Un día máis, pola paz. Pola paz no mundo, como cando a Igrexa convocaba nas igrexas a petición (pode que aínda o siga a facer...). Agora, dun xeito máis pesado polo xenocidio de Israel / Netanyahu pobre os palestinos, acompañado do goberno de Trump, pero sen deixar de lembrar ese outro xenocidio no Congo, ou tantas guerras da Ucraína ó Sáhara, pasando por Sudán ou Myanmar...
20250206
Concentración pola paz en Ribadeo, de novo: sábado 9 de febreiro de 2025
20250126
Contra vento e choiva, paz
Contra vento e choiva, paz
Hoxe, 26 de xaneiro, un domingo máis, tivo lugar a concentración pola paz que se ven tendo en Ribadeo de xeito semanal, a partir do comezo da guerra de Rusia contra Ucraína, e logo de xeito renovado, de Israel contra Gaza, Palestina, Líbano, Siria, Iemen... polo de agora.
Hoxe, co mal tempo, as vinte persoas que estabamos refuxiámonos baixo a protección do adro do concello, e comecei as intervencións dicindo da reanudación do envío estadounidense de armas a Israel retido ó final do mandato Biden. Eli García Bouso, Suso Fernández, Nana Montañés ou Jesús Irigoyen foron as seguintes intervencións que se poden escoitar no audio, malamente a raíz do tempo e as condicións acústicas no lugar con xente. Coma normalmente, as fotos son de Suso. Ó final, unha foto e un pequeno vídeo das bandeiras no concello, comezando a desgarrarse a galega e algo menos avanzado, a española.
20241011
Unha semana máis, concentración pola paz
Unha semana máis, convócase a concentración pola paz: tódolos domingos ás 12:30 diante do concello de Ribadeo... Palestina, Ucraína, Sahara, Sudán, Iemen, Somalia... a xente de todos eses países, e moitos máis, esperan.
20241007
Un ano de paz
Un ano de paz
Onde? Pode que te faga preguntar o titular. A nivel internacional, calquera negaría a afirmación referida ó último ano. Mais o título alude á petición, idea e querencia, dos asistentes ás convocatorias que se están levando a cabo en Ribadeo dende o comezo da invasión da Ucraína, e sen interrupción, os domingos, semana tras semana, dende o 7 de outubro do 2023 no que outra guerra veu tapar nos medios á anterior 'defendida por occidente'.
Pode que o título a alguén lle faga lembrar os '"xxx" anos de paz' que querían servir de propaganda franquista tras impoñer unha disciplina de paz, que non unha imposible paz imposta. Ou a 'pax romana', aquel período no que o imperio romano era tan poderoso que calquera conflito nas súas fronteiras ou interior podía ser ninguneado e os habitantes do imperio ter a sensación de paz. Pero non, non é iso. Non se trata de revivir unha nostalxia de impoñer a paz pola guerra... que ó fin e en teoría é o que se pretendería en calquera guerra que se poda nomear na actualidade. Por exemplo, no exterminio que comezou hai un ano, espoleado por Hamás e levado a cabo polo estado de Israel baixo o mando de Netanyahu. Nel, nese exemplo, cun exército isrelí vitorioso, a paz cada día está máis lonxe.
Dito o dito, cando leas isto, xa se terá cumprido un ano de guerra en Palestina, se chamas sinxelamente guerra á destrución, asasinatos e xenocidio producido por e nas marxes de Israel e decretado polo 'emperador' Netanyahu co aparentemente incomprensible apoio dos USA, pero non tan só.
