Moitos cortes de subministro eléctrico levamos en Ribadeo. Moitas queixas levan xerado. Nos bares. Nas rúas... Coido que xa deberamos levar tempo tomando nota de cada corte para a reclamación, porque nos afecta a todos, e necesitamos datos para que non nos digan sinxelamente que cumpren coa lexislación e se queden tan panchos.
Hai algúns días comecei propoñendo un hashtag, #cortesdeluzRibadeo, en Facebook, coa idea de que se puxera o día, hora, lugar de Ribadeo afectado e duración aproximada do corte, para que quedara constancia con datos abondo de cada un dos cortes de luz que sofre Ribadeo e fora doado para calquera recuperalos e tratalos como información. Aínda non sei ben por que, pero decateime de que ó procurar polo tag só podía ver os meus, polo que non vale como algo xeral. Coido que facendo o mesmo en twitter, a cousa está solucionada.
Ben, a istas alturas, posiblemente se lle ocorra a alguén un método mellor para aglutinar datos sobre os cortes de subminsitro eléctrico. A falta doutro mellor, #cortesdeluzRibadeo en twitter pode servir. O caso é que a xente colabore e se teña un rexistro detallado para poder usalo e forzar á compañía a dar un servizo de calidade. Sen escudarse, por exemplo, na necesidade e urxencia dunha estación asinada no 2008, tramitada coa urxencia requerida e mesmo sen condicións, e que aínda non se comezou a poñer en pé.
20131210
20131209
27 de setembro, día da Constitución
Lanzo unha proposta, que o día da Constitución pase a ser o 27 de setembro.
O 27 de setembro de 2011 entrou en vigor a reforma da Constitución, pola súa publicación no BOE. A última, na que o povo, nós, non tivemos voto porque non nolo deixaron exercer. Cambiouse o artigo 135. O 'novo', xunto coas disposicións que o acompañan, quedou:
"
"
Non entendo moi ben como o Rei puido sancionar a reforma o 27 se o mesmo 27 estaba publicada xa no BOE, pero iso é outra cousa: como a reforma é exprés, ó mellor atropelou a alguén.
Voltando á proposta, coido que así quedaría claro, entre outras cousas:
1.que a Constitución española xa foi reformada, e polo tanto, non hai inconvinte en voltar facelo.
2.que agasállannos con que non teñamos que facer o doloroso traballo do voto sobre as normas que nos gobernan
3.quenes nos gobernan en realidade
4.de onde provén a lexitimidade normativa actual
E polo tanto, poderiamos tirar consecuencias de cara a unha nova reforma da constitución, a quen temos que protestar e contra quen temos que manifestarnos, etc.

Reforma do artigo 135 da Constitución española, aprobada polas
Cortes Xerais en sesións plenarias do Congreso dos Deputados, do 26 de
agosto de 2011, e do Senado, do 7 de setembro de 2011. Sancionada pola
Súa Maxestade o Rei o 27 de setembro de 2011.
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
Máis de trinta anos despois da entrada en vigor
da Constitución, formando parte España da Unión Económica e Monetaria
Europea, que consolida e proxecta as súas competencias no marco dunha
crecente gobernanza común, e sendo cada vez máis evidentes as
repercusións da globalización económica e financeira, a estabilidade
orzamentaria adquire un valor verdadeiramente estrutural e condicionante
da capacidade de actuación do Estado, do mantemento e desenvolvemento
do Estado Social que proclama o artigo 1.1 da propia lei fundamental e,
en definitiva, da prosperidade presente e futura dos cidadáns. Un valor,
pois, que xustifica a súa consagración constitucional, co efecto de
limitar e orientar, co maior rango normativo, a actuación dos poderes
públicos.
Para chegar ata aquí, a salvagarda da
estabilidade orzamentaria xa supuxo un instrumento imprescindible para
lograr a consolidación fiscal que nos permitiu acceder á Unión Económica
e Monetaria e foi posteriormente recollida en normas de rango
lexislativo.
No mesmo sentido, o Pacto de Estabilidade e
Crecemento ten como finalidade previr a aparición dun déficit
orzamentario excesivo na zona euro, dando así confianza na estabilidade
económica da devandita zona e garantindo unha converxencia sustentada e
duradeira das economías dos Estados membros.
