20170605

Mexadoiro evolución: precuela

Despois da anterior entrada, 'Mexadoiro evolución', decateime de que faltaban cousas revias en relación ó 'Mexadoiro de King Kong / fonte no parque da Pza. de España', que son as que poño agora na web.

Abril de 2007 ('Ribadeo, Ribadeo'):
"454000€ (máis de 75Mpts) son anunciados para a Pza. de España, contando ademáis da obra, unha fonte luminosa, rego automático, novos bancos, e algo que non entendo, 'instalación de novos servizos'"
Maio de 2007 ('Debate á vista en Ribadeo'):
Licitación pola Xunta das obras do parque, "a Xunta licita a 'mellora' do parque de Ribadeo. Que irán facer esta vez? Gastar 400000€. Reposición dos pavimentos en toda a área, instalación do novo mobiliario urbano, unha fonte, substitución e melloras das instalacións de servizos, rego automático no parque de San Francisco..."
Xaneiro de 2008 ('Un paseo polo parque'):
A fonte ocupa o espazo que antes o cupaba o monumento ós bous da guerra, barcos de pesca armados para patrullar no cantábrico como mariña feixista. A imaxe é da desmontaxe.
Marzo 2008 ('Cousas do concello'):
A fonte, comezando a ser construída.

Abril 2008 ('Pleno forzado'):
Comezando a construción

Maio 2008 ('Iniciativas'):
A fonte, en construción.

Novembro 2008 ('A política das contas'):
Na foto, o cogollo principal da nova (daquela, polo momento futura, pois non comezara a funcionar) fonte no campo, cunha vista sobre o decorativo cadro de mandos tamén no mesmo parque.
Abril 2009 ('Aldara e fotos'):
A fonte xa funcionara uns días, e deixara de funcionar. comezaban a acumularse pedras sobre ela. e a 'sala de máquinas' esperando a que medre o matorral.

Xullo 2009 ('Os trámites medioambientais avanzan ben'):
A fonte do parque, rebosando auga.

Mexadoiro Evolución

Case seguro que se comprendía mellor en inglés: Mexadoiro Evolution. Refírome ós cambios e transmutacións do 'Mexadoiro de King Kong' / fonte do Parque da Pza. de España dende a súa construción ata a actualidade. A semana pasada, dende o concello, tomeille unha foto, e lembrei que tiña máis ou menos a historia gráfica. Aí vai, con algún comentario:
Decembro de 2008 ('Cinco imaxes, un só Ribadeo'):
Cadro de control da instalación eléctrica

Xaneiro de 2009: Explicación no pleno: non funciona porque está a falta do boletín de enganche ('Continuamos')
Febreiro de 2009 ('Unha vista do ¿Parque?'):

Abril de 2009 ('Fotos de novidades en Ribadeo'):
A fonte, funcionando!
Unha vista do parque coa fonte funcionando

Outubro de 2009 ('Voluntarios'): noticia indirecta de que o mexadoiro segue cheo de pedras.
Novembro de 2009 ('Rocambole'): competencia para o mexadoiro: Piden mexadoiros para o parque para aproveitar o 'plan E'.
Seco, en xullo de 2011. 'King Kong non mexa'
Abril de 2012 ('No medio do parque, un día de turismo, unha lagoa asoma'):
Estado, no 2012, do mexadoiro

Abril de 2014 ('O coidado de Ribadeo'):
Maceta xigante
E hai poucos días:
Mexadoiro de King Kong, versión 2017. O inútil cadro eléctrico volveu á descoberta.
Precuela: http://ribadeando.blogspot.com.es/2017/06/mexadoiro-evolucion-precuela.html

