Reproduzo embaixo a nota de prensa do Concello sobre as xornadas de portas abertas para contemplar as vidrieiras do cemiterio, algo en liña co pedido reiteradamente pola AVV O Tesón e neste blog. Como comentario, destacar que non é o mesmo que aparenten igual que que teñan a mesma calidade, algo que é dubidoso que se poda aprezar dende o chan da capela ata a altura das vidrieiras. De calquera xeito, sexa benvida a apertura de portas, mesmo sen o aproveitamento ó que daría lugar unha exposición ben organizada.
'Reposición de vidreiras
10/04/2014
A capela do cemiterio municipal será escenario dunhas xornadas de portas abertas desde mañá, venres, ata o vindeiro mércores para que as persoas que o desexen acudan a contemplar desde o seu interior as vidreiras que foron repostas estes días. O alcalde, Fernando Suárez, subliña que se trata dun patrimonio moi importante para Ribadeo e para o seu camposanto.
O rexedor sinalou que "por fin desde hai uns días estas oito vidreiras que estaban nos ocos da capela do cemiterio municipal de Ribadeo xa están colocadas, xa locen alí". Suárez Barcia lembrou que "todo este proceso se iniciou cun desafortunado incidente ocorrido hai tres ou catro anos que se producía por unha mala información aos rapaces que daquela traballaban para un taller de emprego, do que era promotora a Asociación Puente de los Santos e da que forma parte o Concello de Ribadeo. Despois houbo que litigar coa compañía aseguradora para que asumise os custos de reconstrución, de reparación, daqueles ventanais únicos".
O alcalde ribadense dixo que "por fin e despois de moito traballo están colocados desde hai uns días e a verdade é que non hai diferenza entre a única que quedou intacta e as que se fixeron novas". Fernando Suárez Barcia indicou que "atendendo ás peticións dalgunha asociación de aquí da vila, imos facer unhas xornadas de portas abertas, no horario no que se atope no cemiterio o peón sepultureiro, para que todas aqueles veciños que o desexen as poidas contemplar desde dentro da propia capela. De aí que desde mañá, venres, e ata o vindeiro mércores se poidan achegar ata alí todos os que o desexen para admirar estas vidreiras que ademais constatan que foi un traballo dunha cesión dos irmáns Moreno, os mesmos que mandaron construír a Torre dos Moreno e que é un patrimonio importante para Ribadeo". O rexedor engadiu que "entre todos evitamos que se perdera e logramos manter vivas unhas vidreiras moi importantes para Ribadeo e para o cemiterio municipal".'
A historia sobre as vidrieiras, no blog.
O libriño sobre as vidrieiras: As vidrieiras da capela do cemiterio.
As vidrieiras, no vello blog de O Tesón.
A nova, con foto, na Voz.
20140411
20140410
25 de maio
Non, hoxe non é 25 de maio. Pero hoxe remato de ver que dende o pasado día 7, e ata o próximo luns 14, pódense ver no concello as listas electorais: 'Listas do censo electoral
O alcalde, Fernando Suárez, asinou un bando no que fai saber que "con motivo das Eleccións ao Parlamento Europeo que se celebrarán o próximo 25 maio de 2014 e co fin de asegurarse o dereito de sufraxio activo, las listas electorais correspondentes a este termo municipal poderanse consultar no departamento de Estadística da Secretaría do Concello entre os días 7 e 14 de abril de 2014, ambolos dous inclusive a través do sistema informático obrante na referida dependencia". No bando insístese en que "como recentemente se produciron diversos cambios tanto nos nomes dalgunhas rúas como no seccionado no núcleo urbano de Ribadeo (que afecta ao lugar de votación) e numeración de edificios, co fin de corrixir, no seu caso, os erros que se puideran ter producido é convinte en especial a comprobación deses datos nas listas electorais polos veciños que residan nalgunhas desas rúas". E engade que "as reclamacións poderán formularse entre eses mesmos días, do 7 ao 17 de abril, enchendo o impreso que ao efecto se lles facilitará no Concello e aportando fotocopia do DNI, carnet de conducir, pasaporte ou tarxeta de residencia".'
