20120318

Algunha curiosidade da débeda (II)

Despois da primeira parte Algunha curiosidade da débeda, un pequeno axuste cos datos que se van tendo das cidades galegas, como comparación. A dicir que a comparación inclúe unha diferencia entre 0 e máis de 4 millóns de euros no caso de Vigo ... só por 'axustes contables' (de calquera xeito, en débeda per cápita para a gráfica adxunta, representaría pouco máis de 10 €).
Na gráfica, máis arriba, os grandes concellos galegos, ordeados por pobación crecente. Na parte de abaixo, a mesma táboa xa posta anteriormente dos concellos mariñáns. viveiro e Barreiros sobrepasan a débeda per cápita de calquera dos grandes concellos. E se quitamos a dous 'pequenos' dos grandes, case a maioría dos mariñáns sobrepasana todos. Indica iso entón que os concellos grandes tenden a estar maís saneados porque son máis mantibles económicamente?

3 comentarios:

  1. Esperaba que a estas horas alguén puxera un comentario de que si, que son máis mantibles económicamente a partires dun certo tamaño ...

    ResponderEliminar
  2. Non sei se hai unha relación tan directa entre tamaño e débeda. Mentras a de Viveiro está bastante disparada, a de Alfoz, que está estudando a sua fusión, non é tan grande. Supoño que cada concello é un mundo...

    ResponderEliminar
  3. Por suposto, cada concello é un mundo e a relación non deixa de ser máis que algo estatístico (ademáis, en este caso aprticular, con demasiados poucos datos para ter unha relación clara)

    ResponderEliminar

Por favor, pensa antes de escribir. Grazas!