20171005

A elástica legalidade do ser


   O colectivo “Por nuestro faro” remata de distribuír polos buzóns un folleto para informar aos cidadáns sobre a segunda resolución do Defensor del Pueblo. Nela, o Defensor reitera a falta de informe de impacto ambiental no proceso accidentado da transformación da illa Pancha, ó tempo que pon de relevo a necesidade de cumprir cos trámites legais.
   ¿Que é a legalidade? A última vez que o goberno español se pronunciou ó respecto foi para levantar a prohibición que pesaba sobre o uso hostaleiro dos faros, a lei que facía falla para dispor dun ben público e poñerllo en bandexa a un particular. Un día antes, a lei prohibía o acceso á Illa Pancha a calquera veciño. Os motivos que fan cambiar unha lei dun día para outro sen contar co pobo son inescrutables. Como resultado, o proxecto “estrela”, que chamaron algúns, de Faros de España, quizais porque era o único, o diseccionado antes do seu nacemento, o abortado en varias etapas, o interrompido na actualidade, o inacabado a día de hoxe, o incompleto na súa tramitación, o inviable por omisión, pero o bendicido polas autoridades implicadas e algún medio de comunicación. Ese proxecto estrelado viu a luz a traverso dun recorrido accidentado, cheo de fallas, de interrogantes, de desinformación, de contradicións e de incertidume que non molesta nin á Xunta, nin a Puertos, nin ao Concello de Ribadeo e que é subvencionado moralmente polo silencio de quen cala e outorga.
   Sabemos que o Concello de Ribadeo ten posto certas condicións para a reapertura desas dúas habitacións que fan do noso faro e da nosa illa un coto privado. Descoñecemos cal é o estado dese aloxamento, descoñéceno todos os ribadenses. Pero aínda menos entendemos como pode obviarse o resto da tramitación asinando licenzas como quen asina autógrafos.
   Dende o colectivo “Por nuestro faro” non aceptamos que un ben público, o que é e será sempre un símbolo para todos os ribadenses, nos sexa vedado por un desexo individual ou gobernamental, amovible, caprichoso ou silencioso. Por iso hoxe, esiximos que se cumpra a lei, toda a lei, non só a primeira ou a última senón a do medio, a que sinala o Defensor del Pueblo citando artigos, a única entidade que, a día de hoxe, xustifica a súa argumentación baseándose nas normas. Esiximos ó Concello de Ribadeo que admita a súa responsabilidade e que a exerza. En definitiva, que asuma o seu papel e que faga respetar a lei.
Covadonga Suárez, colectivo “Por nuestro faro”

A voltas cos cortes de luz. #cortesdeluzRibadeo

De novo queixas. De novo, desorde para presentalas. De novo, confianza en que novas infrastuturas eliminarán os cortes. De novo, unha ilusión que non contempla organización para esixir nin cartos para mantemento.
Onte unha nota de prensa do concello voltou á liña habitual nestes casos: veñen a queixarse ó concello, quéixome no seu nome.
Cunha conciencia social das empresas, posiblemente abondara. pero hoxe as empresas usan a conciencia social como señuelo, non como día día. E, dentro do conxunto, as eléctricas non se distingue precisamente pola preocupación social.
A clave estaría nunha estación eléctrica (subestación) que leva arrastrado problemas xudiciais e á que se lle botan as culpas porque é moi doado e así respáldase a posición da empresa en relación á súa construción. Polo que parece, a construción, 'que nunca Ribadeo tivo' vai 'resolver de maneira moi importante' o problema. Mentres, as liñas e o seu coidado no monte non se tocan. Si no centro urbano de Ribadeo, rematando a nota nun 'confiamos' despois dun 'expreso un desexo'. A alguén lle soa 'obras son amores, que non boas razóns'?.
Imaxe do Sigpac (xa vella) centrada no lugar de construción da subestación. Arriba á esquerda, a Autovía e Tubolens. Arriba á dereita, a circunvalación. As casas da esquerda, Folgosa. Os dous 'camiños' abertos na vexetación son para a liña eléctrica pra a subestación e para o gas.