Detalles para a preparación dunhas eleccións, deixan ver unha parte, a administrativa, que é necesaria. Pero non abonda. Evidentemente, non deixa de abondar só en Ribadeo, senón a nivel estatal. Son outras cousas, máis inmateriais, as que deixan ás persoas que estamos convivindo en España, coa sensación de que as eleccións non se están a preparar. Dende a rexeración interna dos partidos políticos á da propia estrutura política, pasando pola xestión da crise desigual segundo para quen, cousas todas nas que se podería entrar en detalles, manifestan que as próximas eleccións non están -nin estarán- preparadas. E por iso, o desenlace que se prevé é moi variable, e tamén por iso, de cara a próximas eleccións, hai escarceos para cercenar de xeito normativo posibles cambios: o típico 'cambiar todo para que todo siga igual', só que neste caso ó meu ver trátase de cambiar algunhas cousas para lograr alimentar unha desigualdade.
Mentras, os partidos, dun xeito ou outro, preparan as eleccións. Algúns, facendo que se fale do que non hai aínda, outros, creando formacións e, ó tempo, divisións. A xente non preparamos tanto. Máis ben, resignámonos. Para a nosa desgraza.

Etiquetas:
política
20140409
Hoxe comeza a XX Feira de Ciencia de Ribadeo
Hoxe mércores e mañá xoves, en horario de 9:20 a 13:10, terá lugar a XX
Feira da Ciencia de Ribadeo, no IES de Ribadeo Dionisio Gamallo. Nela
participarán 26 traballos realizados por unha centea de alumnos e
alumnas do centro, que serán expostos e explicados polos mesmos alumnos
que os realizaron.
A feira representa o remate dos traballos sobre diversos aspectos científicos, aínda que con posterioridade de moitos deles farase unha memoria detallada sobre a súa realización.
A maioría de presentacións son expostas por primeira vez, aínda que algunha xa foi exposta noutros foros con anterioridade. Asemade, algunha foi realizada a partir da colaboración con outros centros educativos. Unha volta rematada a feira, terán a oportunidade dun recorrido por outros foros fóra de Ribadeo, como o día da ciencia na rúa de A Coruña ou a Galiciencia de Ourense. As citadas son visitas xa tradicionais para os alumnos ribadenses, que levan achegándose á Coruña no mes de maio case dous decenios, e máis dun quinquenio a Ourense en novembro, presentando sempre traballos que foron expostos na feira de Ribadeo.
O cartel está confeccionado a partir da placa que indica a posición de Ribadeo, situada á entrada da Casa do Concello con datos do IGN, á que se lle engadiu a modo de lema desta edición 'revelando as cousas'.
O folleto informativo:

![]() |
|
Revelando
as cousas
|
Traballos
presentados
1ESOA2.
Dixestión dos hidratos de carbono
1ESOA3.
Volcán
1ESOA4.
Papel reciclado
1ESOA5.
Holograma sinxelo e ilusións ópticas
1ESOA6.
Burbullas eléctricas
1ESOB1.
Propiedades da auga
1ESOB2.
Clasificación de invertebrados
1ESOB3.
Solubilidade de gases
1ESOB4.
Conservación da carne
1ESOC1.
Sismógrafo
1ESOC2.
Compás caseiro
1ESOC3.
Caixa escura
1ESOC4.
Refracción da luz
1ESOC_a.
Estudo da produción de electricidade a partir de vexetais
2ºESOB.
Viaxe ocular
1bacA1.
Variación do bote dun balón en función da cantidade de aire
1bacA2.
Experiencias: Reloxo de I e quimioluminiscencia
1bacA3.
Extracción de ADN de distintos vexetais
1bacA4.
A maxia luminosa
1bacA5.
Compoñentes do leite
1bacA6.
As cores do lume
1bacA7.
Magnetismo da candea
1bacA8.
Experiencias con augaforte e papel de Al
1bacA9.
Medición do radio terrestre
1bacB.
A caixa negra dos peixes
(os
subraiados estará no laboratorio)
--
En comentarios, cousas posteriores...