Xenocidio, intereses armamentísticos e de poder en xeral, necesidade de construír a paz empregando esa verba, paz, en troques de dicir 'non á guerra'... foron algúns dos temas da última xuntanza pola paz que se mantivo en Ribadeo. Non se tratou a supervivencia propia no medio dun mundo en guerra... Claro que non é o mesmo falar desa supervivencia podendo volver a un fogar acomodado de Europa ou Norteamérica que se tiveras que retornar a outro de Gaza xa inexistente de xeito físico, ou ó límite en Sudán. Tampouco se falou de estados que, intereses mediante, son xuíz e parte, que ameazan a un dos contrincantes mentres piden contención ó outro despois de terlla pedido unhas cantas veces máis e ver outras tantas como é sobrepasado o límite da contención pedida. Non, non se falou dos Estados Unidos de América nese sentido, senón só como subministrador de armas ó tempo que lle piden ós máis que non as usen... Si, quedaron moitos temas, as guerras son complexas e nós, cidadáns sen tempo nin recursos para responder dun xeito adecuado. Sinxelamente, téntase.
Mentres, o mundo vai cambiando, e xa podes elixir á China como alternativa. Ó fin, ós poucos xa se foi situando como potencia á altura dos EE.UU.A. Non sabemos se van ser mellores ou peores como imperio. Non digo 'bos' ou 'malos', de pronto, non son 'demócratas'!. Haberá que experimentar, e mentres, tentar rular... Coma sempre.
20241006
Un ano máis chamando á paz
Cando leas isto, xa se terá cumprido un ano de guerra, se chamas sinxelamente guerra á destrución, asasinatos e xenocidio nas marxes de Israel. Hoxe houbo outra concentración máis -lembra, cada domingo ás 12:30 no Cantón en Ribadeo- pola paz, xusto un día antes do cumprimento dun ano de guerra-masacre-xenocidio no Próximo Oriente, o conflito que os medios encumiaron á actualidade durante todo o ano, tapando ó anterior máis mediático, a invasión da Ucraína. Algo que dá para algo máis que 'do que falar'. Pero iso será noutro momento. Agora, estas letras, só son para lembrar a concentración de hoxe en Ribadeo (a lembrar que houbo concentracións por todo o estado, como en Compostela), onde se falou de xenocidio, de intereses armamentísticos e de poder en xeral, da necesidade de construír a paz empregando esa verba, paz, en troques de dicir o 'non á guerra'...
Máis de corenta presoas acudimos a expresar o noso chamamento de paz. Aquí quedan algunas fotos tomadas por Suso e o texto da súa intervención (intervimos ademáis, por orde, eu, José Ángel Salvatierra e Nana:
Texto lido por Suso, declaración a nivel estatal:
"Demasiados días de horror televisado, de
crímenes inimaginables, de una dimensión
indescriptible. Demasiados días desde que
comenzó el genocidio transmitido en vivo de
Israel contra 2.3 millones de personas
palestinas en la sitiada Franja de Gaza, la
cárcel a cielo abierto más grande del mundo,
y los ataques cada vez más brutales en
Cisjordania. Israel lleva 76 años intentando
eliminar a la población indígena de
Palestina. Israel sigue robando tierras,
encarcelando y masacrando a todo un pueblo
mientras el mundo observa. Casas, escuelas,
hospitales, mezquitas, iglesias,
universidades, y un larguísimo etc son las
infraestructuras civiles que ataca Israel. Pero
aunque el colonialismo israelí intenta
fragmentar al pueblo palestino, este
permanece unido resistiendo ante el horror.
Cada día el pueblo palestino nos enseña y recuerda que "existir es resistir".
Hoy salimos a la calle como respuesta a la llamada urgente de nuestras compañeras palestinas, para detener esta atrocidad. No es suficiente condenar desde la distancia. Es hora de actuar, de cortar la complicidad internacional con un régimen de apartheid y colonialismo. Los gobiernos y empresas que financian y apoyan a Israel deben rendir cuentas por tomar parte en este genocidio.
