A frase aparecía onte nun artigo dunha persoa que non teño por revolucionario (máis ben, ó contrario) Timothy Garton Ash, pero non por eso deixa de ser crara e certeira, de manual, para quen pretenda influír dalgún xeito na política sen adicarse a ela como 'profesional'. Ocorre que a dificultade está en como convencer ós cidadáns en saír á rúa por riba dos medos que invaden á cidadanía ós cambios, e ó poder establecido que teñen enfronte para logralos. Non deixa de asombrarme que fora posible o levantamento do pobo en situacións como as revolucións de Birmania, actualmente, ou de Solirariedade en Polonia hai varias décadas, por poñer só dous exemplos. E é que enfrontarse ó de todos os días, que aínda por riba está protexido polo poder establecido con todos os seus recursos, non é doado: hai unha barreira sicolóxica que vencer para dar o paso, a parte de chegar ó convencemento de que as cousas se poden cambiar.
Hoxe hai pleno en Ribadeo. Como lugar onde se decide moitas cousas sobre a cidadanía, un pleno debería contar cunha audiencia grande aínda nos casos máis anodinos. Dende hai un quinquenio que os sigo con certa asiduidade, raro é o pleno no que a audiencia sobrepasa o número de edís. Esta noite váise tratar do orzamento municipal. E xa sería unha pequena 'revolución' que o salón de plenos estivera cheo. Que a mesma interventora avise de que o orzamento (por certo, xa gastado na súa grande maioría, pois é o correspondente a este ano) aumenta unha débeda xa preocupante, parece caer sobre mollado. Que o secretario poda gañar máis do doble que o alcalde (dietas a parte, segundo parece; algo a confirmar) pasa como normal e desapercibido por aquelo de que os soldos son secretos e inviolables. Que poda estar comprometido no futuro soldo de ascensorista e mantemento de ascensor na Atalaia dise que non é deste orzamento. E así sucesivamente. E dicir o que estou dicindo tamén pode ser revolucionario e mesmo terrorista ou reaccionario (os calificativos, por contradictorios que sexan, son doados de aplicar)
Vémonos esta note no pleno?
Para nada son secretos os soldos dos que traballan na función pública. Dende a publicación dos convenios-acordos, ata a exposición pública dos Presupostos onde se pode examina-lo capitulo de Persoal. O pobo debe coñecer o que cobran os traballadores do Concello.
ResponderEliminarDiscriminados
agradeceríase o ter máis datos sobre o que puxen, se é posible dar indicacións de onde aotopalo, por exemplo.
ResponderEliminarAumentando os tantos por cen de suba dende o ano de publicación 2004, Enlace
ResponderEliminarDende a paxina 9 un pode ver a descripción de cada posto co grupo a que pertence e os complementos especifico e de destino,Na primeira paxina explica o soldo como se aplica por grupos e anual.Na segunda os niveis de CD tamen anuais e na 3ª a productividade (cobran mais os grupos baixos ( e dicir os que menos cobran por outros conceptos) xa que traballan mais e asi se recoñece)e tamen establece as gratificacións aunque para algun de nos é un misterio saber canto se recibe por ese concepto.
Discriminados