--
En comentarios, cousas posteriores...
Etiquetas:
educación
20140408
Xornada única
Hai cousa de vinte anos, o que despois se chamou IES Porta da Auga en Ribadeo votou a favor da xornada única. Naquel momento, apoiei con ilusión o que pensei que ía traer máis liberdade ós alumnos e a posbilidade de enriquecerse coas actividades extraescolares do centro, naquel momento numerosas, aínda que coa dificultade que representan os desprazamentos dos escolares da zona rural. Poucos anos despois, as actividades baixaron e quedei algo confuso pola experiencia. Coido que fixen o correcto, pero a cousa non saiu como esperaba. Para min, quedou claro que a xornada contínua é unha oportunidade, pero tamén representa un arma de dobre filo que hai que saber xestionar moi ben.
Onte votouse e coñeceuse o resultado da votación sobre a implantación da xornada escolar no Colexio Público Gregorio Sanz de Ribadeo: non haberá tal, seguirá con xornada partida. 342 familias, 245 votos, isto é, o 71,6%. 130 a favor, 114 en contra, 1 voto nulo:
Ó parecer, necesitábase o 58% das familias para levarse a cabo. Quedou co 38%, o 53% dos emitidos. Pode quedar nun resultado dunha votación secundaria que afecta a unhas poucas familias (pouco máis da décima parte das familias ribadenses, se contamos núcleos familiares de dúas xeracións) ou tomarse como indicativo dunhas ideas e oportunidades. A valoración, certamente, é diferente. Pasa de ser algo sen importancia ningunha fóra dun estrito círculo a un complexo máis relevante para identificar a estrutura social ribadense que unhas votacións políticas, e que mesmo toca ás posibilidades económicas para o desenvolvemento dalgún tipo de negocios. Estase a tratar de xestión do tempo das familias, segundo como ven elas a posibilidade desa xestión. Algo que identifica á propia sociedade, máis aló do efecto que poida ter para o ensino, para o rendemento educativo das xeracións actuais e proximas nun depterminado centro educativo.
E, imos ver, votaría moita xente pensando no interese xeral ou no rendemento educativo dos seus vástagos e non na súa propia situación particular de conveniencia para a xestión do tempo, en particular dos adultos? Tamén deste xeito a variación de interpretación está servida.

20140407
Ánimo
Onte houbo un accidente en Ribadeo. O venres, a presentación na Casa das letras do libro 'Pegadas na historia de Ribadeo', que espero colgar pronto en internet des pois de ter o permiso do seu autor dende a presentación no IES de Ribadeo. Cousa máis ou menos normais nun lugar como Ribadeo.
Falaba hai poucos días da apertura dunha pastelería (algo que aínda non se produxo, pero que está a punto), e onte abriuse unha nova tenda ó comezo da rúa de Rosalía de Castro, Sanjurjo Moda, que promete contribuír a paliar a desparición hai xa anos de 'Almacenes la Innovación'. O mesmo que a 'Confitería La Alianza', esta tenda ten orixe fóra, neste caso, Vilalba, pero neste caso non se trata dun traslado, senón dunha sucursal. De calquera xeito, máis actividade para Ribadeo, escollido porque se lle suón ter máis futuro que outros pobos próximos.
O comercio sempre foi fonte de ingresos, e o comercio de Ribadeo segue a atraer a forasteiros e forasteiras que alimentan a economía local, fonte de ingresos principal. Mirado en conxunto, calquera sociedade comercia sen exportar, está repartindo a súa riqueza polo exterior. En Ribadeo, eses forasteiros e forasteiras que chegan representan a nosa exportación, pero sen un plan para Ribadeo (e que eu saiba, por exemplo no PXOM non se definiu o Ribadeo que queremos) quedaremos cautivos dun sistema que non nos estamos preparando para controlar e que non sabemos cambiar. Polo momento, somos cautivos.
Comezo de semana. Un novo comercio. Ánimo.

Aro da vella sobre Ribadeo, a semana pasada.
