20110522
Para ler mentras (4ª de hoxe)
Quizáis, para a espera de resultados, comentarios, gráficas e demáis, non resulte mal repasar a wikipedia ...
Etiquetas:
eleccións 2011
Previsións (... 3ª)
Os avances dan en Ribadeo un aumento de participación: mañá boa, día calmo,, ambiente de expectación superión a outras convocatorias ... agora mesmo xa hai algo de vento, o temperie empeorou lixeiramente, o anuncio de participación tamén inflúe ...
Etiquetas:
eleccións 2011
Unha colaboración para (interpretar os resultados d)as eleccións - entrada 2 do día
Hai xa algún tempo que fixen unha entrada que me requeiu Suso para o seu blog, e que estará publicada hoxe nel. Reprodúzoa hoxe aquí como segunda entrada do día, para ver como se reparten as cadeiras segundo o método d'Hondt:
Se hai 13 postos, e hai trece persoas dispostas, non debera haber problema ...
Se son 13 os lugares que hai dispostos e 14 persoas candidatas a ocupalos, hai que elixir. Póñense condicións, criterios, e tómase a decisión. E iso son as eleccións. Pero os votos, o que conta para elixir, só son parte do proceso. Outra parte, moi importante, son os criterios de asignación do cómputo de votos para enmarcalos nos postos existentes
Nun caso concreto, en Ribadeo, nestas eleccións concorren 52 persoas (4 listas electorais, sen os suplentes) para 13 postos. Hai que elixir. Hai 9000 persoas inscritas como votantes, para facer a elección, o que se fai dando un voto cada un dos electores a unha soa lista, encadrada por 13 persoas (novamente, máis os suplentes en caso de que alguén que conte como titular falle e sexa necesario remprazalo).
Deixando a parte a confección das listas, correspondendo cada unha a un partido ou coalición electoral, eses 13 postos en disputa están pensados para repartirse entre as listas que se presentan, como se se tratara de entidades que poideran ocupar cada unha delas varios postos.
Hai varios sistemas de reparto, de asignación deses votos para a ocupación dos postos dispoñibles. En España úsase o método d'Hondt, un deses sistemas. A solución non é perfecta, e o método ten os seus detractores, que lle achacan principalmente que tende a favorecer ós partidos máis votados, aumentando relativamente o valor de cada voto (como se trata de estatística, hai veces que o máis favorecido non é o máis votado, senón mesmo o menos votado).
Voltando ó método, a súa aplicación é de manual. En síntese, logo de escrutar todos os votos, e polo tanto, ter o número deles que acadou cada lista, fáise unha táboa na que aparecen ditos números sucesivamente divididos por 1, 2, 3, 4, ... ata o número total de postos a repartir. Cada un deses números corresponde a un candidato da lista. Así, ó candidato nº 4 dunha lista que obtivera 2600 votos corresponderíalle o número 2600/4 = 850. A partir de aí, vánse collendo persoas para cada posto, dun xeito ordeado, correspondendo ós números máis elevados, ata encher os postos dispoñibles.
Como demostración para ver como se aplica, tomemos o caso das eleccións municipais do 2007 en Ribadeo. Había 13 cadeiras dispoñibles, a ocupar por xente de 4 listas de 13 persoas (máis suplentes). Os resultados resúmense na seguinte táboa:
A parte esquerda da táboa corresponde ós votos obtidos por cada opción, e porcentaxes sobre censo, sobre o total de votos emitidos, sobre o total de votos a partidos, etc. Hai que ter en consideración que os votos que contan són só os que reciben os partidos, non contando para o reparto nin a abstención (principal opción electoral individualizada como pode verse na táboa) nin os votos en branco, nin os nulos.A parte dereita da táboa é o resumo de aplicación do método d'Hondt. Aparecen nela os números correspondentes ás divisións entre 1, entre 2, etc (non poño todas as divisións por non ser necesario, unha vez cubertos os postos) dos votos de cada partido. A orde de consecución de concelleiros por cada grupo foi:
1º concelleiro: BNG
2º: PP
3º: PSOE
4º: 2º concelleiro do BNG
5º: 2º concelleiro do PP
6º: UPRi
7º: 2º concelleiro do PSOE
8º: 3º concelleiro do BNG
9º: 3º concelleiro do PP
10º: 3º concelleiro do PSOE
11º: 4º concelleiro do BNG
12º: 4º concelleiro do PP
13º: 2º concelleiro da UPRi
Así, gardando a mesma ordeación que na táboa anterior, os postos foron conseguidos nesta orde:
Onde aparecen en vermello os concelleiros efectivamente obtidos e en azul a orde de asignación dos catro máis que se obterían se o concello tivera asignados 17 concelleiros, como se baraxou que podía suceder nestas eleccións 2011. Pódese ver que corresponden a ordeación dos números en vermello na táboa de resultados.
