Amosando publicacións ordenadas por relevancia para a consulta Laídos Cardíacos. Ordenar por data Amosar todas as mensaxes
Amosando publicacións ordenadas por relevancia para a consulta Laídos Cardíacos. Ordenar por data Amosar todas as mensaxes

20241219

Recuncho da lectura: Laídos cardíacos. Poemario autobiográfico

 

Recuncho da lectura: Laídos cardíacos. Poemario autobiográfico

    Laídos cardíacos. Poemario autobiográfico. Lucía Ferro. ISBN 9788412847185. Eoditorial. Ribadeo, 2024. 186 px.

    Non é a poesía un xénero que frecuente. E necesito tempo para ir, páxina a páxina máis que poema a poema, integrándoa con traballo no meu universo persoal. O último que lera fora xa na década pasada, a 'Antología poética' de Gamoneda en Austral, e este libro veu lembrarme a existencia da poesía. Neste caso, unha poesía dura na súa transcendencia, que amosa o recoñecemento do achegamento dun percorrido vital ó ser da autora e ó ser hoxe. Unha reconciliación, pode que aínda sen rematar, que fai extensiva a quen o le.

    Sobre a presentación. É dicir, máis do libro.

20250207

Presentación de Laídos cardíacos en San Cosme

    Só unhas poucas verbas, unha foto e un pequeno audio para dar conta da presentación esta tarde do poemario 'Laídos cardíacos' de Lucía Ferro no Bar Moderno de San Cosme de Barreiros, con asistencia de 25 persoas nun ambiente de amizade, continuado cunha degustación da casa e da Pastelería Artesá Obradoiro.


20241210

Máis unha presentación, unha festa nun rural vivo

 

Máis unha presentación, unha festa nun rural vivo

    Remato o domingo coa impresión dun espazo humano, un pequeno recuncho no que case corenta persoas tiñamos o noso lugar sentados e aínda caberían máis. Cunha vista sobre o val de Cabarcos no veciño concello de Barreiros, podíase dicir que o espazo estaba cheo de xente, pero sobre todo, de contacto humano e vida.

    Un domingo pola tarde. Unha actividade que axuntou ó espazo da asociación veciñal ‘A Parrala’ da Rilleira a un bo puñado de veciños e algún outro, coma min, que nos poderiamos considerar como estraños de non ser pola acollida que tivemos, que fixo que a nosa integración fose inmediata por moito que ó rematar ‘nós’ nos fósemos lonxe e ‘eles’ quedaran pola veciñanza. Por certo, un remate que si se podería chamar en diferido, pero non coa tristemente célebre acepción posta hai non tanto de moda a nivel estatal. Non, tratouse dun ‘diferido’ que consistiu en que despois do acto a asociación fíxonos partícipes a todos, asociados ou non, dunha merenda que estendeu a charla cruzada e o sentimento de formar parte dun mesmo mundo.

    Claro que o dito foi a continuación. En principio, foi o acto, a actividade que deu pé a que a xente nos xuntáramos. E ese foi a presentación do terceiro libro de Lucía Ferro, a poesía de ‘Laídos cardíacos (poemario autobiográfico)’ que chega despois das novelas ‘Resaibo amargo’ e ‘En Brandan’. Sei que non son as súas únicas obras, pois a súa pluma inclúe tamén textos en inglés, artigos en revistas ou entradas de blog, a máis de obras de formato gráfico ou mixto. Pero, en papel, si, é o seu terceiro libro.

    A presentación consistiu na lectura por parte da autora de varios poemas do poemario presentado, acompañados pola guitarra de José Manuel Ventoso. Ó final, intervencións do público. E no medio, unha entrevista en directo na que se debullou a persoa e a obra de Lucía. Tranquilidade para presentar un arte poético que, mesmo tendo en conta as palabras da autora no sentido da súa evolución ó longo da creación do libro, amosa sentimentos xerados con dureza, entregados con superación e rematados con esperanza. Así, o apelido literario da autora respondería non só ó título desta obra, senón tamén á dureza que a fixo posible.

    O último dos poemas lidos no acto corresponde tamén co último (poema) do libro. Aínda que non dea unha idea veraz por non poder reproducir a disposición do libro, as súas verbas rematan: ‘Nós non faremos dano,/ nós hemos/ de/ curar’. Unha tradución non literaria sería que ti, eu e calquera (nós) temos vontade do ben para os máis. A dureza de sentimentos que o libro transmite remata pois coa suavidade dun común humano de querer vivir nunha sociedade constituída por e para a xente. Para nós.

--

    Un plus: o vídeo da presentación.