20090316

Un artigo de Suso Fernández Acevedo na Comarca última: Dándolle á lingua

Coido que no debate sobor da lingua hai aínda abondas cousas que dicir, pero sobre todo, de aclarar. Este artigo vai nese sentido.

4 comentarios:

  1. Velaquí o enlace á noticia de La Nueva España á que se refire o artigo:
    http://www.lne.es/secciones/noticia.jsp?pRef=2009031200_41_734706__OCCIDENTE-vecinos-Occidente-confian-cambio-Xunta-frene-expansion-gallego

    ResponderEliminar
  2. No artigo da Comarca, onde pon "fronteiras administrativas coas fronteiras políticas" debería poñer "fronteiras administrativas coas fronteiras lingüísticas".

    Foi un erro.
    Saúdos

    ResponderEliminar
  3. Moi bo o artigo de Suso....moi bo.

    Agora vivo en Compostela, pero cando vivía en S.Miguel de Reinante, e participaba activamente na Asociación Cultural e Folclórica O Arco Da Vella, lémbrome das veces que nos chamaban para ir a tocar a Castropol, á Veiga, a Navia, a Tapia... Lémbrome que ían mais grupos galegos a tocar que asturianos.Preferían escoitar a Gaita galega que a asturiana. Seica agora pode sonar un pouco gracioso decir iso,daquela non pasaba nada....hoxe en día ó melhor sairíamos pitando.

    Dende fai uns anos, algo está pasando en Asturias co tema do galego, co tema do nome da ría....
    En Asturias xa perderon a súa batalha polo idioma, e agora queren fechar fronteiras a unha realidade lingüistica, coma se o galego fose o culpable.Están a acabar co galego-asturiano (ou como queiran chamalo), e nen sequera poden falar no seu proprio idioma, bueno sí...o espanhol.
    Nós en todo caso seremos culpables de que desapareza o galego no noso país.
    XA TEMOS DABONDO CO NOSO.

    ResponderEliminar
  4. Parabéns ao autor, Suso Fernández, polo artigo: claro, conciso e acertado. Outro galo cantaría se se escoitase máis o criterio dos/as especialistas nas cuestións lingüísticas: parece que, como todo o mundo fala, todo o mundo "sabe" sobre linguas e linguaxe.

    ResponderEliminar

Por favor, pensa antes de escribir. Grazas!