No es un simple deber moral, es una obligación legal y humana. A pesar de la opresión, hemos construido un poder popular sin precedentes. Israel está más aislado que nunca; a nivel diplomático, económico y cultural. Cada vez son más las instituciones, empresas, artistas y universidades que, empujados por la movilización, deciden no ser cómplices de la vulneración de derechos humanos del pueblo palestino. Cada día más voces se levantan, más corazones se solidarizan. Cada vez más ciudades, sindicatos y movimientos de base están exigiendo justicia. Este poder, esta solidaridad, está marcando la diferencia.
No podemos parar, porque las palestinas no pueden vivir en paz mientras el asedio continúa. La desesperación no es una opción cuando aún queda tanto por hacer y lo que hacemos, funciona.
La frase "nunca más", convertida en lema tras las atrocidades de la II Guerra Mundial, y que conformó un sistema jurídico que ahora lo están destruyendo aquellos que lo conformaron, debe aplicarse inmediatamente, debe aplicarse ahora. Gaza es solo el primer experimento de una era de brutalidad sin límites si no la detenemos. La lucha por la justicia palestina está vinculada a las luchas globales por la justicia racial, de género, climática, económica y social. Si no conseguimos detener la barbarie, no solo acabará con Palestina, en su forma más violenta, sino que nos arrastrará a todas.
Estos últimos meses se están escribiendo unas de las páginas más tristes de la historia de la humanidad.
Cada acto de solidaridad cuenta. Debemos seguir interrumpiendo la complicidad, presionando a las empresas, a los gobiernos y a todas las instituciones que apoyan y sustentan este genocidio. Debemos canalizar nuestro dolor y nuestra rabia para construir más poder popular en todo el mundo para poner fin a la complicidad de estados, corporaciones e instituciones con el régimen de opresión de Israel, acelerando la llegada del día en que todas las personas palestinas puedan vivir en libertad y dignidad en sus tierras, ejerciendo su derecho fundamental al retorno.
Las organizaciones firmantes reclamamos un alto al fuego inmediato y permanente para detener el genocidio, y para lograrlo exigimos al gobierno español que:
1-Ponga fin al comercio de armas y de tecnología militar y de seguridad (compra, venta y tránsito) con Israel.
2-Exija responsabilidades a Israel por sus crímenes de lesa humanidad y apoye, al mismo nivel que Sudáfrica, la demanda presentada en la Corte Internacional de Justicia contra Israel por genocidio, sumándose así, a los esfuerzos que se están realizando desde el Tribunal Penal Internacional para juzgar a líderes israelíes por crímenes de guerra y de lesa humanidad.
3-Rompa relaciones diplomáticas, institucionales, económicas, deportivas y culturales con Israel.
4-Ponga fin a la persecución y criminalización de la solidaridad con Palestina y derogue la Ley mordaza."
20241001
Paz, agora, o domingo, e sempre
Un novo domingo está convocada unha concentración pola paz en Ribadeo. Dende o domingo pasado, neste tema da paz, Israel seguiu a martillar en Gaza e Cisxordania ou Líbano, e comezou a invasión deste último país. Iso, na 'guerra/xenocidio' que está 'de moda' polos métodos e a impunidade coa que actúan as forzas israelíes co respaldo dos EEUU e a calada da UE. Pero hai máis, comezando pola Ucraína, onde onte mesmo souberon que Rusia comezou unha nova leva de militares...
20240914
Guerra e paz
Un domingo máis, unha xuntanza máis pola paz. Mentres comeza unha nova ofensiva na Ucraína, mentres seguen a masacrar xente en Palestina, mentresmultitude de guerras, do Sahara a Sudán seguen sendo a orixe de penalidades e morte, xuntámonos un domingo máis no cantón de Ribadeo, ás 12:30 para poñer un gran de area e reclamar esa paz que si é posible.
20240630
30 de xuño, domingo pola paz. E por unha Galicia sustentable
Collo a primeira parte do título. Hoxe tivo lugar unha concentración pola paz. Outra. Pola paz en Palestina, en Ucraína, en Darfur. Tres exemplos (o primeiro, xenocidio) de guerras, de lugares que necesitan paz para ser humanos. Quince persoas baixo o sol preto de dúas terrazas con abondas máis baixo as sombrillas.