20170604

Os precintos do concello de Ribadeo

Esta semana que rematou deixou precintos do concello de Ribadeo a varios establecementos en funcionamento: os apartamentos Faro Isla Pancha e os clubes Carús e Kiss. Como me cadrou pasar por diante dun destes establecementos o sábado, e tiña curiosidade de coñecer como son os precintados e o que permiten ou non facer, parei tomar algunha foto.
Por se non se ve ben, neste caso, a máis do papel timbrado do concello e dun logotipo co escudo do Concello de Ribadeo, aparece 'PRECINTADO //  MOTIVO: RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA DE DATA 29 DE MAIO DE 2017 // EXPEDIENTE. 850 / 2017 // POLICÍA LOCAL. CONCELLO DE RIBADEO'
A posición do papel, protexido con plástico e pegado con cinta adhesiva transparente, di ás claras que é unha nota de aviso, pero que non impide nada nin da fe por rotura de que a porta non se abriu, pois está sobre unha folla e non entre as dúas.
Eu tiña unha idea máis próxima de precintar á que aparece no dicionario da RAG: "precintar
verbo transitivo
Pór precinto a [un paquete, porta, caixa etc.] para que non sexa aberto ou manipulado.
Os contadores da auga están precintados cun selo de chumbo.
CONFRONTAR selar
A policía precintou o local."
ou co que aporta para 'precinto' a RAE: "precinto
Del lat. praecinctus 'acción de ceñir'.
1. m. Ligadura o señal sellada con que se cierran cajones, baúles, fardos, paquetes, legajos, puertas, cajas fuertes, etc., con el fin de que no se abran sino cuando y por quien corresponda legalmente.
2. m. Acción y efecto de precintar. "

A costeira do bonito. Dous artigos de Pablo Mosquera

Vista xeral de S. Cibrao, tomada o 29 de abril de 1945. O acubillo para a flota, madeira e vapor, era a ría.

Tertulias entre gentes de mar
Recuerdo con imborrable nostalgia aquellas tertulias a la puesta del sol en el miramar en El Coto de San Ciprián. Era un momento para que las gentes de mar predijeran como iba a estar el tiempo al día siguiente, hechos que condicionaban a la flota de bajura compuesta por aquellas hermosas motoras de madera como " La Calista" de Manolo de Rego, que fue la persona con la que aprendí a cacear en el Escaramelado de Os Farillóns.
Hoy resulta muy complicado entablar una conversación sobre los antecedentes marineros de San Ciprián. No quedan casi vestigios de aquel pasado dónde en cada casa había un patrón. San Ciprián se componía de gentes de mar, carpinteros de ribera, carabineros reales y lo que denominaban "industriales y propietarios". Los primeros regentaban cantinas-colmados y los segundos vivían de las rentas que proporcionaban las propiedades: prados-lugares-montes.
Pero aun queda gente con la que se puede aprender. Así me comenta Clara Rey Sarmiento "de Rio Cobo", aquella historia que tanto les impresionaba en la niñez. Unas mujeres de Lieiro había protagonizado un motín... Indago y "¡bingo!". En agosto de 1892 fueron detenidas Carmen Martínez Ben, Carmen García Rodríguez, Concepción Paleo, Josefa Rey Castro, Clotilde Rubiños Paleo; la causa, oponerse al arrendamiento del impuesto de consumos el 23 de tal mes.
Cuando paseo por el sendero que va desde La Caosa, por La Fontiña y llega hasta La Cetárea, recuerdo a mi vecino y miembro de la tripulación de "La Calista", Arsenio, encargado de la cetárea que a su vez dependía de las de Rinlo. En 1898 era noticia que de San Ciprián habían salido con destino a Francia, 1385 langostas. Tal marisco alcanzaba en el país vecino entre 10 y 12 francos, que dejaban un beneficio con respecto a Galicia de más de 9 francos. Así llegó la esquilma total. A pesar del informe elaborado y publicado desde 1881. Tal alerta informaba de capturas de 900 000 langostas.
Las dos obras que tuvieron en vilo a las gentes de mar del puerto de San Ciprián fueron, el muelle, cuyas obras salen a pública subasta en mayo de 1935 por valor de 251 780 pesetas. La otra necesidad era la construcción de un muro en la isla de La Anxuela, para que sirviera de protección a la flota que atracaba en La Concha, frente a lo que hoy se conoce como praya Do Torno. La primera intentona es de mayo de 1933 al salir tal obra a información pública. La subasta de la obra se realiza en junio de 1941 por valor de 869 506 pesetas. Curiosamente y como ejemplo del trato que siempre se dio desde Madrid a nuestra costa, no será hasta 1967 cuando se vuelva sobre la cuestión y 1968 cuando se decida formalmente concluir la obra del muro para proteger al puerto de San Ciprián. Por aquellas fechas había un dicho que nos dolía: "San Ciprián, moita area e pouco pan".
-
Anos 1960. Flota boniteira da confraría de S. Cibrao, S. Cibrao chegou a ter máis de 30 barcos de madeira.

