





Día 9. Despois de rematar, calma na vila. Mesma a festa da hostalería no Muíño propiciou unha noite tranquila fóra dalí ó remate (abondo máis cedo que o día anteriór, abofé) da orquestra (horario límite permitido dos recintos feirais: 1:00h, verbenas e festas populares, 3:30, ampliables ambos unha hora nos días festivos e anteriores) coas súas cancións, incluíndo algunha dos sesenta ou menos. Eso si, o ambiente arredor da orquestra non era o daqueles anos, nin a potencia da música emitida (os decibelios, vamos) nin tampouco a competencia entre música de orquestra e música de, por exemplo, cocehes eléctricos.
Rematou así un día no que a banda acompañou primeiro a procesión e logo foi interrompida no concerto por un desmaio sonoro: polo golpe que levou o afectado, todos crimos que a cousa era grave; logo resultou que os danos foron relativamente menores a pesares de quedar o chan manchado de sangue.
Non foi o único accidente do día: máis grave o que se deu nas pistas cara ó faro: un camión para a preguntar un enderezo a unha persoa. Contéstalle, dalle as grazas, a persoa pasa por diante do camión, o camioneiro arranca sen velo dende a altura da cabina, e a traxedia foi servida.
As fotos, da saída da imaxe en procesión, a banda preparándose para a actuación (afinando), o detalle curioso da ocupación da praza da musica, con sol e sen cadeiras, unha visión da praza da música unha volta vacía, dende o palco, e tres fotografías dos cabezudos que actúan cos cocos, incluídos os agasallos recén recibidos do rato Pérez (falta algunha imaxe)
Faltou poñer unhas fotos dos fogos artificiais. Gostaríame poder velas. Xa que o domingo cheguei co tempo xusto e soamente puiden ver os últimos.
ResponderEliminar... tentare facerme con unhas. Nese caso, póñoas máis adiante.
ResponderEliminar