feira, primeira edición, da que non me cadraba o nome para unha actividade así: a I feira feminista.
De saída, o lugar da feira, alegórico na praza 8 de marzo, daba para a montaxe da carpa dun xeito xustiño, como se pode ver na imaxe, tomada o día da montaxe. A carpa, con postos de venda do mercado, facía que dúas organizacións compartiran un mesmo posto. Había atraccións musicais... e cando eu fun, moi pouca xente. Mágoa, pois había cousas interesantes, mesmo relacionadas só moi lateralmente co feminismo. Por suposto, o feminismo ou a sexualidade, enfocados dende diferentes aspectos, eran a base da feira, Mais non só. Aí está o 'Fouce', periódico de información técnica e sindical labrega, cunha portada que anuncia: 'VII conferencia da vía campesina: feminismo e soberanía alimentaria para mudar o mundo', e que no seu interior anuncia un apropiamento do común a grande escala que non trascendeu ós medios: os agricultores terán que pagar 12 euros por tonelada de semente que garden. Non me estendo en detalles pois aí segue a loita. Só quería remarcar que unhas páxinas máis adiante aparece outro titular 'Cónclave para deseherbar o machismo do medio rural'. E é só un exemplo. Alí estaba tamen o Comité lila do IES de Ribadeo Dionisio Gamallo, activo dende unha formación na igualdade. O observatorio Mariña pola igualdade, organizadoras da feira (e no muro onde se pode ver un amplo reportaxe gráfico sobre a feira)...
A feira sorprendeume. Primeiro, porque non concebía unha feira con este tema. Pero despois, ó ver cal era a resposta da xente. Claro que pode considerarse que foi semellante á resposta que se lle da ó feminismo: para iniciados, marxinal... é de supoñer que a primeira edición teña abonda máis detrás e que se vexa cambiar.