Amosando publicacións ordenadas por relevancia para a consulta Grândola, vila morena. Ordenar por data Amosar todas as mensaxes
Amosando publicacións ordenadas por relevancia para a consulta Grândola, vila morena. Ordenar por data Amosar todas as mensaxes

20070425

Portugal

    A pesar das dúas densas entradas anteriores, referidas a temas máis locais de Ribadeo, non podo deixar pasar o día sen meter outra máis hoxe. Hoxe é o cabodano da revolución dos caraveis... aquí deixo 'Grândola', a canción que marcou o inicio da revoluçao (pode baixarse o mp3 aquí):

Grândola, vila morena
Terra da fraternidade,
O povo é quem mais ordena
Dentro de ti, ó cidade.

Dentro de ti, ó cidade
O povo é quem mais ordena,
Terra da fraternidade
Grândola, vila morena.

Em cada esquina um amigo
Em cada rosto igualdade,
Grândola, vila morena
Terra da fraternidade.

Terra da fraternidade
Grândola, vila morena
Em cada rosto igualdade
O povo é quem mais ordena.

À sombra duma azinheira
Que já não sabia a idade
Jurei ter por companheira
Grândola a tua vontade.

Grândola a tua vontade
Jurei ter por companheira,
À sombra duma azinheira
Que já não sabia a idade.
(collida de http://www.zonalibre.org/blog/Carpanta/archives/034711.html)

20160425

25 de abril

    Sónache iso de '25 de abril'? Será quizáis pola 'Revolução dos Cravos'? Lembras algo a Zeca Afonso? a Spínola?
    Hai un par de anos, lembrábao no blog. Hai sete. Hai nove, tamén. E hai moitos máis, preto de dúas décadas, foi lembrada nunha actuación da Banda Municipal de Ribadeo na igrexa... Feliz día de revolución.

Grândola, vila morena
Terra da fraternidade,
O povo é quem mais ordena
Dentro de ti, ó cidade.

Dentro de ti, ó cidade
O povo é quem mais ordena,
Terra da fraternidade
Grândola, vila morena.

Em cada esquina um amigo
Em cada rosto igualdade,
Grândola, vila morena
Terra da fraternidade.

Terra da fraternidade
Grândola, vila morena
Em cada rosto igualdade
O povo é quem mais ordena.

À sombra duma azinheira
Que já não sabia a idade
Jurei ter por companheira
Grândola a tua vontade.

Grândola a tua vontade
Jurei ter por companheira,
À sombra duma azinheira
Que já não sabia a idade.
(collida de http://www.zonalibre.org/blog/Carpanta/archives/034711.html)
25 de abril de 2016 en Ribadeo: ceos claros

20100425

24 e 25 de abril

Parece unha casualidade que onte, 24 de abril houbera manifestacións en todas as principais cidades españolas a favor de Garzón (perdón, da súa actuación) e hoxe, 25 de abril, sexa o cabodano da Revolución dos caraveis.
Hoxe a Banda Municipal de Ribadeo vai tocar á Cadeira na festa do San Marcos. Tocará Grândola, vila morena? Non, non o fará: a situación en España está (a)normalizada (en parte).
A letra de Grândola.
Outra versión de Grândola, en video.
Outras entradas no blog sobre o 25 de abril: aquí ou aquí.

