Segundo parece, no 2012 seremos o país con máis km de AVE. Por iso, unha cita curiosa (Público, 20091227): "Non digo que teñamos que botar doce horas para ir de Sevilla a Madrid, pero entre iso e as dúas horas e media debera haber algo intermedio, máis asequible e que prestara servizo ás localidades menores. Total, na práctica, a maioría de cidadáns pode permitirse un ou dous viaxes de AVE ó ano ou nin iso. A cambio, homes de negocios e altos funcionarios úsano semanalmente, aínda que a súa comodidade e rapidez pagámola todos". Ó fin, se o AVE proporciona rapidez e comodidad, entre outras cousas tamén pode sepultar liñas tradicionais.
Despois de sere desacartada por responsables de FEVE a proposta dun AVE cantábrico días atrás, coido que sería bo aproveitar a coxuntura tanto para iniciar unha consulta ós posibles usuarios como unha valoración pública dos pros e contras dunha determinada opción ferroviaria na zona.
O tren ... unha infrastrutura que por outra parte pode dicirse que leva un retraso secular na zona, sen considerar mesmo opcións como o ferrocarril a Ponferrada dende Ribadeo que non se chegou a iniciar nin cando estaba en uso a liña á Pontenova-Vilaoudriz.
Así pois, o de 'papá, ven en tren' como orde substitutoria do 'papá ven en tren' como posibilidade exercida, en certo xeito terá que esperar e pasar a ser un futuro 'fillo, ven en tren'...
Eu me pregunto cantas familias galegas ou madrileñas poderán pagar 140 ou 150 euros por persoa para pasar unha fin de semana en Madrid ou en Galicia...
ResponderEliminarA viaxe no AVE Madrid-Barcelona, ida e volta, custa 155 euros. Unha familia de tres membros precisa gastar 465 euros; en tanto que nun automóbil de tipo medio é posíbel facer a mesma viaxe por menos da metade dese custo global (e sen necesidade de pagar outros transportes para ir de casa á estación e da estación á residencia da fin de semana); eso sí, no coche, a viaxe precisa o doble de tempo.
Por riba, o AVE Madrid-Aragón-Cataluña ten un mercado (potenciais usuarios) que quintuplica, como mínimo, o do futuro AVE Madrid-Galicia. Non dubido do adianto que suporá ter un tren rápido para ir ou venir a ou de a Meseta, pero ¡¡¡non hai estudo de mercado que xustifique o investimento!!!
Os custes de mantenimento desa infrastructura serán sufragados por todos os contribuintes (pois correrán a cargo do Estado), salvo que o prezo sexa de 250 euros en constas de 150...
E o mantenimento o pagarán tanto os que podan como os que non podan viaxer no AVE.
Entrementres, infraestructuras do transporte máis sinxelas e servizos más necesarios (sanidade e ensino, por exemplo) están a perder calidade e prestacións.
Coido que na Galicia estamos a perder a obxectividade á hora de valorar as cousas e, o que é máis grave aínda, confundimos o noso país e as súas necesidades coas doutras xeografías, de xeito que facemos nosas visións e análises da realidade que pouco ou nada teñen que ver coas nosas circunstancias, necesidades e posibilidades.
Ademáis, tres aeroportos a 70 kilómetros de distancia entre eles.
A relación de aberracións quenon teñen garantía nengunha de autosuficiencia económica é cada días máis longa (a Cidade da Cultura remataría a lista de "parvadas").
Saúdos.
Antonio unha pregunta que non ven a conto co tema do post (sintoo). ¿Cal é a páxima da axencia de meteoroloxía de Galicia (si é que existe)?
ResponderEliminarEu uso normalmente a páxina www.aemet.es pero parece que está conxelada por o mal tempo.
... a próxima contestareina por correo sen publicar...
ResponderEliminarhttp://www.meteogalicia.es/web/predicion/localidades/localidadesIndex.action;jsessionid=7CD5CC22E2318214F07A490B6A8CA236.EUME-01C#
para Ribadeo
Félix Soria coido que puxo o dedo onde máis doe: na perda xeral de servizos e de calidade nos que quedan. É dicir, xeralizando o tema proposto. Acompañado, claro está, do que chama 'parvadas' como o Gaiás.
ResponderEliminarNon creo que haxa próxima. Asi que non che fará falta comentala por correo.
ResponderEliminar