Algunha foto de hoxe no Cantón e algunha palabra das que se dixo cara ó final na concentración.
E máis aló, a case douscentos quilómetros, xente que tamén tería estado na concentración en Ribadeo, o mesmo que a xente concentrada en Ribadeo tiña un lugar na súa cabeza para a concentración de Santiago arrodeando o edificio da Xunta, protesta e petición: Altri non, Ulloa Viva. Fotos recibidas hai un anaco.
20240627
A paz, asignautra pendente. Domingo 30 de xuño
Este domingo trinta de xuño, ás 12:30, no Cantón, lembra a concentración semanal pola paz. Esta volta, cun 'extre': encadrada dentro da mobilización estatal
Lévase xa moitas semanas centrando o que alí se di en Palestina, sen esquecer Ucraína. Sudán do Sur, Afghanistán e outros moitos lugares fóra do 'radar' dos medios que por aquí nos prestan noticias. Iso si, cada vez se fai máis evidente, mesmo para os medios máis proisraelís, que a guerra de exterminio en Palestina é unha fuxida cara adiante dun gobernante que o que quere é manterse no poder. Sen sentido (como en xeral as guerras), suma o castigo á poboación civil e o seu exterminio no seu haber, anunciándoo ó mundo como o fin que persegue... E os intereses a certos niveis, incomprensibles para a grande maioría, fan que non teña prácticamente consecuencias para o gobernante. Nas nosas mans está, aínda que sexa en moi pequena medida, que isto cambie.
20240515
Xuntanza pola paz. A que vén, e a que foi
Deixo a convocatoria da xuntanza pola paz deste domingo próximo en Ribadeo, xunto cunha referencia ás verbs ditas o domingo pasado.
Guerras hai moitas, e semana tras semana lémbranse o Sahara ou Ucraína, mais o cartel está centrado en Palestina, onde hai tempo que a guerra ten dexenerado en xenocidio.
A lembrar tamén que están a producirse diversas outras concentracións semellantes, como a que ten habido o día 6 en Foz e deixo o cartel ó final, de perioricidade nese caso, quincenal:
Sobre a que foi domingo pasado, deixo unha foto previa do fondo e unha parte do dito na xuntanza, na que participamos 40 persoas:
A gravación. Comeza coas verbas de Suso Fernández.
E o cartel da pasada xuntanza de Foz:
20240503
Ribadeo, sábado, domingo (e luns, fóra)
Achégase a fin da semana, e con ela, convocatorias que tentan aproveitar eses días. O sábado, primeiro do mes, coincide a convocatoria da mobilización pensionista mensual, polo que foi trasladada a ese día a concentración que noutros lugares do estado foi convocada para luns. Así pois, sábado 4 de maio, ás 12 do mediodía, nas escaleiras de entrada pazo de Ibáñez, sede do concello de Ribadeo, concentración arredor da problemática das pensións, que inclúe a do traballo e as súas condicións ou o destino dos aforros que os bancos aspiran a xestionar. Unha concentración que leva xa anos celebrándose e non deixa de ser necesaria e dar lugar a reflexión.
E, o domingo, ás 12:30, no veciño Cantón dos Moreno, concentración pola paz como tódalas semanas. Unha concentración que comezou coa invasión da Ucraína, na que están presentes Gaza ou o Sahara, entre outras moitas guerras que se están a facer arredor do globo.
20240315
Nova edición: a paz segue a necesitarse. Boicot.
