



Esta tarde foi a presentación do ascensor atalaia-paseo marítimo. As fotos ilustran como está agora a zona, tres vistas esquemáticas/maquetís de como quedará e unha parte da portada do libro de agasallo á xente que asistiu á presentación (tamaño maior que folio, 300px., papel groso, fotos color, tres idiomas, ... título, 'Soluciones de accesibilidad y movilidad en los centros históricos del sur de Europa')
Pois eso, 2,5M€ presentado polos arquitectos Abalos, de Santiago, artífices do tema que leva por nome "conexión bordo litoral e casco histórico".
tentouse presentar como unha 'reutilización do casco histórico', (buscando comercios e revalorización das casas) xunto con un posible 'novo enfoque urbano para Ribadeo' (o que me lembra que O Tesón pediu hai case dous anos que na introducción do PXOM constara o que se pretendía de Ribadeo, a definición de futuro á que se pretende que se axuste o plan... cousa que parece que segue sen difinir, segundo as verbas do arquitecto.
Ben, altura é de 25m, 22 salvados polo ascensor e 3 máis polo saínte do edificio.
Segundo palabras do expositor, 'el impacto es importante'.
Nótase que o ascensor é acristalado, para ver polos ocos que quedan na estrutura...
Leva unha escaleira interior complementaria e o tempo de traxecto será algo superior ó minuto. A cabida, 15 persoas, para min implica que menos da metade dos pasaxeiros terán unha vsita de primeiras. Os outros, terán que ver da segunda fila.
¿E non haberá en Ribadeo mellores cousas nas que gastar todos eses cartos?
ResponderEliminarEu diría que si, e mirando unha estrutura de papel cartón na mesa de plenos dame unha imaxe que me gustaría evitar.
ResponderEliminar