20200425

25 de abril nos EEUU


Esperto un 25 de abril confinado. E desenvolvo o día ata que teño conciencia da data. Volto atrás coa mente e penso o que fixen hoxe, unha data que levou a Portugal a unha nova vida.
Quedan na miña cabeza apuntadas -máis ben o sitio onde ir de novo procuralas- unhas cantas ideas, que van dende o xeito de facilitar a aprendizaxe da escritura dos números polos nenos pequenos ós 15 000 L diarios de mexo en Ribadeo. Desas dúas cousas podemos falar -espero facelo- noutros momentos. Mais, en relación a esa nova vida política portuguesa, e no medio doutros pensamentos e aprendizaxes desta mañá, adapto aquí tres cousas, que cito:
"Atopei que o patriotismo que os meus pais me ensinaran era convertido en nacionalismo de xeito doado."
"Os meus pais eran, se non dimisionarios da política en xeral, certamente dimisionarios dos políticos."
"
E soñei que efectivamente, durante a pandemia derogábase a lei mordaza.
Establecíase a renda básica, e unha reforma fiscal, para o reparto mais equitativo da nosa riqueza
Potenciábase a agricultura agroecoloxica e a pesca artesanal de cara a soberanía alimentar,
Nacionalizábase a sanidade privada, creabase unha farmacia publica, potenciábase a investigación publica, recuperábase a sanidade publica, gratuíta e universal.
Legalizábanse a todas as persoas, tiveran ou non papeis.
Derogábase a contra-reforma laboral establecendo salarios xustos
Garantíanse as pensións coas mínimas igualadas ao salario base,
Recuperábase unha sociedade civil, e non unha sociedade militar, expulsando das rúas o exercito,
Constituíase unha banca pública para acabar coa especulación da banca privada
Establecíase como dereito fundamental a autodeterminación dos pobos.
Espero que non sexa un soño, ....
"
Comezando pola última, está collida de Facebook. Un soño. Algo que axuda a formarse unha idea, que impulsa á acción para conseguir un ideal... pero que, matinada dende un estado de pandemia -en realidade non ten por que ser así, pero está enunciada en medio de tal estado- implica algo como unha ensoñación máis que un soño. Entumecemento dun ideal conseguido máis que empoderamento cara á consecución de algo para o que aínda queda por facer.
As dúas primeiras son citas dun libro, Permanent record, que pasa por autobiografía de Edward Snowden, e que me levou ó título, 25 de abril nos EEUU. Levoume porque estou na parte do libro na que Snowden relata a formación da súa idea de liberdade. Algo que foi formado a partir do seu pasado, formado a partir da educación recibida na súa casa. Ensinado a amar o seu entorno simbolizado na 'patria', chegado un momento da súa vida ollou para atrás e viu -moito tempo antes de converterse no activista pro dereitos da xente que é- que el mesmo pasara do 'patriotismo' ó 'nacionalismo' (eu, co vocabulario que por aquí se manexa, diría máis ben 'patrioterismo'), confundindo o amor polo seu entorno coa querencia dun medio autoseparado e ríxido, sen diversidade de ideas co poder. Tamén, constata que a súa familia, a súa herdanza, tendía a afastarse da política, dimitindo así da intervención nos asuntos de todos e de poñer o seu gran de area en igualdade. Non tanto porque pasaran dos temas sociais como por ter a política collido un camiño de enaxenación da vontade da xente a beneficio dos políticos.
Ribadeo, 25 de abril. Nun mundo confinado polo coronavirus pero enredado de xeito telemático, calquera punto pode ser considerado o centro do mundo. Ó tempo que ningún o é por máis que esa rede creada pola xente se teza máis nalgúns lugares, e que esa densidade faga parecer que pode haber un centro do mundo. Non, Ribadeo non é o embigo do mundo, nin ti tampouco o es, mais outro lugar ou outra xente tampouco. E nós vivimos aquí.
--
Grândola, vila morena:

20140425

25 de abril, toca revolución. Miro Casabella

A 'revolución dos caraveis' en Portugal hai 40 anos marcou un día distinto tamén para España, sumida naquela época no final do franquismo. Hoxe vese como unha revolución incruenta, case como unha excepción dentro do cambio político instantáneo, e tamén se pode observar en perspectiva a traxectoria portuguesa posterior e concluír cales foron os cambios reais en Portugal a partires da emisión radiofónica do 'Grândola, vila morena'.
Este ano Ribadeo en certo xeito vai celebralo, pois terá lugar hoxe unha homenaxe a un artista que despuntaba daquela, Miro Casabella. Copio parte da nota de prensa anunciándoo:
"(...) Sobre todo o que se pretende é pór en valor o traballo de recuperación democrática e de pensamento galeguista e nacionalista ao que contribuíron figuras da canción do tardofranquismo e a época da transición.
Os actos do venres en Ribadeo consistirán nunha exposición fotográfica na zona peonil con imaxes de mobilizacións sociais e traballos discográficos da época da Transición. ás nove da noite haberá uns pasacalles de Tumba e Dalle e actuarán fronte ao Teatro as pandereteiras de Alesancia. Tamén haberá repartición de caraveis vermellos e postais e darase comezo a un concerto que incluirá as actuacións de Tundal, do grupo de Antón Castro (ex de Fuxan os Ventos), a música ribadense Carmen Rodríguez, que versionará un tema de Miro Casabella, ademais do gaiteiro de Viveiro David Bellas, que interpretará unha peza escrita en recordo do homenaxeado.
Tamén haberá lecturas de Eli García-Bouso, da agrupación cultural Francisco Lanza ribadense, ou de Tamara Rubiños, de Ollomao de Barreiros.
Presentarao o xornalista Xosé Salgado Agrelo e conta coa colaboración do Concello de Ribadeo e o Área de Cultura da Deputación Provincial de Lugo. En total, participan once asociacións da comarca".
Quen vaia ver a foto da presentación nos xornais (por exemplo, aquí), poderá verme polo medio. En realidade, pode dicirse que 'eu pasaba por alí', pois non participo na organización, pero fun enterarme por unha razón persoal: Hai preto de corenta anos que estiven nun pequeno grupo que se encargou de organizar un concerto de Miro Casabella en Valladolid, do que me lembro de varias cousas, incluído o moderado éxito de público ou o ter quedado xusto a pre, pero tamén de que Miro preferiu pasar a noite nunha casa de coñecidos a facelo no hotel no que estaba previsto. E dende aquelagardo unha certa deferencia. Alédome de que hoxe, 40 anos despois do cambio de goberno portugués, sexa el o motivo dunha celebración en Ribadeo.