Después de la fiesta, a la mar
Tras las fiestas patronales de Burela. Con las alfombras florales camino del puerto pequero más importante tras el de Vigo. Tras el recuerdo a los náufragos de una costa también da morte. Tras la transformación, de una parroquia que perteneció al Concello de Nois y Cervo, en territorio municipal con enorme dinamismo económico y poblacional. Tras instalar toda suerte de actividades económicas, desde astilleros hasta hospital, pasando por prestigiosos centros de enseñanza y un gobierno municipal empeñado en que Burela sea cita con la cultura. Comienza la campaña del bonito.
Un 7 de julio de 1965 dos noticias. El bonitero sanciprianés "Estrella de Belén" capturaba la primera marea de bonitos -5000 kilos- Tuvo que adelantar su arribada a puerto por haber socorrido a la tripulación del "Luna Nueva" que mandaba Jovino Fernández Fernández, otro bonitero de la cofradía de San Ciprián, hundido a 56 millas de Fisterra.
Ese mismo año, la flota bonitera de Islas San Cyprianus, tuvo dificultades para abandonar o porto de abaixo, dónde la ría era refugio invernal para toda suerte de barcos, pero las montoneras de arena que desde la galerna de 1961 se habían acumulado en "La Barra" dificultaban la salida de la flota. Señalaba el "Pueblo gallego" que "las sufridas gentes de San Ciprián" no sólo seguían sin muro en La Anxuela, contemplaban como la autoridad, siempre diligente con el drenaje del puerto de Burela, se olvidaba de la flota de San Ciprián.
La flota bonitera cambió la vida de nuestros puertos gallegos del Cantábrico. Así en 1963, en septiembre se informa que los precios de venta en rula se movieron durante la costera entre los 28,60 y 36 pesetas el kilo. Se quejaban nuestras gentes por la falta de capacidad en la fábrica de hielo, que les obligaba a perder hasta 72 horas a la espera. Y lo mismo sucedía con el abastecimiento de gas-oil.
Entre la costera del bocarte y la del bonito la flota estaba en tierra preparándose para la nueva singladura tras la llegada del verano. En 1964 Burela contaba con cincuenta boniteros y San Ciprián treinta.
Estas primeras capturas del bonito impactaban en la preparación de las fiestas patronales del Carmen. La comisión de fiestas esperaba la colaboración de la flota, que era proporcional a la caja común fruto de las ventas. La planificación de las mareas, al menos en San Ciprián, se hacían para conseguir que la mayoría de las tripulaciones boniteras disfrutaran, de la patrona, en puerto.

