20081016

De burlas e burlados

Coido que hoxe serei breve. Dous artigos, un de Almudena Grandes, "Cultura" e outro, unha noticia abondo máis achegada, sobre a permisividade e compangueo municipais, explícanse por si sós, aínda que se poidera seguir moito máis.

20081015

Money, money, money, ...


Un dos puntos álxidos da película Cabaret. O primeiro que se me veu á cabeza despois da xuntanza desta fin de semana nos EUA dos xefes de estado dos países industrializados. Por fin se poñen de acordo, e todo o mundo regocixado porque van gastar máis cartos para solucionar unha crise sacándolle as castañas do lume á xente que nos meteu nela. Iso si, de xeito coordfinado. Máis ou menos, para a xente de a pé, a solución era ou máis crise (por unha beira) ou máis crise aínda (por outra). De aí que a pesares de ser a grande parte da extensión dos diarios, a xente fale da crise para gastar bromas e cousa polo estilo, como sen esperanza: 'abandoade toda esperanza os que aquí entredes', segundo unha obra (xa non lembro cal) en relación ó inferno. O dito. O 12-O, descobrimento de América e atisbos dun novo goberno mundial, unha especie de ONU económica onde hai que pedir entrada e se non estás dentro o máis probable e que segas sen estalo durante moito tempo, hermética, e ... non democrática, aínda que mantida por gobernos de países en teoría democráticos. Mentras, váse producindo máis e máis efectos da crise: este ano non hai 'SIMO', a feira de informática máis importante de españa. O motivo? non había moitos expositores improtantes debido á crise e ... non ía ser rentable.
A nivel Ribadeo algunha nova tamén vai de cartos: cúmprese a previsible dificultade do concello para cobrar as obras comezadas por conta allea para evitar estragos nas casas semiderruídas ou as multas ós construtores, mentras se denuncia que o vial ó cemiterio segue parado (parece que non lle afectou a nova ola de obras no casco urbano) ou a mala recepción da TVG na zona últimamente. Cousa esta úlñtima que é certo que xa tiña que ter sido denunciada polos galegos antes que polos asturianos, en troques de ser ó revés.
A foto, un furado na valla do porto de Mirasol ós Bloques. Despois de extender a valla e impedir o paso ó traverso do lateral sobre a ría, o furado é unha ventana que permite o paso, unha especie de ventana á esperanza de que o porto non ille / non se ille do pobo. Non é o único sitio polo que se pode pasar, pero en calquera caso, os sitios de paso son válidos só para xente cunha certa axilidade.

20081014

Novas curiosas





Conclúe o sellado do antigo vertedeiro... Coido que se clausurou no 2001 cunha nova semellante. Esperemos que sexa de vez.
Turismo promocionará A Mariña. Enésima vez, e no medio, queixas por esa promoción.
O tramo de Porto a Ribadeo é considerado de alto risco: calquera que pase por alí sábeo; non son necesarios radares, por exemplo.
Voltámonos a quedar sen śe xudicial. Non puido ser? Non foi.
Comezarase a multar na zona azul de Ribadeo. Normal, xa se foron os visitantes... e como só hai un par de obras en marcha e previsto comezar xa outras tres, pois eso.
O concello di que si que é certo que a fonte dos catro canos non está moi ben reparada. Como tanto reparacións como reformas están ocultas ata que se remata a obra, e difícil aconsellar, sexa na fonte do parque (esa que parece para mexar) ou na de indianos (a que non da ó parque homónimo, senón á rotonda que está previsto modificar) por poñer dous exemplos.
Calro que en todas partes cocen fabas, como en Lugo, que tras patinazos da Policía Local en relación coa xente, e unha volta finalizadas as festas, o alcalde di que todo moi bo e moi bonito na PL. Por certo, que o outro día, baixando na praza Maior de Lugo era curioso: moita xente sentada, pero unha nas terrazas das cafeterías, e da outra beira, nos bancos públicos e no bordillo do parque. Non era difícil distinguir entrea xente dunha beira e doutra, tanto polo tipo de traxe (todos de festa, non obstante), como pola calidade aparente ou polo uso de complementos.
En fin, supoño que hoxe me pasarán as notas de prensa para complementar algunha nova en http://prensa-ribadeo.blogspot.com/.
As fotos, tomadas todas do mesmo punto na praia dos Bloques, algas incluídas.

Unha nota de prensa

Sobre o tema da comisión para o hospital:
"
NOTA DE PRENSA CONXUNTA SOBRE A COMISIÓN DE PARTICIPACIÓN CIDADÁ EN MATERIA SANITARIA

Asinantes:
Asociación de Veciños “O Castro” de Foz
Asociación de Veciños de Forxán
Asociación de Veciños de Cangas
Asociación de Veciños “O Vencello” de Burela
Asociación de Veciños “O Tesón” de Ribadeo
Asociación de Veciños de San Cibrao

As Asociacións de Veciños “O Castro” de Foz, de Forxán, de Cangas, “O Vencello” de Burela, “O Tesón” de Ribadeo e de San Cibrao veñen de manter unha reunión urxente para valorar o acordo ó que chegaron coa Federación de Asociacións de Veciños de Lugo sobre os representantes veciñais que deben compoñer a Comisión de Participación Cidadá en materia sanitaria.

Tras unha intensa reunión mantida entre o vicepresidente de Asociación de Veciños de Forxán (en representación das seis Asociacións) e o presidente da Federación chegouse a un acordo polo que as Asociacións citadas serían as que propuxesen ós compoñentes da Comisión para que desde a Federación se elevase dita proposta á Consellería de Sanidade para o seu nomeamento.

Debido ó pouco tempo do que se dispón (o prazo máximo para que a Federación de Asociación de Veciños de Lugo presente a lista de compoñentes á Consellería de Sanidade remata este xoves 17 de outubro) as Asociacións asinantes deste comunicado decidiron repartirse os oito postos dispoñibles (catro titulares e catro suplentes) con independencia que unha vez constituída a comisión podan participar outras asociacións veciñais interesadas. Trátase dunha solución urxente coa que se busca traballar polo interese xeral e en representación de toda A Mariña. En próximas datas faranse públicos os nomes dos compoñentes da Comisión.
"
Como comentario, non me entusiasma o acordado, pero coido que é un primeiro paso.

Crisis?

'Os pobre sodes máis pobres, e punto' tomado dunha viñeta de Romeu (10/10/2008), en síntese, mentras contemplo a foto Bush-Berlusconi con cara de burla.

20081013

Arte e distribución xeográfica

Un post máis hoxe para reflexar unha información suplementaria dos códigos postais. Información que por certo está relacionada no caso de Galicia coa prestación de servizos que as estruturas estatais/autonómicas/provinciais/locais ofrecen na realidade e as prometidas, e as que funcionan.
O tema está relacionado con temas sociais, pero tamén políticos, económicos ou culturais.

Fotos da aduana




O outro lugar comentado por cultura como 'en estado inadecuado'.

Fotos da fonte dos catro canos





Conforme quedei na entrada do outro día, paso fotos indicativas do estado actual da fonte dos catro canos.