BARCIA ESPERA QUE SE VEXA A LUZ AO FINAL DO TÚNEL
Cortes de luz
04/10/2017
O alcalde, Fernando Suárez, agarda que a finais de ano estea rematada a subestación eléctrica de Ribadeo e as obras de mellora na rede de máis de 6 quilómetros de vello cableado na vila. Deste asunto falou cos responsables da compañía tras os últimos micro cortes de luz que se produciron nas últimas horas e que orixinaron queixas da veciñanza e do empresariado local.
O rexedor dixo que "en relación con esta situación de queixa por estes cortes no subministro eléctrico que habitualmente se veñen producindo en Ribadeo e que xeran moitas queixas entre a veciñanza en xeral e entre o pequeno comercio en particular, eu agardo que de aquí en adiante e a curto prazo sexan boas novas as que vaiamos tendo, que vaian encamiñadas a resolver todas estas incidencias que sufrimos".
Suárez Barcia explicou que "digo isto porque despois de estar falando cos responsables da compañía eléctrica e no que ten que ver coa construción da subestación eléctrica e co grao de execución desta obra tan importante, despois de salvar as cuestións xudiciais que tivo o proxecto paralizado durante varios anos e que as obras foron reanudadas hai uns meses, é polo que se me indica por parte da compañía eléctrica que a previsión de remate das mesmas, que ía ter lugar a primeiros do 2018, quizais se poida anticipar a finais deste ano xa que os traballos avanzan con maior rapidez da programada inicialmente. E iso, segundo os responsables da compañía eléctrica, o de que Ribadeo dispoña dunha subestación, que ata agora nunca na súa historia tivo, vai resolver de maneira moi importante toda esta problemática".
O alcalde ribadense engadiu que "por outra banda, tamén me gustaría dicir que a xunta de goberno municipal autorizou varias licencias de obras, que presentou a compañía eléctrica para a renovación e reforzo das instalacións de cableado eléctrico de media tensión no ámbito urbano fundamentalmente. Estas actuacións teñen como misión a substitución de vellos cableados nunha lonxitude aproximada duns seis quilómetros e medio por diversas rúas da nosa vila. Esa rede de vello cableado tamén deu moitas veces nestes últimos tempos a importantes problemas de apagóns, etc. Como agora xa dispoñen de autorización municipal confiamos que se inicien axiña estas obras e o resultado poida estar realizado a finais deste 2017".
Suárez Barcia manifestou: "expreso un desexo, a ver si por fin podemos empezar a ver a luz ao final do túnel, que ven moi acaído para o momento, e ver que esta problemática eléctrica padecida ao longo destes anos se lle pon fin dunha vez por toda. Confiamos que sexa así".
Por certo, que dos cortes de luz de onte non teño datos en #cortesdeluzRibadeo.

