20110526

15M, IGaPE, o Deportivo, a mina, a ría ...

Xoves. As eleccións comezan a ser xa tema desfasado, e comezan a relocer as curiosidades, como que en Aduna o voto en branco fixo posible que non houbera alcalde. Ou que un movemento de cidadáns en branco sitúase como forza política a un certo nivel. Ou localidades nas que un partido copou a alcaldía. As dúas primeiras situacións lembran o 'Ensaio sobre a lucidez' de Saramago.
Mentras, o descenso do depor aínda non está desfasado: vinte anos en primeira, unha copa e perda de categoría no último partido... o día antes das eleccións. Cántos votos indecisos decidiría ese partido na Coruña? Posiblemente non moitos, pero si algún. O caso é que cunha débeda cuantiosa, o descenso implica un futuro peor para o equipo por abondos anos, salvo 'sorpresas sorprendentes'.
A mesma noite do partido, os acampados coruñeses do 15 M, os 'indignados', movemento que deu moito que falar (e aínda pode dar) non eran máis dun puñado, e nos momentos álxidos de discusión (coa participación directa ou curiosa dalgunha persoa de Ribadeo) na tarde, uns 300.  Polo momento, e co movemento en retroceso despois dunha eleccións nas que tivo influenza reducida, goleada do fútbol fronte á crise. Pero ... a indignación non deixa de medrar: aí está o caso do IGAPE, destapado por certo despois das eleccións, que se presenta como unha máquina de traspaso de cartos públicos a bolsillos particulares, ó tempo que nos lugares con máis masa crítica os indignados procuran novas formas, diversificando os lugares de protesta.
Onte apareceron por Ribadeo, buzoneados, uns 'boletíns informativos' Asturgold informa. Polo que pon, van polo nº 3, de onde se deduce que a empresa pro mina de Salave decidiu ampliar o ámbito de distribución de folletos en relación a veces anteriores, pois dos dous primeiros non teño constancia que foran distribuídos por aquí. O caso  que, segundo xa se escoitara falar, a mina de Salave está a recibir un novo impulso despois das mobilizacións do pasado. Prometen máis traballo que antes -500 postos- e explican que serán máis respetuosos co medio, ó tempo que lembran en lugar apropiado que o paro aumentou en Asturias o ano pasado, empregando o gancho típico nestas situacións.
E, mesmo enfrontado a Ribadeo, a constrcción dun novo peirao nas Figeiras xa puxo ates das eleccións á xente en pé de guerra, máis que polo propio feito de facelo, por o como.
Falaremos.

