20070824

Casas de Indianos en Ribadeo. XV Casa en Vilaselán


Hai que saírse de novo da 'ruta principal' e achegarse ó cruce entre a rúa da Lodeira e a antiga estrada de Vilaselán para ver esta outra casa de indianos, de dimensións máis reducidas que a media e hoxe ameazada polo Plan Xeral de Ordenación Municipal, pois na última versión coñecida era convertida parte da finca en vía pública.
Á súa beira (dereita da foto) pasaba o ramal da liña de Vilaoudriz que levaba ó cargadoiro.

1 comentario:

  1. Pero salvable si hai vontade, como xa se salvaron outras (a dona conta de varios cosas)

    Discriminados

    ResponderEliminar

Por favor, pensa antes de escribir. Grazas!