A actual situación económica e financeira,
marcada por unha profunda e prolongada crise, non fixo senón reforzar a
conveniencia de levar o principio de referencia á nosa Constitución, co
obxecto de fortalecer a confianza na estabilidade da economía española a
medio e longo prazo.
A presente reforma do artigo 135 da Constitución
española persegue, por tanto, garantir o principio de estabilidade
orzamentaria, vinculando todas as administracións públicas na súa
consecución, reforzar o compromiso de España coa Unión Europea e, ao
mesmo tempo, garantir a sustentabilidade económica e social do noso
país.
Artigo único.
O artigo 135 da Constitución española queda redactado como segue:
«1. Todas as administracións públicas adecuarán as súas actuacións ao principio de estabilidade orzamentaria.
2. O Estado e as Comunidades Autónomas non
poderán incorrer nun déficit estrutural que supere as marxes
establecidas, de ser o caso, pola Unión Europea para os seus Estados
membros.
Unha lei orgánica fixará o déficit estrutural
máximo permitido ao Estado e ás Comunidades Autónomas, en relación co
seu produto interior bruto. As entidades locais deberán presentar
equilibrio orzamentario.
3. O Estado e as Comunidades Autónomas deberán estar autorizados por lei para emitir débeda pública ou contraer crédito.
Os créditos para satisfacer os xuros e o capital
da débeda pública das administracións entenderanse sempre incluídos no
estado de gastos dos seus orzamentos e o seu pagamento gozará de
prioridade absoluta. Estes créditos non poderán ser obxecto de emenda ou
modificación, mentres se axusten ás condicións da lei de emisión.
O volume de débeda pública do conxunto das
administracións públicas en relación co produto interior bruto do Estado
non poderá superar o valor de referencia establecido no Tratado de
funcionamento da Unión Europea.
4. Os límites de déficit estrutural e de volume
de débeda pública só poderán superarse en caso de catástrofes naturais,
recesión económica ou situacións de emerxencia extraordinaria que
escapen ao control do Estado e prexudiquen considerablemente a situación
financeira ou a sustentabilidade económica ou social do Estado,
apreciadas pola maioría absoluta dos membros do Congreso dos Deputados.
5. Unha lei orgánica desenvolverá os principios a
que se refire este artigo, así como a participación, nos procedementos
respectivos, dos órganos de coordinación institucional entre as
administracións públicas en materia de política fiscal e financeira. En
todo caso, regulará:
a) A distribución dos límites de déficit e de
débeda entre as distintas administracións públicas, os supostos
excepcionais de superación deles e a forma e prazo de corrección das
desviacións que sobre un e outro puideren producirse.
b) A metodoloxía e o procedemento para o cálculo do déficit estrutural.
c) A responsabilidade de cada administración pública en caso de incumprimento dos obxectivos de estabilidade orzamentaria.
6. As Comunidades Autónomas, de acordo cos
seus respectivos Estatutos e dentro dos límites a que se refire este
artigo, adoptarán as disposicións que procedan para a aplicación
efectiva do principio de estabilidade nas súas normas e decisións
orzamentarias».
Disposición adicional única.
1. A lei orgánica prevista no artigo 135 da Constitución española deberá estar aprobada antes do 30 de xuño de 2012.
2. A devandita lei fixará os mecanismos que
permitan o cumprimento do límite de débeda a que se refire o artigo
135.3 da Constitución española.
3. Os límites de déficit estrutural establecidos no artigo 135.2 da Constitución española entrarán en vigor a partir de 2020.
Disposición derradeira única.
A presente reforma do artigo 135 da Constitución
española entrará en vigor o mesmo día da publicación do seu texto
oficial no «Boletín Oficial del Estado». Publicarase tamén nas demais
linguas de España.
"
Non entendo moi ben como o Rei puido sancionar a reforma o 27 se o mesmo 27 estaba publicada xa no BOE, pero iso é outra cousa: como a reforma é exprés, ó mellor atropelou a alguén.
Voltando á proposta, coido que así quedaría claro, entre outras cousas:
1.que a Constitución española xa foi reformada, e polo tanto, non hai inconvinte en voltar facelo.