Este domingo, unha nova edición! Exclamando cada vez sen desfalecer. Procurando a paz en Gaza, no Sahara, na Ucraína... concentración diante do concello de Ribadeo de novo este domingo, 17 de marzo, ás 12:30. Eun chamamento asociado: boicot (ver abaixo)
20240310
Hoxe, pola paz
Hoxe, pola paz
Ata trinta persoas congregámonos hoxe nas escaleiras do concello de Ribadeo. O motivo, igual que os domingos anteriores, o reclamar a paz, o lembrar que hai que constríla, o lembrarnos a nós mesmos a súa necesidade. Primeiro, eu mesmo, logo Evaristo, Jesús Irigoyen e Xosé Ángel Salvatierra, dixemos unha palabras sobre a paz, sobre o transcurso de diversas guerras, mesmo esquecidas como no Sahara, sobre a hipocresía arredor das guerras, sobre a existencia de diversos grupos pola paz, ou desexando a mellor elección ós portugueses en eleccións, antes de lembrar que o próximo domingo estaríamos alí mesmo e coa mesma idea, e rematar co Grândola, vila morena que xa é tradicional nestes encontros.
Non fixen gravación, pero no meu caso levaba un apunte que me servirá agora para tentar achegarme ó que dixen:
En primeiro lugar, lembrar para que estabamos alí. A procura da paz, a lembranza da necesidade, o traballo de construción, das condicións para que teña lugar.
Logo, lembrar e lembrarme que non son antisemita, pero creo que o estado israelí é criminal. Non son antiruso, pero penso que Rusia agrede a xente do pobo na Ucraína. Non son antipalestino, pero Hamás perpetrou unha matanza. Non son antiucraíno, pero o estado ucraíno castigou ó seu propio pobo no Donbás.
Lembrar que, como di a canción, 'As cousas son importantes, pero a xente o é máis. Viva a xente!'
Cousas que nos lembran que as estruturas de poder moitas veces están contra as persoas. Claro, esas estruturas están ruladas por xente con moito poder e intereses moi fortes. Con cartos, medios de difusión, exército... contra, pola súa propa vontade, pobos moitas veces desinformados e sen defensa equivalente.
Lembrar tamén que dende a segunda guerra mundial, 158 000 millóns de dólares foron transferidos de EEUU a Israel en 'axuda militar', a maior transferencia de tal tipo de fondos da historia. É dicir, dende o Irgún, banda extremista predecesora do Tsahal, do exército israelí, e a explosión no hotel Rei David de Xerusalem en 1946, con máis de cen mortos. E pregúntome, que porcentaxe desa cifra de 'axuda' representa a axuda humanitaria sobre a que están a bombardear mentres a xente tenta recollela para sobrevivir? E, que absurdo de intereses mantén o absurdo de axuda para armas ó tempo que a 'axuda humanitaria'?
20240216
A emigración da paz
A emigración da paz
Hoxe, cando escribo isto, é o último día de campaña electoral. Pasado mañá, 18F, toca votar, aínda que se pode pasar, como unha opción máis.
Mañá, sábado, será día de reflexión e non quero interrompela. Ou sexa: se cando considere rematado este escrito xa rematou tamén este día, nese caso, o escrito non verá a luz en ningures ata luns 19. Así pois, irei ‘polo libro’.
Mais o libro, ese libro, debe estar mal escrito. Resulta que en Ribadeo, tódolos domingos, vense celebrando unha concentración pola paz (12:30, nas escaleiras da casa do concello) da que tan necesitado anda o mundo. Tenta ser neutra no sentido de non chamarse nin a dereitas nin a esquerdas, senón de chamar a aglutinar vontades coa idea de que o importante é a paz, unha paz que hai que construír e para a que hai que poñer as bases. E, de feito, aínda que non soe ser numerosa, ven xente de decenas de quilómetros á redonda. Pídese permiso para a concentración semana a semana, e, para este domingo, eleccións, resulta que por ser un ‘acto político’ non foi permitida en Ribadeo, polo que se traslada a Navia, en Asturias. Alí non hai eleccións, logo pode pedirse a paz... Hai que emigrar para pedir a paz. Galicia, terra de emigrantes para ter futuro, agora tamén o é para poder pedir a paz.