20170602

Unha liña de autobús esquecida

Queres subir o luns en autobús de liña á festa das Cruces?
Agora que se trata tanto da reodenación das liñas de autobús en Galicia, e onte tamén en Ribadeo da promoción da Romaxe das Cruces a Festa de Interese Turístico de Galicia...
Estou tratando de enterarme, pero non parece doado. As liñas de autobús na zona van sufrir un cambio, aproveitando as liñas de recollida de alumnado. Vale, non é a primeira vez que se fai, e xa sufriu algunha 'operación acordeón': deixar, non deixar, regular (=deixar con condicións)... Por idea, está ben.
Hai ao menos dúas cousas que considerar, e non sei como o van facer. A primeira, o horario. Non sei se vai producir unha diminución de horarios, ou só unha adaptación dalgúns, entre outras cuestións relativas. A outra, sobre a subvención. Tampouco teño moita idea de ata que punto unha subvención de liñas pode significar unha sinxela transferencia discriminatoria que poda favorecer favores ou favorecer sinxelamente a comunicación de zonas máis illadas. Dependerá da regulación, claro. Pero é que non está nada clara esa regulación.
A cousa é que temos un problema de comunicacións comunitarias por estrada nun momento no que as súas equivalentes por vía férrea prevén un futuro moi negro. Mesmo hai liñas esquecidas.
No mapa que o outro día traía a Voz de Galicia había unha liña dende Ribadeo que dubido que moitos ribadenses souberan interpretar nunha primeira ollada. Trátase da liña Ribadeo- Trabada. O seu recorrido, no mapa que deixo embaixo, 37 minutos en turismo, 50 minutos en autobús segundo o horario da empresa que se encarga, Eocar:
 Fai servizo nunha zona rural de ambos concellos, permitindo que a xente veña a Ribadeo á mañá (chegada ás 10:40, pon o seu horario) e retorne ó mediodía (sae de Ribadeo ás 13:00). Non sei se é ou non deficitaria, mais entendo que na súa actual configuración pénsase precisamente para permitir que o autobús que a cobre poda facer tamén o transporte escolar e así aumentar o rendemento económico. Supoño que será unha das que se integre no transporte escolar que ven a primeira hora para o IES de Ribadeo Dionisio Gamallo Fierros, pero as liñas de transporte escolar, coa súa necesidade de malla cerrada e os menos de 500 m cacareados estes días como un logro pola administración como distancias máxima para acceder ó bus, fan que non sexa tan doado o facer unha previsión sen estar 'na cabeza' da administración: as posibilidades son múltiples, e posiblemente, na procura de rendemento económico, non demasiado boas. Mentres, a dispersa poboación de Galicia seguiremos a sufrir algunha consecuencia indesexada desa dispersión (difícil de xestionar e coido que moitas veces mal xestionada): un illamento crecente nun momento no que o transporte comunitario vai véndose máis e máis necesario en todo o mundo por cuestións ambientais, de recursos e de custes.
Sobre esta liña e outras mantidas pola mesma empresa:
Ribadeo e a racionalización do transporte (20151123)
Autobuses ás catedrais (20150626)
Servizo complementario (20100709)

20170601

Pleno especial sobre petición para a festa das Cruces

Hoxe. Si, este si estaba avisado por unha nova do concello. Dende hai tres días. Como non vou poder ir, pero é previsible (ver a nota de prensa embaixo) unanimidade e rapidez para pedir que a Romaría das Cruces sexa Festa de Interese Turístico de Galicia, unha pequena lembranza dun pleno ordinario, de 24 de marzo deste ano, onde se presentou unha moción relacionada coa festa.
E, unha lembranza máis: este luns, 5 de xuño de 2017, toca romaxe nas Cruces!
A continuación, a nota de prensa do concello:

A SESIÓN DARÁ COMEZO ÁS 20:30 HORAS
Romaxe das Cruces
30/05/2017
No pleno extraordinario que se celebrará este xoves, día 1 de xuño, someterase a aprobación unha proposta relativa á declaración de festa de interese turístico de Galicia para a Romaxe das Cruces que ten lugar e A Ponte (Arante). Asinan esta iniciativa a asociación de veciños O Formigueiro, o párroco, un historiador especialista na romaxe, a concelleira e a técnica de Turismo, e os voceiros municipais do PP, PSOE e Ciudadanos.
A concelleira de Turismo, Ana Martínez, lembrou que "esta é unha festa na que se celebra a vitoria dos veciños e das veciñas, a forza, a unión, de sete parroquias, ademais tamén esa unión de dous concellos, o de Ribadeo e o de Trabada, coas parroquias que participaron para defenderse ante o exército de Napoleón durante a guerra da Independencia, alá polo ano 1809. Falamos de máis de douscentos anos de antigüidade e case unha celebración ininterrompida, e iso ten valor porque precisamente os veciños, os verdadeiros artífices desa festa, son os que conseguen que siga estando aí, siga estando viva, siga mantendo a tradición, e eu creo que iso debería ser valorado dunha maneira bastante importante".
A edil nacionalista subliñou que "o interese non soamente está no turismo, eu creo que este é un interese que vai moito máis aló, é un lugar de interese patrimonial. Temos un santuario magnífico cunhas pinturas que non se poden atopar, únicas en Galicia. Temos historia, relixiosidade, o Camiño de Santiago pasando á súa beira, creo que o enclave é magnífico. Ademais despois de percorrer os diferentes santuarios que imos atopando desde Ribadeo ata A Ponte ao pé do Camiño de Santiago, chegar aquí é practicamente como quen chega a Compostela. Pode atoparse aí con algo magnífico e ademais eu creo que esa é a posta en valor que temos que ter".
A concelleira ribadense dixo que "a declaración da festa en si é importante, pero eu penso que debemos ir máis aló e poñer en valor todo o que supón, todo o que define ese culmen final de chegar á festa".
Ana Martínez quere "darlle as grazas a esa mesa que traballou para facer unha memoria relativa a todo isto. A mesa estivo composta pola asociación de veciños O Formigueiro, polo seu presidente Javier González, pola súa secretaria Azucena González, quen participou dunha maneira moi activa cando estaba de xerente comarcal en poñer en valor esta festa e a súa participación foi fundamental en canto á documentación e ao traballo para a elaboración da memoria. Quero darlle as grazas tamén ao párroco Carlos Trevín, que aportou información e traballo importante, a Emilio Piñeiroa, historiador e experto no santuario das Cruces e en todo o que conforma a propia celebración, á técnica de Turismo, a Begoña, que leva tempo traballando para conformar este traballo, e aos voceiros e voceiras dos grupos que formamos a Corporación Municipal".
A concelleira de Turismo declarou que "para min foi un luxo participar e consensuar unha proposta que desde logo non leva ningunha connotación política, simplemente é a posta en valor do noso territorio, do noso patrimonio, dos nosos veciños. Conseguir que isto teña nun futuro máis peso en canto a que desde as diferentes administracións teñan en conta a necesidade que hai de axudar a valorizar o propio santuario, de dar visibilidade a algo tan magnífico como son as pinturas que se atopan na propia capela. Creo que temos unha xoia no noso concello que está na Ponte de Arante, e desde logo con esta declaración de festa de interese turístico buscamos acender esa chispa que dea lugar a que se teña en conta o verdadeiro valor do que supón a Ponte de Arante. Polo tanto nesta semana, de maneira unánime e conxunta, levaremos a pleno a declaración e a petición de festa de interese turístico para a festa das Cruces, que se vai celebrar xa o vindeiro luns día 5".
A edil quere "convidar a que a xente acuda a ver ese bandeo de pendóns, esa convivencia entre as diferentes parroquias e os diferentes concellos como son Trabada e Ribadeo, na unión da propia Ponte de Arante. Fago este convite para vernos e xuntarnos todos o luns na Ponte de Arante".