20240320

Plataforma pola paz. Seguimos.

     Mentres seguen a caer bombas, mentres seguen a matar xente... tentamos construír a paz, aínda sabendo que o que facemos non é máis ca un gran de area.

    Este domingo, despois de rematar co Grândola, vila morena a concentración, está previsto para quen queira, facer o recorrido das pedras da Memoria.

    En baixo quedan asemade dúas fotos de Suso da concentración do domingo pasado, 17 de marzo.




20240324

Realizada a ruta das pedras da memoria despois da concentración pola paz

Realizada a ruta das pedras da memoria despois da concentración pola paz

    Este domingo sumou unha máis das concentracións pola paz. Algo máis de trinta persoas nas escaleiras do concello facéndolle compañía ó estatutado Marqués de Sargadelos. Evaristo Lombardero e Jesús Irigoyen tomaron a palabra, como se pode escoitar máis abaixo.

    Ó rematar, despois do Grândola, vila morena, un grupo dos asistentes fumos facer o recorrido das pedras da memoria. Nalgún tramo uniuse máis xente para facer o recorrido. O tempo favoreceu o paseo, que durou cerca dunha hora e para o que se tiña pedido tamén permiso á Subdelegación do Goberno en Lugo, o mesmo que se ven solicitando para as concentracións e que propicia que se sexa común que se achegue ó lugar unha parella dos corpos de seguridade do estado.

    Deixo as gravacións de Evaristo e Jesús e unha foto do momento no que, na ruta das pedras da memoria, comezaba a chegar a xente á pedra situada na baixada a Cabanela. Ó remate, o texto lido por Jesús Irigoyen.



PALESTINA 5

No es una guerra, es genocidio.

Las semanas pasan y la historia se repite, decenas, centenares, miles de muertos, destrucción de edificios, hospitales, escuelas, todo tiene que quedar arrasado.

Ataques y bombardeos, en plena recogida de alimentos, a una población que muere o por el hambre o por las balas del maldito, vil y asesino ejército israelí, por orden del malvado genocida Benjamin Netahaju.

Ahora Europa, se pregunta si Israel, no estará llegando demasiado lejos, en la represión y ataque a Palestina. Tal vez es que se le esté ocurriendo que ahora el negocio no sea vender armas, si no reconstrucción de lo destruido y asolado, cuando los israelíes dominen incluso la franja de Gaza.

Pero lo peor está por llegar, estos crueles y sanguinarios, anuncian el ataque más feroz en Rafah, un día de estos, cuando a ellos se les antoje mejor y mientras los políticos tanto yanquis y europeos, estén preguntándose si están violando los derechos humanos.

Hipócritas y crueles colaboradores de un genocidio de magnitud nunca vista

VERSOS

Ahora no busca justicia - Porque tiene sed de venganza

Tranquilo despacio y sin prisa - Se consumará la matanza

Y como un buen ataque es la mejor defensa

Unos generales sentados en su mesa señalan en el mapa

Disparan y matan a gente indefensa - y sin ninguna posibilidad

ni donde protegerse, ni donde escapar el pueblo palestino

ya no puede más de tanto sufrimiento - saben que su muerte es cuestión de suerte

o es cuestión de tiempo - sin agua sin comida

sin casa ni hospitales - sin ayuda de nadie

le van dando caza como a los animales - y esta quedando claro

que los niños palestinos valen mucho menos que los ucranianos

si en Israel por orden del presidente

con la ayuda de los yanquis - y el apoyo de accidente

masacran con sus bombas - enfermos, ancianos, - mujeres y niños

no le llamen guerra que es exterminio - no le llamen defensa

porque es la venganza de un viejo fascista

asesino y miserable, o sea, un terrorista

ALTO EL FUEGO INMEDIATO EN GAZA Y CISJORDANIA

SEGUIMOS EXIGUIENDO UN JUICIO ANTE EL TRIBUNAL INTERNACIONAL DE LA HAYA PARA NETANYAHU Y EL EJERCITO ISRAELÍ POR CRÍMENES DE GUERRA Y GENOCIDIO DEL PUEBLO PALESTINO