Nesta última tábo pódese observar que co mesmo número de votos, pero diferente número total de concelleiros, a representación cambia sen ser de xeito proporcional, tendendo a favorecer ós partidos máis votados como se dixo máis enrriba. Igual pasaría se o número de cadeiras dispoñibles fora 12, tendo quedado nese caso UPRi cun só concelleiro.
Etiquetas:
eleccións 2011,
política,
sociedade
Para seguir as eleccións (entrada 1 do día)
Agora que despunta o día podemos planificar onde seguir as eleccións. Por suposto, neste blog, pero se non, en sitios alternativos como aquí, e no blog adicado ás eleccións de Ribadeo este ano.
Etiquetas:
eleccións 2011,
política,
sociedade
20110521
5 da mañá, spanishrevolution
David Bravo: Terminó mi turno. Vuelvo a casa cansado y contento.
Coido que un sinxelo twit da para saber unha nube de cousas. Unha noite de protesta tranquila e organizada, onde hai participantes cunha traxectoria xa longa ás súas costas ... chámaselle revolución pero quizais debera falarse do callar dunha evolución.
Mentres, xa estamos en xornada de reflexión en Ribadeo, e está dispoñible para ler o libro seguinte a 'Indignádevos!', 'La crisis que viene' (descargable na ligazón e mercable)
- Indignádevos está descargable en francés en http://www.millebabords.org/IMG/pdf/INDIGNEZ_VOUS.pdf, e éxito de vendas e descargable en galego e castelán, ó que contribúen tamén os prólogos das versións papel (José Luis Sampedro e Manuel Rivas)
Coido que un sinxelo twit da para saber unha nube de cousas. Unha noite de protesta tranquila e organizada, onde hai participantes cunha traxectoria xa longa ás súas costas ... chámaselle revolución pero quizais debera falarse do callar dunha evolución.
Mentres, xa estamos en xornada de reflexión en Ribadeo, e está dispoñible para ler o libro seguinte a 'Indignádevos!', 'La crisis que viene' (descargable na ligazón e mercable)
- Indignádevos está descargable en francés en http://www.millebabords.org/IMG/pdf/INDIGNEZ_VOUS.pdf, e éxito de vendas e descargable en galego e castelán, ó que contribúen tamén os prólogos das versións papel (José Luis Sampedro e Manuel Rivas)
Unha reflexión para a xornada
Aínda que a ilusión dunha revolución pacífica pode trastocar o sentido das eleccións, copio o que O Tesón enviou (a comezos de semana) para ser publicado (hoxe, xa veremos se sae) na Comarca:
Algunhas cousas para pensar
Dende O Tesón, como veciños que somos, vímonos decatando de diversas cousas no transcorrer de Ribadeo. Unhas veces, reciben publicidade, outras, a maioría, tentamos sinxelamente de que se fagan realidade. Van de cousas prácticas a outras que sinxelamente afirman a Ribadeo, pero sempre, que repercuten na vida de tódolos veciños dun ou outro xeito, de tal maneira que creemos mellorarían a Ribadeo.
Escribimos isto, días antes de que remate a campaña electoral, para facelo dun xeito xeral, e chamar a atención só dun puñado de cousas -poderían ser outras- tentando que todos reflexionemos de cara ó que pode ser o día de mañá en Ribadeo. Día de mañá que se pode extender durante catro anos.
Dende O Tesón estaremos pendentes para facer un seguemento dos programas, e, se é o caso, unha cualificación do cumprimento. Non é a primeira vez que o faremos, aínda que non se fixera público nas anteriores ocasións. Así, sinxelamente gardamos os programas destas eleccións o mesmo que o fixemos das anteriores, e lembrarémolos sen esperar ós catro anos, porque a democracia éo no día ó día, sen circunscribirse a un día cada mil cincocentos.
Dende hai anos pedimos unha interlocución fluída entre os políticos e os veciños. O resultado foi un Regulamento de Participación Cidadá, aprobado polo Pleno do Concello, que tratamos de axudar a facer sen que as nosas propostas acadaran a consideración necesaria -antes dese momento- que foi alegado -despois-, e polo de agora está en paradoiro descoñecido. Por outra banda, falamos de xeito informal con varios partidos, e o resultado non foi un compromiso real, senón só algunha idea para o programa electoral correspondente.
