Como gancho ara as eleccións, UPRI poñia no seu porgrama a construcción dun porto deportivo na Vila Vella. Agora vaise facer unha ampliación de 60 prazas no porto deportivo de Porcillán, básicametne cubrindo ocos na dársena, xa rechea e que é unha das de maior capacidade en portos deportivos de toda Galicia. E din que non son abondas. Ata aquí, coincidencias. Agora comeza a pregunta: debe soportar a ría de Ribadeo o que se lle está a meter? É cousa de comezar a responder e prepararmonos para evitar que a ría sexa un porto, a menos que o queiramos. Queŕemolo? Estamos na loita de portexer os metros de terra que lindan coa beiramar. Estamos dipostos tamén a defender os metros de mar que linda coa costa? Coñecemos as cousas a favor e as en contra? A ter conta que a priori, podemos pensar que as unhas están dispostas a explicárnolas mesmo con truco: hai intereses declarados. As outras, teremos que procuralas nós: son de todos e os intereses están diluídos.
Mentras esto vai ocorrer, na Veiga comeza hoxe a 'Mostra de Cultura Ecolóxica' coa proxección, ás oito da tarde, do vídeo 'Unha verdade incómoda', a célebre longametraxe de Al Gore, o excandidato á presidencia dos EEUU metido a ecoloxista (din que sempre o foi, aínda que en menor medida que agora).
Iso iso....Esa pregunta aínda que ben formulada no tempo que nos toca, agora co premio este que acaba de recibir coma Reserva da Biosfera, é mais actual.
ResponderEliminarCecais sexa agora cando haxa que preguntarse se en realidade paga a pena. A non ser que os da Unesco se referían a encher a ría de pantaláns, espigóns, modernización dos accesos, etc...
Eu creo cunha das claves neste asunto é: ¿Quen vai a facer uso, ou mellor, quen fai uso xa destes amarres?, ¿pero dende cando hai en Ribadeo tanto mariño ou mariñeiro?, ¿non teremos estragado abondo a ría para seguir metendo cemento nela para que "catro" a "desfruten" dous meses ao ano? Sincermente, a min nunca me fixo falta nada de todo isto para desfrutar do mar, e desfrutei, ¡vaia se desfrutei!
ResponderEliminar