
Adxunto as estatísticas do blog en relación ó pasado ano. Un aumento de visitas do 43% non está nada mal, aínda que en novembro por primeira vez na historia do blog o número de visitas foi inferior ó igual período do ano anterior. O numero de visitas cada vez será máis difícil de superar, conto con elo, e tamén con que os meses correspondentes en 2008 en relación cos que tocaron eleccións no 2007 implicarán diminución de visitas.
Avisoume Mario Edrosa Ramos de que había unha referencia en Vieiros ó blog Ribadeo, Ribadeando. En concreto a esta entrada.
ResponderEliminar