20100715

Descoberto o pastel do ascensor


Onte foi descoberta a placa e inaugurado o ascensor. Cal? O da Atalaia, claro. 21 m de desnivel. Non máis pasaxeiros polo momento, pois está pechado á espera de pequenos detalles. O acto foi aproveitado: non foi o importante ó descubrimento da placa, senón os comentarios e peticións arredor dela, lembranza de inversións prometidas e lembranza tamén de que o concello non ten cartos para poñer unha persoa que o coide. Aí vai o titular de La Voz: Ribadeo inaugura un ascensor panorámico de 1,4 millóns sen poder pagar a quien o atenda.
O pulo? Máis que comunicar o porto, dar vida a unha zona que estaba a esmorecer. As incógnitas son moitas, comezando por cánto tempo estará en funcionamento. As curiosidades tamén, e aí está a zona barrada á beira do ascensor, protexida non para evitar máis derrumbes, snón para evitar que a xente se poda situar baixo deles.
No plano, a zona con centro no ascensor, tal como viña contemplada no último que se sabe públicamente do PXOM, entre a aduana vella (arriba) e o auditorio de Cabanela (abaixo). O-11 é á capela da Atalaia.
Algúns relacionados:
Pagus - ascensor na atalaia de Ribadeo
Sobre a Atalaia
De Suso Peña á Atalaia
Xa non é nova
Será noticia
Cogomelos
O ascensor da Atalaia, onte
Guirilandia

3 comentarios:

  1. O ascensor da Atalaia é a imaxe case que perfecta da ineficiencia de moitos políticos profesionais (sen esquecer que a idea e os compromisos orzamentario e presupostario non foron do actual equipo de goberno ribadense).
    Saúdos.

    ResponderEliminar
  2. So cabe agardar que pasado o tempo veña un alcalde con setido común e se dispoña a recuperar o vello paisaxe e patrimonio da Atalaya. E se decida a derribar esa monstruosa construcción para devolvelle o rincón mais histórico de Ribadeo a sua propia entidade. Cousas así xa se viron noutros tempos e lugares. Recórdese o edificio da Caixa de Aforros en Barreiros.

    ResponderEliminar
  3. Lembro que nalgunha entrada foi deixado un comentario comparándoo coas obras megalomaníacas dalgúns dictador...

    ResponderEliminar

Por favor, pensa antes de escribir. Grazas!