20171004

O discurso do El Rei de onte

Non o vou comentar, só deixalo para a posterioridade e acompañalo cunha pregunta e un feito que calquera pode comprobar na web de Europa Press:
1. Ter pasaporte español e non querer prescindir del da patente de corso?
2. Se tentas copiar o discurso dende a páxina de Europa Press, non se copia máis que o inicio, e aparece un aviso de que o discurso está protexido polo dereito de copia. Erro sistemático, despiste sintomático.
Buenas noches,
 Estamos viviendo momentos muy graves para nuestra vida democrática. Y en estas circunstancias, quiero dirigirme directamente a todos los españoles. Todos hemos sido testigos de los hechos que se han ido produciendo en Cataluña, con la pretensión final de la Generalitat de que sea proclamada -ilegalmente- la independencia de Cataluña.
Desde hace ya tiempo, determinadas autoridades de Cataluña, de una manera reiterada, consciente y deliberada, han venido incumpliendo la Constitución y su Estatuto de Autonomía, que es la Ley que reconoce, protege y ampara sus instituciones históricas y su autogobierno.
Con sus decisiones han vulnerado de manera sistemática las normas aprobadas legal y legítimamente, demostrando una deslealtad inadmisible hacia los poderes del Estado. Un Estado al que, precisamente, esas autoridades representan en Cataluña.
Han quebrantado los principios democráticos de todo Estado de Derecho y han socavado la armonía y la convivencia en la propia sociedad catalana, llegando -desgraciadamente- a dividirla. Hoy la sociedad catalana está fracturada y enfrentada.
Esas autoridades han menospreciado los afectos y los sentimientos de solidaridad que han unido y unirán al conjunto de los españoles; y con su conducta irresponsable incluso pueden poner en riesgo la estabilidad económica y social de Cataluña y de toda España.
En definitiva, todo ello ha supuesto la culminación de un inaceptable intento de apropiación de las instituciones históricas de Cataluña. Esas autoridades, de una manera clara y rotunda, se han situado totalmente al margen del derecho y de la democracia. Han pretendido quebrar la unidad de España y la soberanía nacional, que es el derecho de todos los españoles a decidir democráticamente su vida en común.
Por todo ello y ante esta situación de extrema gravedad, que requiere el firme compromiso de todos con los intereses generales, es responsabilidad de los legítimos poderes del Estado asegurar el orden constitucional y el normal funcionamiento de las instituciones, la vigencia del Estado de Derecho y el autogobierno de Cataluña, basado en la Constitución y en su Estatuto de Autonomía.
Hoy quiero, además, transmitir varios mensajes a todos los españoles, particularmente a los catalanes.
A los ciudadanos de Cataluña -a todos- quiero reiterarles que desde hace décadas vivimos en un Estado democrático que ofrece las vías constitucionales para que cualquier persona pueda defender sus ideas dentro del respeto a la ley. Porque, como todos sabemos, sin ese respeto no hay convivencia democrática posible en paz y libertad, ni en Cataluña, ni en el resto de España, ni en ningún lugar del mundo. En la España constitucional y democrática, saben bien que tienen un espacio de concordia y de encuentro con todos sus conciudadanos.
Sé muy bien que en Cataluña también hay mucha preocupación y gran inquietud con la conducta de las autoridades autonómicas. A quienes así lo sienten, les digo que no están solos, ni lo estarán; que tienen todo el apoyo y la solidaridad del resto de los españoles, y la garantía absoluta de nuestro Estado de Derecho en la defensa de su libertad y de sus derechos.
Y al conjunto de los españoles, que viven con desasosiego y tristeza estos acontecimientos, les transmito un mensaje de tranquilidad, de confianza y, también, de esperanza.
Son momentos difíciles, pero los superaremos. Son momentos muy complejos, pero saldremos adelante. Porque creemos en nuestro país y nos sentimos orgullosos de lo que somos. Porque nuestros principios democráticos son fuertes, son sólidos.
Y lo son porque están basados en el deseo de millones y millones de españoles de convivir en paz y en libertad. Así hemos ido construyendo la España de las últimas décadas. Y así debemos seguir ese camino, con serenidad y con determinación. En ese camino, en esa España mejor que todos deseamos, estará también Cataluña.
Termino ya estas palabras, dirigidas a todo el pueblo español, para subrayar una vez más el firme compromiso de la Corona con la Constitución y con la democracia, mi entrega al entendimiento y la concordia entre españoles, y mi compromiso como Rey con la unidad y la permanencia de España".

20171003

Información xeral dende Bruxelas

A conta de diversos comentarios (non no blog, senón nas redes sociais), collendo de xeito parcial a declaración da UE sobre o referendo catalán, coido que debe lerse enteira para que non remate distorsionada, nos guste ou non (http://europa.eu/rapid/press-release_STATEMENT-17-3626_es.htm).
Saúdos.

Programación cultural de outubro/xaneiro en Ribadeo

Recibida onte por correo electrónico, déixoa en medio máis accesible. No corpo da mensaxe, en Issuu e abaixo como presentación na mesma mensaxe.



20171002

ESCUDOS DE ARMAS DOS MENÉNDEZ NAVIA E VILLAAMIL. Francisco José Campos Dorado

Foto 1. Riocaínzos (1642)

