Onte, 21 de decembro de 2019, ás 10:02
UTC foi o
solsticio de inverno. E onte tamén foi o
39 cumpreanos do referendo do
Estatuto de Autonomía de Galicia (que podes atopar
aquí ou
aquí, entre outros moitos lugares) vixente na actualidade, pois hai que lembrar que
no ano 1936 houbo outro estatuto de autonomía de Galicia que foi
aprobado en referendo, non chegando a entrar en vigor.
Hai outras cousas a lembrar en Galicia o 21 de decembro, como que Dona Urraca entrega un día tal a Xelmírez as Torres de Oeste, que gardan o fondo da ría de Arousa. (1121) Pero para iso, dun xeito máis amplo, está a
entrada do día na Galipedia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Por favor, pensa antes de escribir. Grazas!