20061204

Dous bit sobre a economía e Ribadeo. II)Conclusión

En Ribadeo, ás veces a economía é 'keynesiana': fánse actividades e regúlanse polos poderes públicos, competindo coas privadas, e mesmo lle encargan a empresas a súa realización. Outras, é 'friedmaniana': que cada un se apañe como poda, desregularizando todo. En calquera caso, temos o funcionamento da teoría dos xogos: quen fai trampas, pode prosperar mellor, e como non todo o mundo (nin moito menos) as fai, a maioría, a velas vir, e ó conxunto de Ribadeo podíalle ir abondo mellor. Para máis detalles, os comentarios que deixaron Ajaspino e Fuji na entrada anterior poden ser abondo aclaratorios.
Nota final: é evidente a simplificación ó límite das teorías expostas e a súa aplicación a un nivel que non é o máis adecuado para elas, e tamén a simplificación das consecuencias. Parece mentira que aínda así, con toda a sinxeleza, sexa a teoría dos xogos a que explique os altibaixos que sofre a elección dunha ou outra das 'primeiras teorías', e sexa tamén a máis práctica para a explicación. Faltarían os exemplos para completar o cadro, pero háinos a moreas, polo que coido que non son necesarios, cada un ten unha gama deles. De calquera xeito, se é necesario, poñereinos, o mesmo que unha explicación algo máis polo miúdo, ata que me chegue o tempo.

Dous bit sobre a economía e Ribadeo. I)Introducción

Milton Friedman e John Maynard Keynes foron os dous economistas máis recoñecidos do século XX. O segundo, primeiro temporalmente, sentou as bases da intervención económica moderada do estado, no que se podería chamar liña socialdemócrata. O segundo, discípulo do primeiro, variou esa liña cavilando sobre o mercado como autoregulable de xeito pleno, en liña de capitalismo 'duro'. O terceiro elemento a considerar é económico só pola súa posible aplicación, a teoría de xogos. Di esta teoría a nivel básico que cando hai tipos que colaboran e tipos que fan trampas pódense dar tres situacións: a)todos colaboran: o conxunto vai o mellor posible e cada quen saca a súa parte. b)todos fan trampas: todo vai mal, e cada individuo tamén. c) uns colaboran e outros non: o conxunto vai máis ben mal, pero os individuos que fan trampas sacan tallada de xeito ben diferenciado sobre os que colaboran.
Agora, un tempo para a asimilación, e logo, a ver que sacamos desto.

20061203

Nova cultura: actuación da Coral Polifónica de Ribadeo

Equivoqueime, quería poñer 'nova cultural', pero cando me decatei, vin que quedaba ben. corresponder á idea? ... ese é un punto un pouco frouxo...
Ben,
Que di o cartel? Ve abaixo e aquí
Concerto de Nadal
III Memorial Pepe Valiña
Sábado 16 de decembro do 2006
Igrexa Nova de Baio ás 21.00 horas.
Coral Polifónica de Ribadeo
Coral Polifónica "Xan Mella" de Baio
Para máis datos, no blog da Coral "Xan Mella" ( http://coralxanmella.blogspot.com/ ) ou aquí
Por certo, Púxeno na categoría de 'Hernán Naval'. A primeira versión coido que é clarificadora. E se non, que me corrixa o autor.

A Comarca da o Eo, 18 de xuño de 2005: "O Tesón" de Ribadeo e o PXOM


Artigo aparecido na Comarca a conta do PXOM de Ribadeo.

Proveito político


Despois de tres horas desperto pola música allea, aproveito para facer o blog: a estas horas levantareime mañá e de calquera xeito, o horario dominical está perdido polo cansancio da noite.
Remato de ler titulares dun periódico, e atópome coa nova de que van cesar as protestas de protección civil por non estar aberto o parque de bombeiros para que non se aproveiten os políticos en eleccións. Coido que é unha decisión errada e unha nova triste. O último é evidente: as protestas do pobo parecen non servir, e logo hai quen se queixa de que os políticos están mal considerados. O primeiro, o erro da decisión ven de que considero que é agora cando se pode facer máis ruído, máis alto, e onde se poden obter máis compromisos asinados, a parte de que facelo así é acostumar ós políticos a que as protestas chega un momento que paran por cansancio ou outras circunstancias.
7:28, unha botella recibe unha patada e estoupa. De onde ven a xente se os últimos locais teñen que pechar as portas ás seis e media? É moi facil sabelo.
Ben, no xornal aparece a reclamación de persecución política polo tema de urbanismo en Barreiros e cerquiña, a nota da mesa redonda sobre urbanismo. Foi longa, rematamos ás dez, e intensa, chegando a tratar que o mesmo colexio de arquitectos que emitiu unha declaración sobre o urbanismo desenfreado na Mariña tampouco parece estar levando as cousas moi aló na propia casa, en tomar medidas contra a xente que asina tales barbaridades. Asemade, tamén se falou do (in)cumprimento das leis, por exemplo. Falouse de todo e gustoume, pero queda moito, moito máis por falar e intervir, e a xente que estabamos alí (en total, 70 persoas, isto é, cousa do 0,7% do censo do concello de Ribadeo, e había xente doutros concellos) era da que menos necesitaba estar na mesa redonda porque en xeral xa tiña unha carga de convencemento persoal. O chegar ó resto segue a ser algo a conseguir.
a imaxe, do interior dunha das casetas das 'fontes do lobo', que constituían o groso do caudal do río de Vilaselán. Esta estaba aberta o outro día. E seca. As casetas foron construídas para traer a auga a Ribadeo, antes que o embalse no río Grande ou no Eo.
Hai un ano, daba a nova de que 'Ribadeando', o libro estaba xa na rede, e de novas de música, con dous artigos de hai tempo, relacionados con Hernán.

20061202

Tres festas e máis


Cargo á beira un traballo xa vello, que apareceu no libro das festas do 2004, p.59, un ano no que as festas de Ribadeo se celebraron do 1 ó 9.

Outro día máis


Outro día máis en loita. Ese podería constituír o sentir tras ver as novas da zona. Nelas aparecen en varios apartados novas sobre urbanismo, como "tira p'a diante", como "arma arroxadiza", ... e como nova de que ás sete da tarde é a mesa redonda sobre urbanismo que anunciei na entrada de onte.
A foto de hoxe, unha vsita das montañas cara ós Oscos dende a Avda. de Luarca, entre cables, pola mañá.
Hai un ano, daba conta de boas novas en Ribadeo.

20061201

Proposta para a fin de semana en Ribadeo: mesa redonda e lectura





Hoxe non vai foto, as catro imaxes chegan. A primeira, a convocatoria dunha mesa redonda apra mañá sobre urbanismo na costa. Non sei por que o meu nome aparece como Antón, pero supoño que eso dará o mesmo.
As outras, un escaneado que prometera hai tempo, as actas do pleno extraordinadio que se celebrou sen veciños presentes: algo público, colgado á entrada das oficinas do concello durante un tempo, e que moita xente vai ver... coido, en relación coa xente que vai ós plenos.
A lembrar como sempre que facendo clic sobre as imaxes pódense ampliar.