Onte o xornal despachábase coa nova de que a Xunta ía dispoñer este verán un plan de protección. Indo ó subtítulo, e logo ó corpo da nova, a cousa non é tan así. Resulta que a praia resulta superpoboada en numerosas ocasións no verán. Por exemplo, o día que se recolle nesta foto de hai xa cinco anos (e, dende aquela, non baixou o número de visitantes):
Voltando á nova comentada, emprega o futuro, 'adoptará' para dicir que fará a xunta este verán: adoptar medidas paliativas que serán substituídas por outras definitivas o próximo verano, tras ser encargada a súa redacción a unha empresa privada. Se nos fiamos da nova, será un 'plan de protección' ou un 'plan integral de conservación' (que de ambos xeitos se refire a el) baseado en 'regular usos' e 'determinar aforo'. Por contra, as medidas que se anuncian como provisionais e avisables esta mesma fin de semana baséanse en 'sinalización', 'delimitación de sendas peonís' e 'vixiar mellor os accesos'. Por certo, a Conselleira virá a facer o aviso das medidas 'in situ' (=de turista?)
A empresa privada chámame a atención. É necesaria? Vánselle poñer criterios ou vai coller os criterios propios dunha empresa privada? Canto se lle vai pagar?
Claro que tamén chama a atención que esperaran (a Xunta) anos para poñerse ó tema, onde 'poñerse ó tema' é decidir facer o encargo a unha empresa privada para que se poña ó tema.
Máis... estamos no verán, queda para darlle voltas descansando un pouquiño. Por exemplo, ordeando na cabeza cales poderán ser os obxectivos do plan ou os criterios.
Non esquecer que detrás desta nova están as elecións do vindeiro ano.
ResponderEliminarO que non acabo de entender, e digo esto por quinta vez, é que o alcalde está a protestar pola moita multitude de xente que vai a praia. Pro por outra banda quere facer unha estación de Feve nas cercanías da praia para facilitarlle a xente o aceso.
Detrás desta nova e de moitas cousas máis. E a contradición que anota anónimo inscribiríase nun conxunto a considerar. De calquera xeito, o tema de poñer un apeadeiro de FEVE coido que podería non resultar tan mal, se se xunta con algunha reforma do servizo e do acceso, de xeito independente á limitación do propio acceso.
ResponderEliminar