Non sei se pasará igual noutros lugares. Imaxino que en máis dun, si. Pero iso non quere dicir que sexa o adecuado, nin tan sequera, lóxico. Pode dicirse que iso de pedir só a paz para Palestina (así pode malinterpretarse o dicir do cartel da convocatoria difundido esta volta) é política de groso calibre. Por que non para a Ucraína, por exemplo, xa que foi o anterior ardor guerreiro animado polos medios? Por que a bandeira palestina e non a israelí? Poderíase argumentar que están en loita uns contra outros... Despois mesmo de ter sido reclamado un alto o fogo varias veces, con desestimación por parte do goberno israelí, ou de falarse a nivel ONU de masacre e xenocidio palestino, coido que o texto está xustificado aínda que opine que mellor ningunha referencia ningunha guerra, ou que eu non poñería a bandeira. Nin esa, nin a ucraína, nin ningunha. E non porque as bandeiras non sirvan ou porque estea contra delas, senón porque como símbolos poden dar lugar a malas interpretacións. E non fai falta máis alboroto, que xa hai de máis nas loitas múltiples ó longo e largo do mundo.
Pero, indo ó feito sinalado no título: pedir a paz pode considerarse unha opción política? Non é simple humanidade? Manter esa postura, aquí e agora, non é raro -vai en liña con- que por estes lares siga vixente unha lei que amordaza as protestas, mesmo pacíficas, cando contrarían a algo ou alguén que ten poder para activala.
20240207
De paz e outras cousas
A masacre de Gaza xa ten reemprazo nas novas: as revoltas de agricultores, primeiro en Francia e agora tamén en España, conseguiron o relevo, ao menos parcial, nestes momentos. Non importa que se estea a obviar o meollo da cuestión e se estea polo tanto, a desinformar. O caso é que xa hai substituto para que os palestinos podan ser masacrados en silencio, o mesmo que a falta de atención sobre a Ucraína está levando á falta de axuda occidental nesa guerra, de xeito independente das sinrazóns da mesma.
Por iso, para evitar o noso propio esquecemento, son tan convenientes as manifestacións conxuntas, de xente que pensa relativamente parello e a base de apoio mutuo fai que as xuntanzas rematen sendo de amigos. Así ocorre co caso das xuntanzas de pensionistas, primeiro sábado de mes, 12:00 en Ribadeo, ou, a poucos metros de distancia, as xuntanzas pola paz tódolos domingos, 12:30.
Ás veces non vou, que a vida leva por outros derroteiros, pero teño claro o seu valor. E aproveito para a súa lembranza aquí, de mans doutra xente, boa parte das veces, de Suso Fernández coas súas fotos. Aquí queda pois a lembranza das dúas concentracións desta fin de semana en Ribadeo:
Concentración de pensionistas 20240203: Audio e dous momentos do acto.
Concentración pola paz 20240204:
20240129
Da concentración de onte sobre paz
Domingo? Concentración sobre a paz. Chámoa se queres misa laica, ou xuntanza de amigos concienciados, ou... pero defende a paz. En Sudán, no Congo, en Somalia,... e si, tamén na Ucraína e claro, en Palestina, esta última, esa guerra que pasa por riba das máis tibias acusacións na súa contra subindo o número de mortos no que se non é depuración étnica ou xenocidio, parécese moito.
As fotos, de Suso, amosan a concentración de onte en Ribadeo, con 30 persoas que teñen claro que a paz constrúese e que ningún esforzo é baleiro...