20110525

Pospolítica como política postelectoral

Unha vez que falan os números, as consideracións políticas soen cambiar de aspecto. Tanto en xustificacións como en temas, pasando tamén por actitude. A nivel local ou nivel estatal e máis aló. Non importa. Estamos ante unha pospolítica, pois a 'política' en si, a xusto anterior, xa non serían as relacións e actividades de goberno, senón de consecución de votos do período previo ás votacións.
Maniféstase a nivel internacional: o primeiro que fixeron 'os mercados' foi desconfiar ante unha situación de debilidade do 'Reino de España' por 'non ter clara' a situación política posterior. E comezaron a intervir tanto no custe da débeda como na bolsa ou a traverso de declaracións de representantes diversos para 'orientar' as futuras accións do actual goberno do estado.
Maniféstase a nivel estatal, co xúbilo e algarabía duns e a desolación doutros máis que coa autocrítica sobre as propias accións, que aínda que poden estar relacionadas, parece moitas veces aquelo de que 'os camiños do Señor son inescrutables' cando se entra ver a relación.
Pero as votacións en Ribadeo, neste caso, eran a nivel local, con derviación a nivel provincial na Deputación. E, a iste nivel, atopamos unha cesión no último posto: a resignación da cadeira do candidato polo PSOE. Deixemos a parte do tema da correspondente autocrítica ou mesmo xustificación, que polo momento, escápanseme, non as vin, e centrémonos no feito da resignación: quen pode aceptala? O segundo da lista? a terceira? Cunhas eleccións levadas dun xeito personalista, estando as accións anteriores durante catro anos levadas da man doutra xente que non aparece no novo listado porque xa estaba desgastada, e sendo novatos en política os seguintes listeros, sendo unha única cadeira a ocupar polo grupo, e polo tanto sen apoio, a cousa está complicada para elixir. Tanto como que un exalcalde se sente só, illado nunha corporación que abandoou hai 16 anos, e tras cambiar de grupo, e ... Neste caso sinxelamente non hai 'pospolítica', senón outra cousa, interna.
No seguinte partido en votos, a UPRi, chamoume a atención o feito de 'morrer matando' que aparentan as declaracións de quen debera ocupar a única cadeira obtida, ó seguir atacando despois das eleccións a conta do gabinete de prensa o concello, que, segundo el, sería o gabinete do BNG e tería feito a maioría de propaganda electoral. Se considere que é ou non certo, é seguir na mesma liña que levou ós resultados vistos. Autocrítica ou construcción do futuro non aparecen, mentras de novo aparece a comidilla no pobo sobre un posible futuro cargo, neste caso nun goberno de Cascos en Asturias. Así, que pasaría coa súa acta de concelleiro? Como son só dimes e direites, mellor deixalo polo momento. Pero o caso é que tamén aquí hai o deserto político poselectoral.
No PP parece que se tomou o resultado cunha certa decepción, pero coa veciñanza á realidade que representou unha estabilidade en votos e porcentaxe. E ca visión clara de que non foi que o grupo 'perdera as eleccións', senón que houbo un balance de forzas, un conxunto de perdas que foi compensada por unha ganancia do BNG sen pasar por eles. Polo demáis, hai unha continuidade nos ditos de antes das eleccións e despois, configurándose como unha 'leal oposición' que dirían os ingleses.
En canto ó BNG, ó xúbilo hai que sumarlle a prudencia, cousa que o pobo agradece despois de ter visto en ocasións pasadas como ós alcaldes e ó equipo de goberno se lles sobe á cabeza unha segunda victoria, e máis se é in crescendo, con maioía absoluta de cadeiras. Neste caso parece que a cousa poidera ser diferente a tenor das declaracións iniciais. Sería algo bo para todos, incluído para o alcalde, equipo de goberno e partido. Polo mome, a menos se me escapara algo, foi o único que falou de futuro, coa aprobación do PXOM na mente, e quizáis coa claridade de que un mandato con maioría asoluta non é só unha tranquilidade, senón tamén unha responsabilidade.
Despois do anterior, coido que as posturas poselectorais coinciden abondo ben co número de votos obtidos, de xeito que mesmo se podería dicir que os votos sería consecuencia delas, e non ó revés...
Por outra banda, a outras esferas, parece que non vai a ter os tres niveis en mans opositoras, senón que por pouco, a Deputación vai a seguir sendo 'aliada', por unha Xunta 'opositora' e un Goberno que polo momento é 'de transición', cos tres adxetivos entrecomillados tanto polo que representan como polo que non deberan representar. Niveis que están relacionados cunha última consideración de hoxe: a economía. Estando menos endebedado que hai uns anos, o efecto é maior pola dificultade actual do crédito, e polo tanto, as relacións con outros niveis de dirección política son máis importantes tamén que hai uns anos. Pero coido que isto Fernando xa o sabe e tratou de aplicalo.

20110524

Distribución de votos nas parroquias

Antes de nada unha nota: Os números que me pasaron non coinciden cos provisionais, por pequenas diferenzas, no BNG e na UPRi. Como as diferenzas non son representativas, faigo o gráfico con istes datos detallados.
A táboa manifesta que o BNG ganou en tódalas mesas exepto na A do cine-teatro, que foi para o PP.
En resumo xeral, o BNG obtivo mellores resultados na zona rural, UPRi equilibrou as dúas zonas e PP e PSOE tiveron mellores resultados na vila.