2.que agasállannos con que non teñamos que facer o doloroso traballo do voto sobre as normas que nos gobernan
3.quenes nos gobernan en realidade
4.de onde provén a lexitimidade normativa actual
E polo tanto, poderiamos tirar consecuencias de cara a unha nova reforma da constitución, a quen temos que protestar e contra quen temos que manifestarnos, etc.
20131208
Mandela morreu. Viva Mandela!
Días despois da morte de Mandela, despois de que todo o mundo se apunte á súa unión espiritual, coido que cabe lembrar que Mandela era humán. A súa humanidade implica que outros humanos poideran seguir os seus pasos, algo que negaría se fora sobrehumán, e que sería moi negativo para a propia humanidade: reduciría a súa capacidade de actuación, de rebeldía, de triunfo.
Así pois, Mandela era humán, si, e tiña debilidades. El mesmo gostaba de declararse non santo, aínda de xeito pícaro, é dicir, tanto no referente á santidade abstracta, ideal, das grandes cousas, como en relación á concreta, mínima, das pequenas cousas. Isa falla de santidade era unha debilidade? Si, era humanidade, cabería responder.
Como humán, pódeselle seguir, ir ó seu carón. De ser divino, de ser un mito, poderíaselle seguir só a distancia, de xeito nebuloso. E non se trata neste caso de repetir actitudes como unha relixión, senón de actuar para conseguir unha igualdade humana desterrando a desigualdade inhumana.
Estes días hai moitas referenzas ensalzando a Mandela. Das que vin, recomendo unha, que considero que non o ensalza, senón que tenta un esbozo realista tanto en relación a Mandela como ó resultado da súa acción. E curta, esquemática, pois o tema podería levar varios libros. A partir de aí, pódese pasar a ler outras, dende as que titulan a Mandela como alguén que non renunciou á loita armada a aquelas outras que o sitúan nunha confraternización contínua, tendendo pontes co inimigo.
Coido que habería que distinguir (en Mandela e en xeral, sen distinción entre Gandhi ou Luther King) entre a idea, obxectivo a conseguir, e a estratexia, o xeito estudado para logralo, e máis aló, a persoa que está detrás das accións e dos obxectivos. E vénme á mente aquelo de 'pensa globalmente, actúa localmente', empregado como guía ecoloxista e empregable na propia ecoloxía humana que é a sociopolítica. Pensa ó grande, como humán que tes todas as posibilidades da túa humanidade, e actúa no pequeno, como humán que tes todas as constriccións da túa humanidade. Pero pensa e actúa. 'Pensa como persoa de pensamento, actúa como persoa de acción', outra das frases programáticas que se me teñen vido moitas voltas á cabeza.
Mentras, lembra que outro(s) humán(s) logrou(lograron) grandes cousas, e que ti és humán(humana).
Mandela morreu. Viva Mandela!
Por certo, para min será Mandela. Madiba coido que é para os próximos, e eu son próximo como humano, quizáis polas ideas ... pero usar de cotío ise nome familiar coido que sería como considerarme dentro dun círculo no que nin por historia/familia nin por acción/méritos chego a estar. Quizáis no futuro ...

20131207
Aparcamento reciclable
Esta mañá, a praia das Catedrais amosaba que segue sendo un lugar de culto (turístico), con tráfico e visitas abondas. Abondas, pero non tantas como para encher o aparcamento preparado, o aparcamento a terra e necesitar do aparcamento de verán. Así, as vacas reciclaban a herba e descansaban tomando o sol desde día non demasiado caluroso de inverno. Reciclado auténtico, anual, máis aló da polémica de se o aparcamento é convinte ou non.
Iso si, cadra curioso atopar nestas datas un paso de peóns (con sinal e todo) entre dous prados, xusto no ramal da estrada con evidente menor cantidade de tráfico.
Iso si, cadra curioso atopar nestas datas un paso de peóns (con sinal e todo) entre dous prados, xusto no ramal da estrada con evidente menor cantidade de tráfico.
Etiquetas:
Fotos Ribadeo
20131205
O ceo de Ribadeo
Coido que de Ribadeo ó ceo aínda hai un cacho, o que non quita para que Ribadeo presente ceos de marabilla. Seguro que houbo xente que os tomou mellor e cunha cámara 'de verdade', pero aquí quedan algúns, para lembralo un día de néboa como hoxe ...