JUSTICIA PARA EL PUEBLO PALESTINO

POR LA CREACIÓN INMEDIATA DE UN ESTADO PALESTINO, EN PALESTINA, AL QUE EL PUEBLO PALESTINO TIENE LEGÍTIMO DERECHO. PALESTINA VENCERÁ

Último minuto, para reivindicar

POR EL DERECHO DE REFERENDUM DEL PUEBLO SAHARAUI

POR LA AUTODETERMINACIÓN DEL SAHARA OCCIDENTAL

Jesús Irigoyen



20210415

Outro 14 de abril

Entrada '14 de abril' na Galipedia.

    Estamos na primavera. Os días medran, as plantas agroman as flores, e nun abril de chuvias non tan mil, a esperanza volve florecer, mesmo nunha pandemia da que se albisca o control. E chegan datas sinaladas con algunha particularidade, desas que inundan o ano enteiro para lembrar aquelo se sinalan ben por historia e conmemoración, ben por conmemoración por designación. Non importa.

   Entre esas datas está o 25 de abril, data na que cumpre anos a nova República Portuguesa, anos da revolución dos caraveis/cravos, anos da volta ó mundo da Grândola, vila morena.

   E tamén anos -nestas datas, 90- do 14 de abril de 1931, a proclamación da Segunda República Española e marcha de Alfonso XIII. O impacto mediático das dúas datas nos dous países é ben diferente. Pode que porque aquí e agora teñamos un Borbón por cabeza do estado e non un Presidente da República. Pode que porque a sublevación dunha parte do exército e a imposición dunha ditadura puxera o foco exclusivamente nas zonas de mal goberno republicano, pode que porque se borrara todo vestixio de adianto e potenciación do pobo na ditadura, pode... que por todo iso e algo máis, a imposición dunha estrutura de casta herdada para dar acubillo a un sistema de poder que ven de lonxe e que leva tempo dando mostra de desgaste e corrupción.

   Así pois, outro ano máis pasou o 14 de abril coa súa conmemoración ocultada pola estrutura de goberno. Outro 14 de abril foi posible, e, nese sentido, outro 14 de abril pode ser, será posible. Un 14 de abril no que a realeza desaparecerá como cabeza do estado. Calquera 14 de abril no futuro. Esperemos que para mellor.

20240310

Hoxe, pola paz

 

Hoxe, pola paz

    Ata trinta persoas congregámonos hoxe nas escaleiras do concello de Ribadeo. O motivo, igual que os domingos anteriores, o reclamar a paz, o lembrar que hai que constríla, o lembrarnos a nós mesmos a súa necesidade. Primeiro, eu mesmo, logo Evaristo, Jesús Irigoyen e Xosé Ángel Salvatierra, dixemos unha palabras sobre a paz, sobre o transcurso de diversas guerras, mesmo esquecidas como no Sahara, sobre a hipocresía arredor das guerras, sobre a existencia de diversos grupos pola paz, ou desexando a mellor elección ós portugueses en eleccións, antes de lembrar que o próximo domingo estaríamos alí mesmo e coa mesma idea, e rematar co Grândola, vila morena que xa é tradicional nestes encontros.

    Non fixen gravación, pero  no meu caso levaba un apunte que me servirá agora para tentar achegarme ó que dixen:

    En primeiro lugar, lembrar para que estabamos alí. A procura da paz, a lembranza da necesidade, o traballo de construción, das condicións para que teña lugar.

    Logo, lembrar e lembrarme que non son antisemita, pero creo que o estado israelí é criminal. Non son antiruso, pero penso que Rusia agrede a xente do pobo na Ucraína. Non son antipalestino, pero Hamás perpetrou unha matanza. Non son antiucraíno, pero o estado ucraíno castigou ó seu propio pobo no Donbás.

    Lembrar que, como di a canción, 'As cousas son importantes, pero a xente o é máis. Viva a xente!'

    Cousas que nos lembran que as estruturas de poder moitas veces están contra as persoas. Claro, esas estruturas están ruladas por xente con moito poder e intereses moi fortes. Con cartos, medios de difusión, exército... contra, pola súa propa vontade, pobos moitas veces desinformados e sen defensa equivalente.

