20090417
Leite, Ribadeo, Madrid
Manifestación en Madrid polo tema do leite. As explotacións están a perder cartos e a iniciativa é protestar pola entrada de leite. Paréceme ben defender os intereses dos produtores. Fronte a eles, a industria importa leite a baixo prezo, que parece ser é de inferior calidade e ademáis benefíciase de 'dumping', é dicir, de subvencións que menoscaban a competencia que poda ter. Por outra banda, a pasada semana deixei unha relación da producción de leite autorizada en diversos países (na que se ve que a autorizada en España, per cápita, é varias veces inferior á autorizada en Francia ou nos Países Baixos), e outras entradas relacionadas discutían o efecto da sobre producción leiteira, ou o impacto dos prezos (cun comentario que aporta datos e razoamentos), co que se pode un formar unha idea de por onde van os tiros: a solución dun conflito por adaptación da legalidade ad-hoc. Ben a cousa sería chamativa se en xeral, no ámbito da economía, as leis non foran construídas en base a intereses económicos de xeito exclusivo cando os actores sociais non loitan a brazo partido para que non sexan só eses intereses pecuniarios de 'grandes actores económicos' (é dicir, de empresas poderosas ligadas a grandes capitales con intereses asemade noutros sectores económicos relacionados ou non) os que gobernen. Porque imos ver, pode Francia producir a prezos tan competitivos que saia máis barato traer o leite dende alí que producilo aquí? Renden máis os pastos e os animais, e os soldos son máis baratos alí?. Non obstante, non se verá en Madrid unha manifestación de importadores de leite, poñamos por caso: non lles fai falta e actúan doutro xeito. Mesmo ó final, poida que gasten en total menos cartos en promover iniciativas ó seu favor que os gandeiros na súa propia defensa...
Soamente che falta un pequeno dato Antonio.
ResponderEliminarEn Francia os gandeiros no son maís competitivos nin menos. En España producese un 55-60% do leite que se consume. En Francia supera o 120%, o leite que as Industrias afincadas en Francia compran, e lles sobra, véndeno a precios de coste (elaboración, trasporte), non a costes de producción ganderios (os costes elaboración, transporte / litro son inferiores a costes producción ganderios / litro) as industrias galegas - ISO É O QUE SE CONOCE POR DUMPING e é claramente ILEGAL.
ISE É O PROBLEMA DO LEITE.
A SOBREPRODUCCIÓN ESTÁ EN FRANCIA, ALEMANIA, non en Galicia.
Outro problema: O monopolio das grandes cadenas alimentarias. ¿Sabes que está a ocurrir agora mesmo nos paises de LATINO AMÉRICA? As grandes cadenas alimentarias tenen totalmente controlado o mercado alimentario, e ponen os precios que lles da a gana, cada persona ten que destinar un 70% do seu soldo a comprar alimentos (ista información deuma un representante do SLG). E ise é o futuro que nos agarda aquí. Cada vez que se abre un centro comercial todos están contentos (casi todos) pero non ven o problema que lles vais acarrear no futuro, ó principio os alimentos vendeos a precios baixos para reclamo da xente, pero o futuro que nos agarda é outro, e xa o veremos.
Totalmente de acordo con KnighT
ResponderEliminar