Este primeiro Escudo de Armas de forma ovalada da (foto 1, cortesía de D. Joaquin del Pino Calvo Sotelo), tallado en pedra marmórea, mantense en case perfecto estado de conservación nas propiedades de Riocainzos de Vilaframil, e o segundo da (foto 2, cortesía de D. Emilio Piñeiroa Lozano) está situado nunha casa de San Caetano en Celeiro de Mariñaos.
O primeiro, está esculpido sobre unha cartela, representando un pergamiño de bordes rotos, cuxas voltas, cara arriba, tanto nos soportes (partes laterais) como no sostén (parte baixa), así como as voltas, cara abaixo, sobre os catro cantós, fan resaltar o conxunto artístico nunha armónica e elegante representación heráldica de adusta beleza. Está timbrado cunha cruz cristiá pometeada (cos brazos laterais e alto, rematados en pomos en forma de bolas) [Nota: a cruz cristiá ten os brazos laterais e o alto iguais, neste caso, o alto é algo máis curto, e o baixo sempre máis largo].
Estas Armas, son dunha dinastía de fidalgos cuxa ampla estirpe se estende por tódalas Terras de Ribadeo e de Miranda. Varios membros viviron no núcleo urbano de Ribadeo, onde hai tres escudos de distinto estilo, pero coas Armas iguais: o da Casa Brasonada do parque (antigo comercio de Maseda) e o da Casa do Patín (tamén en La Comarca del Eo, 21-Maio-2016), así como, o escudo dereito, segundo miramos o altar maior da capela de San Roque (Escudo de Armas da Casa de Quintalonga de Santalla de Vilaosende, tamén en La Comarca del Eo 19-Agosto-2017).
Ámbolos dous escudos que relatamos hoxe, presentan as mesmas Armas hereditarias, con lixeiras diferenzas, da familia de D. Balthasar MENENDEZ da Casa de NAVIA DEL LIMONAR, sita no solar da vila de Navia, cuxa descendencia lle ven por liña agnaticia ou recta de varón: pai, avó, bisavó e máis ascendentes, e da vila de VILLAAMIL, de cuxos solares se intitulaba e a quen pertencen ditas Armas do escudo, e das dos FUERTES e SIERRA, “de quien también desciendo por hembra” (extractos dun artigo do xenealoxista mindoniense, D. Xosé Isidro Fernández Vilalba (Cidre) publicado na revista galega “Terra e Tempo” o 10-Febreiro-2016, referente a un testamento de 1668, do que xa fixemos referencia no artigo “Escudos do Altar Maior de Sta. María do Campo, tamén en La Comarca del Eo 4-Marzo-2017).
As verbas deste testamento están corroboradas, nas propias lendas que destacan no adorno exterior do Escudo de Armas (foto 1). Na parte alta, na chamada “Divisa” (lenda escrita en letras maiúsculas sobre unha cinta) que en Heráldica é unha frase que de forma concisa e significativa, representa un ideal ou programa de vida, que reflexa o espíritu de quen a escolleu: “NAVIA I VILLAMIL AVANTE CON LA CRUZ AVANTE”. (Tratado de Genealogía, Heráldica y Derecho Nobiliario, Curso de Licencia, Instituto Luis de Salazar y Castro –C.S.I.C.- Hidalguía, Madrid 1961, páx.184). Polo tanto, vemos que os ancestros desta familia NAVIA E VILLAMIL, tiñan unha actitude cristián que pensaban levar adiante en todo momento. D. Baltasar MENÉNDEZ NAVIA E VILLAAMIL era fillo lexitimo de D. Sancho MENÉNDEZ NAVIA E VILLAAMIL e de Dª. Magdalena RODRIGUEZ DE SIERRA E FUERTES naturais de dita vila de Navia (“Terra e Tempo”, Persoeiros históricos de Ribadeo, D. Xosé Isidro Fernández Vilalba (Cidre), 10-Feb-2016).
