
A foto, a descoberta de que a marea está a baixar, na Ponte dos Santos, ría de Ribadeo.
O teatro... A mostra continuou o sábado co grupo 'Conxunto baldeiro', cunha obra de Manuel María, 'A lúa vai encoberta', que me deixou ganas de ler a obra porque non creo que sexa tan mala como para destrozala dun xeito tan baldeiro. Non puxen onte a crítica porque non entendo moito de teatro e tiña mdo a equivocarme, pero... desafío a quen queira a atopar alguén que de unha crítica positiva, que foi o que fixen eu: ir na súa procura.
--
Despois das fotos e o comentario a parte de onte sobre a acción social significativa, hoxe lembro unha entrada dun mexón en Ribadeo
Home..... tan mal non estivo, os rapaces fixérono ben, non? pois con eso me quedo
ResponderEliminarA entrada anterior estaba repetida de xeito exacto 4 voltas. Só puxen unha. En troques, os comentarios negativos sobre a representación (máis que sobre a obra en si) foron abondos máis. É dicir, os rapaces non o fixeron ben. E, remitíndome a palabras de outra xente, fixeron unha obra na metade de tempo, parece que traballaran por horas, e non se sabían o papel (ían ó fondo cada pouco...) En fin, repito, quedeime con ganas de leer a obra apra ver como debera ser (e eso si que é meu, non comentarios que me fixeran)
ResponderEliminar