    Lembrar tamén que dende a segunda guerra mundial, 158 000 millóns de dólares  foron transferidos de EEUU a Israel en 'axuda militar', a maior transferencia de tal tipo de fondos da historia. É dicir, dende o Irgún, banda extremista predecesora do Tsahal, do exército israelí, e a explosión no hotel Rei David de Xerusalem en 1946, con máis de cen mortos. E pregúntome, que porcentaxe desa cifra de 'axuda' representa a axuda humanitaria sobre a que están a bombardear mentres a xente tenta recollela para sobrevivir? E, que absurdo de intereses mantén o absurdo de axuda para armas ó tempo que a 'axuda humanitaria'?

20240331

Plataforma pola paz. Dende Ribadeo

Foto de AWorldtoTravel

     31 de marzo de 2024, domingo. De novo, concentración pola paz en Ribadeo ás 12:30 diante do concello. Entre trinta e corenta persoas xuntámonos nun curto acto que rematou, como é habitual, co Grândola, vila morena.

    A principal intervención foi a de Evaristo Lombardero, que leu e comentou algún parágrafo do texto que queda en baixo traducido. Pola miña parte, apuntei a lembranza, tanto para quenes defenden a guerra como para os que procuramos a paz, de que quen vence son as persoas, non as armas, apuntando ó sinsentido da guerra

    Por desgraza, está previsto que continuarán as concentracións o próximo domingo.

--

Traducido de https://news.un.org/en/story/2024/03/1147976:

Francesca Albanese [Informadora especial N.U.] estivo a falar no Consello de Dereitos Humanos da ONU en Xenebra, onde presentou o seu último informe, titulado ‘Anatomía dun xenocidio’, durante un diálogo interactivo cos Estados membros.

"Despois de case seis meses de implacable ataque israelí contra a Gaza ocupada, é o meu solemne deber informar sobre o peor do que é capaz a humanidade e presentar os meus descubrimentos", dixo.
"Hai motivos razoables para crer que se cumpriu o limiar que indica a comisión do crime de xenocidio...".

Citando o dereito internacional, a Sra Albanese explicou que o xenocidio defínese como un conxunto específico de actos cometidos coa intención de destruír, total ou parcialmente, un grupo nacional, étnico, racial ou relixioso.

"Específicamente, Israel cometeu tres actos de xenocidio coa intención esixida: causar danos graves corporais ou mentais aos membros do grupo, inflixindo deliberadamente ao grupo condicións de vida calculadas para provocar a súa destrución física total ou parcial, e impoñendo medidas destinadas a evitar os nacementos dentro do grupo”, dixo.

Ademais, "o xenocidio en Gaza é a etapa máis extrema dun proceso colonial de colonos de longa data e de borrado dos palestinos nativos", continuou.

"Durante máis de 76 anos, este proceso oprimiu aos palestinos como pobo de todos os xeitos imaxinables, esmagando o seu dereito inalienable á autodeterminación demográfica, económica, territorial, cultural e política".

Ela dixo que a "amnesia colonial de Occidente condonou o proxecto colonial de Israel", e engadiu que "o mundo ve agora o amargo froito da impunidade concedida a Israel. Esta foi unha traxedia anunciada".

A Sra Albanese dixo que a negación da realidade e a continuación da impunidade e o excepcionalismo de Israel xa non son viables, especialmente á luz da resolución vinculante do Consello de Seguridade da ONU, adoptada o luns, que pedía un cesamento do fogo inmediato en Gaza.

"Prego aos Estados membros que cumpran coas súas obrigas que comezan coa imposición dun embargo de armas e sancións a Israel, e así garantir que o futuro non se repite", concluíu.

Relatores especiais e expertos independentes como a Sra Albanese reciben os seus mandatos do Consello de Dereitos Humanos da ONU. Non son funcionarios da ONU e non cobran polo seu traballo.

Foto de Suso Fernández

20250119

Concentración pola paz nun día frío en Ribadeo

Concentración pola paz nun día frío en Ribadeo

    Mentres en Gaza está por ver se se cumpre a tregua, mentres alí e noutros moitos lugares a xente morre polas bombas na guerra, ou polo frío e pola fame que deixa de rastro, deixo en baixo un par de fotos de Suso onde se amosa parte da concentración de hoxe, acubilladas de frío e choiva as trinta persoas asistentes no adro do concello. Unha concentración na que falaron Evaristo Lombardero, Julio César Rico, eu, Nana Montañés, Suso Fernández e José Ángel Salvatierra, a máis doutras intervencións puntuais. Antes do remate co Grândola, vila morena, Julio deu lectura ó poema vital recentemente coñecido de Pepe Mújica.

    E, baixo as fotos, en dúas partes, o audio.