Illa Pancha: suma e segue

Parte da acta da Xunta de Goberno Local de Ribadeo de 12 de xullo de 2016

Por Nuestro Faro
 Nota de Prensa
20170601
   Na maña de hoxe, 1 de xuño, un membro do colectivo 'Por Nuestro Faro' presentou un escrito no concello reclamando a revisión do que consideramos un novo engano relacionado co uso privado da illa Pancha.
   No escrito expóñense tres feitos que presentan unha contradición de datos que supón un novo infrinxir a lei neste caso. Así, detállase que se di publicamente que houbo unha inversión de 200 000 €, o que viría apoiado por un traballo de fin de grao cunha obra semellante para o faro e unha inversión asemade semellante, e se contradiría coa aprobación na Xunta de Goberno Local do Concello de Ribadeo de 12 de xullo de 2017, na que foi aprobada a licenza de obras pedida (para obras interiores, debendo entenderse entón que a foxa séptica ou a beira do edificio non estaban incluidas, aínda que foran executadas), por un importe de 20 064,82 €. Datos todos eles públicos e comentados no pobo.
   O escrito insta de novo ó concello á revisión dun expediente que o colectivo ve pragado de irregularidades, cando non ilegalidades, e posto en cuestión tanto por institucións como por veciños.
   Remata lembrando que hai diversos escritos dirixidos ó concello e sen resposta polo momento, resposta que segue a esperarse.
   Mentres, e aínda sen resolverse cuestións de fondo que atinxen a diversas administracións, outras ilegalidades que atinxen ó concello seguen sen estar resoltas. Así, pode verse aínda hoxe unha sinal de aparcamento restrinxido a ben máis de 50 m do comezo da ponte á illa.

NOTA INFORMATIVA DO COLECTIVO POR NUESTRO FARO (Remitida ao Concello de Ribadeo)


   A foto que hoxe publicamos foi tomada o luns, 29 de Maio, ás 16:20 horas. Os medios de comunicación anuciaban o día 26 que os apartamentos estaban precintados por orde do alcalde. Pero ese suposto precinto deixa pasar coches particulares. Dende o noso ponto de vista o Sr. Alcalde de Ribadeo, ao longo das últimas semanas está chegando a un ponto difícil de explicar: ¿cómo é posible que o Concello de Ribadeo sexa incapaz de executar unha orde de precinto dentro das suas competencias administrativas?, ¿por qué antes si e agora non?, ¿pero non é non, ou é non sei, ou xa veremos?. Preguntas deste tipo escoitanse a cotío nas ruas e nas tertulias. A xente non entende que unha riola de irregularidades denunciadas hai un ano polo noso grupo, e confirmadas polo Defensor del Pueblo o 16 de febreiro, fosen esquecidas polo concello, que o alcalde se puxese de perfil, que se dese a licencia de obra e que despois se suspendese a licencia de apertura. Tanto as persoas pouco informadas como aquelas mais implicadas nos asuntos sociais, mesmo se estaban “a favor” ou “en contra”, ou se son dun partido ou doutro ou de ningún, manifestan estupor e decepción.
   O concello transmite unha sensación de incoherencia que da pe ás mais diversas interpretacións. O 26 de Novembro anunciábase que non se daría a licencia de actividade se Puertos non autorizaba a entrada dos veciños, pero seis meses máis tarde esqueceuse esta condición. No pleno do 23 de marzo o Defensor podía ser “un incompetente”, (Suárez dixit, témolo grabado); dous meses mais tarde consulta ao Defensor: ¿se pode ser un incompetente, porque lle preguntamos nada?. A Autoridade Portuaria do Ministerio de Fomento foi a promotora do Programa Faros de España e a principal inductora dunha chapuza continuada -adxudicación directa incluida- con flagrantes fallas de procedimento e de informes determinantes -como o confirmou o Defensor- e o Sr. Alcalde de Ribadeo insiste en pedirlle a Puertos o seu veredicto, ou sexa poñer á raposa a cuidar as galiñas.
Xa dixemos varias veces que este asunto iba traguer cola. Ainda están pendentes os informes do Defensor sobre outras denuncias que presentamos primeiro e ampliamos despois.
   Sr. Alcalde, a veciñanza pide que se defina, que cumpra a legalidade da que vostede alardea, que se precinte dunha vez unha obra trufada de irregularidades.
  Mirando ao faro, alguén lembraba estes días aquel vello cantar:“Onde están as chaves matarile, rile, rile, no fondo do mar matarile, rile, ro”.