Etiquetas:
economía,
Medio,
Meteoroloxía
20140404
O bocata demográfico
Ribadeo non é unha excepción dentro de Galicia: todos sabemos que temos un 'problema demográfico' que ata fai que pidamos axuda á UE.
A cousa é que se temos unha situación de 1,05 fillos por muller, iso quere dicir que, fluxos migratorios aparte, nuns 20-25 anos, unha xeración, a cantidade de xente con isa idade será a metade que hoxe. cos problemas de mantemento dos 'vellos' por parte dos 'novos'. Coido que a iso habería que sumarlle que ó envellecer, a sociedade perde vigor como calquera outro organismo o fai. E, no caso de Galicia, hai que sumarlle os efecto da emigración que estamos a ter na actualidade, un saldo migratorio que agrava a falta dunha taxa de reposición xeracional. Sumémoslle ademais o desemprego. E redondeemos conque na actualidade a formación das novas xeracións supera á das antigas, deixando o termo medio da poboación peor formado. O panorama é catastrófico. A máis aínda se se empregan os números para comparar con outras zonas nas que a poboación está medrando de xeito vexetativo. A perda de relevancia da nosa terra aumenta en perspectiva.
Quizáis Ribadeo non o note tanto como Trabada, por poñer un exemplo, pero Galicia é unha das zonas máis sinaladas de toda Europa a este respecto.
A nivel mundial, en troques, o problema é máis ben outro: o exceso de poboación, que fai que se consuman máis e máis recursos, ó que se suma ó aumento do consumo por un desarrollismo que aínda non soubemos remprazar ou a xeración de traballo para absorber unha man de obra que medra. Entre ambos estamos levando ó planeta a unha situación límite de difícil solución sen trauma.
Hai anos, a China viu o problema da sobrepoboación e, como país dictatorial, introduxo a política do 'fillo único', que non impediu que aínda medrara algo máis, pero que fixo que a India esteña xa á súa altura en demografía e facilitou o despegue económico que está vivindo o país. Agora veñen outros 'efectos secundarios', como a desproporción homes-mulleres por efecto do feminicidio infantil ou un rampante problema de coidado á vellez. En Galicia estamos a ter esa mesma política sen unha prohibición expresa como na China e agora, no medio dunha crise económica.
Moita taxa de repoboación non é boa para o planeta, aínda que poda selo para unha comunidade concreta considerada illada. Demasiado pouca, tampouco, como pode verse de xeito doado. No medio estaría a virtude, pero polo momento, non é o caso de Galicia. É como un bocata demográfico: as dúas tapas deixan dentro a parte máis substanciosa. E neste caso, as tapas están feitas de mal material: hoxe por hoxe, coa xestión que se está a levar de desenvolvemento e social, ambas representan un suicidio do planeta ou da sociedade correspondente.
A cousa é que se temos unha situación de 1,05 fillos por muller, iso quere dicir que, fluxos migratorios aparte, nuns 20-25 anos, unha xeración, a cantidade de xente con isa idade será a metade que hoxe. cos problemas de mantemento dos 'vellos' por parte dos 'novos'. Coido que a iso habería que sumarlle que ó envellecer, a sociedade perde vigor como calquera outro organismo o fai. E, no caso de Galicia, hai que sumarlle os efecto da emigración que estamos a ter na actualidade, un saldo migratorio que agrava a falta dunha taxa de reposición xeracional. Sumémoslle ademais o desemprego. E redondeemos conque na actualidade a formación das novas xeracións supera á das antigas, deixando o termo medio da poboación peor formado. O panorama é catastrófico. A máis aínda se se empregan os números para comparar con outras zonas nas que a poboación está medrando de xeito vexetativo. A perda de relevancia da nosa terra aumenta en perspectiva.
Quizáis Ribadeo non o note tanto como Trabada, por poñer un exemplo, pero Galicia é unha das zonas máis sinaladas de toda Europa a este respecto.
A nivel mundial, en troques, o problema é máis ben outro: o exceso de poboación, que fai que se consuman máis e máis recursos, ó que se suma ó aumento do consumo por un desarrollismo que aínda non soubemos remprazar ou a xeración de traballo para absorber unha man de obra que medra. Entre ambos estamos levando ó planeta a unha situación límite de difícil solución sen trauma.