Rodeando o cantón destro e a punta do escudo, sobre a cartela (Nótese que ámbolos dous escudos non teñen bordura) unha lenda en letras maiúsculas expresa a procedencia da xenealoxía do brasonado: “DE LA (cantón destro) CASA DE NAVIA DEL LIMONAR POR LINEA RECTA DE BARÓN” (punta) e no adorno da volta arriba do sostén, podemos ler a data: DE 1642, que debe corresponder coa data de elaboración do escudo pois D. Baltasar gaña a Carta Executoria de Fidalguía na Real Chancillería de Valladolid no ano 1638 (Blasones y Linajes de Galicia, frei José S. Crespo del Pozo, Volume III, páx.298)
O escudo de forma ovalada, como xa dixemos algunha vez, é característico das damas e dos eclesiásticos. Neste caso, ó estar timbrado cunha cruz, é sen dúbida dun eclesiástico ou dunha persoa relacionada coa Igrexa Católica, o que non quitaría noutros casos, que a liña da súa liñaxe procedera dunha herdanza cognaticia ou de hembra: nai, avoa, bisavoa, tataravoa, etc. liña que na antigüidade tivo moito valor, por fundarse no principio de que “a nai sempre é certa” (Tratado de Genealogía, Heráldica y Derecho Nobiliario, Curso de Licencia, Hidalguía 1961, páx.51).
O escudo (foto 1) está cuartelado en catro por unha cruz de Alcántara, de Calatrava ou de Montesa. A forma externa destas tres cruces de Ordes Militares, é a mesma, salvo que a cor de Alcántara é sinople (verde); a de Calatrava de gules (bermella) e a de Montesa de sable (cor negro). Se nos fixamos nos detalles, a cruz vese baleira (acanalada) polos eixes de simetría, esto pode ser debido: 1) A que o artista quixo estilizar a forma da cruz, ou 2) (menos probable) a cruz pretende ser brochante (con outra por encima).
Destas premisas, sacamos en conclusión de que o escudo pertence a un cabaleiro dunha Orde de cabalería, e dado que timbra cunha cruz e non cun casco ou celada, é dun eclesiástico. ¿Quen era eclesiástico e dunha Orde de cabalería?. Vexamos. A Orde de Alcántara deriva da de San Xulián de Pereiro, fundada en 1156, cuxos cabaleiros se encargaron en 1213 da defensa de Alcántara, e pasaron a chamarse co nome desta vila (cruz florenzada de sinople). A Orde de Calatrava, foi instituída por Sancho III en 1158 (cruz florenzada de gules). A de Nosa Señora de Montesa, foi instituída por Xaime II de Aragon e Valencia, e aprobada polo Papa Xoan XXII en 1319, establecéndose a casa principal na vila de Montesa, de onde toma o nome (cruz florenzada de sable). Esta vila denantes fora dos templarios. Pero esta Orde de Montesa, incorpora a Orde de San Xurxo de Alfama, cuxa cruz chea, de gules (cruz de catro brazos iguais de cor bermello) pona brochante sobre a negra. (“O Libro da Heráldiga Galega”, Luciasno Fariña Couto, Fundación Pedro Barrié de la Maza, 2001, páx.61)
Para a miña forma de ver a cruz do cuartelado, tanto pode ser a de Alcántara como a de Calatrava, falta coñecer a cor, e respecto da acanaladura central, é algo estilístico da labra do artista. Para decantarnos pola Cruz de Montesa, tería que ser a cruz primixenia sen a incorporación da Cruz de San Xurxo, cousa que tampouco sería de extrañar por istes lares, dada a súa connotación coa Orde dos cabaleiros Templarios, dos que tantos vestixios temos polas Terras de Ribadeo, por ser de sempre, ruta obrigada do Camiño de Santiago.
Foto 2. Celeiro de Mariñaos (1700)