Amencendo dende o IES de Ribadeo, a finais do mes pasado
Un pouco despois, nubes sobre o Cantábrico
A foto anterior, máis recortada sobre a zona de nubes reflectindo o Sol
As montañas da Bobia nun atardecer a mediados do mes pasado
Mirando cara ó sur dende o norte da Liñeira
No barrio da Alza, desfiachando as nubes
Coidado, queiman!
Evaporación sobre o Cantábrico
Venus entre nubes
Amencendo dende o IES de Ribadeo, a finais do mes pasado
Un pouco despois, nubes sobre o Cantábrico
A foto anterior, máis recortada sobre a zona de nubes reflectindo o Sol
As montañas da Bobia nun atardecer a mediados do mes pasado
No barrio da Alza, desfiachando as nubes
Coidado, queiman!
Evaporación sobre o Cantábrico
Venus entre nubes
Etiquetas:
Fotos Ribadeo
20131204
Unha ponte á nada
Lembran vostedes a Asociación Puente de los Santos (ou aquí, a última asamblea), coa súa derradeira acción, unha plantación de froitas silvestres comandada polos concellos de Ribadeo e Castropol a cargo de subvencións (cartos públicos, de todos, via Europa), da que xa teño falado no blog? As fotos a continuación foron tomadas onte na plantación castropoleña, e non indican moito bo de como se está a coidar (atención: hai unha zona, máis pequena, que si aparece como coidada), a máis de que hai non tanto o xulgado fallara en contra da construción da balsa que aparece no fondo na primeira foto.
20131203
Sobre a asamblea da AVV O Tesón do pasado sábado 21031130. Nota de prensa
-->
O pasado sábado 30 de novembro, no local do lavadoiro da r/dos
Fornos tivo lugar a asamblea extraordinaria da AVV O Tesón. A
asociación veciñal ten por costume, dende a súa fundación no
2004, facer dúas asambleas anuais, unha ordinaria, no primeiro
semestre do ano, e outra extraordinaria, para manter mellor
informados ós socios, no segundo.
Neste caso, a orde do día era:
1.Lectura e aprobación se procede, da acta anterior
2.Memoria de actividades e balance económico do ano ata o presente
3.Próximas actividades e previsións de ingresos e gastos
4.Rogos e preguntas
A asamblea celebrouse nun ambiente festivo, como consecuencia da
recento nova de que un proxecto senlleiro para Ribadeo e no que a
asociación está implicada dende o comezo, a realización dunha
residencia de maiores, vaia por bo camiño. A actualidade e os pasos
dados ata o momento foron resumidos por José Mª Rodríguez,
presidente da comisión veciñal encargada de promovela.
En canto ó balance económico, non se aparta do previsto para o
conxunto do ano, e inclúe a venda do cartafol de Cartas da ría de
Ribadeo e a venda de lotería que se está a realizar.
Na asamblea deuse información sobre o seguemento de diversas outras
actividades, entre elas, aquelas xuntanzas de diversas institucións
ou entidades nas que participa a asociación, da comisión en porl da
sanidade pública na Mariña ó Consello da Muller de Ribadeo.
Asemade, deuse nova dalgunhas das contestacións dadas polo alcalde
nos plenos ás pregutnas de O Tesón, como as dúas últimas, sobre o
paradeiro do canón lanzacabos e a reposición das vidrieiras do
cemiterio. A lembrar que a asociación foi pioneira en Ribadeo,
insistindo primeiro na participación cidadá e logo, comousuaria
desa participación. No mesmo sentido, remarcouse que seguimos sen
ter regulamento de participación cidadá, e tentando dende hai xa
media década e de diversos xeitos que Ribadeo dispoña dun
regulamento efectivo de participación dos ribadenses nas cousas do
pobo.
Tamén en relación co concello, indicouse que polo momento non se
reactivou a mesa de asociacións, así como que seguimos sen sé
-coas dificultades que implica na relación cos socios- despois da
esperanza que se nos dera a comezos de ano para conseguila.
Comentáronse outros temas como a publicación do cartaz de cartas da
ría de Ribadeo ou que despois duns inicios prometedores, as
contestacións sobre o retorno do xulgado a Ribadeo esteñan
totalmente apradas.
