Evidentemente, quen está no poder, ten resortes de poder. E úsaos. E tenta mantelos posteriormente. De tal xeito que é difícil substituílo, aínda que se queira. Son redes extensas que fan que sexa difícil non voltar caer noutro lugar delas. Temos o exemplo de Túnez, que obrigou a marchar ó ditador '1', pero que non foi quen de facer unha substitución da camarilla, pois segue a encabezar o país xente relacionada con ela e con el. Teñen a rede. Coñecen os fíos. teñen os medios. E mentras que a xente que obrigou ó ditador a saír do país está durmindo na rúa frente ó pazo para tentar facer presión, son xente doutros pazos os que substitúen as cadeiras vacías. E en fronte, a ameaza constante do caos por falta precisamente dun sistema que permita vertebrar as protestas e o descontento fora das redes, máis ben teas de araña, que atrapan a quen tenta pasar a traverso delas sen decatarse nin de que existen.
Aí está Exipto, onde onte mesmo a nova principal na prensa, tras o peche de internet, era que os exilados estaban a voltar para tentar facerse cargo de encabezar a oposición. Que non había líderes entre a xente que se está a mobilizar, para encabezala. E os 'líderes' no extranxeiro seguen a considerarse como tal ó teren disposición das redes e os medios...
As transicións máis suaves, por outra banda, manifestan exactamente o mesmo problema. Aí está o mesmo exemplo hispano, onde os primeiros momentos da transición tiveron que ser a ritmo suave para non remover moito as augas, non fora a ser que as forzas fácticas e non fácticas ruxiran de novo. O resultado, que considero que non foi malo de todo, é que seguimos en transición, non só cara a democracia, senón cara a transparencia, mantidos por redes de poder semellantes ás que había naqueles comezos; con caras novas, pero tamén vellas caras. E pedindo que a transición se complete dunha vez ... algo que non parece posible ó estar a sociedade impregnada das taras anteriores e mentras se ve que máis ben está sucendendo unha regresión que a continuación da transición.
A foto, unha zona de Ribadeo emblemática, a media luz. Non o que se entende por media luz distribuída, xeral, senón cunha separación fundamental entre a luminosa parte superior e a sombra que cobre a parte baixa, onde está a xente. O momento, un acto que congregou abondo público, a carreira de fin de ano, na que se observa o patrocinio, dun xeito ou outro, a aportación de cartos, da Coca-Cola.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Por favor, pensa antes de escribir. Grazas!