Flecos electorais e lista de concelleiros electos

Despois dunhas eleccións, sempre queda o facer xogo cos números resultantes. Segundo as táboas xa postas, a maioría absoluta do BNG vese respaldada por 93 votos extra: con 2596 votos perdería o 7º concelleiro en favor de UPRi. Dun xeito alternativo, tamén o perdería se estoutra formación obtivera só 28 votos máis, 769. A lembrar de calquera xeito que os números son provisionais polo momento.
Así pois, por ista volta, o BNG é o máis beneficiado polo sistema d'Hondt, mentras a UPRi é a máis perxudicada. O PP queda case a pre co sistema e o PSOE tamén se ve perxudicado nun 4,5%. A este respecto, cabe lembrar as cifras e votos sobre o total de electores, 31,4%, 20,98%, 8,66% e 8,58%,e remarcar que a pesares de non lograr nin a terceira parte dos votos posibles, só o BNG sobrepasa a porcentaxe de xente que se abstivo, algo meritorio porque non é moi corrente.
Despois dos comentarios xerais de onte, coméntase nos xornais que a diminución de votos, e o aumento de porcentaxe de votantes débese a que a diáspora viu negado este ano o ter dereito a voto. Así, se non se vive aquí, non se vota aquí. Particularmente coido que o perxuízo en xeral foi para os partidos con máis recursos e máis grandes, os dous líderes a nivel estatal, se ben nas municipais quizáis teña menos impacto que poidera ter nas xerais.
A lista de concelleiros electos quedaría, por orde de obtención de cadeira:
1.Fernando Suárez Barcia (BNG)
2.Manuel Valín Valdés (PP)
3.Mari Luz Alvarez Lastra (BNG)
4.Manuel Yáñez Dablanca (PP)
5.Vicente Castro Reigosa (BNG)
6.Francisco Rivas Álvarez (UPRi)
7.Eduardo Gutiérrez Fernández (PSOE)
8.Ana María Martínez Fernández (BNG)
9.Azucena González Loredo (PP)
10.Horacio Cupeiro Rodríguez (BNG)
11.Mª del Campo López-Braña Freije (PP)
12.María Teresa González Piñeiroa (BNG)
13.Xavier Campos López (BNG)
Respecto ó anterior, hai que ter en conta que Eduardo Gutiérrez puxo a súa acta a disposición do PSOE, polo que é posible que ocupe o seu sitio outra persoa da lista.