O escudo da (foto 2) de Celeiro de Mariñaos, está timbrado cunha cruz cristián florenzada e pometeada (cos brazos laterais e alto, rematados lixeiramente abertos, como os pétalos da corola dunha flor, como facéndolle encaixe ao pomo en forma de bola). Carece da Divisa, e da lenda xenealóxica que vimos no escudo primeiro, e está simplemente cuartelado en cruz, sen presentar ningunha cruz de Orde Militar. O adorno exterior, aos pes da cruz do timbre, son follas semellando lapas de lume, e o demais está formado por unha meticulosa labra de fantasía con follas nervadas de elegantes voltas simétricas en ámbolos dous flancos, cantóns e sostén.
No escudo (foto 1), o primeiro cuartel, é un brasón partido, en cuxa 1ª partición hai unha banda perfilada engulida en dragantes linguados (dragóns aos que se lles ve a lingua), e coa curiosa particularidade, de que ó dragón baixo, tamén se lle ve un anaco do remate da cola. Son Armas dos NAVIA, as mesmas que aparecen no altar maior da igrexa parroquial de Ribadeo (tamén en La Comarca del Eo, 4-Marzo-2017)
Neste primeiro cuartel, 2ª partición, un home de pé con uniforme típico dos conquistadores de América, porta unha adarga na man destra, cuxa folla da coitela mira cara sinistra, e a man esquerda descánsaa sobre o pomo da espada envaiñada que leva á cintura. O home está situado sobre un escudiño con bordura e con cinco faixas en relevo, e cinco ranuras o que puidera pensarse nun escudo burelado, si se alternaran faixas de metal e de cor, pero carecemos de documentación para aseveralo.
Este escudiño con faixas, parece que fai referencia as Armas dos MENENDEZ, que segundo o Diccionario Heráldico y Nobiliario de Fernando González-Doria do ano 1994, si son do solar de Avilés, en campo de prata serían soamente tres faixas de azur, tal como aparecen no escudo do Patín e no escudo de Armas do Outeiro de San Miguel de Reinante (ver fotos en “Casa brasonada do parque de Ribadeo”, La Comarca del Eo, 21-Maio-2016).
No primeiro cuartel do escudo da (foto 2), preséntanse as mesmas armas, pero con particularidades distintas:
1) O brasón está no cuartel enteiro sen partición.
2) A banda está posta en barra (seguramente porque o artista a adaptou ó largo do espazo que lle quedaba baixo a curva do 1º cantón).
3) O escudiño con faixas non ten bordura.
No segundo cuartel, en ámbolos dous escudos, unha aguia coroada mirando a destra, co vó baixado ou coas ás caídas, das armas dos AGUIAR ou dos PARDO DE AGUIAR, e a cada lado da cabeza e á mesma altura dúas coroas laterais das armas dos VILLAAMIL (en campo de azur unha aguia coroada de ás baixas de prata, con dúas coroas laterais do mesmo metal á mesma altura da cabeza). Pormenorizando, vemos que as aguias, están feitas con diferencias artísticas, pois mentres que no 1º, as ás aguantan as coroas laterais, no segundo as ás son cortas e as coroas están no aire; no 1º, as patas e garras da aguia son grandes e chegan o borde, no 2º as patas e garras son cortas.
No terceiro cuartel, unha aguia coroada mirando a sinistra (foto 1) e mirando a destra (foto 2), de ás caídas ou de vó baixado. Son armas dos PARDO (se tivera esmaltes, en campo de sinople unha aguia de prata coas ás baixas, coroada co mesmo metal), semellante a aguia de ás abertas ou volante, que tamén aparece no cuarto cuartel do Escudo de Armas da Capela da Virxe de Lourdes da Igrexa parroquial de Sta. María do Campo de Ribadeo (tamén en La Comarca del Eo, 6-Maio-2017). No primeiro escudo a aguia mira a sinistra enfrontada, por cortesía entre brasóns, coa aguia do 2º cuartel. No segundo escudo, miran ámbalas dúas á destra, na forma natural do brasón.
Cuarto cuartel, unha torre de tres alturas (unha torre con dous homenaxes un sobre do outro, todos ameados), sobre ondas de auga (de azur e prata). Este brasón parece ser o de FUERTES E SIERRA.
D. Baltasar, compra a propiedade e funda a Casa de Río de Caínzos o 26-Decembro-1622 (Concello de Ribadeo, documento antigo do foro de propiedade da casa. Arquivo privado). D. Baltasar tiña unha irmá, Dª María Vázquez Navia e Villaamil casada con D. Pedro Álvarez de Lago, de cuxo matrimonio houbo dúas fillas, Dº Gerónima e Dª María de Lago, todos eles veciños de Navia. D. Baltasar MENÉNDEZ NAVIA E VILLAAMIL Y SIERRA cásase con Dª Antonia HESTRADA MANRIQUEZ E RIO filla de D. Francisco RODRIGUEZ DE RIO e de Dª. Antonia DE HESTRADA MANRIQUEZ veciños de Ribadeo (faise referencia a este matrimonio no apartado da Capela de S. Roque, “Ribadeo Antigo”, Francisco Lanza, páx.259). No ano 1668, había sete fillos deste matrimonio de D. Baltasar e Dª Antonia, os cales extractamos aquí, do amplo artigo de D. Isidro Fernández Vilalba, “Coñecendo persoeiros históricos de Ribadeo”(“Terra e Tempo”, 10-Febreiro-2016), e cuxa información ampliamos coa xenealoxía relatada en “Blasones y Linajes de Galicia” do padre D. José Santiago Crespo del Pozo, Volume III, páx. 298)