Hai anos, a China viu o problema da sobrepoboación e, como país dictatorial, introduxo a política do 'fillo único', que non impediu que aínda medrara algo máis, pero que fixo que a India esteña xa á súa altura en demografía e facilitou o despegue económico que está vivindo o país. Agora veñen outros 'efectos secundarios', como a desproporción homes-mulleres por efecto do feminicidio infantil ou un rampante problema de coidado á vellez. En Galicia estamos a ter esa mesma política sen unha prohibición expresa como na China e agora, no medio dunha crise económica.
![]() |
| Variación demográfica medrando dun xeito constante ou diminuíndo asemade dun xeito constante. O segundo corresponde de xeito aproximado á taxa actual de Galicia. |
20140403
Pàmies
O sábado pasou por Ribadeo, de xira, Josep Pàmies. Foi o grupo de consumo As Grelas quen fixo posible e a quen hai que agradecer que se achegara a un cine-teatro cheo e con xente en cadeiras pregables. Antes, estivera en Lugo e despois coido que ía a Pontevedra. A charla comezou ás 12 da mañá e rematou camiño das tres da tarde. Foi pois longa.
Despois da presentación por Elia Rodríguez, comezou falando de xeralidades sobre a política comercial e maldades das grandes empresas de alimentación e farmacéuticas durante un tempo abondoso, pasou logo á importancia do consumo de determinados minerais e dunha vida sá, e rematou falando de varias variedades de plantas (Estevia, Mexacán -'diente de león'-, Epilobium parviflorum, ...) para abrir logo unha rolda de preguntas tamén longa. Non falou, nembargantes, dun produto como a mel, non vexetal que considero en certo xeito competencia da estevia que da orixe á 'Doce revolución', e si varias veces do dióxido de cloro como MMS. Das plantas, deu a coñecer o seu uso máis que aprender a distinguilas, e coido que a súa visita en xeral aproveitou.
Polo medio da charla, citou varios libros convintes ó tema, e pouco despois de rematala, xa alguén do grupo de consumo tiña colgado o enderezo para descarregar un.
Polas súas propias verbas, cunha empresa con vinte empregados con dificultades hai pouco, resultoume algo entre un apóstolo plantil por vocación e un calculador embaucador por devoción, en particular a partir da rolda de preguntas, na que repartiu consellos cortándose poucas veces cun 'non son médico'.
Deixo embaixo un pequeno apunte coa mesa con el e Elia no medio do escenario do teatro preparado para a obra da tarde.
Engadido posterior:
http://asgrelas.odiseus.org/ (resume da organización)
vídeo:

20140401
Zonas protexidas en Ribadeo
O que poño embaixo son catro páxinas soltas do DOG do luns 31 de marzo de 2014, correspondentes ó título "
DECRETO 37/2014, do 27 de marzo, polo que se declaran zonas especiais de conservación os lugares de importancia comunitaria de Galicia e se aproba o Plan director da Rede Natura 2000 de Galicia.
"
Nel aparecen a ZEC As Catedrais (ES1120005) e a ZEPA Ribadeo (ES1100005) como zonas tales. As imaxes poden ampliarse premendo duplo co rato, ou pode irse á ligazón (aínda tarda un pouquiño en baixar) e prourar nas máxinas 74-76 e 447. Vos mesmos!
Algunhas ligazóns:
http://rerb.oapn.es/red-espanola-de-reservas-de-la-biosfera/reservas-de-la-biosfera-espanolas/mapa/rio-eo/ficha
Ficha ZEC As Catedrais: http://www.turgalicia.es/ficha-recurso?cod_rec=16934&ctre=9
A figura LIC
Aprobación inicial de As Catedrais
Aves observables de xeito doado en Ribadeo
Ficha do humidal protexido Ría de Ribadeo
Información xeográfica sobre a reserva da biosfera na Xunta de Galicia
A ficha da reserva na Xunta
Espazos naturais en Ribadeo

Catedrais,
Medio,
Reserva da Biosfera
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)