Grande vitoria en número de grandes eletores dos estados, só cousa de un 2% sobre o número de votantes, desaparición do resto de participantes nas presidenciais, son tres feitos que poden indicar algo de contradición, pero que representan un sistema de votación, o norteamericano, que non é moi igualitario no caso das presidenciais, primando ós dous grandes partidos e facendo desaparecer os votos aos perdedores en cada estado. De feito, teño lido unha obriña curta de ficción sobre un futuro no que o presidente sería só elixido por un elector, ó chou despois de aplicar unha serie de características secretas, entre toda a poboación.
Que un xornal en papel distribuído a nivel estatal en España levara entre outros moitos adicados ás presidenciais norteamericanas (a lembrar que tamén se elixiron máis representantes, pero con abondo menor visibilidade mediática) alomenos tres artigos consagrados a dicir que o resto do mundo preferiamos a Obama tamén indica algo, esta vez sobre a natureza duns contendentes ós que non podemos votar e ós que se ten demostrado moitas veces que o resto do mundo lles trae ó pairo se non é en relación co pasa dentro dos EEUU.
O discurso de Obama tras a vitoria tampouco deixa de ser unha obra maestra no arte, ó tempo que se come as súas propias verbas para non quedar máis aló dunha promesa de vida mellor e grandes ideais, como non podía ser doutro xeito.
Para min o certo é que resultou máis curioso o resultado das enquisas ó pé de furna, que se poden tomar de calquera medio de información (eu tomeinas da CNN), e que dan unha visión máis completa do apoio a cada contendente:
... o que se reduce a dicir, con pequenas diferenzas en calquera caso, Obama é soportado pola xente sen cualificación e polos moi cualificados (sendo istos ademáis os que máis porcentaxe de voto a opcións alternativas presentan, a marxe dereita-amarela da gráfica), quedando toda a zona de cualificación media nun virtual empate, aínda que con ventaxa de Rommney.
Por idade, Obama representa á xuventude (que tamén é a que máis se inclina polo voto alternativo), e vai perdendo apoio coa idade do votante
As mulleres, de calquera raza, votan máis a Obama que os homes ... guapo, Obama!
Ténse falado moito do apoio latino a Obama (debido ás mellores condicións para a inmigración), e é certo, pero sobre todo é certo que tivo o apoio das minorías en xeral, en particular da poboación de cor, sendo totalmente sobrepasado por Romney no sector wasp (white, anglo-saxon, protestant)
Obama é tamén a elección dos pobres, que esperan o aumento da protección que lles negan os republicanos. Mais a partires dunha renda duns 40 000 €, a xente debe sentirse máis segura e procurar que non lle quiten nada vía impostos, de xeito que pasa a ser minoritario.
Os protestantes votan a Romney, pastor protestante el mesmo, mentras os católicos quedan case nun empate técnico e a xente doutras relixións vota a Obama triple que a Romney.
E vale, os menos praticantes relixiosos inclínanse por Obama (e son tamén os que máis votan por outras opcións) mentras que os máis praticantes, que van a igrexa/sinagoga/centro de culto alomenos unha vez por semana son moito máis pro Romney ...
Que interesante análise sociolóxico, nunca vin nada igual por aquí. Boa entrada Antonio. Un detalle, as mulleres brancas preferiron a Romney. Guapo, pero non tanto...
ResponderEliminarÉche a cor ...
ResponderEliminar