1) Dª. María Navia e Villaamil, que estivo casada co Capitán Don Antonio SARMIENTO, e tiveron unha filla, Dª Juana, quen recibiu parte do legado de súa avoa Dª. Antonia.
2) D. Salvador Menéndez Navia e Villaamil, que foi o canónico tesoureiro da catedral de Mondoñedo, polo ano 1695, e mandou reedificar en 1719 a Capela de San Roque de Ribadeo.
3) Dª. Antonia de Hestrada, monxa profesa no Convento de Sta. Clara de Ribadeo.
4) D. Francisco Menéndez casado en primeiras nupcias con Dª. María del Campo MON E CASTRILLÓN, e en segundas nupcias con Dª Antonia LUACES DE CANCIO, filla de D. Luís de LUACES E SOMOZA. Ver xenealoxía en “Escudo eclesiástico da Capela de San Roque de Ribadeo”(tamén en La Comarca del Eo, 2-Setembro-2017)
5) Dª. Juana Menéndez Navia y Villaamil casada có Licenciado Don Juan Antonio CASTRILLÓN E CIENFUEGOS. Avogado das Reais Contas e veciño de San Bartolomé de Valdepares (Asturias).
6) Dª Isabel María Menéndez Navia estaba solteira no a ano 1668, e vivía na compaña dos seus pais. Dª Isabel, cásase con D. Antonio de LAMAS E MONTENEGRO, primoxénito de D. Antonio LAMAS BAAMONDE e de Dª María MONTENEGRO SANJURJO. Ver xenealoxía no artigo, Escudo da Armas da Casa de Quintalonga de Santalla de Vilaosende (La Comarca del Eo, 19-08-2017)
7) D. Gaspar Menéndez Navia y Villaamil, era o fillo menor. Ignórase o nome da súa muller, pero sábese que tivo unha filla chamada, Dª Juana Rafaela MENÉNDEZ DE AGUIAR Y FUERTES, que casou con D. Nicolás DE LUACES Y UTTON, rexedor do concello mindoniense, dono da Casa de Grallal, en Cobas (Viveiro).
D. Balthasar e Dª. Antonia fan testamento pechado ante D. Domingo García de Cordido o 30 de xullo de 1668. O 21 de Abril de 1683 morre D. Balthesar Menendez Navia e Sierra, e ese mesmo día, ábrese dito testamento en presenza de D. Antonio Baamonde escribán de número da vila de Ribadeo onde se di, entre outras disposicións, que “...os seus corpos sexan sepultados na Igrexa Conventual de San Francisco na sepultura que tiñan dotados os seus “maiores” e que esta debaixo do púlpito...”. Foi nomeado por cumpridor do testamento, D. Salvador Menendez Navia y Villaamil, e por veedores D. Gonzalo FUERTES E SIERRA, cuñado de D. Antonia e tío de D. Balthasar Menéndez, e o Licenciado D. Bartolomé ÁLVAREZ DE LA TORRE comisionado do Sto. Oficio e cura da Colexiata e parroquia de Ribadeo (ibidem, Cidre 2016)
Con todos os MENÉNDEZ anteriores, di D. José Crespo del Pozo (ibidem, páx.298), debeu estar emparentado D. José MENÉNDEZ, nacido Ribadeo en 1682, quen casou con Dª María Teresa PARDO, e tiveron por filla a Dª Juana MENÉNDEZ PARDO, que casou con D. Jerónimo MIRANDA LAMAS, fillo de Dª Juana LAMAS Y MONTENEGRO e de D. Pedro Teodoro MIRANDA Y SANJURJO, empadroado como nobre en 1708 en Goyos, onde se encontraba enclavada a Casa de Miranda de San Vicente de Villameá. D. Jerónimo e Dª Juana, teñen por fillo a D. Lorenzo MIRANDA Y MENÉNDEZ, nacido en Ribadeo en 1735, e cásase con Dª María Rosa MIRANDA Y TRELLES (dos MIRANDA, Marqueses de Santa María do Villar e Condes de San Román), e teñen por fillo a D. Domingo de MIRANDA Y DE MIRANDA, nacido en Ribadeo en 1775.
Outros MIRANDA de Ribadeo emparentados cos NAVIA (ibidem, frei Crespo del Pozo, páx.308) son: D. Alonso Antonio MIRANDA, casado con Dª Bernarda de NAVIA, que teñen por fillo a D. Fernando Manuel de MIRANDA, que casa con Dª Juana MON (filla de D. Fernando Manuel MORO (?) e de Dª Francisca VELARDE), e teñen por fillos a D. José Pedro DE ALCÁNTARA MIRANDA MON NAVIA Y VELARDE, e a seu irmán D. Romualdo, que ambos eran cabaleiros da Orde de San Xoán de Xerusalén en 1795.
Despois deste breve retrinco de historia ribadense, sabemos que as propiedades de Riocaínzos comprounas ó redimir o foro, D. Baltasar en 1622, e que vivía coa súa dona Dª Antonia, na casa do parque “frente o Hospital de San Sebastián”, pero gustaríanos rematar, sabendo quen dos seus fillos, ou parentes, vivían na Casa do Patín, pois a pedra armeira da fachada, presenta as mesmas Armas, así mesmo, ¿que parente fundou e viviu na Casa do Outeiro de San Miguel de Reinante? e ¿na Casa de Celeiro de Mariñaos?. Máis iso é outro anaco da Historia do Ribadeo Señorial ignorado e descoñecido.

