20070628
Canto debe cobrar un alcalde?
O tema preséntase complicado. Despois do pleno de onte, eu votaría para que os políticos deixaran de meterse zancadillas e definiran un criterio adecuado. Non é comprensible que por pataleta se diga que votarían máis soldo pero ó final non acepten o menos. Parece que a referencia ó soldo cobrado anteriormente non estaría mal, pero que, aumentando as complicacións do mandato, un alcalde cobre substancialmente menos que os anteriores, tampouco parece adecuado. Pode cobrar dun xeito indexado á poboación do concello? Entón posiblemente habería xente que non se presentaría á alcaldía sinxelamente porque ía baixar de soldo (posiblemente os dous alcaldes anteriores estarían na situación de baixa de emolumentos percibidos). Parece lóxico que o alcalde cobre máis no posto que o que cobraba no posto profesonal que abandoa, pero tamén o parece que o posto de alcalde non sexa de lucro excesivo en relación a aquél. E unha fórmula mixta do soldo anterior máis 1€ por veciño ó ano? Habería que descontar o das grandes cidades... E un mínimo segundo poboación e a partires de aí o soldo 'profesional'? Hai moitas posibilidades, pero hai que fixar unha equitativa, xusta, que non desanime ós alcaldables, que non anime ós filibusteros da política, ... Pídense suxestións.
Salario mínimo interprofesional.
ResponderEliminar