En canto a actividades sociais, comentouse a viaxe a Coaña, Navia e
Porto de Vega, que resultou unha interesante actividade na que se
levou un bus e se tivo contacto coa asociación 'Casa Azul' de Navia.
Outro tema tratado foi o éxito do ciclo 'crise, economía e falsos
dogmas', mantido durante o mes de outubro e que resultou un estupendo
foro de formación dos asistentes e de intercambio de ideas.
Máis adiante prantexouse a variación na cota de asociado, decidindo
que un ano máis, a cota segan a ser os 10 € que se dispuxeron no
ano da fundación da asociación, o xa lonxano 2004, mitigando así
no posible o impacto da crise nos asociados.
De cara ó próximo ano, sen concretar aínda, están previsto unha
viaxe social, posiblemente a realización dun recorrido por parte dos
castros de Ribadeo tratados no libro de José Mª Rodríguez, e unha
actividade culturas, que poderían ser charlas sobre a visión de
Ribadeo a súa historia e aspectos concretos, a cargo de figuras
particulares coñecedoras de Ribadeo, residentes ou non.
Ó concluír a asamblea deuse aviso de que como en veces anteriores,
a acta provisional estaría colgada no blog de O Tesón, http://o-teson.blogspot.com.es
Etiquetas:
José Mª Rodríguez,
O Tesón
20131202
10 000 toneladas de madeira
Calculo que unhas 10 000 toneladas de madeira están agardando nestes momentos en Mirasol para ser enviadas dende o porto. Isa é a ocupación que revela a foto, tomada onte ó anoitecer e na que se ve que a ampliación de 100 m de fronte feita hai uns anos está repleta de atados.
O funcionamento do porto segue a dar que falar polo tema da saída de ENCE-Navia, cun ramal que nestes momentos parece parado na súa execución.
Actualización: recollo (luns) de La Comarca del Eo de 20131207:
Actualización: recollo (luns) de La Comarca del Eo de 20131207:
"
Mirasol logra un gran acopio de madera
A pesar de la reciente ampliación del puerto comercial ribadensa de Mirasol, la explanada portuaria se quedó pequeña para albergar el mayor volumen de madera descargado en la dársena en lo que va de año. La primera remesa, con 2 800 de las 12 000 toneladas de eucalipto que se Ilegaron a descar gar en el muelle, salió el pasado 24 do noviembre, y la segunda, el pasado domingo, ambas con destino a la Iocalidad portuguesa de Figueira da Foz. Las restantes 6 000 toneladas serán enviadas pronto al mismo lugar. “Aunque entre el 60% y el 70% del tráfico portuario ribadense corresponde a los movimientos de pasta de papel de la maderera Ence, Mirasol opera cada vez con más empresas, como con una portuguesa, que exporta la madera que sale estos días del muelle y también con otra firma, cuya consignataria está en Pontevedra”, aclara el práctico del puerto, Francisco Javier Torviso, quien confirma que efectivamente, éste ha sido el mayor acopio de toneladas de madera registrado en el puerto este año.
“El hecho de operar con una nueva empresa contribuye a aumentar los tráficos”, constata el práctico, que aprecia un incremento de alrededor de un 6% en el movimiento de mercancías que registró Mirasol a lo largo de 2013. La actividad genera además unos 60 puestos de trabajo, lo que demuestra, según torviso, “que el puerto de Ribadeo sigue siendo la mayor empresa de Ribadeo”.
La mayor parte de a madera que se exporta desde Mirasol procede además de los montes mariñanos. Las dos empresas anteriormente mencionadas, que recogen en Ribadeo el eucalipto para exportarlo, generan cada una de ellas cuatro puestos de trabajo, aproximadamente, además de ocho empleos más para transportistas encargados de su traslado. Aunque la carga y descarga de pasta papel de la maderera Ence sigue siendo la actividad principal de Mirasol -genera al menos cinco empleos de camioneros y otros diez de estibadores-, cada vez són más los puestos de trabajo, actualmente una decena, los que dependen del movimiento de otro tipo de mercancías.
En cualquier caso, la sombra de un posible desvío de tráficos de Ence por el futuro ramal ferroviario a Gijón, planea sobre el futuro del puerto comercial de Mirasol.

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)