20240107
Un día 'de reis' pola paz
Un día 'de reis' pola paz
6 de xaneiro de 2023. Despistado -polo día ‘máxico’ que é- das concentracións semanais pola paz nas escaleiras da Casa do concello de Ribadeo, paso por diante pouco despois das doce, no momento dunha concentración e lémbrome. Un grupo de concentrados, uns vinte ou trinta, están atendendo as verbas dun orador. Un pouco máis adiante no tempo vexo no xornal que volve aumentar a tensión entre os dous estados que dividen ós coreanos. O xornal tamén fala de que a guerra na Ucraína está sendo unha guerra de desgaste, como se as outras non o foran tamén. Pero sobre todo, as novas céntranse en Gaza de paso que a guerra se descentra de alí. Máis novas de que se vai acudir un delegado norteamericano a Israel mentres por unha beira a extensión da guerra á fronteira libanesa case se dá por feita, sumándose Hezbolá e detrás seu, Irán. E por outra beira, o mar Roxo xa se converteu en zona de ataques, volvendo perigoso o paso de Suez polos grandes buques que nos traen produtos da China e que terán que alongar miles de quilómetros a ruta a Europa, encarecendo en tempo e cartos as mercadorías. Logo, máis inflación: o que importa máis á moita xente, o peto, ardendo de novo. Consecuencias laterais dunha guerra que hai quen chamamos doutro xeito. As violacións do dereito internacional menciónanse menos, e aínda menos a verba xenocidio, igual que os números -sempre por riba da centea- de palestinos mortos o día anterior. Do Sahara, Iemen, Afganistán ou Sudán, nin palabra. Parece que teñan menos consecuencias, ningunha, para nós. E xa se sabe o dito: ‘ollos que non ven, corazón que non sinte’.
Pouco máis dá que unha vez pensado o anterior me decatase de que a concentración semanal pola paz era ó día seguinte, domingo 7 de xaneiro, ás 12:30. Día 6, día de reis, ou día seguinte, domingo día 7, en ambos casos nun día festivo, mesmo de celebración de agasallos, un grupo de persoas segue apelando á xente, ó mundo, pola paz. Pedindo un agasallo precioso para todos. Sobre todo, para os que caen baixo a metralla. Pero tamén para os que a milleiros de quilómetros de calquera guerra, sufrimos as consecuencias, entre as que as económicas son en xeral as menos importantes -aínda que sexan propostas como as máis vistosas-. A degradación que sufre a humanidade enteira, o medrar do odio no seu interior, son máis difíciles de que nolas conten os medios. Máis difícil tamén de que nos decatemos nós mesmos. Pero de efectos peores. Por dicilo dun xeito gráfico, do ceo nos envían carbón a través dos reis magos, debemos ter sido malos... ou sinxelamente pobres de poder por non poder acceder a outra cousa.
As fotos de Suso da concentración:
20231222
Lembrando a paz polo Nadal
24 de decembro Noiteboa... e paz no mundo para a xente de boa vontade. Non para todos. Do Sudán a Iemen, pasando por Palestina ou Ucraína, xente que vive a guerra nos lembra tamén outra xente moito máis preto de nós que tamén sofre por causas diversas. Non se trata de parecer un crego nun sermón, senón de observar e vivir na realidade. E poñer o ombreiro para mellorala.
Un domingo máis, a plataforma de Ribadeo pola paz agruparase diante do concello ás 12:30 para poñer un gran de area para construír a paz.
E non, non serán os únicos ó longo e largo do mundo. Aí está Amar Bharati co seu, para nós, desconcertante xesto: leva 50 anos co brazo dereito levantado pedindo a paz, como pode consultarse na Galipedia. Un acto raro. Para nós posiblemente sen sentido, pero non para el e os seus seguidores.
20231217
A eficacia do exército israelí
A eficacia do exército israelí
O exército israelí, dende a guerra dos seis días (polo menos) foi a envexa doutros exércitos do mundo. Un país pequeno convertido nun xigante bélico. Dende o de Gaza, xa non tanto. E non por cousa dos crimes cometidos, que baten marcas día tras día, senón por outras razóns, relacionadas coa mecánica guerreira.