O retorno do Xulgado, que empuxamos mediante unha recollida de sinaturas ata o mesmo 31 de decembro do pasado ano, fixo posible unha foto de conxunto dos representantes políticos. Pero dende o 31 de decembro pasou moito tempo, e ata o momento, non hai un acordo do Pleno para apoiar as sinaturas enviadas a Madrid, nin tan sequera se fixeron xestións para adecentar o actual edificio asignado ó Xulgado de Paz. Non estamos parados, non. Pero de novo parece que seguiremos a estar pouco acompañados, polos nosos representantes, para lograr que Ribadeo recobre algo que perdeu “por falta de jueces o aspirantes que puedan servirlo” (B.O.E. 26-novembro-1965) ¿Que pasa, seguimos sin xuices e aspirantes? ¿Ou é que a creación de demarcacións totalmente novas está por riba das primixenias que sempre existiron? ¿Como é posible que na mesma resolución, se incorporaran ó xulgado de Mondoñedo os de Viveiro e Ribadeo, e o cabo dun tempo se devolvera á existencia o de Viveiro, e o de Ribadeo non? ¿por que esta descriminación?.
O nome da ría deu lugar á nosa denuncia contra un medio de comunicación asturiano. De novo, que Ribadeo figure ou non en sitios que deberan seguir a normativa oficial ou en lugares que se non son oficiais, son moi importantes para o noso turismo, como Google Maps, ou a asignación de Ribadeo a Asturias nalgunha rede social, parece que non acapara nada máis que atención marxinal os nosos representantes. Temos documentos de actuacións pasadas, e da normativa legal, pero oficialmente non somos nós quenes debemos actuar. Creemos que incumbe, e moito, a Ribadeo e ós seus intereses. Pero non temos oído moito do tema nesta campaña electoral.
Do que si se falou algo, foi do tráfico e accesibilidade. Pero un plan para as bicis, por exemplo, non parece que ninguén o teña claro máis aló de ver o bo que sería telo. E, polo medio, xa se leva realizado en estado máis ou menos adiantado, un par de estudos que incluirían algo relacionado co conxunto de accesibilidade e tráfico. Iso sí, hai unha permisidade manifesta, do tráfico semipesado, practicamente en tódalas rúas peatonais: bicis non, furgonetas sí.
Levamos reclamado durante xa medio ano, sobre a destrucción das vidrieiras da capela do cimeterio, e aínda estamos perplexos de que non se saiba nada. Creemos que algo se debe estar a facer, pero dubidamos do que se está cocendo cando todos os partidos calan mentras pasa o tempo. Haberá algo que se nos esteña escapando e que os partidos nos esteñan perdoando para non ter que reconvirnos públicamente? Se é así, que non se preocupen, que nos digan que pasa, con claridade, pois queremos esas explicacións, son necesarias para evitar máis futuras barbaries e que queden impunes. Nós somos veciños, e tratándose das vidrieiras, un ben patrimonial de todos, levamos un longo camiño na escuridade, do que queremos sair.
O Castro das Grobas ten reclamado a nosa atención máis dunha vez, pois creemos que sería doado aproveitalo de xeito turístico. Algunha sinal para acceder a el, o deseño dunha ruta e un folleto, serían puntos básicos para iniciar un aproveitamento que polo momento non se vislumbra. Poucos cartos, pero de novo máis de esquecemento que de seguir adiante, aínda tendo en conta a limpeza que se fixo ou as catas, que se fixeron con gasto de recursos públicos, e das que se dixo se ofrecerían os resultados ... hai ano e medio, e non se divulgaron. Non hai que esquecer que novamente están implicadas administracións controladas por varios partidos, pero que teñen que ser requeridas polo Concello, para que den as explicacións pertinentes.
Reclamamos sentidiño nas propostas, nos programas, e realismo para adxuntar a cada programa un plan para levalo a cabo. Senón, todos e cada un dos programas, en maior ou menor medida, non será crible: será incrible.
Ben, din na Biblia que o número sete é moi grande xa. Por iso, aquí rematamos, aínda que, como dixemos ó comezo, somos conscientes de que habería moitas outras cousas: como un exemplo máis, a ansiada Residencia de Maiores, na que non vemos que as ideas dos partidos evolucionen a pesares do movemento veciñal.
En fin, só lembrar que o de hoxe é un día como calquera outro para reflexionar.
Etiquetas:
castro das Grobas,
eleccións 2011,
O Tesón,
política,
sociedade
20110520
Xa hai 15 de maio en Foz
como pode verse no mapa ... pronto, en Ribadeo?
Etiquetas:
eleccións 2011,
política
Preparando a reflexión ...
Etiquetas:
eleccións 2011,
política,
sociedade
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)

