Despois de rematar onte o relato do pleno, e obviar os rifirafes posteriores basados sobre todo en torno á petición de dimisión do concellal de Medio Ambiente e a contraréplica, poucas novidades atopo na semana.
Segue coleando non embargantes algo xa vello nos xulgados: o acordo sobre as condicións de traballo do persoal funcionario no concello. Interposto por un sindicato, o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, sen entrar no fondo da cuestión, declara a inadmisión do recurso. a razón, que o sindicato non ten capacidade para interpolo. Non son moi hábil interpretando sentencias, e menos a traverso da interpretción da prensa, pero sóname a algo así como a non poder denunciar un asesinato por non ser o morto, e polo tanto, non entrar en consideración sobre se foi asesinato.
¿Qué pasará coas cantidades millonarias que se estiveron pagando por Resolución do anterior Alcalde? ¿Como se estaban pagando esas cantidades?
ResponderEliminarNo 2004 anulouse o convenio-acordo, o Tribunal do Social sen entrar en detalles, deu paso o convenio tras os recursos presentados polos sindicatos. Agora e a inversa pero estabase aplicando para os que mais cobraban ¿Qué pasará? Discriminados