Dende antigo, sabemos o que di Sun-Tzu no seu 'Arte da guerra', que a mellor guerra é a que non chega a comezar. Aí, o primeiro dos fallos do exército estrela (como dixen, non só pola estrela de David da insignia israelí). Non evitou, a pesar da intelixencia, a célebre intelixencia israelí, o ataque. Vaia eufemismo: non se refire á IA, intelixencia artificial, que tamén usan nese exército, senón á espionaxe común. E xa no ataque, non puido opoñelo, co que tería evitado 1200 mortes/asasinatos a máis dos feridos. E despois, non evitou tampouco os douscentos secuestros/reféns. Antes, durante e despois, os feitos dan fe de que na prevención, sexa dende a espionaxe, nos medios de contraataque inmediato ou do que sexa, o exército israelí non funcionou como se esperaba del. E iso levou a un líder/xefe de goberno, acusado de varios delitos, a unha saída de un paso adiante, 'eu máis: póñome diante e tras de min todos os decentes'. Polo demais, unha saída típica para manterse no poder.
Naturalmente, o anterior, en resume e visto como unha guerra e non como un ataque terrorista. Estou a coller os feitos tal como os presenta o goberno israelí.
Segunda parte, a 'ofensiva-masacre' sobre Gaza, segundo a ONU, máis mortos nun mes (10 000) que nun ano na guerra ruso-ucraína, sobre un territorio menor que o concello de Vilalba. Resulta que acurrunchan á poboación, bombardean, matan... e non dan rematado a 'guerra' (que así a chaman...) nin evitado pequenos ataques terroristas de Hamás dende a franxa de Gaza. Por certo, nesta 'guerra' non se oe falar de 'danos colaterais'. Pode que porque a súa cantiade pareza indicar que os 'danos colaterais', neste caso, sexan os obxectivos militares e non a poboación civil. E resulta que están a usar a IA para escoller obxectivos, porque nas anteriores guerras (todas as chamadas así polo exército israelí) se lles acababan os obxectivos rápido. O ter potencia de fogo é o que resulta: faise o traballo rápido e quedan sen ter que facer, teñen que procurar máis. Algo tamén común, iso de procurar máis traballo aos exércitos.
Coido que deberan usar a IA para ter a paz e non un futuro onde a falta de saídas, de futuro, para a xente de Palestina os condena a tirar para adiante de calquera xeito, mesmo da forma que está usando Israel, o terrorismo, a guerra.
E, no medio, crimes de guerra, (i)lexítima defensa contra un estado que como tal non atacou. Estou collendo información de fontes da ONU. Por certo, un estado non recoñecido -por iso o de 'Autoridade Palestina'-, un non estado dende o punto de vista de Israel, e a pesar dos acordos de Oslo. Mentres, nada de guerra asimétrica nin nimiedades: ese conflito é terrorismo sempre, guerra cando nos din.
Ante a rección internacional, da que cabería moito que falar, non sei por que se me ven á cabeza o Nobel de Obama, recibido antes de que chegara algún mérito na presidencia novelada pola que se lle concedeu. Antes, porque mesmo o recibiu sen ter comezado o mandato. Pode que se me veña á cabeza porque en ningún dos dous casos a xente e o sentido común tivo moito que dicir fronte ó poder de cartos e intereses diversos.
E así vai o mundo. Seguimos? Sahara, Iemen ou Ucraína están na lista, con tantos outros lugares, con persoas esperando dun exército (aínda que non sexa tan poderoso e eficaz), unha bomba, unha bala como alternativa a un futuro a construír en paz.
20231216
Tentando achegar a paz
Sabemos que a paz é difícil sexa na Ucraína, sexa na Palestina Gaza, sexa no ex Sahara Español... mais cos medios que se conte, hai que tentar achegala. Aínda que só sexa xuntándonos un domingo máis e facendo saber que a queremos...








































