20070629

Un aviso sobre o blog

Durante uns días, estará dispoñible no lateral, a baixo das ligazóns, un sistema de puntuación polo que poderedes votar sobre o que vos parece o blog. Aínda que considero moito máis fiable o índice de visitas, poño o sistema como experiencia para logo usalo ou non.
Lamento que esteña en inglés e non o poida configurar: hai que votar sinalando na dereita a estrela correspondete.
Dous exemplos: para darlle a máxima calificacón, premer co rato na estrela da dereita de todo. Para a mínima, premer co rato na estrela da esquerda das do grupo da dereita.

4 comentarios:

  1. non é por nada Antonio, pero supoño que ao introducir o tinglao da votación volouche todo o lateral dereito, polo menos dende eiquí e con este navigador ( Explorer 7.0). Co Mozilla 2.0 o vexo sen problemas. Mirareino agora dende a casa que teño outra versión do explorer, a ver que tal.. tereiche que dar un 5 dende o Mozilla.

    Aprobeito pra lembrar estes problemas de compatibilidade e que ti ben deixaras nota en:

    http://ribadeando.blogspot.com/2007/05/un-apoio-para-liberdade-en-internet.html

    ResponderEliminar
  2. Pois parece que dende Exporer 6.0 tampouco vai...

    Eu son ti, e miraría as estadísticas, e decidir por navigadores, igoal non che sae tan rentabel.

    Unha aperta.

    ResponderEliminar
  3. Vasme matar, agora que entrei coa conta de Google pra meter o anterior comentario si se lee. Nin idea. Pero agora, co explorer 6.0 si se ve, cousas de meigas.

    Dende o chollo (co explorer 7.0) e xa entrando co usuarioa de bloger non se veía.

    P.D. pra resto de visitantes:
    Xa sei que parezco parvo (que podo selo) por andar con tanta mensaxe en vez de enviarlle un mail persoal a Antonio, pero prefiro poñer isto eiquí por se algún lector-visitante lle ocorre o mesmo e isto lle serve de axuda.

    ResponderEliminar
  4. En fin, espero que esteña todo ben... se hai outra queixa máis, quítoo xa sen contemplacións. Xa farei outros 'experimentos' máis adiante.

    ResponderEliminar

Por favor, pensa antes de escribir. Grazas!