Despois do 20-2, mirando a outra parte

Vale. Se o referendo catalán fora un partido, o resultado sería algo así como 20-2. Si, pódenselle dar moitas voltas, como que lograran votar máis de dous millóns de persoas despois de roubar urnas ou entrar a paus nos centros de votación. Pro o resultado está aí. Claro.
Mentras, a xente toda deste estado, seguiremos no día a día co desfalco político e o roubo xeral de dereitos. Nun caso será o 3% catalán e noutros as comisións diversas (por algo os cataláns teñen fama de organizalo todo ben). E seguiremos con cousas como a que hoxe aparece na prensa, no rinconciño non adicado a loar que ben se tentou destruir a vontade dun pobo: Gas Natural Fenosa logrou botar abaixo a cláusula que nun concurso premiaba que a enerxía producida fora 'limpa'. Claro, o tema era que o concurso estaba convocado polos demos de Podemos e aliados no concello de Madrid. E por iso, calquera mota de pó vale para poder producir unha tormenta de area. E a lexislación española parece especializarse no uso de motas de pó nuns ollos e non nas vigas de outros, que para algo hai o control do que se lexisla. Por certo, a empresa é catalana, pero cando hai que axudar, xa se sabe, non importa que sexa catalana (sobre todo, tendo en conta os demos de Podemos)
Seguimos na normalidade.
Sede de gas Natural Fenosa en Barcelona (que se saiba non foi atacada onte). Imaxe de Ricardo GNF en es.wikipedia.org, CC BY-SA 3.0

20171001

Dereito á saúde. Pablo Mosquera Mata

   Dicían os antergos que hai cuestións valoradas só cando se perden. Por iso non está mal que se abra un debate na sociedade mariñán sobre como os poderes públicos garanten o dereito social á saúde, con dous feitos constatables e recurrentes no tempo. Houbo que loitar para dispor dun hospital público, fronte aos intereses comerciais de certos 'gremios organizados colexialmente' que pretenderon sempre facer dun dereito, pura mercadoría en Lugo. Houbo un tempo mellor, con dúas premisas hoxe esquecidas: o noso hospital, sito na parroquia de Santa María de Burela, chegou a figurar no catálogo de hospitais como Hospital Xeral; a xestión dos servizos socio sanitarios coa participación dos representantes da sociedade civil, no marco dunha comarca natural e histórica -antiga provincia de Mondoñedo-.
   A verdade é que os que seguimos sendo mindonienses por convición cultural e emocional, lamentamos depender da cidade romana. Nunca lles importamos, nunca nos entenderon, nunca nos deron nada, nunca se aproximaron á nosa vocación de xentes que por limitar ao norte con Inglaterra, mar por medio, non tiñamos vocacion de aldea profunda, e como me lembraba Carlos Nuevo, cando en Lugo non sabían o que era a industria, Viveiro e o seu concello -Donapétry- disfrutaban dunha importantísima actividade do sector secundario da economía, amén da pesca, amén do viño, amén do liño, amén da lembranza histórica da primeira industria de transformación -balea en saín-.
   Pero o dereito á saúde non consiste só nunha asistencia sanitaria eficiente, do mesmo xeito que unha democracia non consiste só en poder votar cada catro anos, é participar, que os partidos polítcios consulten, máis aló do rito teatral das campañas electorais; pois o mesmo debemos saber sobre a saúde pública. Hai non menos de dúas cuestións sobre as que se debe debater, informar, prever e resolver: os factores de risco no uso dunhas vías de comunicación onde a relación densidade de tráfico, trazado, climatoloxía e conservación dan o resultado dos denominados puntos negros. Os factores de risco que supoñen os procesos industriais, cando existe contaminación por terra, mar e aire, por moito que se traten de solapar con programas de 'xerosas' axudas aos voluntarios de certa multinacional do aluminio. Alguén se ten ocupado de observar como están resolvendo o problema dos chamados lodos vermellos? alguén se lembra do que sucedeu en Hungría?
   Todo isto e moito máis forma parte do espazo multidisciplinar do dereito á saúde.