20110523

Non sei o que fixeches, pero sei o que contribuíches a facer

Aquí, en Galicia e en España. Desastre do PSOE. Na veciña Asturias, a pesares da irrupción de Cascos na contienda. Di a prensa que victoria do PP; coido que máis ben, derrota do PSOE. Mentras, o movemento 15 de maio polo momento lembra que está vivo, e non se move. A cousa continuará. Co teu voto ou a túa deserción das urnas, este é o panorama a nivel xeral. En Ribadeo, o resume de onte a noite da para un comentario longo. Unha cousa rápida de primeira hora dunha mañá onde está a saír o Sol en Ribadeo non da para moito máis que para o que sería unha charla de café, que haberá que ir ampliando.
En primeiro Lugar, unha resistencia de UPRi a saír do esceario non logra evitar a súa caída, aínda que por ser menor que a do PSOE, ase a ser a terceira forza poítica de Ribadeo. Tanto no pasado mandato como neste, por razóns diferentes, non logrou chegar a unha posición de bisagra, e a nivel xeral, a un partido independente, máis se non ten unha certa estrutura interna, élle difícil acadar unha terceira vez representación, segundo as estatísticas. E xa non se trata tanto do que fixo ou deixo de facer no mandato, senón de estruturarse para logar unha representación.
Cartel no concello
En canto ó PSOE en Ribadeo, se deixamos a parte as primeiras elección democráticas, que sería unha especie de 'proba', o número de votos acadado é o menor da serie histórica. e coincide cunha baixada tmén histórica de estar punto de conseguir o cuarto conceleiro (foi o partido máis mérxudicado polo reparto no pasado mandato en Ribadeo). E, por cousa da lei d'Hondt, obtén a menor representación que tivo en toda a democracia. Só o cabeza de lista. Para reflexionar profundamente a importancia relativa das que parecen chamadas a ser as tres causas principais: a influenza da perda de rumbo socialista a nivel estatal, catro anos dunha actuación deficiente no concello e unha presenza buscavotista en campaña onde o candidato nº 1 pouco tivo que ver co resto da lista e cunha coherencia de ideas, na que está incluído tamén o feito de que fora alcalde polo BNG. O resto da candidatura, inmaculado, pois non saiu a escea.
O PP manténse no nivel da eleccións pasadas, máis ben un pouquiño por riba que por baixo, en contra do que parece indicar o número de votantes, pois tamén votou menos xente en total que nas pasadas eleccións. Coido que Manuel Valín non soubo separarse do PP anterior en Ribadeo nin a nivel nacional, e, o que noutros lugares pode ter sido un acerto, aquí non parece telo sido. A posteriori, coido que hai un factor importante externo ás actuacións e á ideoloxía: a foto de Valín que aparecía nos carteis non lle sumou puntos, e máis ben lle restou.
En canto ó BNG, coido que cando no mítin electoral Fernándo Suárez dixo algo así como '(...) e algún tolo nos da sete concelleiros', creía que en realidade era unha toleada, aínda que fora ilusionante para o equipo. A toleada cumpriuse, acadando con diferenza o mellor resultado do BNG en Ribadeo, e logrando eses concelleiros máis que estaba pedindo a berros dende hai moito tempo para facer cousas. Xa os ten, e agora ten o problema de como utilizalos. O resultado parece responder a un traballo e coherencia previos, supoñendo o mesmo para iste, algo a demostrar.
Atrás quedan a moción de censura que artellou pero non defendeu a oposición hai un ano, ou as acusacións diversas ó equipo de goberno anterior, incluído o pacto PP-BNG e moitas outras cousas. Nace un novo día en Ribadeo, con Sol, mentras que o fenómeno da Porta do Sol aquí non se deixou sentir moito polo momento.

20110522

Resume de datos e algunha cousa máis (6ª e última de hoxe)

Segundo resultados de http://resultados2011.mir.es/99MU/DMU1127905199_L1.htm?d=614&e=255
 A táboa anterior resume os resultados das eleccións para Ribadeo, incluíndo a división d'Hondt que asigna 7 cadeiras ó BNG, 4 ó PP, e 1 a UPRi e ó PSOE. Iso representa unhas porcentaxes relativas de 53,85 // 30,77 // 7,69 // 7,69, a comparar coas porcentaxes de votos.
A continuación, a relación de votos válidos nas diferentes municipais, onde se ve que houbo menos votos esta volta que nas do 2007.

A táboa seguinte, os votos das eleccións dende o 79, resaltando os mellores resultados de cada unha, e a continuación, os concelleiros obtidos.
As gráficas correspondentes ós numeros anteriores,en porcentaxes.
E os alcaldes (naturalmente, o actual non aparece aínda como 2011 por non ser aínda elixido)
Por certo, hai que acumular ó anterior que PSOE + BNG teñen un deputado provincial máis que o PP.
Agora falta facer a análise a nivel galego e estatal, a influenza das mobilizacións, ... e, por suposto, o que significa para Ribadeo.
Unha cousa máis: equivoqueime no pronóstico. A clave estivo no medrar do BNG, que deixou 'paralizados' ó resto dos partidos... algo que non fun o único en non prever, como comezan a amosar os comentarios (ver)

10:45 Maioría absoluta do BNG

... gráficas e demáis desenvolvementos, noutro post

Unha tontería: captura dos primeiros resultados que aparecen, ...

... con maioría absoluta sobrada do BNG, e o PSOE sen representación